Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, diciembre 20, 2007

Que non se diga


Trala apaixonante recopilación e análise da retahíla de promesas e incumprimentos sobre o polígono industrial de Bértoa, hoxe toca a traca final. Cando estamos a menos de dúas semanas de rematar o ano, con medio país liado nas compras de agasallos, preparando o modelito de fin de ano, ensaiando panxoliñas, e sacando a zambomba... sae a palestra o alcalde de Carballo e anuncia que as obras do parque empresarial comezarán "este mesmo ano". ¿Este mesmo ano? Será o 2008 ¿non? Que non, que non, que comezarán "antes de que remate o ano".

Falando claro, que tendo en conta que hoxe é xoves 20, que na fin de semana non se traballa, que o martes é 25 e polo tanto festivo, e que o 24 e o 31 son días medios laborables, quedan o venres, luns, mércores, xoves e venres como posibles datas de inicio do infinitamente prometido e nunca comezado polígono de Bértoa. E todo iso nunhas datas nas que, exceptuando o sector do comercio, a hostalería e a mensaxería, todos os demais traballadores andan a medio gas, e os da construcción case que sen nada de gas.

Porque temos plena confianza nos nosos gobernantes, que se non diriamos que aquí se trata de meter unha excavadora nunha finca para sacarlle a foto e poder dicir que "as obras do polígono comezaron no ano 2007". Que non se diga. E agardamos que non escollan o venres da vindeira semana, porque é día 28, e a ver quen cre que é verdade. Do que si estamos seguros e de que fotos e titulares rimbombantes non han faltar. Admítense apostas.



1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Hoy sale en el periódico que se empieza el miércoles 26.
Yo prestaría atención a ver si por allí hay alguna caseta de obra, alguna instalación de algún tipo, o a ver si en enero continúan las obras. Porque empezar una obra pública un 26 de diciembre, cuando todo el mundo en el sector aprovecha para tomar las vacaciones que no hay en verano, es de coña marinera.

22/12/07 14:57

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner