Xustiza poética
Imaxinen vostedes a seguinte situación: un mitin dunha formación política que está no goberno. De pronto aparecen un grupo de persoas que quita os abrigos e os xerseis, e mostran unhas camisetas cun lema reivindicativo contra unha das decisións dese goberno. A continuación outras persoas portan unha pancarta con lema similar e un terceiro, megáfono en man, acusa ó partido político en cuestión e ós alí presentes de “fascistas”.
¿Xa o teñen en mente? Pensamos que non nos equivocamos se decimos que a maioría de vostedes terá lembrado as mobilizacións de Nunca Máis, as típicas protestas do sindicato CIG (anque estes normalmente eran máis “heavys”), ou, no caso de estar xa entradiños en anos, as manifestacións da Plataforma pola Autovía Gratuíta, presidida no seu día por Evencio Ferrero. Todas as anteriores, dirixidas contra os actos do partido daquela no goberno, que era o Partido Popular. ¿A que si? Pois non. Os camiños da política son inescrutables, a vida da moitas voltas, e donde dije digo digo Diego: o mitin do que nós falamos recén ven de celebrarse na Laracha, correspondía ó Bloque Nacionalista Galego, e os manifestantes eran os membros da Plataforma Seiruga Limpa, que se opón á instalación dunha piscifactoría neste lugar da Costa da Morte, incluido no Plan Acuícola da Xunta.
Sen entrar a fondo nunha polémica que, sinceramente, non coñecemos demasiado ben, o certo é que os nacionalistas non teñen apoiado as reivindicacións destes veciños, ó tempo que negan calquera responsabilidade por corresponder a Consellería de Pesca ó PSOE. Seiruga Limpa denuncia a inhibición do BNG neste asunto, e recorda que o PSOE está no goberno cos votos do BNG, e que precisa dos mesmos para sacar adiante os seus proxectos no Parlamento (unha grande obviedade).
Mais se cadra o máis chamativo do acto foi a reacción dos nacionalistas, en especial, pola parte que nos toca, do alcalde carballés, quen protagoniza unha impagable fotografía en El Diario de Bergantiños, candidata a foto do ano. Ferrero non só non mostrou apoio ou cando menos comprensión cara a uns cidadáns reivindicativos fronte ós abusos do poder ou cara a uns métodos non hai moito tempo empregados por grupos afíns ou dirixidos polo seu partido, senón que tal e como podemos ler no citado xornal:
(Vese que Evencio non se lembra da movida que el lle montou hai uns anos a Manuel Fraga cando este veu inaugurar o I.E.S. Parga Pondal. Ai!, qué fráxil é a memoria...)
“Por su parte el alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, se mostró muy indignado con lo ocurrido, y a la salida del acto reprochó a los manifestantes su actitud. Enfadado, les dijo que se les había cerrado cualquier puerta para que él les prestase su apoyo, añadiendo que el BNG no quiere saber nada de este tipo de escándalos.”
Dende CD temos que condenar a forma de comportarse da Plataforma. Aínda que lles asista a razón en moitos das súas opinións, hai sobradas formas de expresar o seu desacordo sen boicotear os lexítimos actos de partidos políticos, mesmo se estes partidos se teñen caracterizado no pasado por levar a cabo esta clase de “sabotaxes”. Dende aquí ofrecémoslles o noso espacio para que poidan expresar as súas reivindicacións de forma máis constructiva. Con todo, revisionando os antecedentes, os textos e as imaxes da noticia, non podemos evitar esbozar un tímido sorriso e pensar que, en certo modo, estamos ante unha forma de xustiza poética.
Hoxe o BNG atopa a resposta vía nota de prensa de Seiruga Limpa, que podemos ler no portal A Nosa Costa, e que lle dedica unha verbas ó primeiro edil de Carballo:
“!Ah ! Sr. Evencio Ferreiro, a vostede naide o interrumpiu na sua exposición , vostede non nos fixo ningun daño pero favor tampouco, que quede claro, pra decir que non nos vai axudar con este tipo de comportamento. O millor non sabe vostede que levamos mais de sete meses loitando con alegacions, manifestacions, perdendo horas e horas de sono e traballo, gastando dos nosos cartos e indo por vias dialogantes e legais E TODO O MUNDO NEGANDONOS UNHA E OUTRA VEZ,INCLUSO A TODO O GOBERNO DE MALPICA.
¿Por que non apoia voste ao noso Alcalde Sr Evencio? Non presumiu onte de que Carballo era o portico da Costa da Morte.Sabe unha cousa, que vive nesa costa somos nós e quen por desgracia mais vidas lle entregamos tamen somos nós.Mandenos vostede empresas que den traballo de verdade e que non contaminen nin destruan o noso medio de vida.
Se onte lle ofendemos,disculpenos se pode,e a nosa ignorancia POLITICA."
Por certo que supoñemos que esta será a primeira noticia do asunto para algúns de vós. Non vos sorprenda. En efecto, únicamente medios coma El Diario de Bergantiños ou A Nosa Costa teñen informado do acontecido na Laracha. Noutros medios mellor dotados e con máis espacio para a nosa comarca, o incidente foi CENSURADO. Vese que estas cousas non forman parte da “gestión excelente”. Así funciona a información en Carballo…
Etiquetas: Seiruga Limpa piscifactoría
7 Comments:
Eu invito a seguir co exercicio de imaxinación. ¿Qué pasaría se estuvese gobernando o PP na Xunta e no Concello?
1- Evencio e compañía non só non apoiarían a plataforma senón que serían directivos.
2- Ó día seguinte a Voz sacaríao non nas páxinas de interior, senón na portada principal do xornal, e os titulares serían:
"Veciños censuran ó alcalde de Carballo", "o PP nega calquera apoio ós veciños", "o alcalde e membros do PP protagonizaron enfrontamentos cos veciños afectados pola piscifactoría que pretende expropiar os seus terreos", "Feijoo chama fascistas ós manifestantes", etc.
3- Sería o tema principal de Radioevencio durante unha semana, e a plataforma tería total acceso a dicir e publicar o que quixese.
Así funciona a información en Carballo, efectivamente. De non ser por algúns rebeldes coma CD ou El Diario (ás veces), esto sería a Venezuela de Chávez.
23/1/08 13:33
O que hai que oír!
"o certo é que os nacionalistas non teñen apoiado as reivindicacións destes veciños, ó tempo que negan calquera responsabilidade por corresponder a Consellería de Pesca ó PSOE".
O BNG foi a única forza política que aceptou recibir á plataforma, de feito Carlos Aymerinch, portavoz do BNG no parlamento, veu ex-profeso a Malpica, cousa que non fixo a conselleira, quen negou a visita á plataforma e só aceptou recibir ao alcalde, colega do seu partido.
O BNG dixo que apostaba porque existise un plano de acuicultura, pero tamén dixo que non a calquera prezo. E de feito, no posicionamento feito público polo BNG, plantexábase a redución de superficie da instalación prevista en Merexo e a supresión da prevista en Seiruga, por consideralas moi agresivas. Lede e veredes. De feito, a Consellería de Cultura, en mans do bng, informou negativamente a primeira proposta de ubicación de Seiruga, por afectar un castro. Pero da segunda non puido dicir nada, porque retranquearon e as competencias quedan reducidas ás consellerías de pesca e medio ambiente (ambas do psoe).
Aínda que o BNG se opoña con todas as forzas, a representación do PSOE no consello da Xunta sería suficiente para aprobar un plan que, por outra parte, corresponde a unha consellería súa redactar e, polo tanto, responder del.
Onde está a deputada da costa atlántica, Marisol? Onde o alcalde de Malpica?
Semellase que o BNG fose o responsable deste proxecto, iso tamén é desinformar, amigos de CD.
23/1/08 14:26
A quienes todavía no creen el carácter sectario y manipulador de La Voz de Galicia, en su edición de Bergantiños, les invito a leer en el diario de hoy, jueves 24 de enero, la sección DISGUSTA, en la segunda página local.
Ahora piensen en otras ocasiones en que se producían manifestaciones o concentraciones ante un acto político de otro/s partido/s -no del BNG, por supuesto-, y se reventaba por parte de los manifestantes. Sí, les animo a buscar en la Hemeroteca, descubrirán que también aparecía en el apartado DISGUSTA, pero exactamente en sentido contrario: Disgustaba el poco talante dialogante de los partidos en el gobierno, su chulería ante los vecinos, sus oídos sordos, y se loaba a los ciudadanos que defendían sus legítimas aspiraciones:
- Mineros de Cerceda frente a Zapatero y otros miembros del PSOE.
- alumnos de Carballo frente a Fraga.
- carballeses frente a Cuiña y Fraga por la autopista.
- ciudadanos ante las visitas de Aznar a A Coruña.
Lo siento, pero no hay ninguna ocasión en muchos años que se salga de esta pauta.
Viva la objetividad periodística!!!
24/1/08 09:10
Ayer en el Diario Evencio seguía explicando lo indignado que estaba por el comportamiento de los de la Plataforma (por cierto, creo que alguno de ellos militante del BNG), y Marisol Soneira y otros acusándolos de estar manejados por un partido. ¿Se refería al PP, o a que sería algo que se le ha ido de las manos al propio BNG?
En todo caso, viendo la reacción de unos y otros, está demostrado que los productos sintéticos de la moqueta y los sillones de piel actúan sobre el cerebro sus ocupantes, y tienen efectos devastadores sobre su memoria.
24/1/08 15:18
Esa dolencia se cura con una temporada de reposo en la oposición :)
24/1/08 21:25
ben parece polos comentarios que aqui aparecen que a censura non é so na voz de galicia.
Para comezar quero recordar que a Laracha nin pertence a Carballo nin esta gobernada polo BNG, por desgracia.É un concello donde se emprega o autoritarismo e os caciques estan a orde do día;se cadra farialle ven a alguns veciños deses de Malpica vir pasar ali unhas vacacións.
Noraboa os detractores do BNG,por fin teñen algo ao que agarrarse para tentar desacreditar aos nacionalistas,ainda que so sexa fume.QUE TRISTE!!
25/1/08 15:51
Discúlpeme, pero no logro entender su comentario.
La situación de Laracha no tiene nada que ver con los hechos, simplemente que fue un mitin celebrado allí como podía haberlo sido en cualquier otro lugar.
25/1/08 20:22
Publicar un comentario
<< Home