Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, noviembre 05, 2008

Teatro amador


É que hai días que parece que nos poñen en bandexa os posts do noso blog. Recollen hoxe as páxinas de LVDGE a idea unánime de políticos e axentes locais para crear unha escola de teatro en Carballo. Cando aínda resonan os ecos das obras representadas no Pazo da Cultura co gallo do FIOT 2008, tanto Alberto Sueiro, presidente de Telón e Aparte, coma Belén Lendoiro, concelleira de Cultura, coinciden en que se dan as condicións propicias para que así sexa. E oxalá que o vexamos e non se quede nun máis desas ducias de proxectos nunca executados ós que tan afeitos estamos na nosa vila.

Pero a nota curiosa ven das palabras da concelleira nacionalista, quen afirma que o seu goberno debe "fomentar o teatro amador" (sic). ¿Estarase dona Belén a referir a aquel futbolista dos anos 80? ¿Tratase se fomentar o teatro romántico, con apaixonadas historias de amor? ¿Ou máis ben será unha pequena homenaxe a Dorocea Bárcena, a xograresca deste ano, a quen todos os galegos coñecen como Amadora, a sogra de Tonecho no popular show da TVG? Pois non, o que sucede é que a palabra "amador" significa "amateur" en portugués, e supoñemos que dalgún modo tamén nalgunha das variantes aceptadas en galego. Claro que en galego tamén se podería dicir "afeccionado", ou mesmo "amateur", e todos os cidadáns entenderían perfectamente, pero o discurso da concelleira non quedaría co mesmo caché culto-nacionalista.




Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner