Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, junio 09, 2008

Outro ladrillo no muro


Espectacular capítulo na longa lista de campañas publicitarias que o xornal amigo-prolongación do goberno local ten por hábito publicar. Coincidindo casualmente cunha iniciativa na que o PP reclama a realización dun estudo por unha empresa externa das necesidades de aparcamento en Carballo, LVDGE facía onte unha ampla reportaxe con plano incluido no que destacaba que a nosa cidade conta nada menos que con 1.000 prazas en parkings provisionais.

Na reportaxe, además de obviar a perda dos aparcamentos da vella estación de autobuses, incluense zonas que aínda non están habilitadas e “previsións” de hipotéticos acordos futuros, ou xustificacións para a ausencia de estacionamentos en edificios novos coma a Casa dos Oficios, ó parecer inviables por tratarse dun “barreiro”. Con todo, a meirande parte do aparcamentos contabilizados e o único espazo realmente definitivo (o Haley), veñen de bastante antigo, pero calquera diría a tenor da información dos críticos xornalistas locais, que os carballeses somos uns mixiricas e que nos queixamos de vicio cando dicimos que non atopamos onde estacionar os nosos vehículos. En Carballo sobra onde aparcar.

De modo que xa ven que, pese a que a realidade tras das vallas vai sendo cada días máis patente, sempre hai quen intenta levantar e subir máis o muro que soporta os grandes paneis publicitarios. Mais non se ofusquen. Despois de todo, este capítulo só é outro ladrillo no muro.



4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Se o PP de Carballo volve ao poder algún día, van facer como os seus colegas de Morón de La Frontera, que acaban de nomear á Virgen María Auxiliadora alcaldesa de honra?

Será San Xoán Bautista alcalde de honra de Carballo? Van extender esa práctica ao resto de concellos do estado e imos ter a todo o santoral gobernando, de forma honoraria, España? Van exportar as formas dese alcalde que pide abucheos para os concelleiros de IU que votaron en contra e despois se puxo a cantar a "Salve"?

Que xentiña... E despois din que os nacionalistas queren aleccionar á xente, manda carallo!!!

Por se vos apetece recrearvos, un vídeo do glorioso suceso.
http://www.cadenaser.com/espana/video/burlas-alcalde-moron-frontera/serpro/20080606csrcsrnac_2/Ves

9/6/08 15:35

 
Anonymous Anónimo said...

Es que lo de La voz es muy jevi, yo ya hace tiempo que no la compro. Entre internet y el Diario de Bergantiños me basta y sobra.

9/6/08 17:23

 
Anonymous El último Boy Scout said...

Y el primer comentario, ¿a cuento de qué viene?

En cuanto al artículo, paso todos los días por delante del solar de los depósitos y ni está acondicionado ni se ha usado nunca por vehículos. Allí solo aparcan camiones y maquinaria de obra privada, y me imagino que no lo harán gratis.
También pintan en el plano parkings que no existen en la Vila de Negreira y en la salida a Berdillo, que no sé si será el parking aquel de autocaravanas, pero me da la risa con la localización.
Esto se parece cada vez más a Zapatero con la crisis económica, que no existe por decreto.
Jevi, no, amigo, es jevi metal que a su lado Iron Maiden son los muñecos de Pin y Pon.

9/6/08 20:46

 
Anonymous Anónimo said...

no entiendo el primer comentario acerca de san juan y maria auxiliadora ¿no estarán pensando en canonizar a san evenciño de nós?
será q soy un pelín torpe...
volviendo al tema: lo de los aparcamientos es para nota
y yo no tuve el gusto de leerlo en la voz porq, como el autor del segundo post, hace ya tiempo que no leo la hoja parroquial de san evencio
saludos y vivan las plazas de aparcamiento!

9/6/08 22:20

 

Publicar un comentario en la entrada

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner