Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, abril 30, 2008

En ocasiones veo aparcamientos…


(Clic de grabadora, voz de Bruce Willis) Sesión de 28 de abril. Paciente: alcalde de Carballo.

EF: ¿Quere que lle conte o meu segredo?
BW: Claro, cuénteme su secreto.
EF: En ocasións vexo parques.
BW: ¿El parque do Anllóns? ¿El parque do Chorís? ¿El parque del San Martiño? ¿La Milagrosa?
EF: Non, esos non, vexo parques no polígono 29, na Agra do Formigoso, na rúa Camelias… os demais non saben que existen, só eu sei que están alí, entre toda a xente. ¿Vai vostede contar o meu segredo?

(Clic de grabadora, voz de Bruce Willis): El paciente está más grave de lo que pensaba. Alucinaciones, puede que esquizofrenia.

(Clic de grabadora, voz de Bruce Willis) Sesión de 30 de abril. Paciente: periodista desconocido.

PD: ¿Quiere que le cuente mi secreto?
BW: Claro, cuénteme su secreto.
PD: En ocasiones veo aparcamientos, 4.000 aparcamientos.
BW: ¿En el San Martiño? ¿En la Horta do Casino?
PD: No, en otros sitios, desconocidos. Nadie sabe donde están, pero yo los puedo ver.

(Clic de grabadora, voz de Bruce Willis): La situación va a peor. Es contagioso.



Etiquetas:


Seguir lendo...

martes, abril 29, 2008

Un galopato no salón de plenos


Unha vez máis, temos que felicitar ó portal A Nosa Costa, que por primeira vez publica a crónica dun pleno de Carballo.

O certo é que a información municipal mellorou bastante dende que os plenos son retransmitidos por BerTV, porque nos evitamos os intermediarios e a súa particular interpretación. Pero o problema é que non se sabe ben nin cando son os plenos nin cando os vai emitir a cadea local de TV. Por iso é importante que un medio independente como A Nosa Costa, que pode ser consultado en calquera momento e dende calquera lugar, ofreza esa información a tódolos carballeses.

Agardamos que esto non sexa flor de un día e que o galopato siga acudindo ós plenos, para poder contar cunha información completa e obxectiva do que din (e non din) os nosos representantes. Xusto o contrario dalgún outro medio de comunicación, que parece que está máis para facer publirreportaxes (pagados?) que para informar.



Etiquetas:


Seguir lendo...

En ocasiones veo parques…


Curioso debate el producido estos días entre el PP y Evencio Ferrero. Preguntaron los populares al alcalde carballés en el último pleno por su política con respecto a los juegos infantiles (los del parque do Anllóns muestran un abandono evidente), acusando al gobierno local de no haber hecho ni un solo metro cuadrado de parques públicos en sus casi 5 años de mandato.

La respuesta del líder del BNG no se ha hecho esperar. En una larga intervención periodística, cosa habitual (gracias a LVDG, que está para lo que haga falta, publirreportajes a todo color incluidos), Ferrero explica que la acusación de la oposición es falsa, y sustenta su réplica en que en la pasada legislatura se realizó un parque infantil en Razo, y en la interminable lista de parques que su ejecutivo tiene, cómo no, en proyecto para todas las esquinas del concello, desde la zona del Bosque a los polígonos en desarrollo, pasando por Sofán, el Agra do Formigoso o la rúa das Camelias.

Claro que el primer edil no le ha puesto difícil la contrarréplica a los de Alberto Sueiro, porque en su respuesta el propio Evencio reconoce que todo lo realizado se reduce a un pequeño parque en una de las muchas parroquias de Carballo, y que todos los demás espacios públicos que menciona solamente él los puede ver. Para los demás son todavía fantasmas.



Etiquetas:


Seguir lendo...

sábado, abril 26, 2008

Reivindicación cultural


Unha proposta interesante e digna de aplauso a que nos deixou esta semana informativa. Tende a ser un comportamento habitual dos intelectuais e xentes adicadas ó mundo da cultura o de amosarse especialmente activos, críticos e vixiantes fronte a gobernos de dereitas, e especialmente pasivos, amistosos e condescendentes fronte a gobernos de esquerdas. As causas deste fenómeno (que tan ben retratou Revel), extensivo a case todos os países, poderían dar para un debate en si mesmo, pero este non é o momento. Sen embargo, sempre existen espíritos libres capaces de sobrepoñerse ás tendencias e pensar e propoñer pola súa propia banda.

Nunha entrevista concedida a RadioVoz Bergantiños co gallo do día do libro, o escritor e historiador carballés Xan Fraga lanzaba una reivindicación en positivo, a de construir unha grande biblioteca en Carballo. Entende este autor que o actual local municipal do que dispoñemos responde ás necesidades doutra época, que Carballo ten medrado moito dende entón, que temos moitos centros de ensino, e que ademais da precisarse un maior tamaño tamén debería de haber unha presenza moito maior das novas tecnoloxías. Certamente estamos de acordo.

Sen embargo e tristemente, esta idea non ten sido recollida pola prensa local nin polos grupos políticos nin do goberno nin da oposición, e córrese o risco de que caia no esquecemento. Dende aquí queremos suliñar e chamar a atención sobre a que probablemente ten sido a primeira revindicación cultural dende que os nacionalistas xestionan a cultura en Carballo. Oxalá non sexa a derradeira, e sobre todo oxalá que se fagan realidade.



Etiquetas:


Seguir lendo...

jueves, abril 24, 2008

Pánico en las calles



Carballo, tenemos un problema grave. ¿Los aparcamientos? No ¿El tráfico? No ¿La crisis económica? No ¿La seguridad? No ¿El feísmo? No ¿La lentitud de la Justicia? No ¿Los impuestos? No. Todo está solucionado hace tiempo. Es algo mucho, mucho, peor.

La audaz Mesa pola Normalización Lingüística de Bergantiños ha descubierto la terrible amenaza que se esconde en nuestras calles: la organización puso en marcha una “campaña de recolla de topónimos que, infelizmente, aínda aparecían deturpados no centro urbano de Carballo” que localizó ¡45! placas en castellano. ¡Ahhhhh! Es más, en la señales nuevas hay “erros gravísimos e castelanizacións que incumpren a normativa a respecto da toponimia”, que “ven agravar o problema existente”. ¡Horror!

Por suerte, el concejal de Xestión Municipal, Benedicto Viña, ya se ha comprometido a revisar todas las placas para “chegar á plena normalización lingüística nas rúas do concello”. Qué sería de nosotros sin nuestros defensores de la ley y el orden. Mientras tanto, permanezcan alerta, cierren puertas y ventas, y ¡por el amor de Dios, señora! No deje a sus niños salir solos a la calle, puede atacarles una placa castellanizada asesina.




Seguir lendo...

miércoles, abril 23, 2008

Maio do 08: a imaxinación fóra do poder


“A imaxinación ó poder” foi un dos lemas máis repetidos e lembrados da revolución do Maio do 68. Con esta frase os xóvenes daqueles maravillosos anos querían amosar a súa fartura coa forma de facer política dos seus maiores, que consideraban anticuada, anquilosada, e falta de pulo e de adaptación ós novos tempos. Agora, cando estamos a piques de facer 40 anos dun movemento que influiu decisivamente na política europea e mundial durante décadas, estanse a facer revisións bastante críticas do que foron aqueles días de maio e das ideas que marcaron sobre todo ós partidos de esquerda, tamén aquí en España. Moitas destas críticas veñen do feito de que aqueles mozos inconformistas dos anos 60 teñan pasado co tempo a ocupar postos de responsabilidade política en diversos ámbitos, e lonxe de amosar imaxinación ou ser fieis ás ideas que outrora defenderan, pasaron a cometer os mesmos erros e repetir as mesmas políticas que tanto repudiaban.

Salvando as distancias e coa necesaria complicidade, podemos dicir que algo similar está a suceder en Carballo, e como mostra o tan manido problema dos aparcamentos. Durante os últimos anos de goberno do Partido Popular, o estacionamento na zona centro converteuse nun dos eixos da oposición ó daquela alcalde Manuel Varela. A resposta foi a posta en marcha de dúas solucións: aparcamentos provisionais en parcelas privadas e a creación da zona azul, a proposta do BNG logo de desbotarse a posibilidade da ORA. Non obstante, toda a oposición municipal coincidía nas carencias dunhas solucións que non podían resolver o problema de raíz. O famoso parking soterrado tornábase nunha necesidade imperiosa e ineludible.

Seis anos máis tarde os mozos daquel maio que reclamaban imaxinación no poder para resolver os problemas da nosa cidade atópanse formando parte do goberno. Un dos aparcamentos provisionais ven de desaparecer, e logo de fracasar de novo na aventura do parking da praza do Concello, as propostas do equipo de goberno son: máis zona azul e máis aparcamentos provisionais, que ademais aínda non están acordados. Igual que lles pasou a aqueles rebeldes franceses, en Carballo a imaxinación non accediu ó poder.


Etiquetas:


Seguir lendo...

lunes, abril 21, 2008

Carballo Limpo


Continúa con gran éxito la campaña “Carballo Limpo”, que publicita nuestro gobierno local con la inestimable colaboración de La Voz de Galicia, Radiovoz et al..




(Fotos enviadas por el Partido Popular, sacadas hoy sobre las 10 de la mañana en la Plaza del Ayuntamiento. Según el PP, corresponden a la basura [cartones] que distintos comercios de la zona de la plaza de abastos depositaron el pasado viernes delante de sus locales para que el servicio de limpieza pasase a recogerlos).


Etiquetas:


Seguir lendo...

Sin noticias de Bruselas



Esperábamos impacientes las cumplidas explicaciones sobre las aventuras del alcalde carballés por el corazón de Europa. El viaje a Bruselas de Evencio Ferrero había sido anunciado a bombo y platillo, y algunos tuvimos la osadía de preguntarnos si realmente el embite era lo que Carballo necesitaba, y si nuestro don Quijote detendría a los gigantes o se estrellaría contra los molinos.

Pero ha ya más de 15 días del regreso del primer edil de nuestra ciudad, y no habemos relato alguno de las fazañas y gestas que por aquellos lares se obraron o dejaron de obrar. La semana pasada, en su radio amiga, Ferrero analizaba diferentes asuntos de la actualidad carballesa, mas sorprendentemente ninguna referencia hubo a su singladura extranjera. Como de costumbre, las preguntas no resultaron precisamente incómodas. Al rey Arturo del BNG le preguntaron por su color favorito, y seguimos sin saber qué diantres sucedió en las Bruselas. Veremos si hay suerte y en próximas entrevistas alguien se atreva a preguntarle por el vuelo de las golondrinas o por la capital de algún reino lejano.



Seguir lendo...

jueves, abril 17, 2008

Ladrillos bos e ladrillos malos


Calaf envíanos esta reflexión sobre o asunto dos polígonos urbanos, que están a protagonizar tamén a actualidade local:

"Me llama sobremanera la atención la forma equivocada en que se está explicando el desarrollo de los polígonos urbanos en Carballo. Siempre que se mencionan las obras de urbanización se insiste en que tales obras supondrán la construcción de X cientos de viviendas, y recientemente se usa este argumento para negar la crisis inmobiliaria en Carballo.
Esto NO es verdad. Las obras de desarrollo de los polígonos consisten en hacer la “urbanización”, es decir: calles, servicios y zonas verdes. Al concluir la urbanización, lo que antes eran simplemente parcelas pasan a convertirse en “solares”, en los que cada uno de sus propietarios podrá levantar edificios simplemente con la licencia municipal. Pero que se hagan las obras de urbanización no quiere decir que se vaya a edificar inmediatamente, ni mucho menos. Lógicamente si se desarrolla el polígono con la inversión económica que conlleva, es porque sus promotores confían en hacer pisos, venderlos, y recuperar la inversión, pero esto no tiene por que ser inmediato, ni siquiera tiene por que suceder, y tampoco quiere decir que la crisis inmobiliaria no nos esté afectando. Por ejemplo, la inversión puede recuperarse con sólo una parte de las viviendas que se pueden construir, esos solares pueden reservarse para edificar en un futuro, puede venderse a terceros, etc. Esta crisis es básicamente financiera, y afecta a los compradores, que no pueden asumir hipotecas que hasta ahora sí podían comprometer. Si la crisis nos está afectando o no, lo sabremos a la hora de levantar edificios en esos solares, no antes. ¿Están ya vendidos o comprometidos los terrenos de estos polígonos? Lo dudo mucho.
Agradecerían que publicasen alguna aclaración de este tipo, porque se están sembrando muchas falsas ideas."


A estas aclaracións nós queremos engadir outras reflexións. Por unha banda resulta do máis curioso comprobar cómo a tan denostada “política do ladrillo”, sinónimo para moitos de corruptelas, tráficos de influencias, destrucción da natureza, e toda clase de desastres, resulta que agora é un motor indispensable da nosa economía, e todo o mundo anda alarmado ante a posibilidade de que quede sen gasoil. Mesmo os partidos de esquerda néganse a admitir un frenazo no sector da construcción e aseguran con fachenda que goza de boa saúde. No medio da recente polémica polas Normas do Hábitat, o PSOE e máis o PP queren frenala porque din que feriría de morte ás inmobiliarias, e o BNG deféndea, pero destacando o argumento de que non afectaría a esas inmobiliarias. Por outro lado, o mesmo partido socialista que acusaba ó anterior goberno popular de basear o crecemento económico no ladrillo, ten presumido nos últimos de crecemento económico igualmente baseado no ladrillo. E aquí, en Carballo, un alcalde nacionalista presume de número de licencias de obra concedidas, o mesmo argumento empregado polo seu partido e por moitos axentes sociais para criticar a Concellos doutros lugares. En definitiva, un galimatías que nos indica que os ladrillos, coma todo, son bos ou malos segundo a cor do cristal do que goberne.




Etiquetas:


Seguir lendo...

Amigos de lo ajeno


La sensación de inseguridad es por desgracia una sensación constantemente latente para muchos carballeses. Pero cuando cada cierto tiempo se producen hechos particularmente graves, esa sensación se convierte en alarma y vuelve, con puntualidad casi inglesa, a la primera página del debate local.

Una vez más, el polígono industrial de Bértoa ha vuelto a ser objeto de deseo de los amigos de lo ajeno, que acaban de robar en 3 de sus naves industriales. Se trata del enésimo ataque a los empresarios del parque bergantiñán, que en palabras de su representante, Generoso Angeriz, sufren una media de cuatro series de robos anuales. O método do butrón e a entrada polo tellado foron os sistemas empregados polos cacos, que con todo non lograron sustraer cantidades importantes de cartos, uns 2.000 € coma máximo (vese que os nosos empresarios xa están afeitos e non deixan moito botín dispoñible).

Din os propietarios dos establecementos do polígono que eles non poden pagar vixianza privada e que as patrullas que de cando en vez fai a Policía Local e a Garda Civil non son suficientes. O máis grave é, como diciamos, a sensación de indefensión permanente, e a falta de confianza que estes feitos acarrean ós triunfalistas informes de seguridade que periódicamente publicitan as autoridades. Algo non funciona.


Etiquetas:


Seguir lendo...

martes, abril 15, 2008

Que pasou en Bruxelas?



Todas as grandes xestas cabaleirescas teñen o seu reflexo literario. Plumas anónimas ou pouco aclaradas plasmaron o Romance do Mío Cid ou o Cantar de Roldán. Amadís de Gaula, o Cabaleiro da Cruz, Renaldos de Montalbán ou Tristán de Leonís, fosen estas experiencias máis ou menos reais, tamén forman parte das novelas de cabaleiría ás que tanta afición tiña o inxenioso fidalgo don Alonso Quijano, protagonista da inmortal obra cervantina. Por outra banda, as lendas do rei Arturo tamén forman parte da cultura popular de occidente.

Sen embargo, as intensamente anunciadas xestas europeas do alcalde carballés, Evencio Ferrero, carecen aínda de poeta, bardo ou xuglar que as conte (e as cante). Cando xa pasou unha semana das viaxes que o primeiro edil realizou para conquerir nada menos que 22 millóns de euros para o proxecto Temunde, nada sabemos das entrevistas, xestións, ou logros realizados na visita ó corazón de Europa. E tendo en conta o renombrado seguemento que a labor do alcalde nacionalista ten sempre na prensa local, o asunto non deixa de chamarnos a todos a atención. Que aconteceu en Bruxelas? Logrou don Evencio o amor da Dulcinea comunitaria? Enfrontouse a algún cabaleiro da Branca Luna? Acadou algunha ínsula para o seu fiel escudeiro?

Ante a incertidumbre, que non dubidamos será clarexada en breve espacio de tempo, preguntámonos se a don Evencio non lle sucedería coma ó rei Arturo dos Monty Phyton, e se toparía con algún desconfiado funcionario.



Etiquetas:


Seguir lendo...

lunes, abril 14, 2008

Rebelión en la granja


No es la primera vez que en nuestro blog utilizamos como referencia la imprescindible obra de George Orwell, pero en esta ocasión lo hacemos con distintos motivos.

La ausencia de don Evencio de Bruxelas durante sus andanzas de caballería por las tierras europeas y madrileñas ha dejado un vacío de poder que aparentemente ha alborotado el gallinero local. Primero fueron las ostensibles protestas públicas de los vecinos del barrio de la Milagrosa, que sorprendentemente no encontraron respuesta alguna desde el Concello. Y ahora son los propios empleados del Concello de Carballo los que han salido a la palestra para censurar la labor del gobierno local en cuanto a la organización de su trabajo.

Denuncian los funcionarios carballeses que en Carballo no existe el documento que regule y defina sus cometidos y responsabilidades (la "relación de postos de traballo" que recoge la ley), que su elaboración fue encargada en 2006 y que todavía no se les han dado resultados, al contrario de lo que había sido prometido por el alcalde nacionalista. Si tenemos en cuenta las quejas de los ciudadanos por el retraso con que el Concello resuelve sus asuntos, las tradicional mala fama del funcionariado, y que son los trabajadores municipales los que en último término sacan adelante las iniciativas de los políticos, la polémica está servida.

De manera que bien hará Evencio Ferrero en aprovisionarse de extintores para su regreso al despacho municipal, porque varios son los fuegos que en su ausencia se han desatado, y si no se apagan a tiempo amenazan con calcinar buena parte de la acción de gobierno. Y también haría bien el alcalde del BNG en pensárselo dos veces antes de lanzarse a la carga contra molinos de viento extranjeros, porque los gigantes de verdad puede atacar donde menos se los espera.




Seguir lendo...

viernes, abril 11, 2008

O adestrador inverso




“Cando se gaña, gañan os xogadores. Cando se perde, perde o adestrador”

Non hai inimigo pequeno, o fútbol é así, hai que ir partido a partido… todas estas son frases tópicas do deporte rei que todos temos escoitados milleiros de veces en insufribles roldas de prensa, mais a que hoxe nos ven ó pelo é xustamente a que destacamos entre comiñas. Cunha diferencia: trátase dunha frase que se debería aplicar ó revés.

Estamos a falar, como non, do asunto do mercado municipal e do parking soterrado da praza do Concello. Porque Evencio Ferrero ven de regresar das súas viaxes de cabalería e faino cunhas declaracións breves pero significativas. Nunha segunda fase das súas andanzas, e acompañado nesta ocasión por Sancho Viña, o inxenioso hidalgo visitou a vila e corte de Madrid, onde tivo a oportunidade de saudar ó lendario cabaleiro Jorquera, coñecer o Castelo dos Deputados, e mesmo intercambiar unha verbas co seu príncipe, un sombranceiro bonhome nacido nun lugar da Mancha de cuxo nome non quero lembrarme.

Mais entre as labores e traballos de don Evencio tamén figurou unha entrevista con MERCASA, que curiosamente versou sobre un único asunto: a situación dos actuais concesionarios da praza carballesa. Tanto Ferrero coma Viña fan fincapé hoxe na prensa local en destacar que a participación dos placeiros, e ata donde estean dispostos a implicarse (é dicir, pagar), será a clave para que o proxecto saia adiante. E ben certo que razón non lle falta ó goberno local, mais tendo en conta a espectacular campaña de imaxe e autoatribución de méritos que sempre acompaña ó alcalde nacionalista, e tendo en conta as declaracións e feitos antecedentes, moito nos tememos que os tiros irán por outro lado, e que tarde ou temprano terminaremos escoitando:

“Se o proxecto sae, será mérito do alcalde. Se non sae, será culpa dos placeiros”.
Ó tempo.


Seguir lendo...

jueves, abril 10, 2008

Aparca como puedas




Era sabido, estaba anunciado desde hacía años, y se ha consumado. Coincidiendo por caprichos del destino con el temporal de lluvia que estos días nos azota, se ha clausurado el aparcamiento temporal situado tras la estación de autobuses vieja de Carballo.

Ciertamente no es este el fin del mundo, pero en todo caso es un dato significativo de la situación en que se encuentra el problema del tráfico y de los aparcamientos en nuestra ciudad. Los comerciantes del centro han sido tradicionalmente los principales reivindicadores de lo que consideran una grave falta de espacios de estacionamiento en el entorno de la praza do Concello. Sus quejas han sido recibidas y procesadas por todos los grupos políticos, y los debates en torno a las posibles soluciones han ocupado gran parte de la actualidad local y del tiempo de nuestros prohombres municipales.

Sin embargo, las única soluciones que en nuestra historia se han llevado a la práctica han llegado desde gobiernos anteriores, y lo han sido de tipo disuasorio o temporal: la zona azul y los aparcamientos provisionales gestionados ya en su día por Manuel Varela en el San Martiño, la Horta do Casino, y el propio Rego da Balsa. Soluciones, insistimos, provisionales, instaladas en terrenos particulares, a la espera de que sus legítimos propietarios decidiesen desarrollarlos urbanísticamente, como así sucederá ahora en uno de los casos.

Si el PP fue en su día censurado desde la por entonces oposición ante la falta de medidas definitivas para atajar el problema, las tornas se han cambiado de tal modo que el ahora gobierno BNG-PSOE no ha sido capaz en sus casi 5 años de gestión de crear una sola plaza de aparcamiento nueva. Los intentos de sacar adelante el parking subterráneo se han frustrado de manera lastimosa, y el propio argumento de la temporalidad de los espacios provisionales esgrimido en su momento se vuelve ahora contra un gobierno incapaz de haber solventado una clausura sobradamente conocida por todos.

Días atrás el alcalde en funciones, José Antonio Viña, sugería que los viales creados en la nueva urbanización supondrían asimismo nuevas plazas de aparcamiento, si bien olvidaba indicar que serían menos de las plazas que se eliminan, y que evidentemente los habitantes de los nuevos edificios también necesitarán de esos aparcamientos. En resumidas cuentas, que estamos ante un manifiesto fracaso de la política municipal en esta materia, y que pronto los carballeses tendremos que aplicarnos el titular de este artículo.

Seguir lendo...

lunes, abril 07, 2008

Novo proxecto do noso free lance




Henrique Mariño é un auténtico Land Rover do xornalismo. Coñecerédelo (ou non, pero dá igual) por ser correspondente de EFE en Sao Paulo, polo seu finiquitado blog (clínicamente morto, prometémoslle non poñer o enlace), porque gañou un premio de xornalismo gastronómico, porque escribe no suplemento de Cultura de LVDG ou porque monta un blog de rock á última. E agora acaba de poñer en marcha Backstage, un programa en vídeo de entrevistas musicais que se emite a través do diario dixital adn.es (Grupo Planeta).

A primeira charla, moi interesante, ten por protagonista a Antonio Luque, ideólogo de Sr. Chinarro, que precisamente onte tocou en Carballo (pub A Reserva).



Etiquetas:


Seguir lendo...

viernes, abril 04, 2008

Buratos nos valados


Semella que, pouco a pouco e con moitas dificultades, vanse abrindo buratos nos valos que permiten ver a realidade que se oculta detrás da propaganda oficial carballesa. Nesta semana, sen ir máis lonxe, tivemos un bo número de noticias e asuntos que amosan problemas ata o de agora tapados ou descoñecidos no noso concello pero que afectan a moita xente e deberían estar no centro de preocupación dos nosos gobernantes.

Primeiro foi o retraso na elaboración e tramitación do Plan Xeral de Urbanismo, que hai uns días recolliamos nas declaracións de Alberto Sueiro. Declaracións que tiveron cumprida resposta pola parte do concelleiro delegado, José Antonio Viña, argumentando que se estaba a traballar a bo ritmo e que para o mes de xuño se podería por fin expoñer o documento. Agora é o durante meses desaparecido Manuel Andrade o que volta á carga na sua liña máis xenuína censurando o traballo do goberno por supeditar os intereses dos carballeses á Xunta de Galicia (declaracións a Punto Radio). Na mesma intervención o propio Andrade sacaba a colación o proxecto do parking e do centro comercial con palabras igualmente duras (e demagóxicas) para o equipo de Evencio Ferrero, e mesmo chegaba a asegurar que nin este proxecto nin o propio Plan Xeral chegarían a ver a luz nos máis de 3 anos que restan de mandato.

Por outra banda ben distinta, la Voz de Galicia saca as telarañas ó traballo xornalístico de denuncia, e realiza hoxe unha ampla reportaxe sobre das carencias dos centros educativos de Carballo, analizando os graves problemas que moitas familias do noso concello teñen para matricular ós seus fillos máis novos, e non digamos xa para atopar un centro cercano á súa vivenda, ou lograr o acceso ó colexio desexado.

E para rematar, compre destacar especialmente a recollida de firmas realizada polos veciños da Milagrosa na que reclaman ó goberno bipartito a realización dunha longa serie de melloras pendentes no seu barrio. Suliñamos estas palabras da presidenta da asociación: “Todos os alcaldes pretenden facer obras faraónicas e que o seu nome quede aí, nunha placa, e por culpa diso quedan a mal cos veciños”. Non podían ser máis apropiadas.

Como detalle importante a considerar está o feito de que todas estas polémicas collen forza precisamente na semana en que o alcalde Evencio Ferrero estivo embarcado na súa peregrinaxe europea por Bruxelas, vendendo a viaxe como que vai conseguir “obras faraónicas” para o barrio da Milagrosa . Xa diciamos que antes de adicarse ás aventuras da cabalería, conviña ter os deberes ben feitos na casa.





Etiquetas:


Seguir lendo...

jueves, abril 03, 2008

En dos patás

En referencia a la reciente polémica por los retrasos y chapuzas en las obras municipales, un lector nos manda este memorable vídeo. Se sospecha que se trata del mismo albañil que el Concello contrató para acometer las obras de la Gran Vía, las cuales siguen en igual estado a pesar del arreglo prometido hace meses por el concejal del ramo.





Etiquetas:


Seguir lendo...

miércoles, abril 02, 2008

Vuelve Bill


¿Se habían olvidado de él? ¿Creían que la maldición del día de la marmota había sido felizmente superada? No. El cuerpo de Manuel Andrade ha abandonado el gobierno municipal, pero no así su espíritu. Ya decíamos días atrás que sus antiguos compañeros de equipo parecían haberse adueñado de su idealismo, su optimismo y su forma apasionada de vivir la política. Y ahora tenemos la confirmación.

El archimanido asunto del mercado de abastos y el aparcamiento subterráneo de la praza do Concello vivía un nuevo capítulo en el último pleno, tal y como tuvimos la oportunidad de seguir a través de BERTV. Ante las preguntas de Alberto Sueiro y del propio Manuel Andrade, y con la ausencia de Evencio Ferrero (embarcado en sus hazañas de caballería por las tierras europeas), el concejal de ramo José Manuel García Guillín realizó una exposición que firmaría el Andrade de sus mejores épocas. Según el nacionalista, con respecto al edificio del mercado el trabajo es “continuado”: se presentó el anteproyecto en noviembre (olvidó mencionar que la presentación de la idea de MERCASA databa de marzo de 2007), en diciembre llegó el “documento de traballo do estudo financiero”, se estuvo negociando la financiación y hay un compromiso de la Xunta de 1,5 millones (la obra cuesta más de 4, si es que los cálculos fueron correctos), recientemente se solicitó la subvención para el mercado provisional (1,3 millones de euros, más del doble de lo previsto anteriormente), ahora se está a la espera de un estudio jurídico sobre las condiciones de los placeros, y el próximo día 10 va a haber una reunión en Madrid con MERCASA. Es decir, trabajo tan intenso que es posible que a finales de año podamos tener completado el anteestudio previo de la planificación parcial financiera de condiciones administrativas para el desarrollo jurídico del estudio de mercado, puede que dentro de cuatro años hayamos reunido el 50% de la financiación, e incluso podemos pensar que nuestros nietos lleguen a ver alguna máquina trabajando en la obra de verdad.

Bromas aparte, lo más destacable llegó en lo referente al parking subterráneo, para el que el gobierno afirmó que hay empresas interesadas en el mismo, puesto que dos firmas están realizando estudios de viabilidad y el Concello está a la espera de recibirlos. Esto es, que tal y como sucedió en la ocasión anterior, hay empresas privadas que realizan y entregan estudios al gobierno sin convocatoria pública y sin que trascienda ningún dato, y que nuevamente se afirma que existen empresas “interesadas” cuando en realidad ni siquiera saben todavía si el proyecto sería rentable. Sin embargo, hay un factor que cambia: si hace cuatro años se aseguró la existencia de al menos 6 concursantes seguros, ahora se quedan en dos. Veremos si mañana no vuelve a ser el día de la marmota.



Etiquetas:


Seguir lendo...

martes, abril 01, 2008

Poboados de transición?


Andan revoleas as augas estes días tanto pola capital do norte de Galicia coma polo capital do sur, e non polas copiosas choivas que viñeron a aliviar a ameaza de seca, senón por motivos máis complexos nos que desgraciadamente en Carballo temos boa experiencia.

O hipotético, ou máis tentado e frustrado realoxo dos colectivos marxinais de Penamoa (A Coruña) e do Vao (Vigo), levantaron en armas ós que serían novos veciños das familias xitanas, creando esceas de tensión hai pouco tempo impensables, e convertindo o problema do racismo, a integración e as relacións con esta clase de comunidades, no primeiro asunto de debate na nosa terra.

Moito se ten dito, escoitado e manifestado sobre a problemática, máis poucas solucións concretas se teñen aportado, e máis ben estamos a asistir a un lamentable espectáculo onde as administacións públicas e políticos responsables pasan a pelota duns ós outros sen querer mollarse nun tema tan peliagudo. Non obstante, si que ten aparecido un político que ten colocado unha proposta enriba da mesa. O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, suxería crear uns “poboados de transición”, vixiados pola policía, nos que estas persoas pasarían unha tempada como intermedio entre as súas chabolas actuais e as futuras vivendas de realoxo. Trátase dunha iniciativa que aínda non foi ben definida nin clarificada: cómo serían as vivendas do poboado de transición? De ónde sairían os policías precisos? Cómo reaccionarían os xitanos? Estamos a falar dun gueto? En todo caso, semella que, se cadra porque é unha forma de sair do embrollo, na Coruña van apostar pola idea do nacionalista.

E velaí temos o noso debate. Nunha vila coma a nosa, onde o problema dos asentamentos de colectivos marxinais é crónico, o escándalo dos supermercados da droga tan grande ou máis ca en Penamoa, e ademais o BNG ostenta tanto a alcaldía coma a concellería de Servizos Sociais… vaise aplicar o modelo dos “poboados de transición” de Quintana? Sería factible? Qué pensades vós?




Seguir lendo...

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner