Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, abril 23, 2008

Maio do 08: a imaxinación fóra do poder


“A imaxinación ó poder” foi un dos lemas máis repetidos e lembrados da revolución do Maio do 68. Con esta frase os xóvenes daqueles maravillosos anos querían amosar a súa fartura coa forma de facer política dos seus maiores, que consideraban anticuada, anquilosada, e falta de pulo e de adaptación ós novos tempos. Agora, cando estamos a piques de facer 40 anos dun movemento que influiu decisivamente na política europea e mundial durante décadas, estanse a facer revisións bastante críticas do que foron aqueles días de maio e das ideas que marcaron sobre todo ós partidos de esquerda, tamén aquí en España. Moitas destas críticas veñen do feito de que aqueles mozos inconformistas dos anos 60 teñan pasado co tempo a ocupar postos de responsabilidade política en diversos ámbitos, e lonxe de amosar imaxinación ou ser fieis ás ideas que outrora defenderan, pasaron a cometer os mesmos erros e repetir as mesmas políticas que tanto repudiaban.

Salvando as distancias e coa necesaria complicidade, podemos dicir que algo similar está a suceder en Carballo, e como mostra o tan manido problema dos aparcamentos. Durante os últimos anos de goberno do Partido Popular, o estacionamento na zona centro converteuse nun dos eixos da oposición ó daquela alcalde Manuel Varela. A resposta foi a posta en marcha de dúas solucións: aparcamentos provisionais en parcelas privadas e a creación da zona azul, a proposta do BNG logo de desbotarse a posibilidade da ORA. Non obstante, toda a oposición municipal coincidía nas carencias dunhas solucións que non podían resolver o problema de raíz. O famoso parking soterrado tornábase nunha necesidade imperiosa e ineludible.

Seis anos máis tarde os mozos daquel maio que reclamaban imaxinación no poder para resolver os problemas da nosa cidade atópanse formando parte do goberno. Un dos aparcamentos provisionais ven de desaparecer, e logo de fracasar de novo na aventura do parking da praza do Concello, as propostas do equipo de goberno son: máis zona azul e máis aparcamentos provisionais, que ademais aínda non están acordados. Igual que lles pasou a aqueles rebeldes franceses, en Carballo a imaxinación non accediu ó poder.


Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner