Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, mayo 12, 2008

Aparcamento para radiocontrol


Unha magnífica nova a que hoxe podemos traer ó noso blog. Xa comprobaramos anteriormente o éxito que o mundo dos coches de radiocontrol está a ter en Carballo. De feito tense creado un circuito no polígono de Bértoa, formalizado un clube local e mesmo organizado torneos oficiais.

Agora o Concello ven de dar un paso adiante no apoio ós afeccionados a esta modalidade coa creación dun aparcamento para os seus vehículos. Trátase dun espazo situado na prolongación da rúa Álvarez de Sotomayor en confluencia coa Vila de Negreira. De feito as dimensións do parking son tales que podería albergar tamén algúns quads e minikarts.

Dende aquí felicitamos a sensibilidade do goberno local para cos deportes minoritarios e a posta en marcha dunha iniciativa certamente loable e pioneira.

(Nota: La Voz Defensora de la Gestión Excelente contaba que se trataba dun aparcamento para coches normais como solución ós famosos problemas de tráfico e aparcamento da cidade, pero obviamente entendemos que se trata dunha errata ou dun malentendido).



Etiquetas:

6 Comments:

Anonymous Anónimo said...

A falta de outra cousa, teremos que acomodarnos co que hai. Hai outros solares en zonas de estacionamentos saturados e escasos na que a solución pode valer. Pero tampouco vaiamos vender esto como o logro da lexislatura.

12/5/08 14:28

 
Anonymous Anónimo said...

Acabo de ler a noticia e a verdade e que se a función dun aparcamento para coches de radio control é o mesmo que para os coches de calle eu no lle acabo de ver a lóxica.

Polo que comprendo é un lugar para deixar os coches de radiocontrol mentras non se utilizan, porque se é o aire libre... ¿¿para qué?? ¿para que os rouben?, e ainda que non o sexa ¿enserio a xente anda tan xusta nos pisos que non pode ter dentro? :P

Acaso alguén vai montado nun coche de radiocontrol a facer a compra ou a traballar ou é que non ten sitio na casa/piso para o seu coche -ainda que sexa un minicar- e se é un quad... ¿non pode aparcar nunha plaza normal?

Eu non acabo de entender nada de nada, se me din que é un aparcamento exclusivo de motos e quads ainda bueno, pero de coches de radiocontrol....

Hai alguén tan amable de explicarme a utilidade, enserio que me gustaria que ma dixeran, porque eu non lla vexo por ningures agora mesmo.

Saúdos ;)

13/5/08 00:07

 
Anonymous Anónimo said...

runik, parece mentira que seas tan inocente :)))

13/5/08 08:22

 
Anonymous Anónimo said...

jajajaja

que bo!

13/5/08 13:45

 
Anonymous Anónimo said...

Buenas tardes,
les recomiendo un paseo por la Calle Villa de Negreira. Ahora Carballo cuenta con un espléndido aparcamiento para X vehículos:
500 bicicletas
300 ciclomotores
150 motos sin sidecar y 75 con él
30 aparellos de "sin carné"
20 coches modelo opel kadet y similares
¿solucionado el problema de aparcamiento?
Bueno, cada cual que piense lo que quiera.

13/5/08 23:27

 
Blogger Runik said...

Vale, son lerdo perdido xDDD, pero claro, os da voz non poñen datos e a min non me cadraban as contas.

Pero na miña defensa vese que polo menos pensei algo -ainda que non moito-

Veña, saúdos

14/5/08 15:26

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner