Gato encerrado?
A semana pasada era presentado na Coruña a bombo e platillo o "Plan Sectorial de Solo Residencial" da Xunta de Galicia. A conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, e o vicepresente da "Xunta de Galiza", Anxo Quintana, expoñían ós medios de comunicación o que pasa por ser o máis ambicioso proxecto do BNG, un plan 2009-2017 que xustamente se anuncia no último treito da lexislatura. Trátase dun sistema mediante o que a Xunta adquire os terreos duns propietarios particulares, os urbaniza, e posteriormente vende os solares resultantes ós promotores privados para que levanten vivendas, unha parte delas de protección oficial.
A importancia para a nosa vila radica en que Carballo se atopa dentro do grupo de concellos nos que sitúan bolsas de solo dese Plan Sectorial. Concretamente resérvanse terreos no entorno da Vila de Negreira, e valórase o montante total da intervención nuns 15 millóns de euros. Segundo LVDGE, que adoptaba o habitual tratamento triunfal-laudatorio de Evencio Ferrero, as obras poderían estar rematadas en 2013. Dende a nosa posición, tendo en conta a complexidade do asunto e tendo en conta ademais que estamos en periodo electoral, non resulta sinxelo facer unha valoración concreta. Pero con todo, vendo as informacións publicadas, calquera diría que estamos ante unha boa nova para todos os concellos afectados.
Mais non debe de ser totalmente así. Porque inmediatamente á publicación do Plan, os gobernos locais de Arteixo, Oleiros e Culleredo, todos eles gobernados pola esquerda, teñen saltado coma gato panza arriba en contra da iniciativa de Vivenda, e mesmo existen xa organizadas plataformas de afectados apoiadas por estes gobernos. Os alcaldes acusan á Xunta de invadir competencias e alterar o seu ordenamento, os veciños temen unha expropiación forzosa a prezos inxustos, e a Xunta escúdase en que non se ten comprendido a súa idea. Sexa coma fose, semella que non todo é de color de rosa neste Plan de Solo Residencial, e mellor sería que alguén aquí en Carballo nos informase a todos debidamente.
Varios enlaces sobre o asunto:
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008110600_2_234592__A-CORUNA--METRO-Concello-rechaza-plan-Vivenda-invadir-competencias-municipales
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008110900_2_235495__ACorunaMetro-Xunta-acusa-irresponsable-Souto-criticar-plan-vivienda
http://www.newstin.es/tag/es/87036882
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008111100_2_235965__ACorunaMetro-alcalde-acusa-Vivenda-recalificar-suelo-protegido
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2008110800_2_235199__A-Coruna--Metro-Gobierno-local-acusan-Vivenda-imponer-plan-electoralista
Etiquetas: Plan Sectorial Solo Residencial
5 Comments:
Xa era raro, xa, que CD se atrevese a falar ben, aínda que fose sen querer, dos gobernos, aínda que sexa á hora de falar de investimentos millonarios e en cuestións que terán que reverter no beneficio de quen ao mellor máis o precisa.
13/11/08 15:43
Pues en Arteixo y en otros sitios no piensan que reviertan en beneficio de quien más lo necesita. Claro que a lo mejor es que esos gobiernos locales, que son del PSOE y del BNG, escriben en CD.
13/11/08 23:45
Y yo me pregunto (y quiero que alguien me conteste!!!) :
¿Y qué dirán los dueños de los terrenos que se señalan como suelos reservados para el susodicho "plan"?
¿saltarán dichosos de algegría al saber que los terrenos que el Ayuntamiento, en su Plan General, les declaró edificables, ya no podrán destinarlos a lo que les venga en gana?
¿o qué piensan que es que la Xunta, por sus co...nes, cambie la calificación de un terreno, para decir que allí sólo se puede edificar si Touriño-Quintana quieren?¿nadie se da cuenta de que eso es decisión del Ayuntamiento, y la Xunta no puede meterse en el patio del vecino, cuando ni siquiera limpia el suyo?
En definitiva. Olé, olé y olé tus h..vos, Xunta.
Pero aquí ya se sabe, los expertos en "plataformas" sólo actúan siempre contra el mismo, y no es este el caso, porque quien actúa es el mismo gobierno nacional-socialista que está en la poltrona municipal.
Hay cosas que jode que se digan, pero no por eso dejan de ser verdad...
13/11/08 23:47
Unha vez máis, non me queda outra que felicitar ó autor de CD por poñer o dedo na iaga (¿feminino de Iago? ¿ou será chaga?) cun tema certamente importante. E,de paso, corroborar o sentido teleolóxico, máis ben finalista, dalgúns dos comentarios aportados. As cousas, cando se din claramente, sen censura, falando á cara, merecen un aplauso.
Porque, ¿como se pode tolerar un procedemento deste tipo, ben calificado de nacional-socialista (eu apuntaría incluso trostkista) nos tempos que vivimos? Coller chan que é de outros para facer vivendas de promoción pública destinados ás rendas menos favorecidas! Acabáramos! Empezan así e acaban máis vermellos que Andropov ou que Brezniev.
Porque é certo que iso pode acabar nunha expropiación contra a sacrosanta vontade dos donos da terra. Di ti que hai unha lei, a do ano 1956, elaborada polos ministros comunistas de Franco (que lle meteron un bo gol) que permite iso en caso de interese público e bla bla. Chorradas. A propiedade privada é iso, privada. Di ti tamén que se non fose por esa lei non habería autopis.. perdón, autoestradas; nin portos, nin polígonos, nin case nada, pero iso non son máis que excusas. Alibis.Vale para unha carret.. perdón, estrada, pero para facer casas!!! Que merquen o terreo a prezos especulativos e logo os vendan a prezos prohibitivos, como ata o de agora.
Menudos son estes do BNG, ja! No Pacharán!!
17/11/08 10:34
Monaguillo, tranquilo, que o Cura da Parroquia non precisa que te metas a defender minucias. É millor que te dediques a defender outras bofetadas que leva o teu patrón noutros artículos desta páxina, que ahí non contestas nada.
20/11/08 15:53
Publicar un comentario
<< Home