Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, agosto 19, 2010

Outra máis

Témolo denunciado mil veces e sabemos que outravolta máis sona a repetido, pero non por iso pode deixarse pasar. Outro capítulo de violencia e delincuencia en Carballo que salta ás páxinas dos medios de toda Galicia.

Foi o fin de semana pasado no parque do Anllóns. Alí son habituais os botellóns dende hai anos, feito coñecido por todo o mundo contra o que ninguén ten tomado medidas. ¿Non estaba prohibido por ordenanza municipal consumir alcohol na vía pública, e sobre todo se se trata de menores? Vese que as ordenanzas que temos en Carballo son tan útiles coma a recentemente aprobada ordenanza de tráfico. Pois ben, o caso é que máis alá da reunión de xente nova para beber se teñen dado episodios de liortas provocadas por elementos violentos. Nunha delas, a máis recente, unha moza resultou atacada por un grupo de mozos, o que provocou que un terceiro, un rapaz de 20 anos que polo visto non coñecía a ningunha das partes, correra a interesarse pola rapaza. A reacción dos demais foi propinarlle, sen mediar palabra, un puñetazo que lle fracturou a mandíbula en tres partes, e que segundo se ten publicado, vai deixarlle secuelas de por vida.

Así de duro, así de crudo e así de real. E por certo, que ninguén pense que se trata dun feito aillado. As pelexas nas noites de marcha son habituais como todo o son as feridas consecuentes. E alguén fai algo para solucionalo? Que nós saibamos non, porque para empezar a maioría das autoridades nen sequera recoñecen que suceda.

Etiquetas:

28 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Non coñezo eu esa Ordenanza que prohibe o botellón. Por favor, iluminádeme.

19/8/10 21:25

 
Anonymous Anónimo said...

Pues mira, el PP si quiere ganar que empiece a mover el culo, y con ordenanza o sin ella, que denuncie estos hechos y actúe por una vez con iniciativa propia, que de buenos chavales están las oposiciones llenas.

Y yo como dice el otro me llamo Marcelino, con C de cojones!!!

20/8/10 11:39

 
Anonymous Anónimo said...

La niña que fue agredida, para empezar debería tener los hechos denunciados, y no es así. Ni siquiera fue a ser atendida en el Centro Médico, posiblemente por que sus padres saben que si lo hacen, el Juzgado de Guardia será informado.Ni siquiera, que yo sepa, se personó como testigo de la agresión que sufrió su "salvador". Así no se hacen las cosas.
La Ordenanza, que yo sepa no existe en este Ayuntamiento, por lon tanto cada uno es libre de beber donde y lo que quiera y si son menores, los primeros culpables y responsables son los padres. Cada uno que vigile a los suyos. Mucho más eficaz, siempre que uno se quiera molestar.
Si tú no miras por tu hijo, no reclames que otros lo hagan. El niño es responsabilidad de papá y mamá, lo otro es un "brindis al sol" y "bla, bla, bla."
Seguro que en el Juzgado esperan alguna denuncia más.

20/8/10 12:49

 
Anonymous Anónimo said...

Ben, parece pois que non hai Ordenanza, polo tanto non pode haber prohibicón por parte das Forzas e Corpos de seguridade.
O que temos, son uns rapaces que van a beber a un lugar público. Vos que propoñedes. ¿Que os policías permanezan no parque?
Temén hai agresións na zona dos Baños Bellos. Entón tamen poñemos policías nesa zona.
Espera, tamén hai botellóns en algúns colexios e noutros parques. Pois tamén poñemos policías.
Mellor, declaremos o estado de excepción e ocupemo-las rúas co exército. Verás como terminamos coas agresións.
En serio, menos demagoxia, que para eso xa está o PP.

20/8/10 12:57

 
Anonymous Anónimo said...

Hai unha serie de datos que pasastes por alto. Resulta que a xente que agrediu ao rapaz pertence a esa lacra que vivimos dende fai anos no noso pobo, e resulta que non só iso, senón que digamos que algún membro deles ten certas "influencias".

Mexan por nós e hai que dicir que chove.

¿Para cando lle imos parar os pés a esta xente?

20/8/10 13:52

 
Anonymous Anónimo said...

Anónimo, sabemos que hai varias zonas de botellón, pero tamén sabemos de sobra que a zona do parque do anllóns é como unha zona, digamos... especial. Non sei cantos policías viches ti na zona dos baños vellos, pero eu vin máis ben poucos, e cando hai unha liorta nunca están onde teñen que estar.

20/8/10 13:59

 
Anonymous Anónimo said...

En los medios cosas de este tipo no salen pero de normalización lingüística y publicidad del gobierno carballés la tenemos a más no pedir. Y no hablen con medias tintas señores, todos sabemos que esas personas eran moinantes, que no sé por qué hay tanto miedo tan sólo a pronunciar su nombre. Somos un auténtico basurero, a nuestra pequeña ciudad viene a parar toda la basura que nadie quiere; mientras las demás ciudades mandan a gente de este tipo bien lejos de sus fronteras, nosotros agachamos la cabeza, ponemos cara de tontos y cerramos los ojos como si nada hubiera pasado.

20/8/10 14:52

 
Anonymous Anónimo said...

Xa estamos cos tópicos: os policías non están cando fan falta.
¿sabes, de casualidade, cantos policías traballaban esa noite, e o que é máis importante, onde estaban cando foron requeridos? Seguramente non o sabes, pero imos enmerdalos, coma fai todo o mundo.
Mellor, imos enmerdar a todo o mundo.
¡Qué doado é, isto de enmerdar!
Mais, imos ver. Imos porlle solución a este conflicto. Veña, valentes, darlle ideas ós merdentos dos políticos e os ineptos dos policías, para que arranxen este problema.
Estou á espera ...

20/8/10 19:12

 
Anonymous Anónimo said...

Solucións? Fácil, sen encher de merda a ninguén: Sabemos que o Parque do Anllóns é unha zona de botellóns e onde soe haber incidentes os venres á noite, pois os venres á noite terá que haber aló algún axente, non sí??
Segunda solución: Sabemos que a rúa da estrela é unha zona onde soe haber pelexas, pois os axentes terán que vixiar esa zona. Ocúrreseche algún plan mellor? Ou chamamos a Batman?

20/8/10 23:01

 
Anonymous Anónimo said...

El domingo, en la fiesta de Bertoa fue agredido un hombre de casi sesenta años. No fue agredido por moinantes, sino por un hijo del pueblo. Si, hijo supongo que de trabajadores, pero presuntamente enfermo, muy enfermo mentalmente, corto, más bien escaso, un imbécil que con su gracia casi mata al hombre, igual que en el mes de abril casi mata a otro chico provocándole graves cortes en la cara y el cuello con un vaso de cristal roto para tal fin. Son casi dos muertes que afortunadamente no llegaron. No es moinante. Nadie dijo ni dice nada. Nadie reclamó ni reclama su expulsión del pueblo. Al contrario, sigue teniendo amigos que cada fin de semana le ríen las gracias, hasta que vulva a hacer de las suyas, pero no te despistes, igual que al viejo de sesenta años, tambien te puede tocar a tí.

21/8/10 09:41

 
Anonymous Anónimo said...

La policía tendría que prohibir todo, los bares y restaurantes a la una de la mañana, los pubs a las cuatro, los parques a partir de las once, las berbenas a la una. Que bien. Que bien vamos a vivir así. Que recojan a nuestros hijos y nos los traigan a casa. Si están borrachos la culpa será se ellos (de los polis). Viva el futuro sin responsabilidades.

21/8/10 09:45

 
Anonymous Anónimo said...

Hay comentarios entre algunos de los chicos del pueblo implicados en la pelea del viernes, que dicen que es posible que el encuentro entre ambos grupos se produjo atendiendo a una posible cita vía telefonía móvil, en la que al parecer existían incluso ciertas reglas. Reglas que el joven brutalmente agredido desconocía y por eso participó en el juego con tan malas consecuencias.
Algunos, antes de criticar tanto y tan rápido a la Policía, debería investigar si su hijo fue al lugar citado o con total desconocimiento. Si fuese lo segundo, cómo es que no reaccionaron ante la agresión a su compañera con la celeridad que lo hizo el joven agredido. Y de todos ellos cuantos se han brindado a los padres de este último para prestarles sus declaraciones de los hechos. Alguno ni las gracias ha dado a esta hora.

21/8/10 09:50

 
Anonymous Anónimo said...

Es cierto que las Autoridades no quieren reconocer nada de esto. El Concejal y el propio Alcalde se conforman con que en las noches de movida trabajen tan solo dos policías en la calle. Hay gente que no sabe o no quiere gestionar una plantilla que debería trabajar para el pueblo.Hay un pueblo al que no le importan an absoluto ciertos problemas municipales hasta que les toca a ellos la violencia y su propia irresponsabilidad.

21/8/10 09:54

 
Anonymous Anónimo said...

El que tenga claro que la Policía no actuó a sabiendas, que los denuncie.

21/8/10 09:54

 
Anonymous Anónimo said...

Comentario nº 10 de Anónimo. Todos sabemos quien es el agresor del hombre de Bértoa, sólo tienes que mirar con la gente que anda para tragarte tus palabras, a parte que lo de las dos muertes que comentas no puede sonar más sensacionalista. De todas formas, éste post habla de la agresión del viernes, no de la del lunes. Y sobre eso de que te puede tocar a ti... en fin, está todo dicho. Suerte con tu defensa a ultranza a los moinantes, los santos del pueblo.

21/8/10 22:33

 
Anonymous Anónimo said...

-La agresión al señor de Bértoa fue de un joven descerebrado a un señor indefenso.

-La agresión del parque del anllóns fue de un grupo de chavales a una menor de edad y posteriormente un hombre que bien podría doblar en edad al chaval.

¿Y bien, que acción fue más cobarde?

21/8/10 22:46

 
Anonymous Anónimo said...

Eu non é por nada, pero non sei si saides polo Orzan algunha vez, hai un pub de latinoamericanos que ali hai pelexas sempre, vamos, non falla,. A veces por xente latina, outras por xente de aqui, outras xitanos. O que quero dicir e que pelexas deste tipo hainas en todos os sitios e por desgracia a xuventude de agora, que ten menos valores que o añadido do IVA, creese superior mediante a forza e a violencia, acontecementos coma estes son feitos en calquera lugar. En Ponteceso sempre houbos ostias de toda a vida, en Ordes igual e en todos lados.

Agora que ben, si saben que en determinados puntos se fai o botellon pois que vixien mais, as practicas disuasorias podense intensificar mais.

Concluindo, botarlle a culpa ao goberno municipal das pelexas e como botarlle a culpa o alcalde da crise mundial...

23/8/10 23:46

 
Anonymous Anónimo said...

No Anllóns faise botellón, na rúa Estrela hai pelexas, noi estacionamento do Casino rouban coches, nos estacionamentos dos novos polígonos urbanizados dañan coches e rouban neles, e en determinadas vivendas fanse festas ata as tantas, outros rompen as plantas dos xardíns mentres outro queiman contenedores en Bertoa, A Milagrosa ou A Brea. Tamén os hai que aproveitan as noites para entrar en locais comerciais ou no polígono, sei de algún que por torpe ou bébedo, ocúrreselle ter un accidente, ainos que conducen moi bébedos, tamén os hai que de montan liortas no Centro Médico por que lle pareceu que o médico ou a enfermeira non atendeu como é debido á súa moza,e veciños que din que non durmen por culpa de non sei qué ruidos dos pubs, e pubs con problemas por non sei qué.(continua)

25/8/10 11:01

 
Anonymous Anónimo said...

E tamén sei que o derradeiro venres algunha mente lúcida do Copncello ordeou que oos polis patrullaran de noite cada un en un coche para que parecera que existise máis xente traballando, e sei que o Concello por activa e pasiva está avisado do deterioro paulatino da situación nocturna dos venres dene xa hai meses e non se preocupa, e tamán que a Garda Civil xunta dúas e tres patrullas un mércores calquera mentres os venres e sábados teñen dúas ou unha soa. Sei que os mandos da Policía non teñen moi claro cantas horas fan de noite os venres, algún xa perdeu a conta,e sei que dan a calada escoitando as críticas que caen sobre os policías cando sei que estos fan moito máis do que se lles ordea. E sei que en todas as casas hai mazás podridas...
Toso esto o teño máis ou menos claro.
Xa non teño moi claro como pode haber nenos de catorce e quince anos nos botellóns bébedos, en coma etílico, e cando se avisa ós pais a resposta é "habitualmente mi niño no bebe".Por que nenos de isa idade están fumando porros. Non entendo por qué os nenos de este pueblo cada día lles costa máis respetar ós demáis. Non entendo cómo unha mirada a determinada nena desencadea nunha liorta de vinte. Tampouco sei cómo aumenta cada día o número de neneos que non se guían polos seua páis e desencadea problemas, como nenos de dezaoito anos sin ingresos propios conducen coches semi ou deportivos e compiten polas rúas para ter o coche máis ruidoso.
E tampouco sei como facer desaperecer ós moinantes que xa fai trinta anos facían das súas, e agora ia empezar a falar deles, pero como xa me esplallei, deixo que outros continúes...
Perdón polo coñazo, unha vez máis e falar por non calar. Un saudo.

25/8/10 11:18

 
Anonymous Anónimo said...

La Poli sigue teniendo problemas al parecer, nada cambió.

25/8/10 11:24

 
Anonymous Anónimo said...

Non se podía facer unha mellor descripción da situación actual do pobo.

25/8/10 15:02

 
Anonymous Anónimo said...

¿Por qué a policía non lle pide a documentación aos menores de idade que fan botellón nos parques? Que eu sepa os menores non poden beber alcohol e teñen prohibida a entrada aos locais nocturnos.

A única solución posible é aplicar a lei, nin máis nin menos.

25/8/10 15:04

 
Anonymous Anónimo said...

ao autor das palabras de eu sei que... felicitalo polo comentario, e dicir que é un claro reflexo da sociedade actual, os rapaces novos creense os amos do universo por levar pendiente, fumar e beber. Con coches que eu nunca poderia pagar nin o banco me daria os cartos para el...

Eu sigo dicindo, aqui en España, o que triunfa é o vividor, o honrado e o traballador a por el !

25/8/10 23:58

 
Anonymous Anónimo said...

Sobre os comentarios que din que en Carballo non está prohibido o botellón, recoméndolles botar un vistazo a este enlace:

http://www.carballo.org/medi/ordenanzas/Normativa_Municipal/Ordenanzas_Non_Fiscais/ord_de_limpeza.pdf

É unha Ordenanza municipal de Carballo, e, no seu artículo 7.4 di que "queda terminantemente prohibido consumir bebidas na vía pública se non é nos recintos autorizados anteriormente citados, así como portar vasos ou recipientes pola mesma que non se atopen debidamente embalados ou recollidos dentro de bolsas ou outros envases que eviten a súa caída á vía pública".

A prohibición está máis que clara, e inlcuso prohibe as bebidas non alcohólicas, e a Ordenanza pon que está vixente desde o 29 de agosto de 2005, hai xa 5 anos.

O problema será entón que ninguén se preocupa por facela cumplir.

Antes de falar do que está prohibido ou non, é mellor ler as Ordenanzas municipais, pero polo visto non as coñece nin o goberno que as aprobou.

26/8/10 21:16

 
Anonymous Anónimo said...

Máis roubos, máis delincuencia... ¿Qué ten que ocorrer para que esta situación se arranxe?

27/8/10 13:29

 
Anonymous Anónimo said...

Si nadie se preocupa por hacer cumplir las leyes... para qué queremos políticos en Carballo? Cual es la función de la policía local? Poner multas por aparcamiento?

27/8/10 13:30

 
Anonymous Anónimo said...

sobre as ordenazas, lete ben o que se di, estase falando das TERRAZAS, do uso público, de que non se poden consumir fora do recinto delimitado.

a verdade é que manda carallo o que se escoita por ahí, parece que Carballo é unha illa no mundo,

hai que viaxar máis ..

2/9/10 13:40

 
Anonymous Anónimo said...

Ao anónimo do día 2 ás 13:40, só quero dicirlle que o que ten que ler ben o que se dí é el:
"queda terminantemente prohibido consumir bebidas na vía pública se non é nos recintos autorizados anteriormente citados, así como portar vasos ou recipientes pola mesma que non se atopen debidamente embalados ou recollidos dentro de bolsas ou outros envases que eviten a súa caída á vía pública".
Calquera persoa que saiba ler pode entender perfectamente que o que se dí aquí é que só se poden consumir bebidas nas terrazas, e está prohibido consumilas fóra delas. Entón, está prohibido consumir bebidas nas rúas, veñan dunha terraza ou veñan da casa. No artigo da ordenanza non se di nin unha palabra sobre as terrazas, porque precisamente é nelas onde permite, como exceción, consumir calquera clase de bebidas.
Así que hai que aprender a ler, señores.

3/9/10 19:14

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner