Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, agosto 26, 2010

Feira do Libro




Hoxe inaugúrase a Feira do Libro ("Praza dos Libros", na denominación oficial do Concello de Carballo) que finalizará o domingo. Segundo reza o programa, estará chea de actividades "para todas e todos" (que non falte o "políticamente correcto", aínda que sexa incorrecto lingüísticamente).

O pregoeira (12 h.) será a guapa (¿está permitido decilo, ou é "sexista") Yolanda Castaño (na foto), que tamén lerá contacontos en verso para nenos, ás 7 da tarde. Ás 8:30, videoinstalación de Teresa Moure.

O venres, Contacontos pola mañá, Monicreques ás 7:30 e sinatura de libros por Rosalía Fernández, Mon Lendoiro, Alberto Varela Ferreiro (as 60 primeiras persoas serán agasalladas cun libro do autor) e Xosé Antonio Pet Pose. Seguirá a presentación de "Covalladas. Prosa vertical", de Xurxo Borrazás. E rematará o día cun festival folclórico con grupos de Carballo e Uruguay.

O sábado, obradoiro de regueifas pola mañá e regueifa pola tarde. Despois, doutrina sobre o galego ("A lingua que queremos"), para rematar o día con concerto dos Carunchos.

Clausúrase o domingo, con "ciclobiblioteca" (sexa o que sexa eso), máis contacontos, sinatura do libro de Rober Bodegas (pola mañá), e presentación do libro "Galicia en Suiza" e espectáculo de maxia (pola tarde). Este meso día, cada libro levará consigo o agasallo dun pan de Carballo.

Polo que se ve do programa, todo é referido á producción en galego (salvo a excepción de Bodegas).

Etiquetas:


Seguir lendo...

martes, agosto 24, 2010

¿Qué foi de… o PXOM?


¿Alguén se lembra? Era unhas das situacións de emerxencia de Carballo. A necesidade de aprobar a revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal canto antes era imperiosa, ante a posibilidade de que en calquera momento salise unha sentenza do TSXG que anulase o plan vixente. Unha revisión, lembremos, que se empezou hai sete anos, e da que nen sequera se ten realizado unha aprobación inicial nin unha primeira información pública.

Moitos teñen sido os anuncios feitos polo alcalde Evencio e o seu concelleiro Viña de que os traballos estaban moi avanzados e que en moito curto prazo ían ser aprobados. Durante un tempo o bipartito atopou non obstante a excusa da elaboración do Plan de Ordenación do Litoral por parte da Xunta. Pero o certo é que ese plan foi aprobado hai máis dun mes e seguimos sen saber nada do PXOM de Carballo. Coma se dun tema tabú se tratara, o goberno teno gardado baixo un caixón, e a oposición non se atreve a preguntar por el, se cadra sabedores das moitas espiñas que ten esta rosa. Pero sen embargo, para a cidadanía en xeral, contar cun plan de urbanismo seguro e de calidade é unha garantía inexcusable se queremos ser un concello serio e competitivo.

¿Qué foi por tanto do PXOM? Pois foi absorbido polo triángulo das Bermudas carballés, ese mesmo fenómeno que tragou e fixo esquecer o aparcamento soterrado, o metro lixeiro, o parque do Bosque, o hospital comarcal, as dúas garderías…

Etiquetas: ,


Seguir lendo...

lunes, agosto 23, 2010

Fernando Alonso en miniatura



Xa en posts anteriores nos tiñamos ocupado do club de radiocontrol que existe en Carballo e do seu envidiable circuito do polígono de Bértoa. Hoxe amosámosvos un dos vídeos que en youtube recollen as súas posibilidades e a pericia dos pilotos.


Etiquetas:


Seguir lendo...

jueves, agosto 19, 2010

Outra máis

Témolo denunciado mil veces e sabemos que outravolta máis sona a repetido, pero non por iso pode deixarse pasar. Outro capítulo de violencia e delincuencia en Carballo que salta ás páxinas dos medios de toda Galicia.

Foi o fin de semana pasado no parque do Anllóns. Alí son habituais os botellóns dende hai anos, feito coñecido por todo o mundo contra o que ninguén ten tomado medidas. ¿Non estaba prohibido por ordenanza municipal consumir alcohol na vía pública, e sobre todo se se trata de menores? Vese que as ordenanzas que temos en Carballo son tan útiles coma a recentemente aprobada ordenanza de tráfico. Pois ben, o caso é que máis alá da reunión de xente nova para beber se teñen dado episodios de liortas provocadas por elementos violentos. Nunha delas, a máis recente, unha moza resultou atacada por un grupo de mozos, o que provocou que un terceiro, un rapaz de 20 anos que polo visto non coñecía a ningunha das partes, correra a interesarse pola rapaza. A reacción dos demais foi propinarlle, sen mediar palabra, un puñetazo que lle fracturou a mandíbula en tres partes, e que segundo se ten publicado, vai deixarlle secuelas de por vida.

Así de duro, así de crudo e así de real. E por certo, que ninguén pense que se trata dun feito aillado. As pelexas nas noites de marcha son habituais como todo o son as feridas consecuentes. E alguén fai algo para solucionalo? Que nós saibamos non, porque para empezar a maioría das autoridades nen sequera recoñecen que suceda.

Etiquetas:


Seguir lendo...

lunes, agosto 16, 2010

Michelle en Carballo


Aldeanismo. Exageración. Bienvenido Mister Marshall. Términos como estos se han empleado para calificar el comportamiento de medios de comunicación e instituciones con la reciente visita de la esposa de Barack Obama a España. Los pocos días que la primera dama estadounidense pasó con su hija en la costa del Sol acapararon la atención de los periodistas hasta el máximo límite del ridículo: se radiografió al detalle la epopeya de que la pequeña Sasha degustase un helado o su madre asistiese a un tablao flamenco en Granada, al punto de entrevistar a todos y cada uno de los ciudadanos con los que se cruzaron en su camino, opiniones y palabras textuales incluidas, se estudió todos y cada uno de los vestidos, looks y gestos de Michelle, y se retransmitió en directo para todo el mundo el baño de la niña en la playa, cuestiones todas ellas por lo visto de trascendencia planetaria, como diría Leire Pajín.

Pero no crean que la visita de Michelle Obama es un caso aislado de obsesión periodística. Casos parecidos se dan con protagonistas del papel couché en todo el mundo, llámense Lady Gaga, Cristiano Ronaldo o Sara Carbonero. Lo que a nosotros nos llama la atención es que algo parecido sucede en Carballo, en particular en todo lo relacionado con el BOE (Boletín Oficial de Evencio, otrora llamado La Voz de Galicia) y el gobierno local que preside el nacionalista.

Porque si ya en meses anteriores habíamos asistido a maravillosos publirreportajes en los que Evencio “Preysler” nos abría en varias ocasiones las puertas de su piscina (esa que todavía no funciona en condiciones) para recoger hasta al más mínimo detalle en su periódico favorito, o se había publicado casi con puntos y comas los artículos y alegaciones a la ordenanza de tráfico, hoy tenemos una nueva entrega de periodismo de detalle. Lo cierto es que a estas alturas de legislatura, y después de 7 años en el poder, el gobierno de Evencio Ferrero debería de estar inaugurando los grandes proyectos que todo el mundo esperaba fueran a transformar Carballo. Pero la realidad es menos halagüeña y debe conformarse con seguir anunciando proyectos de futuro que, como viene sucediendo durante todos estos años, se concretarán “el año que viene”. Le toca al turno a una escuela de hostelería que está llamada a formar parte del Fórum y comenzar a operar en el 2011. Una buena iniciativa y una buena noticia de la que nos felicitamos, o mejor dicho, nos felicitaremos cuando sea realidad, porque como dice el refrán, “si te engaño una vez es culpa mía, si te engaño dos es culpa tuya”. Pero lo más curioso viene cuando entramos en el texto que redacta la periodista del BOE, en el cual se decide destacar como “noticia” lo siguiente:

- Que las obras tendrían instalaciones de “iluminación, ventilación, gas propano, fontanería -incluidos paneles solares-, saneamiento y protección contraincendios”.
- Que además en el proyecto se incluyen los acabados como la “pintura, que será plástica lisa mate, hasta los suelos, de un material llamado Epoxi, y el falso techo de yeso”.
- Que habría maquinaria para un almacén de no perecederos, cuarto de reparaciones, cocina, lavabo y cafetería, cuchillos, ollas, cazuelas, espátulas, cazos y otras piezas (sic).
- Que habría un armario de congelación a baja temperatura.
- Que la mesa-fregadero tendría 7,5 m de largo (ojo al dato).
- Que habría una peladora de patatas, una cortadora de hortalizas, una picadora de carne, una batidora-mezcladora de 5 litros de capacidad o envasadora al vacío. Y que solamente este último utensilio vale más de 1000 euros.
- Que habría fogones, fregaderos, una freidora de 15 litros, plancha, horno, bañomaría, y extractores de gases.
- Que habría un lavaplatos de 4000 euros que lava 1200 platos a la hora, y tres cámaras frigoríficas.
- Que en la cafetería habría microondas, freidora, plancha, lavavajillas, un calentador de leche, dos botelleros frigoríficos, y un fabricador de cubitos.

No, esto no la teletienda de Mister T, es el BOE de Carballo. Periodismo centrado en las cuestiones importantes y en los problemas de los ciudadanos.

Etiquetas: ,


Seguir lendo...

jueves, agosto 05, 2010

Piratas en Carballo


¿Quén soñou algunha vez con participar nunha película? ¿E quén non soñou algunha vez con protagonizar unha aventura de piratas? Pois mañá teremos aquí, na nosa vila, unha aportunidade única. A productora Mandarina chega ó Pazo da Cultura para facer un casting de extras de cara á próxima gran producción televisiva española: “Piratas”. Trátase dunha serie de aventuras, con todos os elementos típicos do xénero, que seguirá a estela do éxito de Águila Roja, e que se rodará en Galicia, incluindo localizacións preto de Carballo.

As audicións terán lugar entre as 9:30 e as 14:00, e como condicionante para participar sabemos que os rapaces terán que ter pelo longo, e as rapazas cor de pelo natural. Polo demais os interesados en participar no casting deberán enviar os seus datos e un par de fotos ó correo marcosvazquez.piratas@gmail.com. Moita sorte e habemos vernos na tele.

Etiquetas: ,


Seguir lendo...

miércoles, agosto 04, 2010

Carballo non tira


A cousa xa deixou de ser preocupante para converterse case que en dramática. Carballo non vai ben, de feito vai bastante mal. Todos sabemos que o indicador máis representativo da saúde de calquera territorio é a taxa de desemprego. Xa dende hai tempo sabiamos que o noso concello estaba á cabeza do paro provincial, solamente superado por Camariñas. Quedábamos, eso sí, a esperanza posta no noso dinámico sector comercial e de servizos, que por exemplo inclúe cunha amplitude de horarios admirada en toda España. E todos tiñamos confianza en saír do pozo.

Pero os últimos datos de paro do INEM no mes de xullo aniquilan calquera esperanza e enfróntannos a un futuro negro negrísimo: en toda España se creou emprego reducindo a taxa de paro nun 1,85%, en Galicia a melloría foi do 4,57 %, e na comarca de Bergantiños case todos os concellos reduciron o desemprego de forma significativa. Por exemplo: 20 novos empregos en Cabana, 23 en Laxe, 35 na Laracha, 34 en Ponteceso, 30 en Cee, 78 en Dumbría, 64 en Fisterra, 74 en Camariñas, 64 en Vimianzo, ou 24 en Cerceda. En Carballo, sen embargo, o lugar de maior número de habitantes, empresas, e teóricamente o máis dinámico e mellor posicionado, solamente foron 7 as persoas que atoparon un traballo, é dicir, prácticamente quedamos como estabamos.

Certo que moita xente vincula este descenso do paro máis a cuestións estacionais propias do verán ou do Xacobeo, que a un cambio de tendencia real da economía. Pero a comparación de concellos pon de manifesto que Carballo, a diferenza doutros, non é quen sequera de aproveitar ese tirón estacional, e iso a pesar de ter dous enclaves privilexiados para o turismo como son Razo e Baldaio. Ou o que é o mesmo, aquí temos problemas propios, maís alá da crise española, que fan que Carballo non tire. A ver se un día destos algún dos políticos carballeses esperta do seu sono e se da por enterado do drama que moitos dos seus veciños están a vivir, e polo menos se atreve a falar do verdadeiro problema que temos: o PARO.

Etiquetas: ,


Seguir lendo...

martes, agosto 03, 2010

Anosacosta.com cumple 5 anos...


... e nós felicitamos a Xosé Manuel Lema e Marcos Díaz Molk porque o merecen. 5 anos ao pé do cañón non é moco de pavo galopato!

Etiquetas:


Seguir lendo...

lunes, agosto 02, 2010

Éxito de SERCA nos Campionatos Galegos de Salvamento



Tan só dous meses despois do seu nacemento, o clube SERCA (Salvamento e Rescate) vén de conseguir dúas medallas de ouro (e iso que tiñan algunha baixa) nos Campionatos Galegos de Salvamento e Socorrismo, celebrados en Razo o pasado fin de semana, e organizados polo clube carballés Sysca.

As medallas foron por equipos (en Rescate con tabla, da man de Enrique Barreiro e Fernando Varela), e individual (Néstor Rodríguez).

SERCA conta co apoio e patrocinio da Taberna O´Patacón e do Pub Xtreme, e acaba de estrear nova dirección web: www.serca.org.es

Alegrámonos dos éxitos do novo clube e felicitamos aos campións.

Etiquetas:


Seguir lendo...

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner