Rendición na Gran Vía?
Sorpresa na controvertida polémica polas obras de reforma da Gran Vía. Como todos sabedes e xa trataramos en anteriores posts, a ampliación das beirarrúas da máis longa das rúas carballesas distou moito de alcanzar os estándares de calidade desexados e de satisfacer ós veciños e viandantes. A palabra “chapuza” que protagoniza o vídeo do post anterior pasou pola boca de cantas persoas sufriron os tropezóns que provocan os desniveles das baldosas brancas e vermellas.
Xa no seu día a oposición local solicitara do goberno unha solución, e o concelleiro de obras Luis Lamas repostara que se estaba pendiente de que a empresa adxudicataria arranxara os defectos do seu traballo. E na longa espera de tal arranxo estabamos cando nos atopamos sorpresivamente con que, no canto de levantar as zonas defectuosas para correxilas, se está a colocar o novo mobiliario urbano.
E aínda que a prensa local obvia esta reflexión da noticia, hai unha pregunta que inmediatamente nos temos formulado todos os carballeses: significa isto que xa se renuncia a arranxar as beirarrúas, e que van quedar así? Porque sería difícil entender que se coloquen papeleras ou xardiñeiras para logo ter que apartalas e volvelas a colocar. É isto a consumación da chapuza? Renuncia o Concello a que as cousas de fagan ben?
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home