Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, mayo 14, 2008

Aparcamentus interruptus



Enfrascados coma estabamos na nova proposta do PP para o problema do aparcamento e nos demais sistemas que os grupos políticos viñan poñendo sobre da mesa, pasounos desapercibido unha modalidade de estacionamento que acaba de ser descuberta en Carballo.

Foi un dos nosos lectores quen nos deixou a idea do titular deste comentario. Resulta que o aparcamento provisional situado na confluencia das rúas Vila de Negreira con Álvarez de Sotomayor finalmente non resultou ser para vehículos de radiocontrol nin para minikarts, senón para automóviles dos de verdade, dos que teñen dificultades para atopar aparcamento (desculpas polo noso malentendido, cremos que xustificado). Mais miren vostedes por onde que o espacio é tan escaso que as prazas están debuxadas en diagonal, e no caso de contar con coches a ámbolos lados, o único xeito de sair do “parking” é dando marcha atrás de igual xeito que se entrou.

Estamos, por tanto, ante un aparcamento con marcha atrás, un “aparcamentus interruptus”. Agardamos que en futuras intervencións o Concello aprenda a usar preservativo e poidamos da-la volta dentro (sen ánimo de escandalizar a ninguén).



Etiquetas:


Seguir lendo...

lunes, mayo 12, 2008

Aparcamento para radiocontrol


Unha magnífica nova a que hoxe podemos traer ó noso blog. Xa comprobaramos anteriormente o éxito que o mundo dos coches de radiocontrol está a ter en Carballo. De feito tense creado un circuito no polígono de Bértoa, formalizado un clube local e mesmo organizado torneos oficiais.

Agora o Concello ven de dar un paso adiante no apoio ós afeccionados a esta modalidade coa creación dun aparcamento para os seus vehículos. Trátase dun espazo situado na prolongación da rúa Álvarez de Sotomayor en confluencia coa Vila de Negreira. De feito as dimensións do parking son tales que podería albergar tamén algúns quads e minikarts.

Dende aquí felicitamos a sensibilidade do goberno local para cos deportes minoritarios e a posta en marcha dunha iniciativa certamente loable e pioneira.

(Nota: La Voz Defensora de la Gestión Excelente contaba que se trataba dun aparcamento para coches normais como solución ós famosos problemas de tráfico e aparcamento da cidade, pero obviamente entendemos que se trata dunha errata ou dun malentendido).



Etiquetas:


Seguir lendo...

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner