Administración dixital
Boas novas as que nos chegan dende o Concello de Carballo. A administración local ven de encargar, cun coste de 195.000 € e un prazo para a súa preparación de 1 ano, un proxecto denominado territorio.net co gallo de profundizar no acceso á información urbanística e realización de trámites vía on-line.
Para sermos máis exactos lemos na prensa local que se trata de “modernizar la gestión del territorio, mediante la introducción de las tecnologías de la información que posibilite la estructuración, explotación y publicación de la información relativa al planeamiento urbanístico y las actividades e incidencias en la vía pública”, “mejorar la gestión municipal con la eficiencia en la gestión del espacio público, racionalizar los procedimientos tendiendo a la oficina sin papeles y ofrecer calidad a los ciudadanos y empresas interesados en las actividades relacionadas con la actividad urbanística y la vida ciudadana”. Os membros do goberno local destacaron o ambicioso da idea que pretende colocar a Carballo á par das cidades máis importantes en materia de administración vía Internet.
Dende CD, o único blog de opinións e noticias carballés, non podemos por máis que felicitar esta iniciativa e desexar que resulte todo un éxito. Aínda que, coma sempre, debemos aproveitar a ocasión para advertir do principal perigo que todos nós teñen as novas tecnoloxías e particularmente a rede de redes: caer no engano de esquecer que a realidade está máis alá dos cables de fibra óptica e dos resultados que de forma tan bonita nos ofrece a informática. Recordemos que o urbanismo faise con cemento e ladrillo, non con uns e ceros, e agardemos que ese urbanismo real sexa o que funcione ben, máis alá das apariencias virtuais por moito importantes e útiles que estas sexan.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home