Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, mayo 14, 2008

Aparcamentus interruptus



Enfrascados coma estabamos na nova proposta do PP para o problema do aparcamento e nos demais sistemas que os grupos políticos viñan poñendo sobre da mesa, pasounos desapercibido unha modalidade de estacionamento que acaba de ser descuberta en Carballo.

Foi un dos nosos lectores quen nos deixou a idea do titular deste comentario. Resulta que o aparcamento provisional situado na confluencia das rúas Vila de Negreira con Álvarez de Sotomayor finalmente non resultou ser para vehículos de radiocontrol nin para minikarts, senón para automóviles dos de verdade, dos que teñen dificultades para atopar aparcamento (desculpas polo noso malentendido, cremos que xustificado). Mais miren vostedes por onde que o espacio é tan escaso que as prazas están debuxadas en diagonal, e no caso de contar con coches a ámbolos lados, o único xeito de sair do “parking” é dando marcha atrás de igual xeito que se entrou.

Estamos, por tanto, ante un aparcamento con marcha atrás, un “aparcamentus interruptus”. Agardamos que en futuras intervencións o Concello aprenda a usar preservativo e poidamos da-la volta dentro (sen ánimo de escandalizar a ninguén).



Etiquetas:

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

É certo. Non só é un espazo reducido. O peor é que o deseño das prazas é de nenos de primaria.
No resto do Concello ocorre unha cousa semellante. Se o espazo que hai se aproveitase doutro xeito, de seguro que non se estaría a falar tanto da falta de estacionamentos. Carballo precisa dun ordenamento serio de xeito inmediato, e os que están ó frente desta tarea non parecen capaces para facelo. Por favor, señores do goberno, atallen este problema xa.

14/5/08 21:15

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner