Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, enero 24, 2008

As time goes by...


Novo comentario publicado no post titulado "Contratos confusos" por Quen fixo a lei fixo a trampa..., que nos ven traer máis luz sobre o que está a acontecer co culebrón do mercado municipal. Lean:

Xa estou moi canso de meterme en cuestións de tipo legal, pero é que como diría algún "o que hai que oir"...

Hoxe na prensa recóllese que na Xunta de Portavoces do Concello de Carballo o Goberno municipal vai encargar un informe a MERCASA sobre a posibilidade de ampliar os plazos de concesión dos comerciantes do Mercado, que, según, dín, acaban o contrato entre o 2010 e o 2020, para así poder obter financiación para a obra do novo edificio.

Vou empezar pola conclusión, e logo explico a miña indignación.

Esto é o colmo!!! É un exercicio de cinismo e un ENGAÑO aos comerciantes da Plaza.

Os membros do goberno saben, perfectamente, que é ABSOLUTAMENTE IMPOSIBLE dar unha prórroga aos placeiros.

No ano 1999, o Concello deu unha prórroga ILEGAL aos placeiros que remataban o contrato orixinal de 1970, e, nun pleno no que só Acacio votou en contra, cos informes do Secretario municipal negativos a esta prórroga, dou prórrogas por outros 15 ou 20 anos.

Sabedores de que o feito era ILEGAL, os munícipes por maioría aplastante, deron a prórroga, pero, para curarse en salud, limitaron os dereitos dos concesionarios, porque non se podía un saltar a lei totalmente.

Non hai moito, un placeiro que coñezo dicíame que quería deixar o negocio, pero que tiña que aguantar hasta a xubilación porque non o podía traspasar, que estaba prohibido.

Dado que a lexislación que regula este asunto non prohíbe o traspaso, pedinlle que me facilitase unha copia do reglamento da Plaza. Cal non sería a miña sorpresa cando vin, efectivamente, esa prohibición. A raíz desto, averigüei que a prohibición viña dada porque as concesións de case todos os comerciantes estaban prorrogadas ilegalmente, ao superar os plazos máximos permitidos pola lexislación de contratos, e que ese era o motivo de que non tuveran o dereito de traspasar.

E agora preténdese vender que se poderían prorrogar outra vez unha concesión que xa está prorrogada ilegalmente.

Volvendo ao principio: o goberno sabe que é ILEGAL prorrogar as concesións, de xeito que, se o sabe, e di que espera un novo informe sobre eso, está ENGAÑANDO a todos, e gañando tempo para non quedar en evidencia.

Agora pasará o de sempre: chegarán os informes que din que non se pode, e a culpa non será do goberno.

E mentras tanto... El tiempo pasará... (léase cantando "As time goes by", da película "Casablanca").

P.D.: Se alguén está interesado nas normas que regulan os contratos e prohiben esta prórroga, que o pida, e prometo buscalas e poñelas neste blog en canto poida...

Se todo esto é certo, hai motivo para preocuparse. E tamén hai motivo para tirarlle das orellas ós concelleiro do PP, do BNG e do PSOE que aprobaron no seu día unha prórroga ilegal das concesións. E para felicitar a Acacio Rodríguez, que non se sumou á machada.

Quen fixo a lei..., ¿podes ampliar a información?



Etiquetas:

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Quen fixo a lei fixo a trampa...

Prometo ampliar a información, unha vez que lle pida ao meu amigo os datos que ten, para indicar o Reglamento do Concello que non permite o traspaso, e, se garda copias, os acordos do Concello de 1999.

Comprenderedes que non podo ir ao Concello a solicitar copias, pero TODOS OS ACORDOS DO PLENO SON PÚBLICOS, así que é fácil de saber.

Se non os consigo por un, conseguireinos por outro. Seguro que Acacio se acorda ben do asunto.

Nestes días teredes noticias miñas...

24/1/08 12:41

 
Anonymous Anónimo said...

Moi ben, tedes un bo aliado.
Acacio ó poder. Se Jesús Gil foi Alcalde, calquera pode selo, mesmo Acacio.

24/1/08 22:38

 
Anonymous Anónimo said...

Quen fixo a lei fixo a trampa…

Cumprindo o prometido, amplío información, aínda que non conseguín todos os papeis que me gustaría:

O Reglamento do Mercado de Abastos de Carballo, aprobado, según figura na páxina web do Concello, no Pleno de 29 de noviembre de 1999, establece, no seu artículo 16.2), que “el plazo de concesión será de 20 años, admitiéndose prórrogas por un período de 5 años más hasta un máximo de 50 años en total, contados desde la fecha en que fueron concedidos inicialmente”.

O artículo 19 do Reglamento establece que “los derechos que corresponden a los titulares de los puestos podrán traspasarse por actos intervivos, previa aprobación del Ayuntamiento”, e o artículo 21 di que “el plazo de la concesión en los casos de traspasos contará para el nuevo concesionario, desde la fecha del inicio de la concesión y no desde la del traspaso”.

O propio artículo 19 señala que hai que cumplir as obligacións que establezca a Ordenanza Fiscal que regula o Mercado, ademáis do que establece o propio Reglamento.

O artículo 23 di que a concesión se extingue “a) Por el transcurso del plazo de 20 años”, si o titular non solicita a prórroga, ou “b) Por el transcurso del período de 50 años”, se houbera prórrogas.

Así as cousas, parece que non habería problema para que os actuales placeiros pudiesen solicitar a prórroga que agora di o goberno para financiar o novo Mercado.

Pero, claro, todos os contratos teñen a súa letra pequena, e o Reglamento xa establece, na Disposición Transitoria, que “se concede un plazo de un mes a partir de la entrada en vigor de este Reglamento para que aquellos concesionarios que, con sumisión a lo establecido en la ordenanza fiscal tramitada al efecto y a las normas de este reglamento, así lo deseen, soliciten la prórroga del plazo inicial de la concesión”, é decir, que os concesionarios que tiñan os postos no ano 1999 podían pedir unha prórroga.

Na misma disposición transitoria, dise que “con carácter excepcional se concederá a los actuales concesionarios una prórroga de 20 años que, en todo caso, no podrá sobrepasar el máximo de los 50 años desde el inicio de la concesión, sin derecho de traspaso, salvo en los casos de jubilación, enfermedad o fallecimiento en las condiciones señaladas en el art. 20”.

Como se ve, o Reglamento prohibe que as concesións duren máis de 50 anos. Esto é así porque a Lei prohibe a concesión por máis de 50 anos de bens públicos.

Vese que a concesión de prórroga por 20 anos máis concedida aos placeiros dos postos que xa tiñan desde o ano 1970 (ou sexa, que levaban xa 30 anos de concesión), é excepcional, e, en ningún caso, sumada á que nese momento lles deron, podía superar a lei, ou sexa, o total de 50 anos.

Daquela, se levaban 30 anos cos postos, e lles deron 20 máis, xa teñen o máximo legal, os 50 anos, polo que non pode concederse outra prórroga.

Para que a cousa quede máis clara, o Reglamento remite a unha ordenanza fiscal, que é a nº 11 do Concello, disponible na súa web, que regula as taxas pola prestación de servicios no mercado de abastos.

Esa ordenanza fiscal, na súa disposición transitoria, completa o Reglamento, e señala que “tendo en conta que a disposición transitoria do novo Regulamento do Mercado concédelle ós actuais concesionarios unha prórroga excepcional de 20 anos, coa peculiaridade de que carecen de dereito de traspaso, as primas iniciais e as rendas mensuais a pagar reduciranse un 25 %”. Esto era así porque a lei vixente no momento en que lles deron a prórroga –ano 1999-, prohibía as prórrogas, ainda que o Reglamento municipal as permitise.

En resumen, volvemos a presenciar un engaño en toda regla, posponiendo o inevitable, a frase que, tarde ou temprano, terá que decirse deste asunto do mercado: NON PUIDO SER…

Por certo, ¿alguien lles preguntou aos placeiros se estaban dispostos a poñer cartos nunca obra que non é nin será da súa propiedade?¿alguien lles dixo se lles iban subir as rentas mensuales unha vez feita a obra? Pregúntoo porque xa falei con algúns e nadie parece estar pola labor.

Y no puede ser, y no quiere, y no quiere (Tonechos din...)

31/1/08 10:20

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner