E o parking?
Novidades importantes no tocante ó proxecto de Mercasa para construir un parking subterráneo e reformar o mercado de abastos da praza do Concello. Hoxe a prensa local explica os aspectos máis salientables do estudo de financiación que ven de realizar esta empresa pública. E, facendo un rápido resumo, hai tres cuestións que destacan claramente.
A primeira, que se inclúe na futura primeira planta unha área de autoservizo de alimentación, cuxa xestión será encargada a un concesionario. Cuestión esta que fora obxecto de polémica no anterior e fallido concurso.
A segunda, que os concesionarios no mercado de abastos deberán colaborar económicamente ata o punto de poñer máis cartos que as propias administracións. En efecto, o estudo valora o coste de reformar o edificio nuns 5 millóns de euros, sen incluir o acondicionamento interior dos postos, mentres que a Xunta semella estar disposta a poñer un máximo de 1,5 millóns, e o Concello ata 1,1 millóns. O resto terá que ser aportado polos comerciantes, para o que Mercasa lles propón un plan de financiamento de 25 anos. Segundo os seus cálculos esto supón uns 12 euros por metro cadrado ó mes, a pagar durante todo ese período. E visto así non parecen tantos cartos, mais haberá que agardar a ver cal é o postura dos verdadeiros afectados.
E a terceira novidade que máis chama a atención é que o estudo de Mercasa deixa fora de consideración o famoso parking subterráneo. Segundo se explica, "no se han incluido en el estudio financiero porque, en opinión de Mercasa, «cabría la posibilidad de ceder la construcción y explotación a un tercero». En el mismo sentido, el alcalde, Evencio Ferrero, apuntó que el camino más lógico parece, a falta de la decisión definitiva, el de la concesión mediante un concurso público. La empresa nacional tampoco incluye los gastos de realojo de los placeros en el mercado provisional, que se instalará en el San Martiño." É dicir, que semella que o asunto do aparcamento, para o que lembramos que se estimara un coste de 6 millóns, queda separado da reforma do mercado e pendente da concesión mediante concurso. Máis nós preguntámonos: se no concurso anterior se lle daba ó concesionario o beneficio de explotar o mercado, e aínda así quedou deserto, ¿vai agora serlle rentable a alguén explotar o parking solamente? Máis ben danos a impresión de que se está a botar balóns fora por un problema do que se sabe que non ten fácil solución.
Seguiremos atentos e informando.
1 Comments:
QUEN FIXO A LEI... FIXO A TRAMPA
Hai xa moitos meses, cando foi o primeiro "round" do tema do Mercado de Carballo, xa adiantei algúns puntos inexcusables da "modernización" proposta polo Goberno.
Daquela, varias opinións anónimas, moi louvantes co governo local, entón tripartito, botábanlle a culpa dos males do proceso ao Sr. Andrade Cristóbal.
Pois ben, logo do "paripé" deste xa terceiro "round", atopámonos cos seguintes datos:
1.- Pese ás declaracións do Sr. Alcalde tranquilizando aos placeiros, resulta que a primeira planta volve a ser para un hipermercado de alimentación. ¿pero non sería do que dixeran os placeiros?¿ou é que só había que gañar tempo e enganalos durante o máximo posible?
2.- Dixen, no seu día, que o negocio non era o parking, e o centro comercial un accesorio, senón que o negocio era o Mercado para un Hiper, e o accesorio era o parking, e resulta que agora o parking pode facerse ou non. Estou preocupado, porque empezo a parecer Rappel.
3.- Dixen, no seu día, que o parking era antieconómico, e sería un lastre para quen o quixera facer, por iso agora MERCASA déixao fóra do asunto.
4.- Nunca se falou de que os placeiros tiveran que poñer unha peseta, pero eu xa avanzara que era posible que, se recibían un posto de mellor calidade (novo, máis amplio, ou mellor situado), poderían cobrarlles as melloras, posto que pagaron polo que eran antes das obras, non polo que son despois. E agora MERCASA propón que cofinancien o novo mercado. Curioso, ¿non?
En definitiva, parece que o tempo coloca aos mentireiros no seu lugar. ¿Sería eu, logo, o mentireiro, como dixeron algunhas das opinións anónimas de resposta aos meus comentarios?
Xa se sabe, cóllese antes a un mintireiro cá un ....
10/1/08 23:46
Publicar un comentario
<< Home