Letras 2008
Achégase o 17 de maio, próximo día das Letras Galegas do ano 2008,e coa boa nova de que, polo que sabemos de momento, non se anuncian actos de sectarismo político, pasamos a facer unha breve referencia ó homenaxeado e ó programa cultural do noso Concello.
Xosé María Álvarez Blázquez, poeta, novelista, ensaísta e erudito, entre outras moitas facetas, naceu en Tui en 1915, escribiu tanto en galego coma en castelán e formou parte da Federación de Mocedades Galeguistas e do Partido Galeguista. Destaca a súa labor coma editor, pois fundou as editoriais Monterrey e Castrelos, e no ano 1962 pasou a formar parte da Real Academia Galega. Das súas obras en castelán destaca “En el pueblo hay caras nuevas”, mentres que en galego a producción é realmente variada: “Poemas de ti e de min”, “Cancioneiro de Monfero”, “Romance do pescador peleriño”, ou “Canle segredo” en poesía, “Os ruíns” e “A pega rabilongo e outras historias de tesouros” en xénero infantil, ou varias escolmas de poesía en canto a ensaio. Álvarez Blázquez faleceu en Vigo no ano 1985 e está considerado coma un dos máis destacados intelectuais da súa xeneración.
http://www.diadasletrasgalegas.com/homenaxeados.php
O acto central das Letras en Carballo terá lugar o propio día 17 e será o xa tradicional maratón de lectura “Oito horas lendo”, a partires das 11 da mañá na praza do Concello. (pódese reservar praza para a lectura). Na páxina web do Concello de Carballo (www.carballo.org) tedes toda a información polo muido.
2 Comments:
Como que non hai actos de sectarismo? Para moita xente que defende unha particular visión da cultura galega, é aínda un escarnio que nin a Torrente Ballester nin a Camilo José Cela ou a Emilia Pardo Bazán lle dedicasen este día...
E no oito horas lendo penso que se van ler só libros en galego, a pesar de que o castelán tamén é cooficial, e todo así... Non vos parece iso sectarismo? Tampouco vos espanta desta vez a convocatoria de artigos xornalísticos "normalizadores"? Estades entrando na fase do talante...?
10/5/08 00:15
Aquí o único sectarismo telo ti, a ver se propós algo para construír e non sempre para destruír o pouco que se fai ben.
13/5/08 15:18
Publicar un comentario
<< Home