Agresións nas aulas
A situación é moi grave. Tanto é así que mañá todos os alumnos de terceiro e cuarto de ESO, Bacharelato e ciclos formativos (a secundaria, para entendernos), están convocados a unha xornada de folga e manifestacións para "parar" estas agresións.
Claro, estaremos a falar evidentemente do aumento da violencia física nos recintos escolares, en ocasións vinculada a grupos marxinais e narcotráfico, que tristemente se ten dado nos últimos anos e que mesmo ten precisado en repetidas ocasións de intervención policial. Outra desas realidades "detrás das vallas", das que a nosa marabillosa prensa local prefire non falar, non vaia a ser que alguén se moleste. ¡Non, oh! Estamos a falar das "agresións contra o galego".
Así como sona, a "sección xuvenil" da Mesa pola Normalización Lingüística, apoiada por Galiza Nova e a organización estudantil Comités esixen o cumprimento do decreto do Ensino 124/07 que regula o uso do galego e prentenden rexeitar as iniciativas que "agochan, tras a defensa do bilingüismo e unha liberdade á súa medida, o desexo de que o galego continúe sendo marxinado no seu propio territorio" (sic). Vaticinamos que a folga será un éxito. O que non temos tan claro é se os rapaces realmente saberán por que deixan de ir a clase. Ah, aqueles alumnos que sufren agresións de verdade nos institutos farían ben en manifestarse, cando menos será a única ocasión de que alguén os escoite. Galicia caníbal.
Etiquetas: lengua lingua galego español
2 Comments:
De bochorno. Lo de las huelgas escolares es una vergüenza. Recuerdo que cuando yo estaba en el instituto se llegó a convocar una para protestar contra la guerra de Yugoslavia.
Pero, y a todo esto, la comunidad educativa y los profesores, que por lo que se entiende son los agresores por no utilizar el gallego en sus clases, ¿no tienen nada que decir?
Lo de las peleas y las agresiones en los recreos también es algo que clama al cielo. De repente escuchas las sirenas de la policía, se monta un pifostio, con perdón, y al día siguiente aquí no pasa nada, que no se vea, que no se note, que no traspase.
25/11/08 16:55
http://www.nasterrasdepondal.com/2008/11/o-galego-non-ten-medo-as-razons-dunha-folga/#more-790
26/11/08 16:43
Publicar un comentario
<< Home