Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, enero 22, 2008

Máis cortes


Chove sobre mollado e nunca mellor dito. O temporal das semanas anteriores deixou pequenos asolagamentos na comarca, pero se cadra moito máis graves son as consecuencias que sufriron veciños da zona rural coma os do lugar de Castro, en Entrecruces.

As tormentas que pasaron polo noso concello descargaron raios que elevaron a tensión da rede ata o punto de causar cortes de suministro e subidas de tensión que no caso que nos ocupa averiaron multidude de electrodomésticos, sen contar a falta de corriente durante a metade do día. Unha vez máis, a historia de sempre: indignación, reclamacións ó maestro armero, e FENOSA que se fai o “longuis”.

Coma esta película xa a vimos máis veces, atrevémonos a adiantar o final: os veciños protestarán máis (con toda a razón do mundo), a compañía eléctrica dirá que bueno que xa veremos, que a cousa non é para tanto, e o noso alcalde, que durante anos liderou as protestas veciñais, contará nos medios que xa falou con FENOSA e que xa lles dixo que así non é, e que, por favor, da próxima a ver se fan as cousas ben. ¿Solucións reais? Eso será noutra película ou con outros protagonistas.




Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner