Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, abril 29, 2008

Un galopato no salón de plenos


Unha vez máis, temos que felicitar ó portal A Nosa Costa, que por primeira vez publica a crónica dun pleno de Carballo.

O certo é que a información municipal mellorou bastante dende que os plenos son retransmitidos por BerTV, porque nos evitamos os intermediarios e a súa particular interpretación. Pero o problema é que non se sabe ben nin cando son os plenos nin cando os vai emitir a cadea local de TV. Por iso é importante que un medio independente como A Nosa Costa, que pode ser consultado en calquera momento e dende calquera lugar, ofreza esa información a tódolos carballeses.

Agardamos que esto non sexa flor de un día e que o galopato siga acudindo ós plenos, para poder contar cunha información completa e obxectiva do que din (e non din) os nosos representantes. Xusto o contrario dalgún outro medio de comunicación, que parece que está máis para facer publirreportaxes (pagados?) que para informar.



Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner