Desaparecido
Semella que o próximo primeiro aniversario da victoria electoral do BNG en Carballo non vai ser todo o doce que cabería agardar. No último mes téñense acumulado as críticas e queixas á acción do goberno, e ademais teñen dado o salto ós medios de comunicación dun xeito ata o de agora descoñecido.
Primeiro foron os veciños da Milagrosa os que denunciaron a desidia do departamento de obras con respecto ás súas demandas, logon foi o conxunto dos funcionarios os que protestaron polo incumprimento dos compromisos do executivo, e sobre todo esta fin de semana foron os policías locais os que teñen convertido no centro de case todos os debates cunha durísima nota de prensa na que non deixan títere con cabeza no Concello de Carballo.
Sen embargo, máis aló dos aspectos manifestos destas polémicas que todos podemos seguir nos medios, hai un detalle que a nós nos chama poderosamente a atención. Estamos afeitos a que Evencio Ferrero monopolice todos cantos actos atañen ó Concello: entregas de diplomas, presentacións de concertos, de partidos de baloncesto, de obras de teatro, visitas institucionais, actos festivos, excursións… resulta sorprendente comprobar o don da ubicuidade do que fai gala o primeiro edil, un don que sempre conta coa oportuna presenza dalgún fotógrafo que plasme a correspondente pose do alcalde. Mais agora vimos de descubrir que este don ten un punto débil: no asunto da Milagrosa foi o concelleiro de obras Luis Lamas o encargado de apagar o lume; no asunto dos funcionarios foi o concelleiro de persoal Benedicto Viña o que tivo que sair a dar explicacións, e agora no asunto da policía foi novamente Viña o que se viu na obriga de sair ó paso das graves acusacións. Nin unha soa aparación do primeiro responsable local. Semella que cando se trata de temas espinosos, Ferrero prefire pasar desapercibido, ou por desaparecido.
1 Comments:
yo también eché de menos al perejil de todos los reportajes de la voz: el alcalde fotografiándose con todo el que se le arrime, y hasta con alguno que huye de él...
pero ya se sabe que no hay peor ciego que quien no quiere ver, y por Carballo seguimos comulgando con las presencias y ausencias dirigidas por la hoja parroquial.
Matt ¿Donde estás?
¡Ray, no te veo!
Mi oído no funciona
mi radar se ha estropeado mi radar se ha estropeado
mi radar ya no funciona más
y no sé donde estás
no sé donde estás
6/5/08 23:47
Publicar un comentario
<< Home