Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, junio 30, 2008

Os da parte de atrás


www.Tu.tv


É un costume tristemente moi extendido. Moita xente adoita poñer ben bonita a fachada da súa casa, a parte que a maioría dos veciños poden ver. Límpana e gastan cartos en embelecer as fiestras, a pintura, o cierre… Namentres, a parte de atrás, a que menos se ve, acumula o lixo, a suciedade, e sufre o descuido dos propietarios.

Pois ben, nesta casa que se chama Galicia hai algúns que están na parte de diante e outros que semella que temos que conformarnos con estar na parte de atrás. Ben isto a colación de dúas noticias moi preocupantes que nos deixou esta fin de semana. En primeiro lugar, a Xunta de Galicia ben de facer públicos os seus criterios para a ordenación do noso territorio, criterio que no referente á nosa zona establece a prioridade de crear un grande eixo urbano entre A Coruña e Ferrol con toda clase de intervencións viarias (mesmo bulevares con carril-bici) e urbanísticas para crear unha grande metrópoli do noroeste, da que Carballo queda completamente excluido. Ante as queixas de Evencio Ferrero, o alcalde coruñés Losada xustificaba onte que a capital de Bergantiños e a súa zona contan para eles soamente coma zona de expansión industrial cara o oeste grazas ó empuxe do futuro porto exterior. Pero a área metropolitana, esa da que tanto se fala e que tanta inversión vai recibir, esa vai cara a Ferrol.

E en segundo lugar, moito máis grave aínda, o PP de Carballo facíase eco de varias noticias aparecidas no diario “Que!” a propósito do polémico desaloxo das familias chabolistas de Penamoa, nas que se afirma, literalmente:

20-06-08: “El Concello comprará un terreno en Carballo para realojar a varias familias. Algunas de las familias afectadas por los primeros derribos podrían ser realojadas en un terreno que el Ayuntamiento compraría a los chabolistas quienes recibirían una ayuda para construir unas nuevas viviendas”.

24-06-08: “En menos de un mes se derribarán las chabolas más cercanas a las obras de la Tercera Ronda pero antes el Ayuntamiento tendrá que acondicionar un terreno en Carballo para realojar a los propietarios de las mismas”.

Falando claro, repetición do pasado co envío de población marxinal, conflictiva e vinculada ó narcotráfico, dende A Coruña a Carballo. Por suposto que os responsables municipais da city herculina teñen negado calquera relación, pero o río leva tempo sonando logo de que tamén algúns veciños alertaran ó alcalde da Laracha, e coñecendo o percal e os antecedentes, moito nos tememos que algo de auga leve.

Así que xa ven, á hora de invertir e ordear o territorio, a uns tócanlles os bulevares, e a outros as industrias que os uns xa non queren. A uns tócanlles ós poblados marxinais e ós outros abrir rondas e librarse deles. A uns tócalles o lado bonito da vida, e a outros o menos bonito. Pese a tanta campaña de imaxe, este é o que Carballo significa para os que mandan en Galicia. Seguimos sendo os da parte de atrás.


Etiquetas: ,


Seguir lendo...

jueves, junio 26, 2008

Ideas inmateriais


Todas as ideas o son, pero esta é especialemte boa e especialmente inmaterial. Trátase da proposta que días atrás facía o director de Xacarandaina, Henrique Peón, de crear un museo que recollera o riquísimo patrimonio folclórico de Bergantiños e da Costa da Morte, reflectido en bailes, cancións, regueifas, vestiario, etc. A novidade estriba en que non se trataría dun típico museo de fortes muros e pezas de arte colgadas das paredes ou ergueitas sobre dun pedestal, senón nun recinto que permitise contidos audiovisuais, como xa sucede en centros modernos dalgunhas cidades.

Curiosamente neste punto a idea de Peón coincide con outra de Xan Fraga que xa aplaudiramos no noso blog, e que tristemente non obtivo o eco preciso. Desta volta as cousas cambiaron, porque o alcalde de Carballo Evencio Ferrero, que sempre destaca por ser o primeiro en apuntarse a un bombardeo, xa lle tomou a palabra e mantén non só que lle parece unha idea factible, senón que xa se lle ocorrera a el antes.

Outros especialistas en historia e patrimonio, coma o propio Fraga ou Raúl Galego, fan hoxe un chamamento a que se estudie ben a proposta e se realice un traballo de investigación serio. Pola nosa banda, felicitamos a Peón pola súa iniciativa e agardamos que esta idea, claramente inmaterial, non resulte ser tan inmaterial coma a longa lista de parques, hospitais, cidades deportivas, e toda sorte de grandes proxectos e grandes ideas que endexamais chegaron a ser vistos por ninguén. Da nosa colleita deixamos unha pequena proposta: ¿qué tal utilizar o museo de Bergantiños, tan desaproveitado nos últimos tempos, para albergar este museo virtual do patrimonio? Certamente, non semella que se precisa unha grande superficie para este fin, e a súa ubicación é única. Pénseno.


Etiquetas:


Seguir lendo...

martes, junio 24, 2008

A polémica da lingua


Parece que o asunto da lingua solivianta ós lectores.

Aínda que non estamos dacordo co seu contido, transcribimos na portada do blog o comentario publicado por un lector anónimo ó post "Manifiesto por la lengua común":

O castelán, lingua agredida

Hai días que se está mellor na cama. Ás veces, en espertando, hai que oír cousas difíciles de asumir. Hoxe é o día máis longo do ano, e hai cousas que fan que se faga aínda máis grande. Un grupo de “intelectuais” veñen de asinar publicamente un “manifiesto por la lengua común”. Din que moitas veces se usa a lingua de forma ideolóxica ou partidaria. Supoñemos que quen tal di se referirá a actos coma este.

E é que o tal manifesto non ten desperdicio, e... dá todo e máis de si. A carga ideolóxica é brutal, dende a primeira liña até a última, dende o argumentario até a proposta de medidas. Xa o razonamento de fondo é lapidario: sinalan que o castelán goza dunha saúde envexábel, pero non obstante consideran que deben saír a defendelo. Bo atrevemento cando non se consideran no deber de defender outras linguas que non gozan de igual saúde e que, en parte, seguindo o seu argumentario, tamén lles son propias (até onde chegamos, hai algún catalán e algún vasco nesta “intelectualidade” asinante).

Non sabendo por onde trincar o manifesto, imos ir case liña por liña, porque o certo é que non ten desperdicio.

O primeiro parágrafo, o de presentación, é contraditorio. Manifesta unha preocupación pola lingua dende o punto de vista “político”, pois sinalan que polo demais esa lingua goza dunha boa saúde. E sinalan a preocupación polo papel da lingua como principal, debe ser que no conxunto do estado está nunha posición secundaria, non está claro. En todo caso, o resto de parágrafos aclaran a súa postura.

A premisa número un pretende poñer en valor a importancia do castelán, pero comete algunhas imprecisións, ao noso ver. Di que non hai inxustiza na asimetría con respecto ás linguas en España, pero reclama todo para o castelán, mentres que o resto de linguas fican, semella, como “patrimonio compartido”. Patrimonio compartido? Alguén fóra de Galiza valora como parte do seu patrimonio a nosa lingua? Cremos que máis ben a desprezan. Merecedora de “protección institucional”? Pódesenos sinalar que fai o estado por protexer a nosa lingua, mentras os nosos impostos se dedican a manter o Instituto Cervantes, a Real Academia Española… Esta premisa rebosa palabrería barata e cínica que agocha a realidade: a pretensión do estado de favorecer e consolidar unha única lingua, mentras permite unha morte doce das demais linguas que será máis lenta ou máis rápida na medida en que as sociedades que as acollen resistan a un escenario adverso.

A premisa número dous recupera un debate xa clásico en moitas ordes da vida, o dos dereitos individuais fronte aos dereitos colectivos. De verdade este discurso segue a ter defensa? Acaso queremos construír unha sociedade individualista para todo? Acaso podemos defender en todos os casos a teoría do dereito individual? As persoas teñen dereitos, abofé, pero as colectividades tamén. Por outra banda, este segundo parágrafo xa marca ben ás claras (xunto co primeiro) o fondo argumental, que non é máis que a defensa a ultranza dunha asimetría exterminadora: quen fala unha lingua “co-oficial” ten dereito!, mentres que o castelán “goza do deber” de ser coñecido. Está clara a diferenza? Xa o deixou ben expresado hai uns vinte anos Carballo Calero, non é preciso afondar máis neste tema.

A premisa número tres remarca máis do xa dito con máis fermosos argumentos. Aspirar a coñecer ben a lingua co-oficial é “encomiábel”, xunto á “obriga” de coñecer o castelán. Pero ollo, aquela xustificación pode ser só estimulada, non imposta (claro, o que si pode ser imposto é o coñecemento do castelán, iso é o natural… uff…). O demais, argumentos xa coñecidos: haberá xente que prefira desenvolverse só en castelán (nada se di do caso contrario, que iso si que está difícil…), coñecer a lingua “autonómica” o “suficiente para vivir cortesmente” e gozar das manifestacións culturais (claro, a lingua é só cultura, xa se sabe… para o traballo, o comercio e demais xa temos o castelán), nada xustifica establecer a lingua co-oficial como primordial (iso queda, por suposto!, reservado para o sacro idioma castelán…), as imposicións son malas (que llo digan ao galego, tantos anos prohibido) e perxudica aos máis débiles (valente argumento, coma sempre, meter “aos máis débiles” polo medio). En fin, sarta de tópicos.

A premisa catro pon en valor o artigo constitucional referido á pluralidade lingüística, e considera suficientemente conseguidos os seus obxectivos, e pide que non se vaia máis aló reclamando os dereitos dos monolingües en castelán (dos monolongües en outras linguas nada se di, debe ser que non é posíbel…).

Partindo de todo o anterior, piden unha norma con rango legal acaído, que teña como mínimo os seguintes puntos:

Lingua castelá oficial en todo o territorio do estado (non o é xa?) e a única que poida ser de obrigado coñecemento (así nos gusta, trato igualitario…, quede claro, non é que non se poida impoñer, o que non se pode é impoñer o que nós non queremos, agora o que nós queremos si se pode impoñer).

Discriminación positiva para o castelán no ensino. A pesar da súa fortaleza, semella que hai que reforzalo… Debe quedar garantido o coñecemento da lingua “común”, o da outra … debe dar igual, porque non o di…

Dereito a uso de calquera das dúas linguas cooficiais ante a administración sen que se obrigue ao funcionariado a saber ningunha lingua… ben, realmente si, porque a saber unha das dúas linguas quedaramos en que estaba obrigado…

Sobre a documentación, recomendan o bilingüismo, pero admiten o monolingüismo… sempre que sexa en castelán…

“Permiten” o uso de calquera lingua nos parlamentos rexionais, pero esixen o castelán cando se pretenda alcance máis aló diso. Por que lles supón tanta barreira que alguén fale noutra lingua? Non estaban orgullosos da multiculturalidade? Por que pretenden agochala? Consideran imposíbel a comunicación en, por exemplo, a UE, polo feito de que se falen linguas distintas? Logo, por que non se poden falar linguas distintas en España aínda que se pretenda un alcance supraterritorial?

En fin. Longo demais, pero é que o texto non ten desperdicio. Isto trata da lingua, e temémonos que vai dar que falar. Que mágoa que aínda haxa xente preocupada por Goliat e que considera que debe poñerse do seu lado na loita, mentras David ten que enfrontar en solitario a batalla contra o xigante.



Etiquetas:


Seguir lendo...

lunes, junio 23, 2008

¡Se callen, coño!


“Berro Seco” de LVDGE do sábado 23-06-08:
“Si la gestión es correcta, la oposición debe callarse”.

E punto. Xa avisaramos que o asunto do que máis se está falar nos bares e nas rúas de Carballo estes días non é curiosamente das festas do San Xoán. E todo porque moitos carballeses recibiron e siguen recibindo nestas datas unhas saborosas cartas remitidas polo Concello de Carballo nas que se comunica que deben pagar uns recibos do imposto de bens inmobles (IBI) que nalgúns casos acadan os 600 €. Sí, leron ben. Seiscentos euros, ou que é o mesmo, cen mil pesetas.

En teoría estas desorbitadas cifras corresponden co incremento de valor que experimentaron as vivendas de moitos cidadáns co gallo de distintas reformas realizadas nas mesmas, e ademais incluindo os atrasos de anos anteriores que non lles foran comunicados no seu día. O grave do asunto é que, en palabras dos afectados, a maioría dos casos non corresponden a ampliacións nin a grandes reformas, senón a traballos coma arranxos de tellados e pequenas obras que case cabería calificar coma de mantemento. A lebre saltou por unha denuncia do PP, que ademais advirte de que o procedemento non é correcto, que as liquidacións son nulas porque non lles foron notificadas no seu momento, e que os afectados poden recorrer e conseguir que a factura quede sen efecto.

Non estamos a falar dunha simple pataleta de quen ve como se lle aumentan os impostos, senón dun verdadeiro problema social de primerísima orde. Hai moitas familias compostas por persoas xubiladas ou en paro que non son capaces nun só mes de facer fronte a semellante navallazo, e ás que só o pago a prazos poderá paliar en parte un terrible golpe que chega xusto en plena crise económica.

Pero o que a nós máis nos ten cabreado, e non temos por costume empregar estas verbas, é o xeito en que o binomio goberno-medios afíns -tanto monta monta tanto- ten enfocado o asunto. En primeiro lugar, segundo os Evencio boys and girls, o Concello non ten nada que ver con este imposto. Tanto é así, que o logotipo que poden vostedes ver nas notificacións non é o do Concello de Carballo, senón un espexismo provocado polo bochorno destes días. E en segundo lugar, o goberno ten entablado un debate coa oposición acerca dos pormenores máis ou menos legais do procedemento que leva á sempre crítica Voz Defensora de la Gestión Excelente a concluir que “si la gestión es correcta, la oposición debe callarse”. Cun par. Este tema non gusta, é desagradable, mellor que non se saiba. Non vaia ser que alguén se enfade coa xestion excelente.

De maneira que unha suba de impostos extemporánea e espectacular que pon contra as cordas a moitos de nós redúcese a unha simple polémica xurídica, e que a oposición non ten dereito nin sequera a falar do asunto. Tendo en conta que os cidadáns non temos espazo nin voz no salón de plenos, ¿qué se supón que temos que facer nós? ¿Darlle as grazas ó alcalde por non cobrarnos 1000 €? E sobre todo, ¿qué máis nos ten a nós que o cobro sexa legal, se supón un atraco a man armada ás nosas economías familiares?

Por sorte, hoxe existen espazos coma este blog. Dende aquí invitamos a todos os afectados a enviarnos e explicarnos o seu caso. Miren por onde, a nós non nos gusta calar.


Etiquetas:


Seguir lendo...

Manifiesto por la lengua común


Nos últimos tempos, advertimos nas institucións máis cercanas (Xunta, Concello de Carballo) unha deriva perigosa cara a imposición do galego, por vías directas e indirectas: desde o que é mal mirado se fala español, ata presentar unha instancia no Concello en español e que che contesten en galego.

Non estamos en contra do galego, por suposto. Entendémolo e falámolo, igual que o castelán. Pero non toleramos que nos queiran impoñer o galego, por razóns puramente políticas (nacionalistas). Defendemos a libertade de falar cada quen na lingua que elixa. Debe promoverse a conservación das linguas, pero non a costa dos que as usan, e menos utilizar a lingua como arma partidista (exemplo: a polémica "Galiza" - "Galicia").

Por esas razóns e outras moitas, publicamos hoxe en Carballo Dixital o “Manifesto por la lengua común” que presentan hoxe no Ateneo de Madrid varios intelectuais:


Manifiesto por la lengua común

Desde hace algunos años hay crecientes razones para preocuparse en nuestro país por la situación institucional de la lengua castellana, la única lengua juntamente oficial y común de
todos los ciudadanos españoles. Desde luego,... no se trata de una desazón meramente cultural –nuestro idioma goza de una pujanza envidiable y creciente en el mundo entero, sólo superada por el chino y el inglés- sino de una inquietud estrictamente política: se refiere a su papel como lengua principal de comunicación democrática en este país, así como de los derechos educativos y cívicos de quienes la tienen como lengua materna o la eligen con todo derecho como vehículo preferente de expresión, comprensión y comunicación.

Como punto de partida, establezcamos una serie de premisas:


1) Todas las lenguas oficiales en el Estado son igualmente españolas y merecedoras de protección institucional como patrimonio compartido, pero sólo una de ellas es común a todos, oficial en todo el territorio nacional y por tanto sólo una de ellas –el castellano- goza del deber constitucional de ser conocida y de la presunción consecuente de que todos la conocen. Es decir, hay una asimetría entre las lenguas españolas oficiales, lo cual no implica injusticia (?) de ningún tipo porque en España hay diversas realidades culturales pero sólo una de ellas es universalmente oficial en nuestro Estado democrático. Y contar con una lengua política común es una enorme riqueza para la democracia, aún más si se trata de una lengua de tanto arraigo histórico en todo el país y de tanta vigencia en el mundo entero como el castellano.

2) Son los ciudadanos quienes tienen derechos lingüisticos, no los territorios ni mucho menos las lenguas mismas. O sea: los ciudadanos que hablan cualquiera de las lenguas co-oficiales tienen derecho a recibir educación y ser atendidos por la administración en ella, pero las lenguas no tienen el derecho de conseguir coactivamente hablantes ni a imponerse como prioritarias en educación, información, rotulación, instituciones, etc… en detrimento del castellano (y mucho menos se puede llamar a semejante atropello “normalización lingüística”).

3) En las comunidades bilingües es un deseo encomiable aspirar a que todos los ciudadanos lleguen a conocer bien la lengua co-oficial, junto a la obligación de conocer la común del país (que también es la común dentro de esa comunidad, no lo olvidemos). Pero tal aspiración puede ser solamente estimulada, no impuesta. Es lógico suponer que siempre habrá muchos ciudadanos que prefieran desarrollar su vida cotidiana y profesional en castellano, conociendo sólo de la lengua autonómica lo suficiente para convivir cortésmente con los demás y disfrutar en lo posible de las manifestaciones culturales en ella. Que ciertas autoridades autonómicas anhelen como ideal lograr un máximo techo competencial bilingüe no justifica decretar la lengua autonómica como vehículo exclusivo ni primordial de educación o de relaciones con la administración pública. Conviene recordar que este tipo de imposiciones abusivas daña especialmente las posibilidades laborales o sociales de los más desfavorecidos, recortando sus alternativas y su movilidad.


4) Ciertamente, el artículo tercero, apartado 3, de la Constitución establece que “las distintas modalidades lingüísticas de España son un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección”. Nada cabe objetar a esta disposición tan generosa como justa, proclamada para acabar con las prohibiciones y restricciones que padecían esas lenguas. Cumplido sobradamente hoy tal objetivo, sería un fraude constitucional y una auténtica felonía utilizar tal artículo para justificar la discriminación, marginación o minusvaloración de los ciudadanos
monolingües en castellano en alguna de las formas antes indicadas.

Por consiguiente los abajo firmantes solicitamos del Parlamento español una normativa legal del rango adecuado (que en su caso puede exigir una modificación constitucional y de algunos estatutos autonómicos) para fijar inequívocamente los siguientes puntos:

1) La lengua castellana es común y oficial a todo el territorio nacional, siendo la única cuya comprensión puede serle supuesta a cualquier efecto a todos los ciudadanos españoles.


2) Todos los ciudadanos que lo deseen tienen derecho a ser educados en lengua castellana, sea cual fuere su lengua materna. Las lenguas cooficiales autonómicas deben figurar en los planes de estudio de sus respectivas comunidades en diversos grados de oferta, pero nunca como lengua vehicular exclusiva. En cualquier caso, siempre debe quedar garantizado a todos los alumnos el conocimiento final de la lengua común.

3) En las autonomías bilingües, cualquier ciudadano español tiene derecho a ser atendido institucionalmente en las dos lenguas oficiales. Lo cual implica que en los centros oficiales habrá siempre personal capacitado para ello, no que todo funcionario deba tener tal capacitación. En locales y negocios públicos no oficiales, la relación con la clientela en una o ambas lenguas será discrecional.

4) La rotulación de los edificios oficiales y de las vías públicas, las comunicaciones administrativas, la información a la ciudadanía, etc…en dichas comunidades (o en sus zonas calificadas de bilingües) es recomendable que sean bilingües pero en todo caso nunca podrán expresarse únicamente en la lengua autonómica.


5) Los representantes políticos, tanto de la administración central como de las autonómicas, utilizarán habitualmente en sus funciones institucionales de alcance estatal la lengua castellana lo mismo dentro de España que en el extranjero, salvo en determinadas ocasiones características. En los parlamentos autonómicos bilingües podrán emplear indistintamente, como es natural, cualquiera de las dos lenguas oficiales.

Firmas (orden alfabético): Mario Vargas Llosa, José Antonio de la Marina, Aurelio Arteta, Félix de Azúa, Albert Boadella, Carlos Castilla del Pino, Luis Alberto de Cuenca, Arcadi Espada, Alberto González Troyano, Antonio Lastra, Carmen Iglesias, Carlos Martínez Gorriarán, Jose Luis Pardo, Alvaro Pombo, Ramón Rodríguez, Jose Mª Ruiz Soroa, Fernando Savater

Etiquetas:


Seguir lendo...

viernes, junio 20, 2008

The Neanderthals


Esto estase a converter nun blog de rock and roll, pero a festa manda e hai que falar da actualidade. ¿Qué pasaría se Pedro Picapiedra e Pablo Mármol formasen unha banda de rock? Pois que serían The Neanderthals, un banda de garaxe “primitivo” e sesentero que ataviada con disfraces prehistóricos cantan, coma eles mismos din na súa web, ás rapazas, os coches rápidos e os monstruos que veñen en naves espaciais. Tamén advirten de que, se o alcohol lles permite estar en condicións, poden chegar a espirse das súas peles no escenario.

Casualmente os Neanderthals teñen entre as súas fontes de inspiración ós Trashmen, cos que teñen compartido concerto en numerosas ocasións. Nós deixámosvos unha mostra do seu directo homenaxeando a Elvis. Como veredes, máis rock tirando a alternativo nesta aposta da comisión por un tipo de música cuxa aceptación polos carballeses é aínda unha incognita.

P.D.: non nos esquecemos do gran tema de debate destes días en Carballo, as espectaculares facturas de ata 600 € que lles (nos) están a chegar a moitos cidadáns. Por iso agardamos adicarlle un especial coma se merece.



Etiquetas:


Seguir lendo...

Apuntes


"Onte non puiden ir ó pregón. Quen me deixa os apuntes?"

(Anónimo)



Etiquetas:


Seguir lendo...

jueves, junio 19, 2008

Papa-Oom-Mow-Mow


Este é o meirande, aínda que se cabe único, éxito dos Trashmen, outro dos grupos que comporán o elenco rockeiro deste San Xoán.

Aínda que nacidos en Minneapolis (Minnesota) en 1962 , este grupo formou parte do movemento do surf rock que por estas terras popularizaron os Beach Boys, e de feito esta canción, titulada Surfin’ Bird, fíxose famosa polas versións dos Ramones, Pee-Wee Herman ou os propios Beach Boys, ademais de aparecer en películas como A Chaqueta Metálica. Separados nos 60 e reunidos nos 80, no 1989 falecía o batería Steve Wahrer e voltaba a truncarse a súa carreira, agora retomaba nunha xira europea e americana que os traerá ata a nosa vila. Aínda que só sexa por escoitar aos autores dun tema lendario coma este, paga a pena acercarse.



Etiquetas:


Seguir lendo...

miércoles, junio 18, 2008

The Dirtbombs


Non teremos “Ruido de cochos” pero teremos “Bombas de lixo” (ou de merda, en tradución máis libre). É que iso da limpeza nunca foi moito co mundo do rock and roll. Estamos a falar dun dos grupos que comporán o elenco do tradicional concerto de rock que todos os anos se ubicaba a zona dos Baños Vellos e que desta volta ocupará o escenario central da praza do Concello.

Os Dirtbombs son un grupo de Detroit que leva dando caña dende 1996 pero que tan só publicou 4 discos ata a o de hoxe, toda vez que sobre todo se centrou en sacar singles. O seu son caracterízase por contar con dobre base rítmica (dúas baterías e baixos), e para mostra o botón da actuación en directo que vos amosamos.

Opinións aparte, está claro que non estamos a falar de música para o grande público, senón reservada ós moi afeccionados a iniciados neste mundillo. Pola nosa parte aplaudimos toda novidade cultural que se precie, pero coidamos que esta clase de concertos probablemente estarían mellor dentro dun festival creado ó efecto que como atracción na praza das festas do San Xoán. A ver qué tal sae o experimento.

http://www.thedirtbombs.net/
http://www.myspace.com/thedirtbombs



Etiquetas:


Seguir lendo...

Polémico cartel


En primeiro lugar temos que comezar disculpando o erro dun nos nosos últimos posts. Enganados polos rumores da rúa dabamos por feito que Pignoise ía formar parte do elenco de artitas do San Xoán carballés. Tamén nalgúns mentideiros de Internet se facían eco do run-run (http://www.fotolog.com/albaber/44710200), máis finalmente ogrupo madrileño visitará as nosas comarcas pero para actuar en Cee.

De modo que este 2008 só teremos un concerto estelar na persoa de Merche, ademais de, por suposto, as verbenas e o concerto de rock que este ano ocupará o espazo da praza do Concello. Mais este post non vai sobre música. Vai sobre outro asunto que pode parecer secundario pero que está a provocar un auténtico debate nas rúas.

Trátase do debuxo que a comisión de festas elexiu para representar o San Xoán 2008 e que dende xa vai ocupar non só a portada da revista oficial senón tamén os carteis pegados nas nosas rúas. Nun claro exemplo de minimalismo levado ó extremo, podemos ver un típico monicreque dos que adornan calquera sinal de saída de incendios resaltando un símbolo de lume. Sen máis. Tanto é así, que de non ser polo texto de embaixo poderíase confundir o cartel coa información de emerxencias de calquera establecemento.

Doutra volta estamos ante un debate que xa tivemos coa ocasións das diversas “estatuas” que adornan as nosas rotondas, e novamente haberá quen nos acuse de ignorantes e de carecer da necesaria sensibilidade artística. Pero non podemos evitar voltar a sinalar que a arte, cando se paga con cartos públicos ou representa algo de todos como son as nosas festas, debería atender en maior medida ós gustos e opinións maioritarios, e que tanto deseño conceptual e tanto minimalismo non encaixan co que os carballeses agardamos do noso San Xoán.

(Podedes descargar o programa completo en pdf desde este enlace, na web de Anosacosta)



Etiquetas:


Seguir lendo...

martes, junio 17, 2008

Visión de futuro


"Estos vecinos egoístas e interesados, que en lugar de tener visión de futuro y pedir parques temáticos se dedican a reclamar algo tan básico como aceras. Pero quiénes se creerán que son."

(Comentario de Calaf ó post titulado "21% de éxito")




Etiquetas:


Seguir lendo...

21% de éxito


Que non se diga que non somos xustos. Dende CD criticamos a aventurada viaxe a Bruxelas de Evencio Ferrero e sobre todo a falta de información das xestións realizadas. Pensabamos nós que esta clase de lides tiñan máis de publicitarias que de realistas, e dubidábamos de que a xesta europea servise de moito á hora de acadar as subvencións que o alcalde carballés solicitaba para a nosa vila.

Mais onte decatámonos na prensa local que a UE ven de conceder a Carballo unha axunda de 3,2 millóns de euros, que servirá para rematar dunha vez por todas a faraónica e escorialesca obra da Casa dos Oficios. Unha boa noticia que, como non podía ser doutro xeito, acollemos do xeito positivo que se merece.

Con todo, no noso afán por mirar “detrás das vallas” e compensar o bombo e platillo dos xornalistas amigos do BNG carballés, non podemos evitar recordar certos datos que os medios afíns esquecen incluir no relato dos feitos. Coma é o caso de que, contrariamente á sensación que da a noticia, o éxito non é total nin maioritario. Porque a cantidade que Ferrero foi defender á capital europea era de nada menos que 22 millóns de euros, e incluía a financiación do proxecto Temunde para converter o barrio da Milagrosa nun “parque temático” das enerxías renovables. Tendo que en conta que neses 22 millóns ían incluidos 1,4 que o Concello tería que poñer do seu bolsillo (extraña subvención, polo tanto), o éxito europeo acadado ata o de agora anda polo 21%, sen saber se a visita ó extranxeiro pesou moito ou pouco na decisión.

De modo que agardamos a que o organismo europeo se pronuncie acerca da subvención sobre do segundo proxecto para saber ata onde nos podemos sentir de todo felices, ou en parte frustrados. Sexa como fora, agora a pelota está no tellado do goberno local, que por fin despois de anos de retraso dispón dos fondos necesarios para a Casa dos Oficios e terá agora que demostrar a súa capacidade de xestión para rematar e poñer a funcionar a obra de xeito satisfactorio. Tamén haberá quen opine que todos estes cartos deberían gastarse noutros problemas máis urxentes, coma as garderías, os aparcamentos, ou mesmo o mercado municipal, pero evidentemente ese sería outro debate.



Etiquetas:


Seguir lendo...

viernes, junio 13, 2008

15 millones



¿Qué tal andan ustedes de memoria? Se la refrescamos rápidamente. Allá por el año 2004, el por entonces gobierno tripartito de Carballo anuncia el concurso para construir un parking subterráneo bajo la praza do Concello, incluyendo una reforma del mercado de abastos. Tanto Manuel Andrade como Evencio Ferrero llegan a asegurar la participación de la iniciativa privada en el proyecto, hasta el punto de anunciarse que hay 6 empresas interesadas en llevar a cabo la idea.

Tras muchas vicisitudes, se presenta una sola empresa fantasma y se declara desierto el concurso. Se abre una segunda oportunidad y se presenta de nuevo una sola oferta de una unión temporal de dos empresas. El proyecto concreto del único aspirante cosecha el rechazo casi unánime (salvando al CDI y a Evencio Ferrero, quien inicialmente y antes de comprobar el rechazo que suscitaba, lo calificó como "a chegada da modernidade a Carballo") de políticos, funcionarios y agentes sociales.

Se rechaza y se abre un nuevo proceso en contacto con una empresa nacional llamada MERCASA. Sorpresa: los expertos dicen que los concesionarios tienen que participar en gran medida en la financiación, y además se separan los proyectos del parking y el mercado, que en principio se calculan en 6 y 4 millones de euros respectivamente.

Pasa el tiempo y MERCASA se pone a estudiar más a fondo el proyecto. Por el camino, sabemos que el mercado provisional que habría que levantar en el San Martiño costará en realidad 1,3 millones de euros, más del doble de lo previsto al principio. Y por aquel entonces escribimos en CD:

“Sin embargo, lo anterior no es lo más preocupante; en primer lugar cabe preguntarse lo que hubiera pasado si el anterior concurso, finalmente abortado hace un año, hubiese salido adelante con los cálculos económicos realizados originalmente por el Concello. Y en segundo lugar la duda asalta ahora las anteriores estimaciones de 4 y 6 millones sobre el mercado y el parking. Esperando que estos otros cálculos hayan sido más realistas, mucho nos tememos que, con el paso del tiempo, este proyecto se está convirtiendo cada vez más en una ruina.”

Pues bien, no es por colgarnos medallas ni presumir de visionarios, pero hoy leemos en La Opinión que los 10 millones ya son 15, y que el proyecto cada día se ve más imposible. Para seguir con nuestra clarividencia, nos atrevemos a vaticinar la excusa, que hoy ya se avista en las explicaciones de la misma noticia. ¿Se acuerdan de este otro artículo?

(Colocamos encuesta al margen)


Etiquetas:


Seguir lendo...

miércoles, junio 11, 2008

Pig Noise



Ruído de cochos, si. Ese é o nome da segunda atracción principal destas festas de San Xoán, un grupo de rock con certa vocación de fenómeno de fans adolescentes que se fixeron coñecidos pola canción da serie de TV “Los hombre de Paco”. Para completar a mostra previa e para que non se diga, velaquí un par de exemplos máis. Por certo que este grupo tamén ten realizado a canción oficial da selección española nesta Eurocopa 2008, que polo de agora semella que nos ten dado sorte.





Etiquetas:


Seguir lendo...

martes, junio 10, 2008

Merche



Para ir abrindo boca deixámosvos un par de vídeos da que será a actuación estelar do San Xoán. Non estamos ante Luz Casal, nin Bisbal, nin La Unión ou Duncan Dhu (por citar algúns dos artistas que teñen pasado por Carballo); pero cando menos hai que recoñecer que este ano a comisión semella ter correxido a deriva minoritaria que chegou ó seu máximo coa Mala Rodríguez, e neste 2008 imos ver actuacións que se aproximan máis ó gusto da maioría dos cidadáns, coma esta moza andaluza que canta e baila como podedes ver.







Seguir lendo...

lunes, junio 09, 2008

Outro ladrillo no muro


Espectacular capítulo na longa lista de campañas publicitarias que o xornal amigo-prolongación do goberno local ten por hábito publicar. Coincidindo casualmente cunha iniciativa na que o PP reclama a realización dun estudo por unha empresa externa das necesidades de aparcamento en Carballo, LVDGE facía onte unha ampla reportaxe con plano incluido no que destacaba que a nosa cidade conta nada menos que con 1.000 prazas en parkings provisionais.

Na reportaxe, además de obviar a perda dos aparcamentos da vella estación de autobuses, incluense zonas que aínda non están habilitadas e “previsións” de hipotéticos acordos futuros, ou xustificacións para a ausencia de estacionamentos en edificios novos coma a Casa dos Oficios, ó parecer inviables por tratarse dun “barreiro”. Con todo, a meirande parte do aparcamentos contabilizados e o único espazo realmente definitivo (o Haley), veñen de bastante antigo, pero calquera diría a tenor da información dos críticos xornalistas locais, que os carballeses somos uns mixiricas e que nos queixamos de vicio cando dicimos que non atopamos onde estacionar os nosos vehículos. En Carballo sobra onde aparcar.

De modo que xa ven que, pese a que a realidade tras das vallas vai sendo cada días máis patente, sempre hai quen intenta levantar e subir máis o muro que soporta os grandes paneis publicitarios. Mais non se ofusquen. Despois de todo, este capítulo só é outro ladrillo no muro.




Seguir lendo...

viernes, junio 06, 2008

Aparcar preferentemente antes de otoño



Al César lo que es del César, y sólo que es del César. Si hace justo una semana tirábamos de las orejas al gobierno local por el incumplimiento de los plazos en la apertura de nuevos aparcamientos, hoy tenemos que rectificar y aplaudir los nuevos espacios que se acaban de crear.

Claro que como siempre la alegría no es completa y el aplauso se tiene que quedar en medio aplauso como decía el cómico. En primer lugar porque las localizaciones que han fructificado se encuentran más bien alejadas de la Vila de Negreira, tal y como se había sugerido, y en consecuencia del centro de la ciudad, porque un aparcamiento para unas 200 plazas está junto al Pazo da Cultura y otro para unas 100 en la calle Perú. En segundo lugar porque seguimos dependiendo de plazas provisionales que pueden ser pan para hoy y hambre para el día en que sus legítimos propietarios decidan dedicarlas a otro uso. Y en tercer lugar porque sucede que en uno de los casos el día de mañana puede estar tan cercano como el próximo otoño, según informaba ayer el Diario de Bergantiños. Y es que el espacio habilitado tras el Rego da Balsa será en realidad una zona verde del polígono que está construyendo a su alrededor, y que en cuestión de meses podría desaparecer como lugar de aparcamiento.

De modo que si quieren disfrutar de los aparcamientos en cuestión, recuerden que tienen la fecha de caducidad escrita, al igual que los yogures que tanto apasionan a Róber Bodegas.




Etiquetas:


Seguir lendo...

miércoles, junio 04, 2008

Problemas



Un dos cometidos dese misterioso organismo chamado CIS (“centro de investigaciones sociológicas”) é o de preguntarnos periódicamente a todos os españois cales consideramos que son os principais problemas do pais. Trátase dun barómetro que reflexa o sentir xeneral da población, e serve par orientar a dirección na que os distintos axentes sociais deben traballar.

Lamentablemente, estes barómetros non funcionan a escala local, e deste xeito algúns temos a sensación de que moitos dos nosos goberno e demais axentes municipais teñen por demasiado habitual centrarse en cuestións que pouco ou nada preocupan ós cidadáns, ó tempo que desatenden as súas verdadeiras obrigas.

Este problema era especialmente grave no caso de Carballo, onde esas vallas publicitarias tan fermosas nos teñen ocultado durante bastante tempo a realidade. Claro que iso ten cambiado nos últimos tempos, nos que temos visto e oído a distintos colectivos denunciar e reclamar a solución ás trabas que afectan á súa vida cotiá. Incluso a Voz de Galicia, medio tan reacio a entrar en segundo qué polémicas segundo a quen afecten, ten recuperado tímidamente a vocación xornalística e leva varias semanas analizando polo miudo o desastre educativo da nosa cidade. Mais éste non é nin moito menos o único problema que nos afecta.

Dende a nosa modesta posición e aproveitando a cercanía que Internet permite cos lectores, invitámosvos a participar no noso particular barómetro e deixar aquí constancia de cales pensades que poden ser os principais problemas de Carballo. ¿O tráfico? ¿Os aparcamentos? ¿A seguridade? ¿A vivenda? ¿Os servizos? De entre os resultados faremos unha enquisa para valorar de maior ou menor a súa importancia.




Seguir lendo...

lunes, junio 02, 2008

Salvado pola campana



Carlos Sobera: Vamos a ver, siguiente pregunta. Jugamos por la transparencia en la política local… ¿quién es el concejal de la oposición que según usted cobra más que el gobierno?

Evencio Ferrero: Difícil, difícil… hai que pensalo ben.

Carlos Sobera: Recuerde que fue usted quien dijo que había un concejal de la oposición que cobraba más que el gobierno... (arqueo de ceja)

Evencio Ferrero: Bueno, o importante é que eu cobro igual que coma mestre…

Carlos Sobera: Marcamos entonces la opción “ninguno, me fui de la lengua”.

Evencio Ferrero: Non, non, déixeme meditalo.

Carlos Sobera: ¿No marcamos entonces esa opción? (rearqueo de ceja)

Evencio Ferrero: Non, creo que esa non é a correcta.

Carlos Sobera: ¿Será la opción “M.A. de Terra Galega”? (arqueo de ceja)

Evencio Ferrero: Mmmmmm, non sei, non sei...

Carlos Sobera: Entonces se decanta usted por la opción “A.S. do PP”... (contrarqueo de ceja)

Evencio Ferrero: Teño dúbidas, teño dúbidas.

Carlos Sobera: Tiene que decidirse que se nos agota el tiempo... piénselo bien y díganos la respuesta. (Mirada escrutadora)

Evencio Ferrero: A ver, a ver, Carballo precisa máis adicacións dos seus concelleiros… eu quero falar do meu goberno.

Carlos Sobera: Pero esta es otra pregunta. No olvide que ya ha gastado el comodín del público y el del 50%. Solo le queda el de la llamada.

Evencio Ferrero: Vale pois imos coa chamada.

Carlos Sobera: Ufff, que pena, se acabó el tiempo, tendrá que ser en el programa que viene.

(O alcalde de Carballo evitou este último pleno respostar á pregunta do PP sobre que concelleiro da oposición cobra máis que o alcalde por un defecto de forma na presentación da pregunta)



Etiquetas:


Seguir lendo...

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner