Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, enero 25, 2008

Autocaravanas


Unha noticia que destacamos, non tanto pola súa importancia, que consideramos máis ben menor, como polo curiosa que resulta. Entre os proxectos que as administracións teñen para Carballo, onte a prensa local destacaba un “área de servizo de autocaravanas” na saída de Carballo a Berdillo.

Efectivamente, o terreo da antiga “Casa do Lagoeiro”, de 2.445 metros cadrados ó final da rúa Berdillo, é o lugar escollido para realizar esta infraestructura, e os argumentos favorables a tal instalación, tal e como xustificou o concelleiro de obras Luis Lamas, son que se trata dunha parcela de propiedade municipal e que conta con tódolos servizos de auga e depósito de residuos. O presuposto será de 30.000 € e o prazo de construcción de 3 meses, e con esta idea o Concello de Carballo pretende “poñer en valor” no futuro a Casa do Lagoeiro.

Vannos dicir que somos uns “tocapelotas”, e se cadra é certo, pero non acertamos moi ben a entender cómo unha parcela de titularidade municipal que case está a carón do casco urbano, e que pode destinarse a tantos usos, se dedica a servir ó servizo das autocaravanas, cando nós polo menos non lembramos ter visto endexamais esta clase de vehículos circulando entre Carballo e Ordes. ¿Existe xa este servizo de modo suficiente en Razo ou en Baldaio, onde a afluencia de autocaravanas no verán si que é numeroso?

En fin, que aí queda a nota curiosa do día.



2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

pois si sodes uns tocapelotas.

Esta é una rede europea de paradas de autocaravanas, que sobretodo é usada polo turismo francés e italiano e que está perfectamente sinalizada dentro dos usuarios dete xeito de turismo.

Davos igual, o caso é criticar, hai dios mio, o que vos queda que sufrir

jijiji

28/1/08 14:45

 
Anonymous Anónimo said...

Joerrrr, y los italianos y los franceses que van por la costa, se van a desviar para ir a propósito a la calle Berdillo? Pues se acordarán de nuestros padrés y nuestras madrinis. Menuda visión que tuvo el que eligió la localización.

28/1/08 23:21

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner