Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, noviembre 10, 2008

Día de loito


Cando escoitamos falar de Irak ou Afganistán pensamos en latitudes e culturas tan lonxanas e tan distantes á nosa que semellan sacadas doutro planeta. Sempre coidamos que nós, dende a comodidade e a seguridade do noso primeiro mundo, estamos a salvo das guerras e da miseria doutros lugares; que tanto cando por alí se dilucida é cousa de políticos e xornalistas, que nunca nada nos ha tocar.

Mais tristemente non é así. E cando menos o agardas, a realidade golpéate con forza na túa propia vila, na túa propia xente. Onte coñeciamos a noticia. Un atentado suicida perpetrado polos talibáns mediante unha furgoneta-bomba acababa coa vida de dous soldados do exército español. Ambos pertencían á Brilat, con base en Figueirido (Pontevedra). Do cabo primeiro Rubén Alonso Ríos sabiamos que era de Vigo, mentres que o brigada de Juan Andrés Suárez García era natural de Mieres (Asturias). Pois ben, hoxe descubrimos que este último estaba en realidade afincado na nosa terra, e vivía na rúa Oriente da capital de Bergantiños.

Dende aquí o noso pésame máis sentido á súa familia, ós seus amigos e veciños, así como a nosa admiración polo traballo que estes homes fan tan lonxe do seu fogar. Dende Carballo non voltaremos a mirar a Afganistán do mesmo xeito distante.



Etiquetas:


Seguir lendo...

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner