O PP aclara a súa proposta de aparcamentos
O PP fixo pública unha nota de prensa na que acusa ao goberno de “non ter solucións nin escoitar as que propoñen outros”, por rechaza-la súa proposta de facer aparcamentos en altura “sen o máis mínimo análise nen avaliación”.
Os populares salen ao paso dalgunhas críticas formuladas ao respeito polo goberno, ao tiempo que explican cómo se conseguirían os terreos necesarios.
Sueiro desmonta a crítica do concelleiro de tráfico do BNG, Benedicto Viña (Desde su punto de vista, las cesiones de suelo en los polígonos urbanos son necesarias «para dotacións educativas, sociais... Ese solo é para facer galescolas, centros de saúde e vivendas de protección» Fonte: LVDG), co argumento de que “é perfectamente legal a posibilidade de adicar parte das cesións obligatorias do PXOM a aparcamentos. Que se adiquen cesións de solo a aparcamentos non impide que se poidan adicar a outros fins sociais, culturais ou educativos”.
Continúa decindo o PP que “as cesións obrigatorias do 10% de terreos con aproveitamento lucrativo son distintas e independente das cesións de terreos NON lucrativos: sistemas, equipamentos públicos (axardinamentos, equipamentos, servizos públicos, etc.)”. Ao mesmo tempo, Sueiro acusa ó goberno de "agocharse detrás de excusas de mal pagador": ¿Cántos metros desas cesións ten adicado o goberno á construcción de centros de saúde ou escolas infantís, nestes cinco anos?”
O PP tamén se pregunta que vai pasar cando se perdan os aparcamentos do San Martiño ó ser ocupados coa plaza provisional e os da Horta do Casino cando se urbanice. Para o PP, “se continuamos coa actual imprevisión, coa falta de execución de este goberno, que non foi quén de construir ningunha plaza de aparcamento nova en 5 anos, a actual situación de caos do tráfico e da falla de aparcamentos vaise agravar de un xeito insostible.”
Están ben as aclaracións do PP. O que fai falta é debatir e facer propostas, e a idea –en principio– non está mal. Pero sería convinte aclarar cómo se xestionarían os aparcamentos (empresa pública ou iniciativa privada?), a viabilidade económica do proxecto (habería empresarios interesados en arriscar os seus cartos para facer esa inversión ou sería inexcusable que o Concello tivera que rascarse o bolsillo?) e a ubicación concreta do/s edificio/s de aparcamentos/s. Por outra parte, ¿supón esto que o PP renuncia definitivamente a facer o aparcamento soterrado do centro? ¿Qué pasaría co túnel onde Andrade & Cía. enterraron 100 millóns? ¿Perderíase definitivamente ese diñeiro? Son só algunhas cestións que se nos ocurren a bote pronto.
De tódolos xeitos, benvida sexa a proposta. E en canto ás críticas de Benedicto Viña, se todos os argumentos en contra son os que expuso o edil de tráfico, a pobreza de ideas deste goberno sería verdeiramente preocupante. Por favor, señores do goberno, máis altura (nunca mellor dito ;)
Etiquetas: Aparcamientos en altura
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home