Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, agosto 04, 2010

Carballo non tira


A cousa xa deixou de ser preocupante para converterse case que en dramática. Carballo non vai ben, de feito vai bastante mal. Todos sabemos que o indicador máis representativo da saúde de calquera territorio é a taxa de desemprego. Xa dende hai tempo sabiamos que o noso concello estaba á cabeza do paro provincial, solamente superado por Camariñas. Quedábamos, eso sí, a esperanza posta no noso dinámico sector comercial e de servizos, que por exemplo inclúe cunha amplitude de horarios admirada en toda España. E todos tiñamos confianza en saír do pozo.

Pero os últimos datos de paro do INEM no mes de xullo aniquilan calquera esperanza e enfróntannos a un futuro negro negrísimo: en toda España se creou emprego reducindo a taxa de paro nun 1,85%, en Galicia a melloría foi do 4,57 %, e na comarca de Bergantiños case todos os concellos reduciron o desemprego de forma significativa. Por exemplo: 20 novos empregos en Cabana, 23 en Laxe, 35 na Laracha, 34 en Ponteceso, 30 en Cee, 78 en Dumbría, 64 en Fisterra, 74 en Camariñas, 64 en Vimianzo, ou 24 en Cerceda. En Carballo, sen embargo, o lugar de maior número de habitantes, empresas, e teóricamente o máis dinámico e mellor posicionado, solamente foron 7 as persoas que atoparon un traballo, é dicir, prácticamente quedamos como estabamos.

Certo que moita xente vincula este descenso do paro máis a cuestións estacionais propias do verán ou do Xacobeo, que a un cambio de tendencia real da economía. Pero a comparación de concellos pon de manifesto que Carballo, a diferenza doutros, non é quen sequera de aproveitar ese tirón estacional, e iso a pesar de ter dous enclaves privilexiados para o turismo como son Razo e Baldaio. Ou o que é o mesmo, aquí temos problemas propios, maís alá da crise española, que fan que Carballo non tire. A ver se un día destos algún dos políticos carballeses esperta do seu sono e se da por enterado do drama que moitos dos seus veciños están a vivir, e polo menos se atreve a falar do verdadeiro problema que temos: o PARO.

Etiquetas: ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner