Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, agosto 02, 2010

Éxito de SERCA nos Campionatos Galegos de Salvamento



Tan só dous meses despois do seu nacemento, o clube SERCA (Salvamento e Rescate) vén de conseguir dúas medallas de ouro (e iso que tiñan algunha baixa) nos Campionatos Galegos de Salvamento e Socorrismo, celebrados en Razo o pasado fin de semana, e organizados polo clube carballés Sysca.

As medallas foron por equipos (en Rescate con tabla, da man de Enrique Barreiro e Fernando Varela), e individual (Néstor Rodríguez).

SERCA conta co apoio e patrocinio da Taberna O´Patacón e do Pub Xtreme, e acaba de estrear nova dirección web: www.serca.org.es

Alegrámonos dos éxitos do novo clube e felicitamos aos campións.

Etiquetas:

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner