Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, julio 21, 2010

Carballo para ben



Destes días de sopor e aburrimento informativo, rescatamos unha serie de novas que colocan á nosa localidade dentro da actualidade nacional por moi diversos motivos.

En primeiro lugar, unha desas noticias que só poden ser percibidas dende a distancia. Para nós a apertura dos comercios nos días de feira sempre foi algo completamente normal, pero non se ve así no resto do país, onde no medio do debate sobre da liberdade de horarios, se sorprenden porque algúns comerciantes abran 28 días máis ó ano sen alterar os salarios dos seus traballadores. Concretamente era a edición galega de El Mundo a que destacaba a Carballo coma “la orgullosa capital de la comarca de Bergantiños”, ou “el pueblo que desafía todos los convenios laborales […], capaz de hacer que colosos como Zara modifiquen sus horarios de apertura”. O articulista tamén falaba da “titánica jornada laboral de una tradición conservada hasta nuestros días: los jueves de mercado y los domingos de feria”, que fai que o pequeno comercio traballe 224 horas máis ó ano que no resto de localidades. Como corolario, o xornalista do diario de Pedro J. Ramírez, remata: “…cada vez que hay un estudio sobre competencia, ¿adivinan lo que más se valora de Carballo? Exacto: la flexibilidad de horario”. Unha boa nova que dende fora se recoñezan os méritos do traballo e do esforzo dos carballeses, e que sexamos noticia polo noso pulo emprendedor.

Como tamén se lle veñen de recoñecer méritos a dous nosos veciños que acaban de ser ascendidos. Por unha banda Carlos Manuel Escribano Subías (Carballo, 1964), ata agora vicario episcopal de Zaragoza, foi nomeado polo Papa novo bispo de Teruel e Albarracín (alguén o coñece, tedes máis datos del ou da súa familia?). Mentres, Xosé Ramón Freixeiro Mato (Cances, 1951), profesor de filoloxía galego-portuguesa, pasará a ocupar o posto de catedrático na Universidade da Coruña.

Oxalá poidamos dar moitas máis novas coma estas e non tantas de delincuencia e expectativas defraudadas.

Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner