No cambié
A escandalosa polémica polas listas de espera no centro médico de Carballo continúa. Se nun post anterior destacabamos as indignantes declaracións dunha das responsables autonómicas en Sanidade, hoxe lemos en LVDGE un deses textos que nos trasladan a sensación de que estamos a vivir nun planeta diferente ó do resto dos mortais. Lean con atención:
“ … fuentes del ambulatorio de Carballo explicaron que la situación se está normalizando… «Á xente que pide cita hoxe [por ayer (martes)] estáselle dando a vez para o venres ou o luns, polo que a situación está moito mellor que a semana pasada»
Si, leron ben. As cousas estanse normalizando: á xente que pide vez un martes, dáselle para o venres ou o luns. O normal, vamos, nada que ver co “caos” de semanas anteriores. Voltamos por fin á atención sanitaria de calidade. ¿Cómo é posible que os medios de comunicación e os demais axentes sociais, comezando polos políticos, non estean a bramar, berrar e pedir demisións dos responsables? ¿Ónde están os sempre indignados e movilizados sindicatos? ¿Qué clase de broma é esta?
Falando de políticos, o asunto ten provocado (xa era hora) a reacción dos políticos locais. Na fin de semana Alberto Sueiro cargaba contra o “desastre” da consellería de Sanidade, onde “xa ten dimitido todo o mundo menos a conselleira”, e poñía coma exemplo varios casos reais de carballeses que cando lles chegou cita xa curaran das súas enfermidades. E hoxe atopaba a resposta de Evencio Ferrero, manifestando que estes problemas se dan en concellos gobernados por todos os partidos. Seguramente si, pero se as competencias sanitarias son da Xunta, algún responsable político haberá para quentarlle ben as orellas ¿ou non?
Para rematar, o alcalde carballés lembrounos a Tamara con aquel estribillo de “no cambié”, afirmando que el non modificou a súa postura, e que mantén as mesmas reivindicacións de sempre, aínda que sen mencionar o outrora famoso hospital comarcal. Claro que nós pensamos que, se cadra, as reivindicacións están ben para cando se está na oposición; pero cando se está no goberno, os políticos están para cumprir ou facer cumprir o que prometeran. Porque se non, Tamara debería cantar “si cambié, si cambié, si cambié”.
Etiquetas: centro salud saúde
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home