Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, enero 21, 2008

Contratos confusos



Non sabemos se foi a parte contrantante da primeira parte ou a parte contratante da segunda parte, pero algo non debeu de quedar claro no contrato que o Concello de Carballo fixo con MERCASA para realizar o estudo da reforma do mercado municipal e o novo aparcamento subterráneo.

Se hai uns días a empresa nacional presentaba un estudio no que o aparcamento quedaba excluído e separado do proxecto de reforma do mercado de abastos, agora o tenente de alcalde carballés e concelleiro mellor pagado do goberno (e de tódolos gobernos municipais na historia da comarca), José Antonio Viña, reinterpreta en A Nosa Costa o anterior afirmando que “para nós o proxecto é conxunto, o mercado e o aparcamento. E analizaremos se é mellor separar, desde o punto de vista concesional, ou acometer a actuación conxuntamente”. Ven isto a colación da xuntanza de voceiros municipais, que co gallo deste polémico asunto se celebra hoxe luns.

Non sabemos se foi Groucho Marx o encargado de redactar as condicións do estudo, pero non estaría de máis que desa reunión saíse un concepto ben claro e definitivo do que realmente está a facer MERCASA e do que se pretende facer ou non na praza do Concello. Veremos se ó final a estilográfica non vai ter tinta.

E por certo, que tamén lemos na nosa web veciña que se están a producir sabotaxes e ataques ó portal A Nosa Costa. Dende aquí mandamos todo ó noso apoio ós seus administradores e animámolos a seguir traballando para superar a intolerancia dalgúns exaltados internautas.



3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Bótase en falta un pisco de trasparencia do governo municipal niste asunto, ja desde o primeiro.

Sería desexável a publicación na web do Concello, por exemplo, do estudo elaborado por MERCASA, para estar á disposizón de todos os cidadáns, en especial dos praceiros.

Até entón, só podemos falar por falar...

22/1/08 13:51

 
Anonymous Anónimo said...

Pues yo lo veo bastante claro. El mercado será caro y tendrán que pagar los placeros, pero se ve como factible.
El aparcamiento, tal y como ya sabía todo aquel que supiese entender, no es rentable y no hay quien lo pague. Así ha quedado demostrado después de 3 concursos si no me fallan las cuentas.

Lo que pasa es que falta valentía política desde el gobierno para decir la verdad, sobre todo cuando se ha vendido la idea del parking y cuando se criticó al gobierno de Varela por no conseguirlo. Y por tanto se hace lo de siempre: dar largas, echar la culpa a otros y regalar palabras bonitas.

22/1/08 19:06

 
Anonymous Anónimo said...

Quen fixo a lei fixo a trampa...

Xa estou moi canso de meterme en cuestións de tipo legal, pero é que como diría algún "o que hai que oir"...

Hoxe na prensa recóllese que na Xunta de Portavoces do Concello de Carballo o Goberno municipal vai encargar un informe a MERCASA sobre a posibilidade de ampliar os plazos de concesión dos comerciantes do Mercado, que, según, dín, acaban o contrato entre o 2010 e o 2020, para así poder obter financiación para a obra do novo edificio.

Vou empezar pola conclusión, e logo explico a miña indignación.

Esto é o colmo!!! É un exercicio de cinismo e un ENGAÑO aos comerciantes da Plaza.

Os membros do goberno saben, perfectamente, que é ABSOLUTAMENTE IMPOSIBLE dar unha prórroga aos placeiros.

No ano 1999, o Concello deu unha prórroga ILEGAL aos placeiros que remataban o contrato orixinal de 1970, e, nun pleno no que só Acacio votou en contra, cos informes do Secretario municipal negativos a esta prórroga, dou prórrogas por outros 15 ou 20 anos.

Sabedores de que o feito era ILEGAL, os munícipes por maioría aplastante, deron a prórroga, pero, para curarse en salud, limitaron os dereitos dos concesionarios, porque non se podía un saltar a lei totalmente.

Non hai moito, un placeiro que coñezo dicíame que quería deixar o negocio, pero que tiña que aguantar hasta a xubilación porque non o podía traspasar, que estaba prohibido.

Dado que a lexislación que regula este asunto non prohíbe o traspaso, pedinlle que me facilitase unha copia do reglamento da Plaza. Cal non sería a miña sorpresa cando vin, efectivamente, esa prohibición. A raíz desto, averigüei que a prohibición viña dada porque as concesións de case todos os comerciantes estaban prorrogadas ilegalmente, ao superar os plazos máximos permitidos pola lexislación de contratos, e que ese era o motivo de que non tuveran o dereito de traspasar.

E agora preténdese vender que se poderían prorrogar outra vez unha concesión que xa está prorrogada ilegalmente.

Volvendo ao principio: o goberno sabe que é ILEGAL prorrogar as concesións, de xeito que, se o sabe, e di que espera un novo informe sobre eso, está ENGAÑANDO a todos, e gañando tempo para non quedar en evidencia.

Agora pasará o de sempre: chegarán os informes que din que non se pode, e a culpa non será do goberno.

E mentras tanto... El tiempo pasará... (léase cantando "As time goes by", da película "Casablanca").

P.D.: Se alguén está interesado nas normas que regulan os contratos e prohiben esta prórroga, que o pida, e prometo buscalas e poñelas neste blog en canto poida...

24/1/08 09:49

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner