Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, diciembre 28, 2007

Rebaixas


O Nadal é o que ten. A xente ponse a ver películas coma "Conto de Nadal" de Dickens nas súas mil versións, ou "Que belo é vivir" de Capra, ou tantas e tantas historias con final feliz e moralexa edulcorada de "hai que ser bos que estamos no Nadal", que as boas intencións contáxianse.

Pois resulta que o goberno local de Carballo ven de darnos a última badalada informativa do ano. O alcalde ven de anunciar que se van rebaixar á metade todas as dedicacións exclusivas, que se van suprimir os postos de confianza, e que os cartos sobrantes vanse invertir en mellorar as beirarrúas e pistas de todo o Concello, ademais de colaborar co terceiro mundo.

Adiantando as rebaixas de xaneiro, e nun xesto sen precedentes que certamente temos que aplaudir, os nosos ediles veñen de dar exemplo de humildade e saber estar. Mesmo algún concelleiro ten manifestado que "se non se fai unha xestión extraordinaria, tamén é xusto renunciar a parte do soldo". Noraboa de verdade.


Actualización 29 de decembro: ¿Queda algún inocente?



Seguir lendo...

jueves, diciembre 27, 2007

Aleluia

Grupo de carballeses celebrando que, con máis de 2 anos de retraso, se inician (ou eso nos contan) as obras do polígono industrial de Bértoa:





Seguir lendo...

miércoles, diciembre 26, 2007

Qué será peor?


Tristemente, somos incapaces de desperdiciar unha ocasión para que os medios de comunicación falen dos carballeses no sentido ó que (desgraciadamente) estamos acostumados. Por se non fora o bastante penosa a imaxe que transmitimos de Carballo despois de gañar o gordo e perder a dignidade (véxase, se non, o exemplo do ganador espido de cintura para arriba e borracho coma unha prea, ou o do que iba a invitar a tódolos veciños "a putas"), agora é o turno da camareira do bar Arco Iris, Sara Fernández.

Resulta que a moza, intelixente e precavida que é ela, deixou o décimo nun bote detrás da barra (á vista de todo o mundo, non pensedes que a rapaza é desconfiada) mentres clientes e alleos regaban con cava o chan do local. Normal, só eran 300.000 euros. E pasou o que tiña que pasar: mangáronlle o gordo.

Xa non sei qué é peor: a imaxe que se da de Carballo como unha vila onde lle rouban a un a carteira en menos que toca un gordo, ou a que ten tan pouco sentido que deixa 50 millóns na barra e se vai sacar fotos. ¿Vos qué pensades?


(A noticia nos medios de comunicación de toda España: La Vanguardia, Telecinco, Antena 3, El Mundo, El País)



Seguir lendo...

sábado, diciembre 22, 2007

O gordo!!!


(Foto: A Nosa Costa)


Moito temos falado de sambenitos, malas famas e falta de referentes en Carballo. Mais contra todo pronóstico, a fortuna quixo en apenas un mes a nosa cidade saltase á primeira páxina dos medios nacionais por motivos positivos. Hai quince días era o éxito de Róber Bodegas no "Rey de la comedia", e hoxe espertámonos coa nova máis espectacular do ano: o gordo na lotería do Nadal cae en Carballo.

Foi a administración da rúa da Estrela a encargada de vender nada menos que 15 series do nº 06381, e o bar Arco Iris, que levaba anos xogando a este número, era hoxe un dos escenarios de ledicia máis desbordada. Moitas foron as televisións e medios de comunicación nacionais que chegaron a Carballo a cubrir a nova, e moitos os nosos veciños que puidemos ver nos noticiarios de mediodía das principais canles celebrando con champán e bágoas o reparto do multimillonario gordo.

Pagar hipotecas e viaxar eran as intencións da maior parte dos premiados, que coincidían en que non ían poder deixar de traballar, pero felicitábanse pola súa sorte e polo repartido do premio. A isto queremos engadir nós outro dato importante: moitos carballeses con cartos son unha gran noticia para os demais carballeses ós que non lles tocou nada, pois supón un aumento de poder adquisitivo e de consumo para os nosos comerciantes e empresarios, e un impulso inesperado para a nosa economía local.

Así pois, doble motivo de felicidade. Noraboa ós premiados e feliz Nadal a todos.

Actualización:
Non vos perdades a noticia comentada por Rober Bodegas (vía comentario anónimo neste post)




Seguir lendo...

jueves, diciembre 20, 2007

Que non se diga


Trala apaixonante recopilación e análise da retahíla de promesas e incumprimentos sobre o polígono industrial de Bértoa, hoxe toca a traca final. Cando estamos a menos de dúas semanas de rematar o ano, con medio país liado nas compras de agasallos, preparando o modelito de fin de ano, ensaiando panxoliñas, e sacando a zambomba... sae a palestra o alcalde de Carballo e anuncia que as obras do parque empresarial comezarán "este mesmo ano". ¿Este mesmo ano? Será o 2008 ¿non? Que non, que non, que comezarán "antes de que remate o ano".

Falando claro, que tendo en conta que hoxe é xoves 20, que na fin de semana non se traballa, que o martes é 25 e polo tanto festivo, e que o 24 e o 31 son días medios laborables, quedan o venres, luns, mércores, xoves e venres como posibles datas de inicio do infinitamente prometido e nunca comezado polígono de Bértoa. E todo iso nunhas datas nas que, exceptuando o sector do comercio, a hostalería e a mensaxería, todos os demais traballadores andan a medio gas, e os da construcción case que sen nada de gas.

Porque temos plena confianza nos nosos gobernantes, que se non diriamos que aquí se trata de meter unha excavadora nunha finca para sacarlle a foto e poder dicir que "as obras do polígono comezaron no ano 2007". Que non se diga. E agardamos que non escollan o venres da vindeira semana, porque é día 28, e a ver quen cre que é verdade. Do que si estamos seguros e de que fotos e titulares rimbombantes non han faltar. Admítense apostas.




Seguir lendo...

miércoles, diciembre 19, 2007

Marky Ramone


De pouco a pouco, o ambientillo musical-rockeiro vai medrando en Carballo. Sexa polo PopXiriaPop, por ideas coma "on the rocks", ou pola iniciativa dos hostaleiros locais, cada vez temos máis e máis interesantes concertos no nosos pubs. E un dos máis destacados animadores musicais da nosa cidade é o pub "La Reserva", que xa leva unha longa traxectoria de boas actuacións e que o vindeiro 3 de xaneiro vai dar a "badalada" con 3 días de retraso. Porque nada máis e nada menos que Marky Ramone, o "último" integrante dos Ramones, vai actuar na cervexería Dublín.

Supoñemos que "The Ramones" non precisan presentación. Para moitos, a mellor banda de punk-rock da historia, e para algúns case unha forma de vida. Case mellor que botedes unha ollada na rede se queredes profundizar: http://es.wikipedia.org/wiki/The_Ramones

Certo que a banda se retirou hai moito tempo, que Johnny, Joey e Dee Dee teñen falecido, que Marky non é por si mesmo "The Ramones", e que tampouco foi un membro orixinal do grupo, senón que se incorporou á batería máis tarde. Pero aínda que só sexa por ver de preto a unha parte da lenda, xa paga a pena.

Deixámosvos uns enlaces e unha actuación nos Sanfermíns deste ano:

http://es.youtube.com/watch?v=6rORD8Qg9cY


Marky na wikipedia:
http://es.wikipedia.org/wiki/Marky_Ramone

Un blog do seu tour por chile:
http://markyramonetour.blogspot.com/

O seu blog en myspace:
http://www.myspace.com/markyramone




Seguir lendo...

martes, diciembre 18, 2007

Vuelve, Santiago



El mejor cronista político de la comarca publica esta semana su última colaboración en El Periódico de Bergantiños, que anticipa en exclusiva el portal A Nosa Costa. Estamos hablando, cómo no, de Santiago Pazos, que con sus atinadas observaciones nos sirvió durante los últimos cuatro años y medio para desmenuzar la realidad política local desde un punto de vista independiente (ya sabemos que la objetividad no existe, pero se agradece que alguien dé sus opiniones desde "el otro lado del espejo", como dice Santiago).

Sus opiniones tienen más valor desde el momento en que Santiago nunca escondió su ideología (de izquierdas), pero su ideario político nunca le nubló la vista. Pazos se atreve a pensar y opinar libremente, a diferencia de otros/as que se colocan la etiqueta de imparciales, pero se les ve el plumero más que a un pavo real. Los versos con que inicia su última Trastienda son un resumen perfecto del talante con el que afrontó sus crónicas, siempre tan elegantemente escritas. Santiago nunca tuvo miedo a criticar a sus "amigos" de ideología. Se nota que, para él, antes que las lealtades inquebrantables están la honestidad consigo mismo y con su pensamiento.

Que su culta pluma nos abandone (esperemos que momentáneamente) supone una sensible pérdida para la pluralidad de la opinión publicada. Desde CD le damos las gracias más sinceras por su trabajo de estos años y le pedimos humildemente: Vuelve, Santiago.




Seguir lendo...

Bad Santa


¿Criades que Santa Claus era un santiño? Pois non. Os tempos cambian e agora Papa Noel ten cara de Billy Bob Thornton, fuma, bebe whisky, solta tacos, e non lle trae ós nenos o que lle piden. E en Carballo menos. Porque faltan poucas datas para o día de Nadal, e as cousas que levamos anos pedindo non maneira de que nolas traian.

Para comezar, hai pouco viamos unha recopilación das promesas sobre o polígono industrial de Bértoa. E sen contar con que xa no 2003 ou no 2005 se dicía que as obras comezarían en cuestión de meses, vemos que mesmo no propio ano 2007 nos prometían que o polígono estaría en marcha este pasado verán, e que no mes de setembro Evencio Ferrero poñía outubro como prazo de arranque. Quedan apenas 15 días para rematar o ano e "rien de rien".

Pero é que resulta que se facemos efeméride dentro de CD e miramos un ano atrás, contabamos cómo a conselleira de Política Territorial, María Xosé (bueno, en realidade é José, pero xa sabedes) Caride, tiña problemas para atoparnos o noso Turboman. E por iso no canto de darnos o noso regalo de Nadal 2006, tiñamos que conformarnos coa promesa de que no ano 2007 estarían licitadas as obras da vía de alta capacidade de Carballo a Fisterra. Quedan apenas 15 días para rematar o ano e "rien de rien".

E se nos centramos na actualidade local, o PP ven de denunciar a situación do "regulamento de participación cidadá". Trátase dunha desas iniciativas tan bonitas, tan modernas, tan progresistas e tan "güays" que tan ben quedan nos xornais, pero que nunca se poñen en marcha. Porque semella que se trata de convocar consellos parroquiais e que os veciños de cada parroquia elixan ós seus representantes ó marxe do poder político (e de ningún outro tipo). E non sabemos se será por iso, pero di o PP que o tal regulamento foi aprobado en marzo de 2006, que había un prazo de 6 meses para poñelo en marcha, e que dende entón "rien de rien".

E por último temos que facer referencia a unha entrevista que liamos esta fin de semana en LVDGE de Carballo, non por incumprimento de promesas públicas, pero por motivos se cadra aínda máis dolorosos. O protagonista era o subdelegado do goberno en Galicia, é dicir, o nº 2 da administración ZP na nosa terra. E vexamos, ¿que reivindicación levamos 30 anos os carballeses facéndolle ó goberno central? ¿Cómo era? Algo de seguridade, ¿non? Unha... non sei que... ¿nacional? Pois ben, ó mesmo tempo que Santiago Rey Fernández-Latorre reafirmaba por enésima vez a independencia, a honestidade e o compromiso inequívoco do seu xornal con Galicia, e bla-bla-bla, e despois dunha serie de preguntas notablemente edulcoradas, o/a xornalista afila o colmillo, prepara o terreo falando de delincuencia, e ataca coma Mercedes Milá: "¿cree vostede que Carballo poderá contar cun cuartel... ... da garda civil? Por suposto, faltaría máis, de aquí ás eleccións de seguro que cumprimos". Ai, as amnesias e os síndromes de maldade non lle atacan só a Santa.




Seguir lendo...

domingo, diciembre 16, 2007

Os 4 trasnos


(Picade na imaxe se queredes ver qué ben bailan os 4 trasnos)

Bo Nadal a todos e feliz 2008 :)




Seguir lendo...

viernes, diciembre 14, 2007

Yo confieso

Dicen que los niños y los borrachos dicen siempre la verdad. No sabemos si este dicho es igualmente aplicable a los políticos cesadores en el poder, pero Manuel Andrade viene de deleitarnos con unas suculentas declaraciones con respecto al BNG que no dejan títere con cabeza. Las vueltas que da la vida, los que hasta hace bien poco eran sus aliados de gobierno y aprobadores de su fantástico sueldo merecen ahora los siguientes comentarios del cazador (fuente: Punto Radio y Anosacosta.com):

“O Bloque nunca ocupará o espacio de Terra Galega porque o Bloque, anque ahora estea disfrazo de piel de cordero, segue sendo un lobo radical anticapitalista e anticonservador…”
“ … intentan moderar o seu discurso pero é un discurso que ten unha careta.”
“ … non podemos caer no engaño de que se se fan políticas dese tipo vai axudar a que todos aqueles traballadores, conservadores e creadores de emprego van ter facilidades. Solo van ter facilidades os vagos e os maleantes.”
“ … o Bloque chega a hora de verdad, e con tal de conseguir algo véndese ó mellor postor, eso xa se ve, día a día, vímolo aquí en Carballo, como o vimos agora na Xunta como vimos agora a nivel nacional”.


Y es que parece que tras el contrato de intereses contrapuestos BNG-Andrade de la pasada legislatura, unos “cardaron la fama” y otros se “llevaron la lana” (y no es una errata).





Seguir lendo...

jueves, diciembre 13, 2007

Xa será menos










“Novidades”
que nos envían dende o concello de Carballo:

12 de decembro de 2007, 19:32 horas:
Os delitos diminuiron en Carballo un 38% no que vai de ano con respecto ao 2006 12/12/2007 O delitos descenderon en Carballo case un 31% no que vai de 2007 con respecto ao ano anterior, segundo constataron fontes da Garda Civil no transcurso da Xunta Local de Seguridade celebrada o mércores 12 de decembro no Concello carballés. O número de detidos ascendeu a 174 e esclarecéronse preto dun 40% dos delitos investigados durante o presente ano. Este incremento da seguridade cidadá no municipio bergantiñán compleméntase con outras boas novas aportadas pola Garda Civil no tocante ás infraccións de tráfico e aos sinistros mortais nas estradas. Äínda que non puideron aportar datos concretos sobre estes dous últimos aspectos porque non están pechados, responsables do Instituto Armado confirmaron a boa evolución neste sentido. O alcalde de Carballo, o nacionalista Evencio Ferrero, calificou este balance -practicamente completo- d! o ano 2007 como "moi satisfactorio".

12 de decembro de 2007, 22:19 horas:
12/12/2007 O delitos descenderon en Carballo case un 23% nos once primeiros meses de 2007 con respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo constataron fontes da Garda Civil no transcurso da Xunta Local de Seguridade celebrada o mércores 12 de decembro no Concello carballés. Por outra banda, os delitos contra o patrimonio baixaron máis dun 30%. Estas boas cifras confirman un incremento da seguridade cidadá observada xa desde o ano pasado en comparación co 2005. Esta tendencia positiva compleméntase con outras boas novas aportadas pola Garda Civil no referente ás infraccións de tráfico e aos sinistros mortais nas estradas. Äínda que non puideron aportar datos concretos sobre estes dous últimos aspectos porque non están pechados, responsables do Instituto Armado confirmaron a boa evolución neste sentido. O alcalde de Carballo, o nacionalista Eve! ncio Ferrero, calificou este balance como "moi satisfactorio".


(E non seguiron enviando "novidades", porque senón cada vez sería menos, e menos, e menos, e menos,...)




Seguir lendo...

Bodegas final

Último vídeo subido a Youtube do rei da comedia. Nesta actuación correspondente á final Róber volta a demostrar ser o maior experto e sacarlle todo o xugo tanto ós zumes coma ós iogures.





Seguir lendo...

miércoles, diciembre 12, 2007

Porque non queremos, que se non…


Terra Galega volve a dar sinais de vida. Trala saída do goberno do grupo liderado en Carballo por Manuel Andrade, a maioría vaticinaba a xubilación definitiva do veterano político carballés. Mais o “cazador” sempre resulta imprevisible e non foi así, aínda que ben é certo que a súa actividade e sobre todo a movilización da súa militancia tense reducido a niveis de mínimos.

Xa non temos as multitudinarias comidas e ceas gratuítas da pasada lexislatura, pero o comité nacional do partido “centrista” ven se reunirse na nosa cidade para planificar o seu futuro. Ademais de afirmar a súa intención de centrarse nos concellos e bisbarras e declarar que Carballo ten potencial por si mesmo se depender doutras administracións, a nova máis destacable foi a decisión de non tomar parte nas eleccións xerais do próximo mes de marzo.

Pero non pensedes que os dirixentes de Terra Galega lle teñen medo ó resultado nin dubidan das súas posibilidades. Logo de ter desbotado tamén o pacto con UPD, o partido de Rosa Díez (¿ou sería máis ben Rosa Díez a que desbotaría a TG?), son simplemente motivos económicos os que lles impiden competir con Zapatero e Rajoy pola presidencia do goberno. Como naquel chiste no que o alcalde de Padrón renunciaba a declarar a guerra ós EEUU por non ter espacio suficiente para os prisioneiros, en Terra Galega non se presentan porque non queren, que se non…





Seguir lendo...

martes, diciembre 11, 2007

Iniciativa privada


Moito se comenta en todos os medios de comunicación, e como non tamén en CD, sobre dos proxectos e dos retrasos das obras de iniciativa pública. As infinitas promesas de autovías gratuítas, hospitais comarcais, carrís-bici, portos deportivos, polígonos industriais, parkings subterráneos… enchen páxinas e páxinas de agradecidos xornáis e serven para facer proveitosas campañas de imaxe ós gobernos de turno. Máis en case todos os casos mencionados o resultado é o mesmo: o incumprimento dos prazos, o fracaso dos proxectos, ou mesmo a constatación de que nos teñen tomado o pelo (basta darse un paseo pola rúa do túnel invisible).

Por iso nos agrada especialmente comprobar como, fronte á desilusión pola inoperancia pública, a iniciativa privada toma a alternativa. Carballo sempre foi cidade de emprendedores, e un grupo de empresarios ven de aprobar o proxecto de urbanización dun grande polígono residencial de vivendas unifamiliares en contacto co polígono industrial de Bértoa. E o que é máis importante, esta obra incluirá un vial de 24 m de ancho que conectará no futuro a rotonda do polígono coa estrada de Razo, ademais das demais rúas e das cesións de terreos que se deben facer ó Concello. Todo iso pagado polos promotores da urbanización, e sen tanto bombo e platillo coma o archianunciado parque empresarial de Xestur.

Agardamos que este tipo de iniciativas en materia de urbanismo, sempre e cando por suposto se suxeiten plenamente á legalidade, se extendan por Carballo. Será a mellor e maior garantía de que somos os cidadáns os que construimos a nosa cidade, sen ter que agardar e suxeitarnos á “eficacia” e “xenerosidade” dos nosos munícipes, que normalmente se preocupan máis por subir impostos e apuntarse tantos da iniciativa privada, que por facilitar o seu traballo.




Seguir lendo...

lunes, diciembre 10, 2007

El fotolog de Bodegas


El Rey Róber (esto suena a coche) tiene un fotolog que no podéis perderos y que incluimos en nuestros enlaces de referencia, en el que cuenta que TVE le cortó su actuación en la final de El Rey de la Comedia (ya decíamos nosotros que su último speech era un poco descafeinado), en esta parte: "Que siempre te encuentras en los bares a los chinos vendiendo cd´s y rollos de esos que alumbran que se los compran todos los Guardias Civiles...(Debe ser que también los venden en los puticlubs...)" (Aunque Róber no lo entiende, después de lo ocurrido hace unos días en Capbreton nos explicamos el motivo del corte).

También nos enteramos en su bitácora de que no hubo ni premio, ni placa, "ni siquiera un platito de esos de ´Estuve en Torremolinos y me acordé de ti´”, y de que va a actuar en el programa de fin de año de TVE (ya grabado). Nos alegramos mucho y le deseamos todos los éxitos (aunque, visto el "interés" de TVE en promocionarlo, mucho nos tememos que pondrán su actuación a eso de las 4 ó 5 de la mañana).




Seguir lendo...

domingo, diciembre 09, 2007

Carballo ya tiene Rey



Y se llama Róber Bodegas, que anoche se alzó con el triunfo en el concurso de TVE 1 “El Rey de la Comedia”.

De los 10 concursantes que llegaron a la final (adelantada varias semanas debido a los malos datos de audiencia del programa), el carballés (ayer, por fin, Edu Soto dijo de dónde era Bodegas) pasó a la finalísima, junto con los andaluces Toni Rodríguez y Tomás García. Entre los tres se la jugaron en la última actuación y el jurado, formado por José Luis López Vázquez, Carlos Iglesias y Verónica Forqué, coronó a Róber.

Aunque para nosotros el que mejor lo hizo ayer fue el gaditano Toni Rodríguez, si juzgamos conjuntamente todos los programas el mejor fue Róber (objetivamente), por su originalidad, por su naturalidad y porque es de Carballo. Enhorabuena.


P.D.:

1. A todo esto, ¿cuál era el premio?

2. ¿Por qué no dejaron hablar a Róber después de ser elegido Rey de la Comedia?

3. ¿Aló? ¿Comisión de Fiestas? ¿ya tenéis pregonero del San Juan?

4. No os perdáis el blog de uno de los guionistas de El Rey de la Comedia, que destripa el programa (en varios sentidos)






Seguir lendo...

sábado, diciembre 08, 2007

Ya es fiesta en Carballo


Ya es navidad en El Corte Inglés. Y, como no somos menos, también es navidad fiesta en Carballo. Ayer por la noche se estrenó el nuevo alumbrado navideño para estas “festas”. Que, estéticamente, a mí me gusta.

El gobierno, siempre tan atento, eligió un alumbrado aséptico, neutral, light, políticamente correcto. No vaya a ser que se hiera alguna susceptibilidad, o que un musulmán nos visite y se sienta incómodo entre tantos símbolos cristianos. Por eso, no busquéis entre las luces algún angelito, o un belén, o el tradicional árbol, ni siquiera una campana, una bola o una triste estrella. No. Todo lo que recuerde a una fiesta que hunde sus raíces en el cristianismo se ha esfumado de este alumbrado. Todas estas bombillitas se podrían poner perfectamente en cualquier ciudad de Pakistán o Arabia Saudí y pasarían sin problemas la censura del mulá de turno. Las autoridades ni se enterarían de que había algunos infieles entre ellos celebrando la navidad “estas festas”. Chapó, alcalde.

De ahí también el sutil cambio en lo alto de la torre del reloj del ayuntamiento. Del recargado y kitsch “Bo Nadal” que nos hizo sufrir la vista durante bastantes años pasamos al “Boas festas” que luce desde ayer.

Y, por si hay algún ecologista entre los/las carballeses/as, que no se preocupe. El gobierno también piensa en ellos/as (y en sus votos), y por eso el alcalde les tranquilizó diciendo que las bombillas “incorporan un sistema de ahorro energético y control medioambiental”, sea lo que sea lo que esto signifique (que no lo dice, ni falta que nos hace saberlo. Nos basta con que lo diga el sheriff y lo publique La Voz).

Todo muy a tono con lo políticamente correcto, que es lo que se lleva ahora.

CD os desea que disfrutéis de las navidades estas fiestas.




Seguir lendo...

viernes, diciembre 07, 2007

Bodegas extra

Os éxitos de Róber Bodegas en TVE exténdese coma a pólvora tamén por internet. E hoxe salímosnos de "El rey de la comedia", para escoitar a Róber falando galego nunha grabación caseira dunha das súas actuacións nun pub da Laracha. Logo de escoitalo falar do alcohol, os iogures, os menús universitarios, os donuts e os colacaos, esta vai de zumes. Vese que ó humorista carballés prestanlle ben as inxestas.





Seguir lendo...

El señor de los polígonos

(Siguiendo la información enviada por Calaf)


- Escúchame, Frodo, tendremos un gran polígono. Serán un millón de metros cuadrados, un polígono de poder para gobernarlos a todos...

- Bien, Gandalf, bien, pues que empiece cuanto antes.

- Sí, Frodo, y lo construirá la Xunta, será una gran aventura...

- Magnífico, venga, que sea verdad.

- Allí se instalarán las mejores empresas, y creará mucho empleo. Será un gran polígono para dominar la Tierra Bergantiñana.

- Vale, vale, que hagan las obras ya.

- Y no será un millóns de metros, serán dos, Frodo. Ya hemos sacado a información pública el estudio previo ambiental del trámite del plan sectorial provisional de la tercera fase...

- Que sí, que sí, que vale, pero que sea verdad...

- Y la semana que viene vamos a negociar un convenio, Frodo, un convenio para adentrarnos en las tierras de Xestur y conquistar el polígono de poder...

- ¿No te han dicho que eres cansino? ¡Cansino, que eres cansino!





Etiquetas:


Seguir lendo...

jueves, diciembre 06, 2007

Desaparezamos


Falabamos hai dúas semanas da esquizofrenia económica en que vivimos na Costa da Morte. Esa disxuntiva na que se insiste na necesidade de atraer inversións e crear tecido industrial, e ó mesmo tempo se defende un conservacionismo case que integrista que impide tocar case que calquera recuncho na nosa xeografía.

Por iso nos chama moito a atención esta nova que atopamos en “El País” e que para moitos sería a decisión idónea para desterrar definitivamente calquera tipo de problema. Desaparezamos dos mapas, eliminemos as nosas vilas e aldeas dos GPS, convirtámonos en pantasmas, no último lugar inexplorado do planeta, vivamos das intrépidas expedicións da National Geographic. Seremos os sherpas, calzados con zocos e abrigados con pel de raposo, que levaremos ós alegres excursionistas a descubrir o faro de Fisterra ou os percebes do Roncudo. ¿Non sería idílico? En pura sintonía co parque temático que hai un tempo propoñía Manuel Rivas, entre outros.

Porque esa é en gran parte a pregunta á que temos que respostar: se queremos iso, ou queremos formar parte plena dese mundo desastrado da civilización. Nós pola nosa parte temos a resposta clara, e sospeitamos que o 90% dos habitantes das nosas comarcas tamén. Aínda que a bo seguro que entre os intelectuais urbanitas o estímulo do desconocido resulta moi romántico… para pasar a fin de semana e volver ó luns ó seu piso con calefacción en Juan Florez.




Seguir lendo...

miércoles, diciembre 05, 2007

Hemeroteca del polígono


Mucho agradecemos a calaf falac el trabajo de chinos que nos envía, recopilando las noticias publicadas en los últimos años sobre el Polígono Industrial de Bértoa. Como veréis, el historial es significativo del grado de manipulación a que nos tienen sometidos gobernantes y prensa. Lo de los primeros, hasta lo entendemos. Lo de los segundos, es vergonzoso. Nos preguntamos, ¿a quién se debe LVGE (La Voz de la Gestión Excelente, para el que no lo entienda), al poder o a los ciudadanos? ¿Cómo es posible que un medio de comunicación se preste a hacer la propaganda del gobierno con tal descaro y sin el más mínimo asomo de crítica tras los repetidos incumplimientos de los plazos que nos habían anunciado? Juzgad si no:

He leído que se ha calificado al polígono de Bértoa como "la obra más anunciada de la historia". Por eso me he tomado la molestia de hacer un pequeño trabajo de hemeroteca para comprobarlo, y el resultado es demoledor. Creo que es el caso más exagerado que he visto de propaganda gubernamental.

Quiero hacer notar que este trabajo NO ES EXHAUSTIVO ni mucho menos. Buscando con más empeño se podrán sacar más titulares, y ya verán que algunos son antológicos: "el DOG publicará esta semana el estudio ambiental" (tremenda noticia), o la serie "un convenio permitirá..."-"el gobierno aprueba el convenio..."-"Teresa Táboas firma el convenio..." en la misma semana.

Xestur sacará a concurso las obras del polígono industrial de Carballo antes de final de año
31/7/2003

El polígono industrial de Carballo será prioritario dentro del Plan Galicia
11/12/2003

Carballo sigue perdiendo inversiones por falta de suelo
6/1/2004

La ampliación del polígono industrial de Bértoa abarcará 840.000 metros
16/3/2004

El parque empresarial de Carballo será de los más baratos de Galicia

20/10/2004

...
El vivero de empresas de Carballo estará operativo en enero del 2006

El proyecto también incluye la construcción de un edificio de titularidad municipal que permitirá al Concello de Carballo, representado en el acto de ayer por el alcalde, Evencio Ferrero, realizar su propia campaña de promoción del polígono industrial de Bértoa, sobre todo a raíz de la ampliación prevista.
13/12/2004

Los polígonos de A Laracha y Carballo se iniciarán en los próximos meses

19/1/2005

La demanda de 66 empresas agota la segunda fase del polígono de Bértoa

25/5/2005

La Xunta somete a exposición pública la vía de alta capacidad

Polígono de CarballoLa Xunta aprobó también someter a información pública el proyecto del polígono industrial de Carballo, que comenzará a construirse en el primer semestre del 2006 y que supondrá, para Política Territorial, una inversión de 17 millones de euros, cuatro de los cuales están destinados a la compra de terrenos. En total, el polígono tendrá una superficie de 730.000 metros cuadrados, 210.000 más de los previstos inicialmente.
8/7/2005

La demanda de suelo determinará la ampliación del polígono de Bértoa
30/8/2005

La demanda de suelo industrial en Bértoa supera la ampliación prevista

17/10/2005

Xestur negociará con el IGVS la tercera fase del polígono de Bértoa
19/10/2005

La ampliación del polígono industrial de Carballo incluirá 168 parcelas
5/8/2005

Evencio Ferrero negocia con el IGVS la tercera fase del polígono
10/11/2005

Concello de Carballo e IGVS seguirán desarrollando el polígono industrial

11/11/2005

Xestur desarrollará las dos fases del polígono carballés de forma conjunta
23/12/2005

Solicitados 500.000 metros de suelo industrial en Carballo
5/2/2006

Un convenio permitirá desarrollar todo el suelo industrial de Carballo
10/5/2006

El gobierno carballés aprobó el convenio para la ampliación del parque industrial
15/5/2006

Teresa Táboas firma en Carballo el convenio para el polígono industrial

23/5/2006

El nuevo parque empresarial de Bértoa costará 35 millones de euros
24/5/2006

Xestur formalizó la compra de casi 200.000 metros de suelo industrial en Bértoa
14/7/2006

Adjudicado el plan de urbanización de la segunda fase del nuevo polígono carballés
7/8/2006

Los presupuestos de la Xunta llevan 30 millones a la Costa da Morte

Es el caso de las primeras actuaciones en el polígono industrial de Carballo. Una de las actuaciones más destacadas será la del polígono carballés, con casi 10 millones
3/11/2006

El conselleiro de Industria visitará el polígono de Bértoa y la Casa dos Oficios
30/6/2006

La tramitación del nuevo polígono de Carballo recibe el empujón definitivo
1/12/2006

O DOG publicará esta semana o estudo ambiental da segunda fase do polígono industrial de Bértoa
21/12/2006

Las solicitudes de parcelas en el nuevo polígono de Bértoa superan las ampliaciones previstas
27/12/2006

Vía libre a la expropiación de terrenos para la segunda fase del polígono de Bértoa

7/2/2007

Aprobado el proyecto sectorial del nuevo polígono de Bértoa

8/2/2007

La tasa de expropiación para el polígono de Bértoa será de 6 euros

9/2/2007

Finalizado el plan de sectorización de la tercera fase del polígono de Bértoa
22/2/2007

El futuro parque carballés estará en competencia directa con el de Cabana

22/2/2007

El metro cuadrado en el polígono de Bértoa costará en torno a 60 euros

25/2/2007

Los empresarios que ya tienen suelo negocian su implantación en Bértoa
9/3/2007

«As landras que vai repartir La Voz simbolizan o futuro»
E o futuro son as novas empresas que se van radicar no polígono industrial de Bértoa, que forma parte do programa Galiza Suma, que vai ser ampliado este ano en preto de 1.300.000 metros cadrados, vai xerar riqueza, progreso, emprego...
18/3/2007

El polígono de Bértoa será un «exemplo» de sostenibilidad
23/3/2007

La tercera fase del polígono de Bértoa afecta a 179 parcelas
11/4/2007

La conselleira de Vivenda e Solo inaugura la primera «pieza» del polígono de Carballo

17/4/2007

El polígono industrial de Carballo estará en marcha el próximo verano
19/4/2007

PROGRAMA CONTRA PROGRAMA Un plan de desarrollo e incentivos para potenciar el polígono industrial de Bértoa
12/5/2007

Sale a exposición el plan de sectorización de la última fase del polígono de Bértoa
30/5/2007

La demanda de suelo en el polígono de Bértoa supera el millón de metros

6/6/2007

Más de treinta empresas optan a la urbanización del polígono
26/6/2007

Xestur adjudicará mañana la obra de urbanización del polígono de Bértoa
22/7/2007

Una UTE ejecutará las obras del polígono industrial de Bértoa
25/7/2007

El bipartito de Carballo establece las grandes líneas de gobierno
A la cabeza se encuentra el nuevo polígono industrial de Bértoa, del que Xestur acaba de adjudicar, precisamente, las obras de urbanización de la primera fase
26/7/2007

El polígono industrial de Bértoa llega al límite de su capacidad
23/8/2007

Xestur pone en marcha el proceso de expropiación de los terrenos para el polígono industrial de Bértoa
8/9/2007

El Concello busca en Industria apoyo al polígono carballés

13/9/2007

Carballo afronta en este mandato la transición hacia el modelo de ciudad

«Nos próximos catro anos imos ver realidades que mesmo van superar os programas electorais»
Evencio Ferrero está convencido de que Carballo vai dar nos vindeiros catro anos un salto cualitativo. O polígono industrial será, na súa opinión, unha peza clave, xunto coas infraestruturas e os servizos que require «unha cabeceira de comarca».-¿Que destaca destes primeiros cen días de goberno? É o balance da normalidade, de retomar as accións de goberno planificando ese Carballo de futuro. B> -Para facer de Carballo esa referencia, sen dúbida ningunha o máis importante, ao meu xuízo, é o polígono industrial, que esperemos que en outubro empecen as obras.
20/9/2007

Veinte empresarios aportan 352.000 metros al futuro polígono de Bértoa

10/10/2007

Xestur dispone ya del 54% del suelo necesario para el polígono de Bértoa

14/10/2007


Seguir lendo...

martes, diciembre 04, 2007

Bodegas V


Quinta actuación, quinto éxito (xa non é noticia), e quinto vídeo da saga Bodegas, a serie de vídeos de máis audiencia entre os carballeses. Róber soa xa coma favorito para facerse co título. ¿Qué pensades vós? ¿Quén credes que son os maiores rivais a batir?




Seguir lendo...

lunes, diciembre 03, 2007

Comienza la fase final para elegir a la mejor orquesta


Anosacosta.com continúa con la votación para elegir a la mejor orquesta de Galicia del año 2007. El próximo miércoles 5 de diciembre comienza la votación on-line definitiva. Finalmente han quedado ocho finalistas:

OLYMPUS

MONTES,

PANORAMA

PARIS DE NOIA

ALKAR

CHARLESTON

BIG BAND

COSTA OESTE

PHILADELPHIA

En las dos primeras ediciones de este premio, la orquesta ganadora fue PANORAMA, si bien este año, en la fase de nominaciones existe una mayor igualdad con respecto a los años anteriores y una mayor movilización de internautas.

La iniciativa de Anosacosta.com surgió para fomentar este fenómeno musical. Después de unos años de ostracismo, las verbenas se han vuelto a llenar, porque las orquestas han conseguido que la juventud volviera a las plazas y los campos de la fiesta.

Ahora y durante un mes se realizarán unas votaciones on-line, y así los usuarios podrán ir siguiendo día a día los recuentos en Anosacosta.





Seguir lendo...

A patinar!

No que xa se está a converter nunha tradición de Nadal, Creativa Dixital ven de colocar en Carballo unha pista de xeo desmontable. Desta volta, o lugar escollido ten sido o aparcamento do centro comercial Haley (semella que no polideportivo as humidades causaban problemas).

Este sábado foi a inauguración coa asistencia de autoridades e representantes das empresas organizadores e patrocinadoras, e ata despois da festividade de Reis poderemos desfrutar da experiencia. De dez a dúas da tarde, e de catro a nove da noite, e de luns a domingo (boa idea a das fins de semana) estarán abertas as instalacións, cun coste de 3 € cada 45 minitos. E sen non tedes patíns, non vos preocupar que volos alquilan.

De modo que isto non vai ser a praza de Rockefeller de Nova Iorque, pero salvando as distancias habémolo pasar case igual de ben.





Seguir lendo...

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner