Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, enero 28, 2008

Mi barca



“¿A quién retiró mi barca, quieeeen? Que a la deriva nos lleva, quieeeeen.”

Este estribillo entonaba esta fin de semana Manuel Andrade e a súa Terra Galega, que voltaron dar sinais de vida con motivo da comentada retirada da escultura reivindicativa “Porto de Razo” da rotonda da Gran Vía.

Andrade preguntaba por cando se daría por definitivamente instalada a rotonda, logo de considerar probada a súa idoneidade (criterio que dubidamos sexa compartido por algúns dos conductores que boicotearon a lancha), e solicitaba a reposición da tan comentada aportación náutico-artística ó interior do elemento viario. Para impedir novos asaltos dos vándalos, o máis veterano dos políticos carballeses aportou a posibilidade de elevar a rotonda para facela máis visible ós conductores.

Para Terra Galega, a lancha fora un grande éxito que espertara conciencias, remarcara o carácter marítimo de Carballo, sinalizara o inicio da Costa da Morte, e ademais fora ben recibida por tódolos veciños, que a botan en falta (¿?).

Por outra banda, lemos no Confidencial de Galicia Diario que voltan xurdir rumores que apuntan a unha fusión de TG co Partido Galeguista de cara a concorrer ás eleccións autonómicas do vindeiro ano, con Xoán Gato, alcalde de Narón, coma candidato. Non é a primeira vez que se comenta esta posibilidade, coma tamén no seu día se falara de xuntanzas con Cidadáns ou con UPD, o partido de Rosa Díez. Con todo, non nos sorprendería un pacto que posiblemente beneficiase a ambas partes. Iso si, estas fusións solen ser complicadas e con friccións importantes de por medio, sobre todo se hai un proceso electoral coma obxectivo.


 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner