Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, enero 31, 2008

El triángulo de Carballo



Es una zona inquietante. Un lugar donde el misterio y lo desconocido se dan la mano. Un lugar donde las cosas desaparecen como desvanecidas en medio de la niebla, sin explicación, sin rastro. Un lugar donde las visiones fantasmales y los espejismos de viejos desaparecidos se reproducen furtivamente para sorpresa y temor de los arriesgados navegantes, para luego retornar a su escondite. ¿Otra dimensión? ¿Abducciones alienígenas? ¿La Atlántida? ¿Viajes en el tiempo? Muchas preguntas y pocas respuestas.

No es un programa de Íker Jiménez ni una producción de Hollywood. Es una reflexión acerca de los grandes proyectos para Carballo, y el particular Triángulo de las Bermudas que parece actuar sobre casi todos ellos. La supresión del peaje de la A-55, el hospital comarcal, el puerto deportivo de Razo, el gran campo de golf, la gran ciudad deportiva del Bosque, el parque de Santa Lucía, etc, forman parte ya de la leyenda de grandes ideas para nuestra ciudad misteriosamente desaparecidas no solo de la realidad, sino también de la actualidad informativa. Desvanecidas en la nada como los barcos y aviones que atravesaban esa porción del océano Atlántico.

Además, al igual que sucede en las Bermudas, los barcos desaparecidos reaparecen por sorpresa: hoy en la prensa local el alcalde carballés retoma el proyecto Temunde, un intento de convertir el barrio de la Milagrosa en un gran “parque temático” del ahorro energético cuya concreción nunca hemos llegado a conocer. Pero como también sucede en el Triángulo, la reaparición no es completa, o el barco va sin tripulación: más de un año después del anuncio del proyecto y la visita de los conselleiros nacionalistas a Carballo, la noticia es que está a punto de finalizarse el “diagnóstico previo”. De ahí a realidades concretas, casi podemos esperar en el Triángulo de las Bermudas.



Seguir lendo...

miércoles, enero 30, 2008

Céspedes


Quén nolo ía dicir. De debatir de parking soterrados, portos deportivos, campos de golf, hospitais comarcais e toda sorte de grandes proxectos inexistentes e incomezados, no pleno municipal de Carballo tense pasado a discutir bizantinamente sobre… tipos de céspede.

Por unha banda xa a semana pasada o PP denunciaba que as obras de arranxo do tapete do campo das Eiroas, vendidas coma o último grito de Sillicon Valley e que tanto teñen dado que falar, non eran nin moito menos as mellores de mercado. De feito os populares denunciaban que o campo seguía a presentar problemas de drenaxe e que tamén no campo de Berdillo existían problemas deste tipo. A resposta do alcalde e anterior responsable de deportes foi que “os usuarios din que agora está mellor”. Toda unha solución.

E polo outro, a concelleira de Terra Galega Sisa Méndez, que non perde ocasión de deixar ben clara a súa condición de arquitecta, presentouse coma experta en obras de campos de fútbol e criticou abertamente a elección do tipo de céspede para o campo anexo ás Eiroas. Segundo a centrista, que mesmo chegou a sacar un trozo de material no salón de plenos, sería preferible unha maior altura de fibra, e considerou que existían mellores e máis baratas solucións.

A cousa tomou tintes surrealistas cando o concelleiro de deportes deu lectura ó informe do arquitecto autor do proxecto, que afirmaba que o tipo de material escollido era “o sistema do futuro” e que ademais o tamaño do céspede non influía na calidade. Vamos, que se aquí se trata de escoitar ós técnicos, haberá que buscar a un terceiro, ou terán primeiro que poñerse de acordo entre eles. A cousa acabou co asunto sobre da mesa e coa invitación do alcalde a que Sisa Méndez participase na decisión do tipo de herba artificial para o campo das Eiroas.

Total, que falando de céspedes, e coma moito nos tememos que, con tanto experto, a cousa teña que acabar decidida por un comité de sabios deses que tanto se reúnen en Bruselas, nós lembrámonos do noso amigo Pancho cantándolle a esta vida loca, loca, loca, con su loca realidad.

Seguir lendo...

Sen deputados

Carballo, Bergantiños e a Costa da Morte non van ter deputados no Congreso que sairá elexido das próximas eleccións xerais. Cando menos de partida, e salvo que se produza unha sorpresa ou un espectacular cambio con respecto a tódalas enquisas.

Xa están pechadas as listas de tódolos partidos. E se hai xa un tempo sabiamos que o alcalde carballés, Evento Ferrero, concorría no nº 5 da lista do BNG na provincia da Coruña (actualmente ten 1 deputado), hoxe sabemos que o seu antecesor, Manuel Varerla, concorre no nº 6 da lista do PP (actualmente ten 4 deputados). Este último é o mellor situado, mais a súa elección non entra dentro do factible se temos en conta ademais que este ano a nosa provincia perde un representante, pasando de 9 a 8 deputados.

Coma tampouco os socialistas colocaron representantes da zona en postos relevantes e tampcouo nas listas do Senado hai posibilidades, as nosas comarcas perden o único representante directo que tiñan en Madrid, o carnotán José Oreiro do Partido Popular. Coma única esperanza cabe mencionar a posibilidade que apuntan dende A Nosa Costa de posibles corrimentos de listas no futuro por cambios de postos dos deputados electos, cousa complicada pero coidado que nin moito menos imposible. En todo caso, malas novas para a Costa da Morte, e agardemos que os demais pais da patria, áinda que non sexan de aquí, se lembren de nós á hora de tomar decisións.





Seguir lendo...

lunes, enero 28, 2008

Mi barca



“¿A quién retiró mi barca, quieeeen? Que a la deriva nos lleva, quieeeeen.”

Este estribillo entonaba esta fin de semana Manuel Andrade e a súa Terra Galega, que voltaron dar sinais de vida con motivo da comentada retirada da escultura reivindicativa “Porto de Razo” da rotonda da Gran Vía.

Andrade preguntaba por cando se daría por definitivamente instalada a rotonda, logo de considerar probada a súa idoneidade (criterio que dubidamos sexa compartido por algúns dos conductores que boicotearon a lancha), e solicitaba a reposición da tan comentada aportación náutico-artística ó interior do elemento viario. Para impedir novos asaltos dos vándalos, o máis veterano dos políticos carballeses aportou a posibilidade de elevar a rotonda para facela máis visible ós conductores.

Para Terra Galega, a lancha fora un grande éxito que espertara conciencias, remarcara o carácter marítimo de Carballo, sinalizara o inicio da Costa da Morte, e ademais fora ben recibida por tódolos veciños, que a botan en falta (¿?).

Por outra banda, lemos no Confidencial de Galicia Diario que voltan xurdir rumores que apuntan a unha fusión de TG co Partido Galeguista de cara a concorrer ás eleccións autonómicas do vindeiro ano, con Xoán Gato, alcalde de Narón, coma candidato. Non é a primeira vez que se comenta esta posibilidade, coma tamén no seu día se falara de xuntanzas con Cidadáns ou con UPD, o partido de Rosa Díez. Con todo, non nos sorprendería un pacto que posiblemente beneficiase a ambas partes. Iso si, estas fusións solen ser complicadas e con friccións importantes de por medio, sobre todo se hai un proceso electoral coma obxectivo.



Seguir lendo...

viernes, enero 25, 2008

Aclarando el “conceto”



Logo da última reunión dos nosos benqueridos representantes municipais por mor do famoso mercado de abastos, versus parking ou non parking, semella que os “concetos” se van aclarando un pouquiño, aínda que tampouco demasiado.

Por fin José Antonio Viña decidiu a función do aparcamento soterrado, manifestando que intención do bipartito era «separar os dous proxectos, de maneira que o mercado vaia por financiación mixta e o aparcamento por concesión de obra e explotación». Falando máis clariño, que o mercado sábase cómo facelo (otra cousa será logo facelo realidade) e que o aparcamento queda no aire igual que ata o de agora, pendente de que algunha empresa considere que é rentable, cousa que nos últimos 10 anos non resultou.

Da xuntanza tamén quedan as críticas da oposición polas indefinicións do estudo de MERCASA. Haberá que chamar a “Pazos” (non ao noso amigo Santiago, senón ao noso outro amigo Manqui) para que aclare ben o “conceto”.




Etiquetas:


Seguir lendo...

Bodegas na Coruña

Impagable este monólogo de Róber sobre o idioma “coruño”:






Etiquetas:


Seguir lendo...

Autocaravanas


Unha noticia que destacamos, non tanto pola súa importancia, que consideramos máis ben menor, como polo curiosa que resulta. Entre os proxectos que as administracións teñen para Carballo, onte a prensa local destacaba un “área de servizo de autocaravanas” na saída de Carballo a Berdillo.

Efectivamente, o terreo da antiga “Casa do Lagoeiro”, de 2.445 metros cadrados ó final da rúa Berdillo, é o lugar escollido para realizar esta infraestructura, e os argumentos favorables a tal instalación, tal e como xustificou o concelleiro de obras Luis Lamas, son que se trata dunha parcela de propiedade municipal e que conta con tódolos servizos de auga e depósito de residuos. O presuposto será de 30.000 € e o prazo de construcción de 3 meses, e con esta idea o Concello de Carballo pretende “poñer en valor” no futuro a Casa do Lagoeiro.

Vannos dicir que somos uns “tocapelotas”, e se cadra é certo, pero non acertamos moi ben a entender cómo unha parcela de titularidade municipal que case está a carón do casco urbano, e que pode destinarse a tantos usos, se dedica a servir ó servizo das autocaravanas, cando nós polo menos non lembramos ter visto endexamais esta clase de vehículos circulando entre Carballo e Ordes. ¿Existe xa este servizo de modo suficiente en Razo ou en Baldaio, onde a afluencia de autocaravanas no verán si que é numeroso?

En fin, que aí queda a nota curiosa do día.




Seguir lendo...

jueves, enero 24, 2008

As time goes by...


Novo comentario publicado no post titulado "Contratos confusos" por Quen fixo a lei fixo a trampa..., que nos ven traer máis luz sobre o que está a acontecer co culebrón do mercado municipal. Lean:

Xa estou moi canso de meterme en cuestións de tipo legal, pero é que como diría algún "o que hai que oir"...

Hoxe na prensa recóllese que na Xunta de Portavoces do Concello de Carballo o Goberno municipal vai encargar un informe a MERCASA sobre a posibilidade de ampliar os plazos de concesión dos comerciantes do Mercado, que, según, dín, acaban o contrato entre o 2010 e o 2020, para así poder obter financiación para a obra do novo edificio.

Vou empezar pola conclusión, e logo explico a miña indignación.

Esto é o colmo!!! É un exercicio de cinismo e un ENGAÑO aos comerciantes da Plaza.

Os membros do goberno saben, perfectamente, que é ABSOLUTAMENTE IMPOSIBLE dar unha prórroga aos placeiros.

No ano 1999, o Concello deu unha prórroga ILEGAL aos placeiros que remataban o contrato orixinal de 1970, e, nun pleno no que só Acacio votou en contra, cos informes do Secretario municipal negativos a esta prórroga, dou prórrogas por outros 15 ou 20 anos.

Sabedores de que o feito era ILEGAL, os munícipes por maioría aplastante, deron a prórroga, pero, para curarse en salud, limitaron os dereitos dos concesionarios, porque non se podía un saltar a lei totalmente.

Non hai moito, un placeiro que coñezo dicíame que quería deixar o negocio, pero que tiña que aguantar hasta a xubilación porque non o podía traspasar, que estaba prohibido.

Dado que a lexislación que regula este asunto non prohíbe o traspaso, pedinlle que me facilitase unha copia do reglamento da Plaza. Cal non sería a miña sorpresa cando vin, efectivamente, esa prohibición. A raíz desto, averigüei que a prohibición viña dada porque as concesións de case todos os comerciantes estaban prorrogadas ilegalmente, ao superar os plazos máximos permitidos pola lexislación de contratos, e que ese era o motivo de que non tuveran o dereito de traspasar.

E agora preténdese vender que se poderían prorrogar outra vez unha concesión que xa está prorrogada ilegalmente.

Volvendo ao principio: o goberno sabe que é ILEGAL prorrogar as concesións, de xeito que, se o sabe, e di que espera un novo informe sobre eso, está ENGAÑANDO a todos, e gañando tempo para non quedar en evidencia.

Agora pasará o de sempre: chegarán os informes que din que non se pode, e a culpa non será do goberno.

E mentras tanto... El tiempo pasará... (léase cantando "As time goes by", da película "Casablanca").

P.D.: Se alguén está interesado nas normas que regulan os contratos e prohiben esta prórroga, que o pida, e prometo buscalas e poñelas neste blog en canto poida...

Se todo esto é certo, hai motivo para preocuparse. E tamén hai motivo para tirarlle das orellas ós concelleiro do PP, do BNG e do PSOE que aprobaron no seu día unha prórroga ilegal das concesións. E para felicitar a Acacio Rodríguez, que non se sumou á machada.

Quen fixo a lei..., ¿podes ampliar a información?



Etiquetas:


Seguir lendo...

miércoles, enero 23, 2008

Xustiza poética


Imaxinen vostedes a seguinte situación: un mitin dunha formación política que está no goberno. De pronto aparecen un grupo de persoas que quita os abrigos e os xerseis, e mostran unhas camisetas cun lema reivindicativo contra unha das decisións dese goberno. A continuación outras persoas portan unha pancarta con lema similar e un terceiro, megáfono en man, acusa ó partido político en cuestión e ós alí presentes de “fascistas”.

¿Xa o teñen en mente? Pensamos que non nos equivocamos se decimos que a maioría de vostedes terá lembrado as mobilizacións de Nunca Máis, as típicas protestas do sindicato CIG (anque estes normalmente eran máis “heavys”), ou, no caso de estar xa entradiños en anos, as manifestacións da Plataforma pola Autovía Gratuíta, presidida no seu día por Evencio Ferrero. Todas as anteriores, dirixidas contra os actos do partido daquela no goberno, que era o Partido Popular. ¿A que si? Pois non. Os camiños da política son inescrutables, a vida da moitas voltas, e donde dije digo digo Diego: o mitin do que nós falamos recén ven de celebrarse na Laracha, correspondía ó Bloque Nacionalista Galego, e os manifestantes eran os membros da Plataforma Seiruga Limpa, que se opón á instalación dunha piscifactoría neste lugar da Costa da Morte, incluido no Plan Acuícola da Xunta.

Sen entrar a fondo nunha polémica que, sinceramente, non coñecemos demasiado ben, o certo é que os nacionalistas non teñen apoiado as reivindicacións destes veciños, ó tempo que negan calquera responsabilidade por corresponder a Consellería de Pesca ó PSOE. Seiruga Limpa denuncia a inhibición do BNG neste asunto, e recorda que o PSOE está no goberno cos votos do BNG, e que precisa dos mesmos para sacar adiante os seus proxectos no Parlamento (unha grande obviedade).

Mais se cadra o máis chamativo do acto foi a reacción dos nacionalistas, en especial, pola parte que nos toca, do alcalde carballés, quen protagoniza unha impagable fotografía en El Diario de Bergantiños, candidata a foto do ano. Ferrero non só non mostrou apoio ou cando menos comprensión cara a uns cidadáns reivindicativos fronte ós abusos do poder ou cara a uns métodos non hai moito tempo empregados por grupos afíns ou dirixidos polo seu partido, senón que tal e como podemos ler no citado xornal:

“Por su parte el alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, se mostró muy indignado con lo ocurrido, y a la salida del acto reprochó a los manifestantes su actitud. Enfadado, les dijo que se les había cerrado cualquier puerta para que él les prestase su apoyo, añadiendo que el BNG no quiere saber nada de este tipo de escándalos.”
(Vese que Evencio non se lembra da movida que el lle montou hai uns anos a Manuel Fraga cando este veu inaugurar o I.E.S. Parga Pondal. Ai!, qué fráxil é a memoria...)

Dende CD temos que condenar a forma de comportarse da Plataforma. Aínda que lles asista a razón en moitos das súas opinións, hai sobradas formas de expresar o seu desacordo sen boicotear os lexítimos actos de partidos políticos, mesmo se estes partidos se teñen caracterizado no pasado por levar a cabo esta clase de “sabotaxes”. Dende aquí ofrecémoslles o noso espacio para que poidan expresar as súas reivindicacións de forma máis constructiva. Con todo, revisionando os antecedentes, os textos e as imaxes da noticia, non podemos evitar esbozar un tímido sorriso e pensar que, en certo modo, estamos ante unha forma de xustiza poética.

Hoxe o BNG atopa a resposta vía nota de prensa de Seiruga Limpa, que podemos ler no portal A Nosa Costa, e que lle dedica unha verbas ó primeiro edil de Carballo:

“!Ah ! Sr. Evencio Ferreiro, a vostede naide o interrumpiu na sua exposición , vostede non nos fixo ningun daño pero favor tampouco, que quede claro, pra decir que non nos vai axudar con este tipo de comportamento. O millor non sabe vostede que levamos mais de sete meses loitando con alegacions, manifestacions, perdendo horas e horas de sono e traballo, gastando dos nosos cartos e indo por vias dialogantes e legais E TODO O MUNDO NEGANDONOS UNHA E OUTRA VEZ,INCLUSO A TODO O GOBERNO DE MALPICA.
¿Por que non apoia voste ao noso Alcalde Sr Evencio? Non presumiu onte de que Carballo era o portico da Costa da Morte.Sabe unha cousa, que vive nesa costa somos nós e quen por desgracia mais vidas lle entregamos tamen somos nós.Mandenos vostede empresas que den traballo de verdade e que non contaminen nin destruan o noso medio de vida.
Se onte lle ofendemos,disculpenos se pode,e a nosa ignorancia POLITICA."

Por certo que supoñemos que esta será a primeira noticia do asunto para algúns de vós. Non vos sorprenda. En efecto, únicamente medios coma El Diario de Bergantiños ou A Nosa Costa teñen informado do acontecido na Laracha. Noutros medios mellor dotados e con máis espacio para a nosa comarca, o incidente foi CENSURADO. Vese que estas cousas non forman parte da “gestión excelente”. Así funciona a información en Carballo…



Etiquetas:


Seguir lendo...

martes, enero 22, 2008

Máis cortes


Chove sobre mollado e nunca mellor dito. O temporal das semanas anteriores deixou pequenos asolagamentos na comarca, pero se cadra moito máis graves son as consecuencias que sufriron veciños da zona rural coma os do lugar de Castro, en Entrecruces.

As tormentas que pasaron polo noso concello descargaron raios que elevaron a tensión da rede ata o punto de causar cortes de suministro e subidas de tensión que no caso que nos ocupa averiaron multidude de electrodomésticos, sen contar a falta de corriente durante a metade do día. Unha vez máis, a historia de sempre: indignación, reclamacións ó maestro armero, e FENOSA que se fai o “longuis”.

Coma esta película xa a vimos máis veces, atrevémonos a adiantar o final: os veciños protestarán máis (con toda a razón do mundo), a compañía eléctrica dirá que bueno que xa veremos, que a cousa non é para tanto, e o noso alcalde, que durante anos liderou as protestas veciñais, contará nos medios que xa falou con FENOSA e que xa lles dixo que así non é, e que, por favor, da próxima a ver se fan as cousas ben. ¿Solucións reais? Eso será noutra película ou con outros protagonistas.




Etiquetas:


Seguir lendo...

Unha actriz carballesa na TV

Logo do exitazo televisivo de Róber Bodegas semella que as musas dos escenarios estanlle a coller o gusto á nosa vila. Hoxe lemos na prensa local a entrevista a María Tasende, unha actriz carballesa que forma parte do reparto dalgúnn dos capítulos da serie de TV “Padre Casares” (www.padrecasares.com).

María leva 10 anos en Madrid, onde se licenciou en Empresariais e máis en Arte Dramático (a súa verdadeira vocación), e onde xa ten dado pasos firmes no mundo da interpretación en filmes coma “Rafael” ou en series coma “Aida” ou “Los Serrano”. Na teleserie da galega dará vida á moza de Antonio Durán, Morris, e poderemos velo en febreiro.

Buscando polo youtube temos localizado o trailer dun dos cortos nos que ten participado. Noraboa e dende aquí desexámoslle moitos éxitos a María.






Etiquetas:


Seguir lendo...

lunes, enero 21, 2008

Contratos confusos



Non sabemos se foi a parte contrantante da primeira parte ou a parte contratante da segunda parte, pero algo non debeu de quedar claro no contrato que o Concello de Carballo fixo con MERCASA para realizar o estudo da reforma do mercado municipal e o novo aparcamento subterráneo.

Se hai uns días a empresa nacional presentaba un estudio no que o aparcamento quedaba excluído e separado do proxecto de reforma do mercado de abastos, agora o tenente de alcalde carballés e concelleiro mellor pagado do goberno (e de tódolos gobernos municipais na historia da comarca), José Antonio Viña, reinterpreta en A Nosa Costa o anterior afirmando que “para nós o proxecto é conxunto, o mercado e o aparcamento. E analizaremos se é mellor separar, desde o punto de vista concesional, ou acometer a actuación conxuntamente”. Ven isto a colación da xuntanza de voceiros municipais, que co gallo deste polémico asunto se celebra hoxe luns.

Non sabemos se foi Groucho Marx o encargado de redactar as condicións do estudo, pero non estaría de máis que desa reunión saíse un concepto ben claro e definitivo do que realmente está a facer MERCASA e do que se pretende facer ou non na praza do Concello. Veremos se ó final a estilográfica non vai ter tinta.

E por certo, que tamén lemos na nosa web veciña que se están a producir sabotaxes e ataques ó portal A Nosa Costa. Dende aquí mandamos todo ó noso apoio ós seus administradores e animámolos a seguir traballando para superar a intolerancia dalgúns exaltados internautas.




Seguir lendo...

viernes, enero 18, 2008

Listas de espera

Logo do caos navideño, volta á “normalidade” o centro de saúde de Carballo, e toca chamar ós pacientes que reservaran cita nas semanas anteriores…





Etiquetas:


Seguir lendo...

jueves, enero 17, 2008

Administración dixital


Boas novas as que nos chegan dende o Concello de Carballo. A administración local ven de encargar, cun coste de 195.000 € e un prazo para a súa preparación de 1 ano, un proxecto denominado territorio.net co gallo de profundizar no acceso á información urbanística e realización de trámites vía on-line.

Para sermos máis exactos lemos na prensa local que se trata de “modernizar la gestión del territorio, mediante la introducción de las tecnologías de la información que posibilite la estructuración, explotación y publicación de la información relativa al planeamiento urbanístico y las actividades e incidencias en la vía pública”, “mejorar la gestión municipal con la eficiencia en la gestión del espacio público, racionalizar los procedimientos tendiendo a la oficina sin papeles y ofrecer calidad a los ciudadanos y empresas interesados en las actividades relacionadas con la actividad urbanística y la vida ciudadana”. Os membros do goberno local destacaron o ambicioso da idea que pretende colocar a Carballo á par das cidades máis importantes en materia de administración vía Internet.

Dende CD, o único blog de opinións e noticias carballés, non podemos por máis que felicitar esta iniciativa e desexar que resulte todo un éxito. Aínda que, coma sempre, debemos aproveitar a ocasión para advertir do principal perigo que todos nós teñen as novas tecnoloxías e particularmente a rede de redes: caer no engano de esquecer que a realidade está máis alá dos cables de fibra óptica e dos resultados que de forma tan bonita nos ofrece a informática. Recordemos que o urbanismo faise con cemento e ladrillo, non con uns e ceros, e agardemos que ese urbanismo real sexa o que funcione ben, máis alá das apariencias virtuais por moito importantes e útiles que estas sexan.




Etiquetas:


Seguir lendo...

Premiada unha carballesa por un traballo sobre as rutas xacobeas


A Asociación das Cámaras de Comercio dos Camiños Xacobeos concederon un premio cunha dotación económica de 4.500 euros á carballesa María José Andrade, polo seu traballo de investigación denominado "Rutas Jacobeas", sobre o Camiño Francés. O xurado sulina que o traballo galardonado aporta unha análise que reflicte os problemas estructurais nas zonas rurais e o feito de que "“es precisamente el turismo basado en el Camino el que define una nueva ruralidad”.

A referida Asociación tamén premiou ó fisterrán Andrés Romero Trillo pola súa proposta de crear sinerxias entre los peregrinos que viaxan por intereses relixiosos, culturais ou de contacto coa naturaleza, a través das vías de ferrocarril. O traballo de Andrés Romero foi seleccionado de entre un total de 17 propostas e por el percibirá unha beca de 3.000 € para desenvolvelo.



Etiquetas:


Seguir lendo...

miércoles, enero 16, 2008

No cambié



A escandalosa polémica polas listas de espera no centro médico de Carballo continúa. Se nun post anterior destacabamos as indignantes declaracións dunha das responsables autonómicas en Sanidade, hoxe lemos en LVDGE un deses textos que nos trasladan a sensación de que estamos a vivir nun planeta diferente ó do resto dos mortais. Lean con atención:

“ … fuentes del ambulatorio de Carballo explicaron que la situación se está normalizando… «Á xente que pide cita hoxe [por ayer (martes)] estáselle dando a vez para o venres ou o luns, polo que a situación está moito mellor que a semana pasada»

Si, leron ben. As cousas estanse normalizando: á xente que pide vez un martes, dáselle para o venres ou o luns. O normal, vamos, nada que ver co “caos” de semanas anteriores. Voltamos por fin á atención sanitaria de calidade. ¿Cómo é posible que os medios de comunicación e os demais axentes sociais, comezando polos políticos, non estean a bramar, berrar e pedir demisións dos responsables? ¿Ónde están os sempre indignados e movilizados sindicatos? ¿Qué clase de broma é esta?

Falando de políticos, o asunto ten provocado (xa era hora) a reacción dos políticos locais. Na fin de semana Alberto Sueiro cargaba contra o “desastre” da consellería de Sanidade, onde “xa ten dimitido todo o mundo menos a conselleira”, e poñía coma exemplo varios casos reais de carballeses que cando lles chegou cita xa curaran das súas enfermidades. E hoxe atopaba a resposta de Evencio Ferrero, manifestando que estes problemas se dan en concellos gobernados por todos os partidos. Seguramente si, pero se as competencias sanitarias son da Xunta, algún responsable político haberá para quentarlle ben as orellas ¿ou non?

Para rematar, o alcalde carballés lembrounos a Tamara con aquel estribillo de “no cambié”, afirmando que el non modificou a súa postura, e que mantén as mesmas reivindicacións de sempre, aínda que sen mencionar o outrora famoso hospital comarcal. Claro que nós pensamos que, se cadra, as reivindicacións están ben para cando se está na oposición; pero cando se está no goberno, os políticos están para cumprir ou facer cumprir o que prometeran. Porque se non, Tamara debería cantar “si cambié, si cambié, si cambié”.


Etiquetas:


Seguir lendo...

martes, enero 15, 2008

¿Que foi do Porto de Razo?


Estas primeiras datas do ano teñen espertado o noso espírito nostálxico, e a verdade é que resulta ben divertido botar a vista atrás e comprobar de que falabamos hai exactamente un ano:

http://carballodixital.blogspot.com/2007/01/ooooooooooooooooooooohhhhhhhhh.html

http://carballodixital.blogspot.com/2007/01/brbaro-frustrado.html

http://carballodixital.blogspot.com/2007/01/gladiator-irisarri.html

No mes de xaneiro de 2007, un dos temas máis comentados no noso blog era a negativa de Vicente Irisarri, daquela presidente de Portos de Galicia, a incluir o proxecto de porto deportivo de Razo nos plans do seu organismo. Naquela ocasión o resultado fora un divertido enfrontamento dialéctico con Manuel Andrade, que mesmo chegou a pedir a súa demisión no pleno de Carballo. As reivindicacións do líder de Terra Galega mesmo chegarían a plasmarse na “escultura” que durante meses, e a pesares dos ataques de enfurecidos conductores e gamberros, presidiu a entrada da vila na rotonda da Gran Vía.

Non obstante o anterior, os socios de Andrade e actuais gobernantes do concello, BNG e PSOE, non só aprobaron no seu día o proxecto do CDI senón que teñen defendido sempre a realización de melloras importantes no peirao da costa carballesa. Sen embargo, salvando algunha visita illada de cargos xunteiros, a idea de converter Razo nun centro de actividades lúdico-deportivas a partir do su porto ten caído nun ostracismo xustamente paralelo e comparable ó que está a padecer o outro “Porto de Razo”, retirado do seu pedestal polos sucesivos envites automovilístico-etílicos. ¿Está definitivamente esquecido o porto deportivo de Razo? Para que se vexa que non é Andrade o único que se fai esta pregunta, velaí queda a cuestión.



Etiquetas:


Seguir lendo...

lunes, enero 14, 2008

Acaba o concurso para elexir á mellor orquestra de 2007


Mañán, 15 de xaneiro, féchase a urna virtual do concurso para elexir á mellor orquestra galega do ano 2007, que organiza por terceiro ano Anosacosta.com.

Con datos actualizados a día 10 de xanero, encabeza as votacións a orquestra Panorama (468 votos), seguida moi de cerca por Olympus (452 votos) e, máis rezagada, Philadelphia (333 votos). Así que todo parece indicar que a cousa vai estar entre Panorama, que xa gañou as dúas edicións anteriores, e Olympus.

Se queredes votar, este é o enlace.



Etiquetas:


Seguir lendo...

¿Qué pasa con la Gran Vía?


Es la pregunta que se hacen muchos carballeses. Las obras de ampliación de las aceras y el lavado de cara de una de las principales calles de la localidad no han cumplido con las expectativas levantadas. Muy al contrario, ha sido el centro de las críticas de los ciudadanos desde antes de estar completamente terminadas.

Principalmente, han sido los más que evidentes defectos de ejecución del nuevo enlosado lo que ha enervado los ánimos de muchas personas que han padecido con sus propios tropiezos un pavimento en el que la regularidad brilla por su ausencia. Tanto es así que el propio concejal de obras, Lois Lamas, se vio obligado a salir al paso justificando que la obra no estaba terminada (pues faltaba la colocación del mobiliario) y que desde el Concello se obligaría a la empresa constructora a corregir los errores.

Desde entonces han pasado meses y nada se ha corregido. Sí que se ha colocado el referido mobiliario urbano, y es cierto que las nuevas farolas han contribuido a mejorar el aspecto de la calle en las horas nocturnas. Sin embargo, las opiniones que se pueden escuchar en la calle siguen sin ser precisamente favorables. Son muy pocas las personas que aciertan a entender por qué se permite colocar el mobiliario antes de que se levanten las baldosas “obstáculo”. Y además la picaresca carballesa ya ha bautizado los peculiares asientos, que se han colocado en algunos sobreanchos de las aceras, como los “bancos dos castigados”, porque parece que su ocupante ha sido condenado a mirar contra la pared como si estuviese en el colegio en sus años mozos.

En resumidas cuentas, la gestión de las obras de la Gran Vía carballesa ha distado bastante de ser excelente. Esperemos que este artículo pueda servir de algo y que próximamente se puedan corregir los defectos del modo que Carballo merece, aunque mucho nos tememos que la cirugía va a tener que ser muy profunda.


Etiquetas:


Seguir lendo...

viernes, enero 11, 2008

Don’t worry, be happy


¿Que ten vostede problemas de saúde? ¿Que o seu fillo cativo está con febre? ¿Que precisa de atención médica urxente? Non se preocupe, cante e sexa feliz. Esa semella ser a receita que nos dan dende a Xunta de Galicia.

Malia que os problemas de días pasados non só non remitiron senón que teñen ido a máis, hoxe lemos unha interesante entrevista coa xerente da área de atención primaria da área sanitaria da Coruña, ideal para tirarse dos pelos ata quedar calvo. Entre outros comentarios, cheos de “autocrítica” e “compresión” para cos sufridos contribuíntes, dona María Jesús Cerecedo afirma:

“a saturación non é tan alarmante como se di”, “O principal é que non temos médicos para substituír as vacantes, aínda que a situación está mellorando. En Carballo xa só hai 5 ausencias de 17 prazas. Tres delas son de carácter laboral”, “Non existe ningún estudo que indique que os profesionais deste sector teñen máis baixas que noutras profesións. O que resulta curioso é que collan a baixa xusto cando lles toca cubrir as ausencias, como ocorreu nestes casos”, “Eu fun médico substituto e aquilo si que era precariedade laboral”, “En canto ás retribucións no último ano e medio mellorouse moito”, “Está claro que non se pode ir todo o mundo xunto no mes de agosto e de feito xa non se vai. Tentamos que a xente se organice cos compañeiros para manter o servizo que se lle dá ao cidadán”, “A cousa non é nin moito menos para tanto (no centro de saúde de Carballo). O nivel organizativo é moi importante e estamos traballando para adiantarnos a falta de persoal para que, cando os médicos non vaian estar, se volva a citar á xente automaticamente sen que teña volver a pasar por ventaíña”, “Non. Iso non é así (que haxa dificultades para presentar queixas). En todos os centros hai follas para facer suxestións e pódolle asegurar que me chegan directamente a min. En Carballo está Antonio Bello que é o xefe do servizo. A xente transmítelle as súas queixas e el comunícanolas a nós. Así que non é verdade que exista despersonalización.”, “agora estamos traballando cos profesionais que facían falta hai unha década porque as previsións da xente que gobernaba fallaron”.

Resumindo, que os centos de carballeses que levan semanas padecendo unha situación terceiromundista, ou ben minten, ou quéixanse de vicio, ou a febre lles provoca delirios que lles altera a percepción da realidade. Segundo a señora Cerecedo o seu departamento está a facer todo de rechupete, e se algo falla é soamente culpa da “xente que gobernaba”. Don’t worry, be happy.

Para rematar o recochineo, ó noso alcalde Evencio Ferrero non se lle ocurre mellor solución dende o Concello que ofrecer ós cidadáns os ordenadores municipais e aprenderlles a reservar cita por Internet. Como intento, aceptemos polvo coma animal de compaña, mais a ser posible algún día agardamos solucións de verdade a problemas de verdade.





Etiquetas:


Seguir lendo...

miércoles, enero 09, 2008

Caixas para a reciclaxe de pilas


O Concello de Carballo abriu o prazo para que os comercios que o desexen soliciten caixas para a reciclaxe de pilas. Tanto os recipientes como o servizo de recollida serán totalmente gratuitos.

As caixas que o Concello pon á disposición dos comerciantes teñen dous tamaños (de 12 e 25 litros), para que poidan elexir a que mellor se axuste ás súas necesidades.

Os interesados en conseguir estas caixas poden solitalas na Casa do Concello. Poden facelo a través da propia páxina web na sección 'Carballo Porta Aberta' , deixando un aviso. Tamén teñen a posibilidade de chamar ao número de teléfono 981 704 100.

Sen dúbida, unha boa iniciativa.



Seguir lendo...

Identity peligra para Carballo


Malas noticias sobre el famoso proyecto de coches de lujo que abandera el carballés José Ramón Fernández Franqueira. Los plazos inicialmente considerados para la puesta en marcha de esta industria se han visto retrasados en más de 2 años, ha perdido subvenciones millonarias, y su ubicación en Carballo ya no es para nada segura, aunque "no ha quedado descartada por el momento", y evidentemente es la primera elección de José Ramón, a quien desde aquí seguimos animando a sacar adelante su sueño.

Si quieres conocer la versión almibarada, edulcorada, fantástica y maravillosa donde todo el mundo es bueno, sobre todo si se trata de nuestros actuales gobernantes, podéis leer hoy La Voz Defensora de la Gestión Excelente. Pero como nosotros ya se sabe que somos una mosca cojonera que nos empeñamos en mirar debajo de la alfombra vamos a hacernos alguna pregunta más.

Por ejemplo, ¿a qué se deben los retrasos del proyecto que tantas pérdidas y contratiempos ha ocasionado a Identity? Según el diario de Férnandez Latorre a "diferentes circunstancias" sin precisar. Es comprensible y hasta probable que un proyecto de tamaña envergadura dependa de multitud de factores técnicos, financieros, administrativos, etc., que puedan suponer obstáculos para su desarrollo. Pero por lo pronto a nosotros se nos ocurre otro obstáculo más visible que ha hecho imposible que una industria de alta tecnología se haya instalado en Carballo en los plazos inicialmente previstos: que la ampliación del polígono de Bértoa, donde se debería localizar Identity, aún recién acaba de iniciar las obras, acumulando más de 2 años de retraso. Pero este detalle no esperen ustedes verlo reflejado en los medios "oficiales".



Etiquetas:


Seguir lendo...

Marky en Carballo

mfranc3s ven de colgar en youtube varios vídeos da actuación de Marky Ramone o pasado día 3 en Carballo. Certo que a calidade da imaxe e do son non son moi boas, pero moitas grazas de todos modos por darlles a oportunidade de coñecer o ambiente a aqueles que non puideron asistir.


http://es.youtube.com/watch?v=CDGZvXItKNU
http://es.youtube.com/watch?v=OvSPc1AECaU
http://es.youtube.com/watch?v=jKX-OWG2Ue0





Seguir lendo...

martes, enero 08, 2008

E o parking?


Novidades importantes no tocante ó proxecto de Mercasa para construir un parking subterráneo e reformar o mercado de abastos da praza do Concello. Hoxe a prensa local explica os aspectos máis salientables do estudo de financiación que ven de realizar esta empresa pública. E, facendo un rápido resumo, hai tres cuestións que destacan claramente.

A primeira, que se inclúe na futura primeira planta unha área de autoservizo de alimentación, cuxa xestión será encargada a un concesionario. Cuestión esta que fora obxecto de polémica no anterior e fallido concurso.

A segunda, que os concesionarios no mercado de abastos deberán colaborar económicamente ata o punto de poñer máis cartos que as propias administracións. En efecto, o estudo valora o coste de reformar o edificio nuns 5 millóns de euros, sen incluir o acondicionamento interior dos postos, mentres que a Xunta semella estar disposta a poñer un máximo de 1,5 millóns, e o Concello ata 1,1 millóns. O resto terá que ser aportado polos comerciantes, para o que Mercasa lles propón un plan de financiamento de 25 anos. Segundo os seus cálculos esto supón uns 12 euros por metro cadrado ó mes, a pagar durante todo ese período. E visto así non parecen tantos cartos, mais haberá que agardar a ver cal é o postura dos verdadeiros afectados.

E a terceira novidade que máis chama a atención é que o estudo de Mercasa deixa fora de consideración o famoso parking subterráneo. Segundo se explica, "no se han incluido en el estudio financiero porque, en opinión de Mercasa, «cabría la posibilidad de ceder la construcción y explotación a un tercero». En el mismo sentido, el alcalde, Evencio Ferrero, apuntó que el camino más lógico parece, a falta de la decisión definitiva, el de la concesión mediante un concurso público. La empresa nacional tampoco incluye los gastos de realojo de los placeros en el mercado provisional, que se instalará en el San Martiño." É dicir, que semella que o asunto do aparcamento, para o que lembramos que se estimara un coste de 6 millóns, queda separado da reforma do mercado e pendente da concesión mediante concurso. Máis nós preguntámonos: se no concurso anterior se lle daba ó concesionario o beneficio de explotar o mercado, e aínda así quedou deserto, ¿vai agora serlle rentable a alguén explotar o parking solamente? Máis ben danos a impresión de que se está a botar balóns fora por un problema do que se sabe que non ten fácil solución.
Seguiremos atentos e informando.




Seguir lendo...

viernes, enero 04, 2008

Tu me ehtah ehtresaaaando



Ano novo, desastres vellos. Arrincamos o 2008 en Carballo coa incredulidade polos fallos inexplicables que se producen nalgúns servizos públicos, repetidos pero amplificados coa resaca da noitevella.

Primeiro foi a caos que literalmente se viviu no centro de saúde da nosa cidade. No medio de debates sobre ampliacións de instalacións, segundas unidades e antigas e esquecidas promesas de hospitais comarcais, resulta que nas dependencias que si temos dende hai anos non hai quen poida coller un simple teléfono de atención ao público. Os responsables do centro excusaron o desastre nun fallo técnico das liñas, aínda que algúns usuarios aseguraban que outros teléfonos si funcionaban pero desbotaban atender as chamadas. Hoxe, a prensa local explícanos que as carencias de servizo tamén se dan noutros hospitais da zona e que se deben ó aumento de consultas con respecto ó normal por estas datas. ¿Aceptamos barco coma animal acuático?

No caso do campo de fútbol das Eiroas, chove sobre mollado. Xa hai uns meses trataramos da polémica provocada por que as obras de mellora do campo comezasen en plena temporada no canto de facelo no verán, cando non se disputan competicións oficiais. E agora resulta que, logo de levar 3 meses peregrinando por outros campos da comarca, o Bergantiños, un dos clubes senlleiros da historia do fútbol galego (ese fútbol galego que agora tanto se utiliza e se menta para competicións internacionais), vai ter que aprazar un partido "porque no tenemos campo", como explica o seu presidente. Ó parecer, a obra está rematada dende o 22 de decembro, pero non está homologado pola falta das firmas dalgunhas persoas, que supoñemos que terán desfrutado cumpridamente destas festas de Nadal, ou se cadra estaban demasiado ocupadas co “Galiza-Camerún”. Di José Cotelo que o Bergantiños “no merece esto”. Non podemos estar máis dacordo.

Dous casos puntuais pero graves que ben merecen a atención e solución das autoridades competentes, porque nos deixan a todos a sensación de que vivimos nunha república bananeira con responsables que, afeitos como están xa á boa vida, non queren ehtresaaaaaarse.



Seguir lendo...

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner