Rebaixas
O Nadal é o que ten. A xente ponse a ver películas coma "Conto de Nadal" de Dickens nas súas mil versións, ou "Que belo é vivir" de Capra, ou tantas e tantas historias con final feliz e moralexa edulcorada de "hai que ser bos que estamos no Nadal", que as boas intencións contáxianse.
Pois resulta que o goberno local de Carballo ven de darnos a última badalada informativa do ano. O alcalde ven de anunciar que se van rebaixar á metade todas as dedicacións exclusivas, que se van suprimir os postos de confianza, e que os cartos sobrantes vanse invertir en mellorar as beirarrúas e pistas de todo o Concello, ademais de colaborar co terceiro mundo.
Adiantando as rebaixas de xaneiro, e nun xesto sen precedentes que certamente temos que aplaudir, os nosos ediles veñen de dar exemplo de humildade e saber estar. Mesmo algún concelleiro ten manifestado que "se non se fai unha xestión extraordinaria, tamén é xusto renunciar a parte do soldo". Noraboa de verdade.
Actualización 29 de decembro: ¿Queda algún inocente?
2 Comments:
Xa rendes o comentario de Santiago Pazos en anosacosta.com. E só unha parte pero en fin, está ben
29/12/07 12:58
si , si xa hai un colgado en anosacosta, pero o 31 de decembro pasado Santigo fixo unha analise cojonuda de Carballo que ainda non se publicou.
Alguen sabe se o poñerán?
2/1/08 12:02
Publicar un comentario
<< Home