Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, abril 15, 2008

Que pasou en Bruxelas?



Todas as grandes xestas cabaleirescas teñen o seu reflexo literario. Plumas anónimas ou pouco aclaradas plasmaron o Romance do Mío Cid ou o Cantar de Roldán. Amadís de Gaula, o Cabaleiro da Cruz, Renaldos de Montalbán ou Tristán de Leonís, fosen estas experiencias máis ou menos reais, tamén forman parte das novelas de cabaleiría ás que tanta afición tiña o inxenioso fidalgo don Alonso Quijano, protagonista da inmortal obra cervantina. Por outra banda, as lendas do rei Arturo tamén forman parte da cultura popular de occidente.

Sen embargo, as intensamente anunciadas xestas europeas do alcalde carballés, Evencio Ferrero, carecen aínda de poeta, bardo ou xuglar que as conte (e as cante). Cando xa pasou unha semana das viaxes que o primeiro edil realizou para conquerir nada menos que 22 millóns de euros para o proxecto Temunde, nada sabemos das entrevistas, xestións, ou logros realizados na visita ó corazón de Europa. E tendo en conta o renombrado seguemento que a labor do alcalde nacionalista ten sempre na prensa local, o asunto non deixa de chamarnos a todos a atención. Que aconteceu en Bruxelas? Logrou don Evencio o amor da Dulcinea comunitaria? Enfrontouse a algún cabaleiro da Branca Luna? Acadou algunha ínsula para o seu fiel escudeiro?

Ante a incertidumbre, que non dubidamos será clarexada en breve espacio de tempo, preguntámonos se a don Evencio non lle sucedería coma ó rei Arturo dos Monty Phyton, e se toparía con algún desconfiado funcionario.



Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner