Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, abril 07, 2008

Novo proxecto do noso free lance




Henrique Mariño é un auténtico Land Rover do xornalismo. Coñecerédelo (ou non, pero dá igual) por ser correspondente de EFE en Sao Paulo, polo seu finiquitado blog (clínicamente morto, prometémoslle non poñer o enlace), porque gañou un premio de xornalismo gastronómico, porque escribe no suplemento de Cultura de LVDG ou porque monta un blog de rock á última. E agora acaba de poñer en marcha Backstage, un programa en vídeo de entrevistas musicais que se emite a través do diario dixital adn.es (Grupo Planeta).

A primeira charla, moi interesante, ten por protagonista a Antonio Luque, ideólogo de Sr. Chinarro, que precisamente onte tocou en Carballo (pub A Reserva).



Etiquetas:

0 Comments:

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner