Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, julio 30, 2010

Sueiro queima as pontes




É a noticia máis destacada da xornada. Días despois de ser presentado oficialmente coma candidato do PP ás vindeiras eleccións autonómicas, Alberto Sueiro concede unha entrevista ó BOE, no que a parte máis sustancial se atopa no último párrafo e mais no titular: “El PP sólo va a gobernar con el PP”.

Ademais de amosarse convencido da súa victoria electoral tralos resultados dos comicios máis recentes, e de reiterar as críticas ó “despilfarro” e mala xestión dos gobernos de esquerdas, o líder popular confirmaba que se ía centrar na política municipal, xa que “como diputado estoy culminando esta legislatura”, e que ser alcalde de Carballo era a súa única aspiración política. Pero está claro que a idea que a moitos carballeses lles rondaba a cabeza era o tantas veces comentado e nunca producido pacto entre os populares e Manuel Andrade. Con estas declaracións, Sueiro queima as posibles pontes que lle poideran quedar para entenderse con Andrade, e plantexa, a un ano vista, as eleccións coma unha carreira de dous, coma un referéndum onde só caben dúas alternativas: alcaldía do BNG (con posible alianza do PSOE, o que non altera apenas o produto), ou alcaldía do PP con maioría absoluta. Socialistas e centristas pasan a xogar un papel netamente secundario na partida.

O tempo dirá se Alberto Sueiro acerta con esta estratexia, e dende logo que debe estar ben seguro das súas posibilidades se xoga unha baza así neste momento. Pola nosa parte, pensamos que o PP ven de tomar unha sabia decisión.

Etiquetas: , ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner