Día de loito
Cando escoitamos falar de Irak ou Afganistán pensamos en latitudes e culturas tan lonxanas e tan distantes á nosa que semellan sacadas doutro planeta. Sempre coidamos que nós, dende a comodidade e a seguridade do noso primeiro mundo, estamos a salvo das guerras e da miseria doutros lugares; que tanto cando por alí se dilucida é cousa de políticos e xornalistas, que nunca nada nos ha tocar.
Mais tristemente non é así. E cando menos o agardas, a realidade golpéate con forza na túa propia vila, na túa propia xente. Onte coñeciamos a noticia. Un atentado suicida perpetrado polos talibáns mediante unha furgoneta-bomba acababa coa vida de dous soldados do exército español. Ambos pertencían á Brilat, con base en Figueirido (Pontevedra). Do cabo primeiro Rubén Alonso Ríos sabiamos que era de Vigo, mentres que o brigada de Juan Andrés Suárez García era natural de Mieres (Asturias). Pois ben, hoxe descubrimos que este último estaba en realidade afincado na nosa terra, e vivía na rúa Oriente da capital de Bergantiños.
Dende aquí o noso pésame máis sentido á súa familia, ós seus amigos e veciños, así como a nosa admiración polo traballo que estes homes fan tan lonxe do seu fogar. Dende Carballo non voltaremos a mirar a Afganistán do mesmo xeito distante.
Etiquetas: Afganistán
1 Comments:
Dende aquí quero expresar as miñas condolencias as familias dos dous militares falecidos no atentado perpetuado en Afganistán, que desta vez tan preto nos afectou.Tamén desexo darlle ánimos á familia doutro membro ferido, José Antonio Cures(Tonín) con raíces en Coristanco.
Aproveito tamén a ocasión para citar a falta de incongruencia do Goberno Local, que por unha lado decreta 3 días de loito, e por outra non soubo estar á altura das circunstancias. E aos feitos me remito: O martes cando chegou o cadaleito de José Andrés ao tanatorio de Carballo, ningún membro do citado Goberno estaba presente para acompañar á familia neste duro transo, agás os membros do PP. Non quero entrar en razóns políticas, soamente en falta de educación e saber estar.Ademais de destacar a ausencia de algún membro da Corporación Local nas honras celebradas en Figueirido. Si ben é certo que estaban presentes dous secretarios dos altos cargos si, que non membros da Corporación.
17/11/08 23:38
Publicar un comentario
<< Home