Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, enero 30, 2008

Sen deputados

Carballo, Bergantiños e a Costa da Morte non van ter deputados no Congreso que sairá elexido das próximas eleccións xerais. Cando menos de partida, e salvo que se produza unha sorpresa ou un espectacular cambio con respecto a tódalas enquisas.

Xa están pechadas as listas de tódolos partidos. E se hai xa un tempo sabiamos que o alcalde carballés, Evento Ferrero, concorría no nº 5 da lista do BNG na provincia da Coruña (actualmente ten 1 deputado), hoxe sabemos que o seu antecesor, Manuel Varerla, concorre no nº 6 da lista do PP (actualmente ten 4 deputados). Este último é o mellor situado, mais a súa elección non entra dentro do factible se temos en conta ademais que este ano a nosa provincia perde un representante, pasando de 9 a 8 deputados.

Coma tampouco os socialistas colocaron representantes da zona en postos relevantes e tampcouo nas listas do Senado hai posibilidades, as nosas comarcas perden o único representante directo que tiñan en Madrid, o carnotán José Oreiro do Partido Popular. Coma única esperanza cabe mencionar a posibilidade que apuntan dende A Nosa Costa de posibles corrimentos de listas no futuro por cambios de postos dos deputados electos, cousa complicada pero coidado que nin moito menos imposible. En todo caso, malas novas para a Costa da Morte, e agardemos que os demais pais da patria, áinda que non sexan de aquí, se lembren de nós á hora de tomar decisións.




 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner