Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, diciembre 29, 2005

A Asociación Antidroga Vieiro, declarada de interese


No DOG de 27 de decembro publicouse unha Orde da Consellería de Sanidade pola que se declara á Asociación Antidroga Vieiro de interese para a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de drogodependencias.

A declaración dá resposta á solicitude presentada en tal sentido por Vieiro, acolléndose ó Decreto 74/2002, polo que se crea o Rexistro de Entidades Colaboradoras do Plan de Galicia sobre Drogas e se regula o procedemento para a súa declaración de interese.

Dacordo co citado Decreto, o recoñecemento de interese leva aparellados beneficios consistentes en otorgarlle as exencións e bonificacións fiscais que legalmente se establezan, así como o dereito a utiliza-lo mencionado recoñecemento no desenvolvemento dos seus programas e servicios.



Seguir lendo...

¿¿¿ Ainda hai INOCENTES ???


Onte foi 28 de decembro, e decidimos permitirnos unha pequena broma. :)

¿Cantos picastes?

Na rede houbo máis, algunhas moi simpáticas. Ahí vos van algúns enlaces recopilados por Carballo Dixital:

Carballo contará cun aeroporto internacional

A voda do locutor de Radio Líder Xosé Manuel Vázquez

Federico Jimenes Losantos despedido de la COPE por gracioso

...

Gabilondo abandona Cuatro por presiones

Gallardón construirá un estadio subterráneo para 200.000 espectadores

Florentino Pérez y Victoria Beckham se comerán las uvas de Nochevieja en Real Madrid Televisión

Cuiña negocia a súa posible incorporación a PSOE ou BNG

Un año positivo para un gobierno capaz

Bill gates se jubila

Busca y almacena tus recuerdos con Google

El Gobierno vasco regalará conexión de 100 megas a toda la población para evitar la bretxa digital

Zapatero recibe en Moncloa al Presidente de HazteOir.org y le confiesa que se siente 'un ciudadano activo'

Butragueño aconseja el fichaje de Guardiola. Lo considera clave para el nuevo centro del campo madridista


Seguir lendo...

miércoles, diciembre 28, 2005

Andrade cumple a súa palabra e renuncia ó soldo


A principios de decembro, Carballo Dixital publicou dous post (que podedes consultar aquí e aquí) preguntándose pola data de xubilación do concelleiro de urbanismo, Sr. Andrade Cristóbal, así como polo cumplimento da promesa que fixo no seu día: "yo voy a cobrar sólo durante dos años, hasta que pueda disponer del retiro."
(La Voz de Galicia, 4-7-2003)

Posto que o Sr. Andrade alcanzou a idade do retiro o día 24 de maio de 2005, a principios de decembro Carballo Dixital facíase unha pregunta: ¿Devolvería Andrade as cantidades que cobrara do Concello desde a súa xubilación, para facer honor á súa palabra? A esa pregunta, contestabamos que “tendo en conta a capacidade de sacrificio de que fai gala a cotío o Sr. Andrade, non temos dúbida de que así será.”

Houbo malpensados (poucos, todo hai que decilo) que parecían dubidar de que así fose. POIS FOI. Carballo Dixital acábase de enterar, por fontes habitualmente ben informadas, de que, nunha mostra de honradez, cumplindo a palabra dada no seu día, o Sr. Andrade acaba de renunciar ó soldo do Concello que lle vimos pagando tódolos carballeses (42.500 euros anuais). Desde este momento, pasará a cobrar exclusivamente o que lle corresponda polo retiro, tal e como prometera, e devolverá ó Concello as cantidades que percibiu das arcas municipais desde o 24 de maio de 2005.

¡Ben por Andrade!

¿Qué diredes agora os malpensados que dudabades de que o Señor Andrade cumplira a súa palabra? ¿Non é para que vos caia a cara de vergoña, homes e mulleres de pouca fe?


Seguir lendo...

lunes, diciembre 26, 2005

Debate: ¿campo de golf en Carballo? ¿A qué prezo?


A lebre saltou en Carballo en outubro de 2004, cando a seguinte noticia de La Voz de Galicia nos sorprendía a todos:

La Federación de Golf estudiará la viabilidad de un campo en Carballo


O Concello considerou o elevado coste como o principal escollo a salvar, xa que a Federación só estaba disposta a aportar 600.000 € dos máis de 2 millóns que se estimaban necesarios, de modo que sería necesaria a participación privada: La Federación de Golf está dispuesta a invertir 600.000 euros en Carballo

Sorprendentemente,...

...nese momento ninguén (nin sequera ningún grupo ecoloxista) se preocupou polo impacto medioambiental, pola transformación da paisaxe e dos usos do terreo, ou polo feito de que unha inversión privada dese calibre, para que fose rendible, tería que ir necesariamente acompañada da construcción de chalets ou vivendas anexas ó campo de golf, e previsiblemente nun entorno privilexiado como é a costa carballesa.


O tema desapareceu da actualidade local tan rápido como aparacera, e tivo que pasar máis dun ano para que o campo de golf saltase de novo á palestra, logo de que o alcalde Evencio Ferrero e o concelleiro de obras e urbanismo Manuel Andrade viaxasen a Madrid para establecer contactos, e desen a seguinte noticia: El gobierno municipal asegura que Carballo tendrá un campo de golf

Curiosamente, esta reapertura do proxecto coincidía no tempo cun debate aberto nos medios de comunicación acerca da chamada “marbellización” da costa, e cunha iniciativa da Xunta para evitala: La Xunta propone un gran pacto para evitar la «marbellización» del litoral

E o pasado xoves descubrimos cómo o Concello de Camariñas, que tamén tiña no punto de mira un proxecto similar, desiste do mesmo para evitar a presión urbanística da costa, por ser necesaria a construcción de 1.000 vivendas nun enclave a protexer: Camariñas renuncia al campo de golf para evitar la presión urbanística


Na mesma páxina, La Voz de Galicia desvelaba por primeira vez que o Concello de Carballo contactara cunha empresa madrileña, e que serían necesarios dous millóns de metros cadrados e tamén unhas 1.000 vivendas para que o proxecto fose rendible. Los últimos contactos con una empresa madrileña se llevaron a cabo hace dos semanas. La compañía necesitaría cerca de dos millones de metros cuadrados y otras mil viviendas para sacarle rentabilidad.


¿Vós que pensades?
¿É realista un gran campo de golf en Carballo?
¿Sería medioambientalmente sostible?
¿Non sería unha excusa para a recalificación de terreos, para vender cemento, para a especulación pura e dura?
¿Suporía “marbellizar” a costa?
¿En qué zona da nosa costa poderían ocuparse 2 millóns de m² e construír 1.000 vivendas?
¿Cómo se compatibilizaría isto coas políticas de BNG e PSOE na Xunta?
¿Estades a favor ou en contra?

Esperamos os vosos comentarios.


Seguir lendo...

viernes, diciembre 23, 2005

Non teñamos medo a opinar


Publicamos a seguinte colaboración que nos envía o noso lector Acerbaturix, que debido á súa extensión nos vimos obligados a recortar un pouco (pedimos disculpas a Acerbaturix). Di así:


Encol do debate sobre a convocatoria dunha consulta popular sobre o asunto da Praza do Concello, dos comentarios dalgún lector parece que existen dúbidas sobre a posibilidade de que o Concello poida convocar esa consulta.

Partimos de varios datos:
  1. Na proposta do PP non se fala de referéndum, senón de “consulta popular”.
  2. “Consulta popular” pode entenderse en varios sentidos: como a convocatoria dun auténtico referéndum; como unha simple enquisa; como a elaboración dun estudo de opinión, etc..
Pois ben...

…, caben perfectamente estas posibilidades “menores” (enquisa, estudo de opinión…). O exemplo témolo en que, actualmente, o Concello está realizando unha enquisa entre os comerciantes para coñecer o estado e as necesidades do sector por boca dos propios interesados. ¿Por qué non había de ser posible que se fixera o mesmo, entre tódolos veciños, co asunto do parking-centro comercial? Bastaría con enviar un cuestionario a tódolos veciños de Carballo, e nun par de semanas -como moito- o Concello sabería o que opinamos.

É unha posibilidade que contempla expresamente a Lei de Modernización do Goberno Local, que engade o artigo 70 bis.3 da Lei de Bases de Réxime Local: “Asimismo, las entidades locales y, especialmente, los municipios, deberán impulsar la utilización interactiva de las tecnologías de la información y la comunicación para facilitar la participación y la comunicación con los vecinos, para la presentación de documentos y para la realización de trámites administrativos, de encuestas y, en su caso, de consultas ciudadanas.” (Se eso é posible utilizando esas “tecnologías de la información y la comunicación”, é evidente que tamén o é utilizando os medios tradicionais, por exemplo o correo postal, etc., xa que a maioría dos veciños non teñen acceso ás modernas tecnoloxías]).

Pero non cabe dúbida de que o sistema que ofrece máis garantías é o referéndum propiamente dito. Canto á viabilidade deste, esa posibilidade está contemplada fundamentalmente en dúas normas legais:

  • na Lei Orgánica 2/1980, que regula aspectos como a campaña de propaganda, o desenvolvemento da votación, o escrutinio, etc.;
  • e na Lei de Administración Local de Galicia, cuio artigo 257.1 atribúe a competencia ós Alcaldes, previo acordo do Pleno: “Os Alcaldes, previo acordo do Pleno, por maioría absoluta, poderán someter a consulta popular os asuntos da competencia propia municipal e de carácter local que sexan de especial importancia para os intereses dos veciños, salvo os relativos ás facendas locais.” Ese acordo tería que ser remitido á Xunta de Galicia, e esta á súa vez remitiríao ó Goberno do Estado, que sería o encargado de autorizar a consulta.
¿É posible convocar un referéndum? Para iso, previamente, hai que contestar a outra pregunta: ¿Cúmplense, neste caso, os requisitos que establece o artigo 257 da Lei? Vexamos:
  • ¿É un asunto de competencia municipal? Si.
  • ¿Ten carácter local? Si.
  • ¿É de especial importancia? Si.

Entón, ¿cal é o problema para convocar unha consulta popular por vía de referéndum? Ningún. Basta con querer facelo.

Non lle teñamos medo a que a xente opine. Trátase de facer o mellor para todos pensando no futuro. Non nos poñamos nós os límites. Sexa enquisa, sexa referéndum, ¿qué problema hai para non facelo? Se o goberno municipal está tan seguro de que o seu proxecto coincide co que a xente quere, non ten nada que perder, e se os cidadáns o aproban terá toda a lexitimidade para levalo a cabo. Ninguén podería obxectar nada no futuro. Claro que, o problema é que, se cadra, esa coincidencia non é tal e os cidadáns queren outra cousa…


Seguir lendo...

Xestur desenvolverá ó mesmo tempo a 2ª e 3ª fase do polígono de Bértoa


Facémonos agora eco dunha colaboración que un lector anónimo nos deixou nos comentarios a un post, a propósito da nova que hoxe recolle a web do Concello:

http://www.carballo.org/aodia/novas/noticia.php?id_nova=288&lg=gal

Este é o texto literal da noticia, conforme a publica o propio Concello:

Os esforzos do Concello de Carballo...



...na tramitación dunha nova ampliación de solo industrial no Polígono Industrial de Bértoa deron os seus froitos. A presentación do informe elaborado polo goberno municipal, no que se aludía á necesidade de ampliar o solo industrial debido á demanda existente, tívoa en conta o Consello de Administración de Xestur, que deu o seu visto bo na súa última xuntanza. Ademáis dos 74.000 metros cadrados nos que se traballa na actualidade, a ampliación do solo industrial aprobada contempla unha nova fase na que se desenvolverán dúas zonas cun total de 53.000 metros cadrados.

As dúas zonas desenvolveranse de forma conxunta xa que, aínda que se trate de dous proxectos diferentes, o goberno traballou para que o seu desenvolvemento fora continuo. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou ao respecto que se trata "dunha excelente nova que vai convertir ao polígono de Bértoa nun dos de maior dimensión e con máis importancia na zona sur da provincia de A Coruña". Evencio Ferrero engadiu que a ampliación responde a "unha aposta do goberno municipal na que existe a colaboración da Consellería de Vivenda e Solo e Xestur e que permitirá a ocupación por parte de industrias que xerarán creación de emprego". O rexedor local manifestou, ademáis, que "este é o mellor regalo de Nadal que lle podemos facer aos carballeses".

Ampliación

Pódese contemplar a ampliación de solo industrial aprobada no documento relacionado a esta nova. As dúas zonas de cor laranxa son as que se desenvolverán de forma conxunta, ampliación que completa á que se está a desenvolver na actualidade.



De tódolos xeitos, lembramos que esta clase de aportacións deberán facerse vía correo electrónico, e non vía comentarios, pois estes deben referirse a un artigo concreto. Do contrario o debate desviaríase por completo.





Seguir lendo...

jueves, diciembre 22, 2005

¿Y tú qué opinas?


Por lo que oímos por la calle, levantó mucha polvareda la revista que publicó el PP dedicada al proyecto del parking-centro comercial. Muchos vecinos se sorprendieron de las verdaderas intenciones del gobierno municipal hacia ese espacio (lo que demuestra que no existía hasta el momento verdadera información al respecto), y no faltan opiniones para todos los gustos.

Entre los miembros del “staff” de Carballo Dixital, hay quien coincide con que es válida la propuesta del gobierno municipal, porque puede suponer un polo de atracción. Pero también existen opiniones favorables a alguna de las alternativas que propone el PP, porque consideran que Carballo no puede permitirse el lujo de perder los pocos espacios libres que hay para el esparcimiento y porque las alternativas del PP favorecerían en mayor medida el comercio del centro y harían crecer Carballo.

Por las noticias que tenemos, el gobierno tripartito no se muestra dispuesto a hacer la consulta popular que pide el PP. Parece como si el gobierno tuviera miedo de lo que pueda opinar la gente (como los despóticos ilustrados: “todo para el pueblo pero sin el pueblo”). Nosotros no tenemos ese miedo. Opinar es un derecho básico de los ciudadanos, y tratándose como se trata de una decisión que va a afectar a nuestra vida y a la de nuestros hijos, todos debemos opinar.

Por eso, ponemos este espacio a disposición de los carballeses y de las carballesas, para que podáis opinar sobre las distintas alternativas que existen, con vuestros comentarios y votando en las dos encuestas que aparecen en el margen derecho de la página.




Outras noticias relacionadas:

El PP ofrece dos alternativas al proyecto del centro comercial (y IV)

Perderanse 830 m² da Praza do Concello (III)

Os "datos ocultos" do Parking-Mercado (II)

O PP de Carballo edita un folleto informativo sobre o proxecto da Praza do Concello (I)

Información sobre el probable concesionario del centro comercial

Presentada unha única empresa ó concurso do parking - centro comercial

O concurso do parking-centro comercial aínda pode ter marcha atrás

Expectación ante a finalización do prazo do concurso para o Centro Comercial


Seguir lendo...

miércoles, diciembre 21, 2005

¡Ya cumplimos un mes!


Después del primer mes en Internet, llega el momento de hacer un pequeño balance de esta bitácora.

Nuestra aspiración es convertir a CD en la página de referencia para todo aquel que desee estar informado sobre lo que pasa en la realidad de Carballo. Pretendemos ganarnos la credibilidad noticia a noticia. Modestamente, gracias a vosotros, creemos que avanzamos poco a poco en pos de ese objetivo. Nadie puso en duda ni desmintió la veracidad de las noticias que publicamos, lo que es significativo.

Honestamente, no esperábamos vuestra respuesta, tanto en cantidad como en calidad. Aunque suene a tópico, vuestro recibimiento superó nuestras previsiones más optimistas.

Las estadísticas de la página demuestran que CD vino, modestamente, a cubrir un hueco que existía en la información local. Según esas estadísticas…

… (Google Analytics y GlobalAudit), en este primer mes recibimos 4.122 visitas, con 14.752 páginas vistas (un promedio de 3,58 p/v). Visitásteis Carballo Dixital 912 navegantes distintos, de los que 656 sois usuarios asíduos (aquellos que hicísteis 4 o más visitas en un mes), lo que está muy bien para ser el primer mes. Las horas de mayor afluencia son de 10 a 11, de 12 a 13 y de 22 a 23.

En cuanto al grado de aceptación de la bitácora, juzgad vosotros mismos: a día de hoy, participásteis en la encuesta 122 lectores (sólo se podía votar 1 vez), de los que el 91 % considerásteis que la página estaba bien o muy bien (nada menos que ¡el 84 %! juzgó que estaba muy bien y que era necesaria). En cuanto a aquellos que les parecía ben, pero podía mejorarse (7 %), muchas gracias y os invitamos a participar en esta vuestra web para mejorarla cuando y como querais. Finalmente, un 3 % votó “regular”, y sólo el 7 % restante, que le parecía “mal”. Probablemente, estos últimos se equivocaron de medio.

Carballo Dixital es una página viva: desde su nacimiento, publicamos 41 posts y 145 comentarios de los lectores. Muchas gracias por vuestra participación, especialmente a los que nos enviásteis noticias para ser publicadas o nos proporcionásteis información (disculpad si nos olvidamos de alguien):

- Luzem, que nos remitó la información para el post de las “2 sardinas” (que, por cierto, tuvo mucho éxito, por lo que oímos por la calle);
- Xabier Graña, que nos envió un confidencial sobre la situación que se encontró la nueva Xunta;
- el PP de Carballo y Novas Xeracións, que nos enviaron su revista y alguna nota de prensa;
- el Servicio de Xestión e Inspección Tributaria del Concello de Carballo, que nos informó de los plazos de pago de impuestos;
- Vortex, que nos puso al tanto sobre la obra ilegal del concejal del BNG;
- Jubal, que hizo lo propio sobre la calle Villa de Negreira;
- a los que nos enviásteis algún rumor que no pudo ser debidamente confirmado o contrastado (y que, por tanto, no fue publicado de momento);
- y a todos los que participásteis con vuestros comentarios.

Esperamos seguir contando con todos y animamos a participar a aquellos que aún no lo han hecho.

También hemos de agradecer especialmente la atención que nos dispensaron otros medios de comunicación: El Diario de Bergantiños – El Ideal Gallego, que fue el primer medio que anunció nuestro nacimiento; A Nosa Costa, que publicó una noticia en su portal; El Periódico de Bergantiños, que hizo dos reseñas de nuestra página; Luzem, que publicó una entrada en su blog sobre CD. El único medio escrito de Carballo que no nos mencionó todavía es La Voz de Galicia, aunque nos consta que nos siguen diariamente.

Finalmente, gracias a los que nos difundieron por el sistema de “boca-oreja”, que nos consta que funcionó mucho.

Con vuestro apoyo, seguiremos cumpliendo.


Seguir lendo...

As Novas de Carballo


Parece que algo se move na rede en Carballo nos últimos tempos. Primeiro foi o portal A Nosa Costa, hai un mes naciu Carballo Dixital e agora son as Novas Xeracións do PP de Carballo os que nos anuncian a creación da súa propia páxina: As Novas de Carballo.

Saudamos a creación da nova bitácora. Parécenos moi ben que tódolos grupos e colectivos se comuniquen coa sociedade, e para iso Internet resulta unha vía fácil e barata. Todo o que sexa abrir novas canles de comunicación e información contribúe a ter cidadáns máis libres e informados, que é requisito fundamental de toda democracia. Sen información non existe capacidade de elección.

Podedes visitar a nova páxina no seguinte enderezo: http://novascarballo.blogspot.com

Seguir lendo...

martes, diciembre 20, 2005

El PP ofrece dos alternativas al proyecto del centro comercial (y IV)

Y para finalizar el resumen de la revista Carballo Popular, le toca ahora el turno a las propuestas del PP.

Después de mostrar su oposición al proyecto del tripartito carballés para la Praza do Concello, por obedecer "ós intereses duns poucos", los populares apelan al hecho de que "o de que aquí saia vai condicionar o aspecto do noso pobo durante 60 anos" (refiriéndose al plazo de duración de la concesión), argumentando que "Carballo non se pode permitir repetir erros como os da igrexa vella ou a antiga casa consistorial."

Por ese motivo, amparándose además en que "ainda é posible reconducir este proxecto", los populares exigen una "CONSULTA POPULAR onde todos poidamos decidir qué se fai cos nosos cartos e coa nosa praza".

Los populares exponen las dos alternativas que,...

... a su juicio, son "máis lóxicas, xustas e beneficiosas para Carballo", para llevar a cabo la mejora del centro urbano y del edificio del mercado de abastos, insertando un plano de cada una de las soluciones propuestas.

En esencia, ambas implican el traslado del mercado de abastos, la construcción de otro edificio que albergaría el mercado y el centro comercial, y la creación de parking en superficie. Según el PP, eso podría realizarse en cualquiera de estas dos zonas:

1.- En la prolongación de la calle Cervantes (SRAU nº 7, fotografía de arriba), o bien

2.- Tras la antigua estación de autobuses (Polígono nº 26, fotografía de abajo).











En ambos casos, según los populares, se materializaría la actuación sobre suelo de cesión obligatoria al Ayuntamiento, con inversión totalmente privada.

Cualquiera de las alternativas propuestas "non nos custaría nada ós carballeses e crearíamos cidade en pleno centro".

Además, argumentan que, con la demolición del actual mercado de abastos, Carballo ganaría 1.200 m² de espacio libre en pleno centro sin pagar un céntimo, y sería más fácil construir un aparcamiento subterráneo en la plaza.



Outras noticias relacionadas:

Perderanse 830 m² da Praza do Concello (III)

Os "datos ocultos" do Parking-Mercado (II)

O PP de Carballo edita un folleto informativo sobre o proxecto da Praza do Concello (I)

Información sobre el probable concesionario del centro comercial

Presentada unha única empresa ó concurso do parking - centro comercial

O concurso do parking-centro comercial aínda pode ter marcha atrás

Expectación ante a finalización do prazo do concurso para o Centro Comercial


Seguir lendo...

lunes, diciembre 19, 2005

Perderanse 830 m² da Praza do Concello (III)



Segundo se desprende do estudo que o PP realizou do Prego de Cláusulas Administrativas do concurso, o futuro edificio do mercado poderá pasar de ocupar 1.184 m² a 2.014 m² en superficie (+70%), e os metros cadrados edificables pasarían dos 3.500 actuais a 5.400 (+ 50%).
Este aumento débese á necesidade de albergar nas instalacións á gran superficie da empresa concesionaria.

Deste xeito, perderíase totalmente o xardín anexo á Gran Vía e as pistas situadas xunto á Casa do Concello, en total 830 m². Os populares presentan varios fotomontaxes do posible resultado final.

O aumento de edificabilidade explícase en parte porque a parcela onde se sitúa o mercado tense ampliado mediante a recalificación do solo circundante da Praza do Concello como se fora de "uso comercial" (incluidos xardín e pistas deportivas).
A nova superficie ocupable polo mercado aparece xa claramente definida na propia portada do Prego de Cláusulas Administrativas aprobado polo Concello, como se pode ver na imaxe anexa.


O resultado con respecto ás pistas de deporte existentes entre o mercado e a Casa do Concello, visto dende o actual Sinagoga sería o desta outra fotomontaxe. En total perderíanse 830 m² do espazo público que hoxe pode desfrutarse na praza.


Por outra parte, a cafetería do Sinagoga sería desprazada ó leste, e o xardín anexo desaparecería, pois debaixo construiríase o parking, un espazo xestionado pola empresa gañadora do concurso.

Respecto a esa empresa, o PP tamén explica as dúbidas que xurden no proceso: "E o máis grave: logo de prometernos que había media ducia de empresas interesadas, só se presenta unha, o último día, e no último momento. Unha empresa recén constituida, e dirixida polas persoas que o propio goberno recoñece que estiveron detrás de todo dende o principio. Esa empresa accediu despois de que o prego de condicións do concurso para optar á concesión se modificase unha vez aprobado ´para que puidera entrar alguén máis´ (o que entrou)."

Mañán continuaremos informando sobre as alternativas que propón o PP.


Outras noticias relacionadas:

Os "datos ocultos" do Parking-Mercado (II)

O PP de Carballo edita un folleto informativo sobre o proxecto da Praza do Concello (I)

Información sobre el probable concesionario del centro comercial

Presentada unha única empresa ó concurso do parking - centro comercial

O concurso do parking-centro comercial aínda pode ter marcha atrás

Expectación ante a finalización do prazo do concurso para o Centro Comercial


Seguir lendo...

domingo, diciembre 18, 2005

Os "datos ocultos" do Parking-Mercado (II)



Seguimos esmiuzando a revista do PP:

No apartado de Carballo Popular titulado "Os datos ocultos baixo a propaganda", o PP alude ao engano que, ó seu xuizo, cometiu o goberno municipal cos carballeses: "O proxecto que o tripartito carballés ten para a Praza do Concello non é o que durante 2 anos nos contaron; non é un parking subterráneo nin tampouco unha remodelación do mercado actual. Consiste en cederlle a nosa praza a unha empresa privada para que monte o seu propio centro comercial e xestione toda a praza como lle pareza."

Alude tamén o PP a que nos prometeron que o parking e o novo edificio do mercado nos sairía gratis, que se autofinanciaría, pero, segundo resulta dos cálculos do PP, agora resulta que pode chegar a custar ás arcas públicas...

...ata 2.281.964 € (uns 380 millóns de pesetas). Neste custo, o PP contabiliza o túnel xa executado baixo a rúa Coruña con cargo ó erario municipal, así como a aportación do Concello á empresa concesionaria, que pode chegar ata 1.468.250 €. Segundo o PP, "imos pagar canto faga falta para que á empresa lle saia o negocio rentable".

Incide tamén o PP en diversas consecuencias negativas que levará consigo o proxecto, entre as que enumera as que resumimos de seguido:

- O centro da cidade estará levantado e en obras durante dous anos, con graves repercusións sobre o comercio e a vida cotiá.

- Perderanse os aparcamentos gratuitos no entorno da Praza.

- As feiras, tal e como as coñeciamos ata agora, deixarán de existir (esta afirmación parécenos un pouco forte. Máis ben, pode ser que se reduza a superficie destinada a feira, e que incluso non poidan celebrarse feiras durante o tempo que duren as obras, previstas para 2 anos).

- A saída do túnel na rúa da Igrexa provocará que esta vía quede cegada.

- Non hai ningunha caste de estudio de tráfico nin de aparcamentos.

- Déixase á libre decisión da empresa o destino que queira darlle ó Centro Comercial, en canto ás actividades comerciais a que se destinará en cada momento, etc.

- Díxose que se facía para favorecer aos actuais concesionarios do mercado, pero estes prácticamente non contan para nada: como máximo, nun 5% do total dos puntos posibles (e canto á mellor ubicación que o adxudicatario queira ofrecerlles).

Continuaremos explicando máis consecuencias noutro post, así como as posibles alternativas que propón o PP nesa publicación.



Outras noticias relacionadas:

O PP de Carballo edita un folleto informativo sobre o proxecto da Praza do Concello (I)

Información sobre el probable concesionario del centro comercial

Presentada unha única empresa ó concurso do parking - centro comercial

O concurso do parking-centro comercial aínda pode ter marcha atrás

Expectación ante a finalización do prazo do concurso para o Centro Comercial


Seguir lendo...

O PP de Carballo edita un folleto informativo sobre o proxecto da Praza do Concello (I)



Baixo o título "COA PRAZA NON SE XOGA", o PP de Carballo ven de facer público un folleto no que informa dos pormenores do proxecto de parking-centro comercial que o goberno tripartito ten para a Praza do Concello.

Este novo número de Carballo Popular presenta un estudio pormenorizado -ó tempo que impactante- de todo o proxecto, con fotomontaxes do futuro novo edificio do mercado-centro comercial e datos polémicos sobre o prego de condicións, pouco coñecidos pola opinión pública. A foto que acompaña este post é a que figura na portada da publicación, e ilustra o volume da Praza do Concello que poderá ocupar o novo edificio.

Os populares rexeitan este proxecto, propoñen dúas alternativas distintas, e esixen ó goberno municipal que convoque unha consulta popular para que os carballeses decidan sobre un asunto de tal importancia, argumentando que "Carballo non se pode permitir repetir erros coma os da igrexa vella ou a antiga casa consistorial".

En próximos posts, ampliaremos máis polo miudo a información que contén esta publicación (que chega un pouco tarde. Se o PP quería informar ou facer algún tipo de campaña acerca desta cuestión, debería telo feito moito antes, posto que xa hai varios meses que foi aprobado polo Concello).

Outras noticias relacionadas:

Información sobre el probable concesionario del centro comercial

Presentada unha única empresa ó concurso do parking - centro comercial

O concurso do parking-centro comercial aínda pode ter marcha atrás

Expectación ante a finalización do prazo do concurso para o Centro Comercial

Seguir lendo...

jueves, diciembre 15, 2005

A televisión dixital terrestre na Costa da Morte


Navegando pola rede atopámonos unha páxina do máis interesante. Nela acláranse as moitas dúbidas que a maior parte dos usuarios seguimos a ter sobre a televisión dixital terrestre (TDT), que malia ter comezado as súas emisións, apenas ten por agora espectadores na nosa zona.

O enderezo de enlace é o seguinte: http://www.tdtnacostadamorte.co.nr/

Ademais de ofrecernos unha información detallada e simplificada para que calquera persoa poida entender o sistema e adquirir o seu receptor...


...nesta páxina ofrécesennos tódalas noticias relacionadas co asunto que teñen aparecido publicadas en prensa dixital.

Dos datos expostos nesta páxina, e como xa coñeciamos mediante outros medios de comunicación, resulta que Carballo se atopa no límite que divide a zona á que chega sinal e á que non chega. Efectivamente a maior parte da Costa da Morte non ten xeito de captar o sinal da TDT. Como consecuencia disto, os autores da páxina están a levar a cabo unha recollida de firmas para esixir que este servizo chegue a tódolos puntos da nosa costa.

Felicitamos ós autores da web pola súa iniciativa, e animámolos a seguir adiante. Basta xa de cidadáns de primeira e de segunda. Se todos pagamos impostos conforme ós mesmos criterios, todos temos os mesmos dereitos.


Seguir lendo...

miércoles, diciembre 14, 2005

¿Hai oposición en Carballo?



Esta pregunta fánnola algúns lectores, e tamén no-la facemos nós. Cando levamos xa máis de dous anos e medio coa alcaldía de Evencio Ferrero (BNG) e as tenencias de alcaldía de Manuel Andrade (CDI) e Xosé Antonio Viña (PSOE), resulta sorprendente comprobar o escaso interés con que o Partido Popular de Carballo efectúa a labor que lle corresponde.

Moitos esperaban que despois de cómo se resolveu a crise de goberno do mes de setembro, e visto que para o PP non hai outra opción que seguir na oposición, os populares habíanse poñer a traballar en serio. Pero quen ten a responsabilidade e a obriga de exercer a oposición, parece que quere seguir botándose unha siesta ata que cheguen as eleccións.

Pola contra, resulta que...

... escoitamos a cotío cómo os membros e simpatizantes do goberno local atacan ó Partido Popular. Soe dicirse que a principal diferenza entre unha democracia e unha dictadura é que na primeira a oposición ataca ó goberno, e na segunda o goberno ataca á oposición. Pois ben, en Carballo parecería que estamos na segunda situación, pero non por imposición dos outros partidos, senón pola propia inacción dos populares. E sen unha boa oposición, nin hai bo goberno, nin hai boa democracia.

Non deixa de ser sangrante que, en casos como o da casa ilegal do concelleiro do BNG, tivera que saír publicado o asunto no xornal La Opinión, e máis tarde en Carballo Dixital, para que o PP de Carballo espabilase e reaccionase. Sen ir máis lonxe, antonte denunciabamos a situación de Manuel Andrade, que, ó contrario do que prometera, segue cobrando o seu supersoldo meses despois de cumprir os 65. E aínda non escoitamos ó PP nin sequera rechistar.

Compre lembrar que toda a información que Carballo Dixital ten mostrado (e demostrado), como as mentiras do alcalde sobre o prego de condicións do mercado, a única empresa que se presentou, a vivenda ilegal dun concelleiro, ou a idade da xubilación de Andrade, todo eso, non fai falta ser espía do CNI para averigualo. Son asuntos que, ou ben son “vox populi”, ou basta con revisar as hemerotecas ou entrar en Google. ¿É que a oposición de Carballo non ten tempo para iso?

Esperemos que iniciativas como esta bitácora e a presión dos seus propios simpatizantes axuden a que o PP de Carballo “esperte do seu sono”. Porque "hai motivo" (moitos), polo seu propio ben e polo de tódolos carballeses.



Seguir lendo...

martes, diciembre 13, 2005

O Concello instalará unha pista de xelo


Unha boa noticia para os nenos (e tamén para os maiores): por primeira vez en Carballo, teremos unha pista de xelo no Nadal, que servirá para completar a oferta lúdica deste tempo de lecer.

Segundo informa o Concello de Carballo na súa web, a pista estará instalada no Pavillón da zona Bergantiños. Nada se informa sobre o custo que terá a iniciativa, ainda que é previsible que na súa financiación participará a Consellería de Cultura e Deporte, posto que a Delegada Provincial desta Consellería, Milagros Lantes, asistiu á presentación hoxe en Carballo. A pista estará instalada ata mediados de xaneiro.


Veña, todos a afiar as coitelas (ainda que dito así sona moi forte :)) e unhas mullidas pousadeiras (¿dise así? Bueno, xa entendedes).




Seguir lendo...

lunes, diciembre 12, 2005

Andrade cumpliu os 65 anos ¡Felicidades! (atrasadas).


Diciamos no post anterior que, segundo La Voz de Galicia (29-11-2005), Manuel Andrade, concelleiro de urbanismo de Carballo, seguía na actualidade cobrando o mesmo salario que cando accediu ó goberno municipal (cos aumentos correspondentes). Ou sexa, que parece que non fixo honor á súa palabra de renunciar ó soldo do Concello cando se xubilara, para cobrar só o que lle correspondera polo retiro (posto que, segundo el afirmaba, ese era o motivo de que se puxera máis soldo que o propio alcalde).

Deciamos tamén que non sabiamos a data en que se xubilara, e prometiamos averigualo. Pois ben, como o prometido é débeda, ¡xa conseguimos saber cándo se xubilou Manuel Andrade Cristóbal!

Tachán, tachán,…!

O Sr. Andrade cumpliu os 65 anos…


…o día 24 de maio de 2005, como poidemos saber a través do seu currículum publicado nesta páxina.

Ou sexa, que de ser certo o que publicou La Voz de Galicia o pasado 29 de novembro, o concelleiro de urbanismo levaría máis de 6 meses cobrando do Concello, faltando á súa palabra de que deixaría de facelo cando se xubilase.

Tanto Andrade como os seus socios de goberno están calados como petos. Bueno, esto último non é totalmente certo, o concelleiro de Facenda (Sr. Viña, PSOE) fixo unhas declaracións a respeito dos soldos. Como non queremos que nos tachen de demagogos, tomamos as palabras do seu compañeiro de goberno, o concelleiro de Facenda:

“El concejal de Facenda hizo hincapié en el hecho de que, proporcionalmente al número de habitantes, los salarios de los tres cargos municipales con dedicación exclusiva suponen un desembolso mucho menor para los vecinos de Carballo que para los de otros ayuntamientos de la zona. Así, aclaró que la suma de las tres cantidades representan, aproximadamente, unos tres euros por cada carballés.” (La Voz de Galicia, 29/11/2005)


Así que “unos tres euros por cada carballés”… Habería que preguntarlle ó concelleiro de Facenda: ¿a cánto nos toca por carballés a parte que sigue cobrando Andrade?

¿Devolverá Andrade as cantidades que cobrou do Concello desde o 24 de maio de 2005, para facer honor á súa palabra?

Tendo en conta a capacidade de sacrificio de que fai gala a cotío o Sr. Andrade, non temos dúbida de que así será.


Noticias relacionadas:

¿Xubilouse Andrade?


Seguir lendo...

sábado, diciembre 10, 2005

¿Xubilouse Andrade?




Todos recordamos a xestación do goberno tripartito de Carballo, no ano 2003. Nun acordo do que non existen precedentes, o tenente de alcalde (Manuel Andrade, CDI) cobraría máis soldo que o propio alcalde (Evencio Ferrero, BNG).

O día 4 de xullo de 2003, nunhas declaracións a un medio local (que poden consultarse aquí), Manuel Andrade xustificaba así tan insólita decisión:

“Mi último sueldo de referencia es de 2.499,91 euros netos y eso es exactamente lo que voy a percibir. Con una particularidad, y es que yo voy a cobrar sólo durante dos años, hasta que pueda disponer del retiro.”

É decir, tratábase de que o Concello pagara para que o concelleiro de urbanismo conseguira cobrar a xubilación máxima no momento do retiro, e desde ese momento o Sr. Andrade renunciaría a cobrar do Concello.

Poucos días despois, o propio alcalde explicaba o soldo de Manuel Andrade:

“El alcalde, Evencio Ferrero, […] difundió la propuesta concreta que presentará […]. En cuanto a Manuel Andrade, la cifra definitiva se sitúa en 42.500 euros brutos al año, divididos en 14 pagas.” (La Voz de Galicia, 8/7/2003)

Pois ben, a noticia é que…

…os dous anos xa pasaron, e fai uns días enterámonos pola prensa de que o Sr. Andrade sigue cobrando O MESMO SOLDO que fai dous anos: en total, 44.216 euros anuais, cos incrementos correspondentes (La Voz de Galicia, 29-11-2005). Ou sexa, que de deixar de cobrar do Concello cando se xubilara (como prometiu fai dous anos), “tururú”. Vamos, que lle seguimos pagando entre todos malia que a estas alturas (finais) do ano 2005 xa debe de estar xubilado, segundo o que decía en xullo de 2003.

Como se trata dunha cuestión que La Voz de Galicia eludía na súa información, prometemos averiguar a data de cumpleanos de Manuel Andrade.

Tan pronto consigamos saber en qué data cumpliu ós 65 anos (se é que os cumpliu), informaremos.


Noticias relacionadas:

Andrade cumpliu os 65 anos ¡Felicidades! (atrasadas).

Seguir lendo...

viernes, diciembre 09, 2005

Baches e propaganda


O pasado mércores, La Voz de Galicia destacaba a proliferación de baches polas rúas de Carballo, ilustrando a noticia con algunha foto. Segundo este diario, chegáronse a producir mesmo denuncias no Concello por parte de media ducia de conductores debido ós danos causados ós seus vehículos.

Semella que as fortes choivas dos últimos días, unidas á mala calidade e antigüidade dalgunhas rúas, teñen provocado un grave deterioro que nalgúns casos chega a auténticos boquetes, especialmente en zonas como a Vila de Negreira, a rúa Perú, ou o acceso ó Polígono. As dimensións dos baches chegaron a ser o bastante grandes como para causar averías en algúns dos coches que tiveron a mala sorte de meter un roda dentro.

Pero o verdadeiramente interesante da noticia é o que pasou a continuación:...

...: tal e como o mesmo diario informaba ó día seguinte, estes buratos foron rapidamente taponados polo persoal do Concello, aínda que de modo provisional, mediante zahorra, á espera de poder aplicar aglomerado asfáltico.

¿Reparan vostedes no detalle? Así funciona o concello de Carballo: se algún problema está á vista de todo o mundo, ou incluso os afectados presentan denuncia por escrito no concello, non pasa nada. Métese a denuncia nun caixón e "a otra cosa mariposa". Ai!, pero se sale publicado na Voz de Galicia, o asunto xa adquire importancia, e o concello corre rápidamente a atallar a propaganda negativa que lle pode supoñer a noticia. Todo sexa pola imaxe.


Seguir lendo...

jueves, diciembre 08, 2005

Impresións sobre o novo Carrefour de Coristanco


“Maruxa”, membro do “staff “ de Carballo Dixital, estivo de reporteira “free lance” no novo Carrefour de Coristanco, e estas son as súas particulares impresións:

Todo o que sexa aumentar a competencia é bo, porque o que sal gañando é o consumidor, e todos somos consumidores. Ademáis, non é competencia desleal, porque neste caso a empresa tivo que mercar os terreos, ninguén (léase Concello) llos regalou. Nunha economía libre e de mercado, os emprendedores arriscan os seus cartos. Poden gañar, pero tamén poden perder. É o xusto.

En canto ó centro en si, eu...

...iba preparada para ver outra especie de “Supermercado Dia” ou similar, pero sorprendiume gratamente. Por fóra parece máis pequeno do que realmente é. Por dentro, hai prácticamente o mesmo surtido (moi amplo) que no Carrefour da Avda. de Alfonso Molina, na Coruña. Os empregados e empregadas, todos moi atentos e amables. Nótase un pouquiño que son “novatos” (dito sexa sen ánimo negativo). A formación é necesaria, e neste caso nótase positivamente (outro punto no que terían que ir poñéndose ó día algúns comerciantes carballeses).


En canto ós prezos, a verdade é que non hai moita diferencia cos dos supermercados de Carballo ou co Haley. Pero cando a hai, na maioría dos casos (non en todos) é á baixa: por exemplo, a pescadilla fresca (moi boa) a 6,60 €/kg. Tamén hai boas ofertas puntuais en determinados productos (por exemplo, aceite). Se a eso lle engadimos a acumulación de puntos por pago coa tarxeta Carrefour, e descontos importantes no caso de compras superiores a unha certa cantidade, todo vai sumando…(ou, mellor dito, restando). Así que tanto o Haley como os demáis comerciantes terán que mellorar se queren competir.

A oferta da gasolineira (descontan o 10%) é realmente importante. Xa só por iso compensa ir. É unha boa noticia para os conductores. Que vaian aprendendo e poñéndose ó día as gasolineiras carballesas, que terán que espabilar se non queren fechar o negocio (a tendencia de mellora xa a iniciou a E.S. de Rus, con regalos e descontos, pero queda moi a desmán, polo que non é realmente competencia para as de Carballo. Paréceme que con esta nova a cousa vai ser outro cantar, porque queda relativamente cómoda para ir desde Carballo). Eu enchin o depósito do meu Megane e aforrei 4 euros. Non está mal.


Non me estraña que a Asociación de Gasolineiras impugnara a licencia de Carrefour (supoño que porque non se atreveron a pleitear persoalmente os que teñen gasolineiras en Carballo, pero ganas non lles faltarían). Esperemos que a nova Estación de Servicio do Carrefour faga espabilar ó resto dos vendedores de carburantes e se dea por primeira vez unha competencia real neste sector.

Como punto negativo (moi negativo), considero que non lle deberon permitir a Carrefour regular os accesos ó centro comercial da forma en que o fixeron. Non é admisible que, por culpa dun centro comercial, se produzan retencións de tráfico nunha vía de comunicación como é a C-552, o que se agrava se temos en conta que non hai vías alternativas. Moi mal para quen deseñou os accesos e, sobre todo, para quen permitiu ese deseño (sexa o Concello ou a Xunta ou quen sexa).



¿Qué pensades vos?

¿Vai ser bo ou malo para Carballo (consumidores, comerciantes,...) o novo centro comercial de Carrefour?

¿É necesaria a reciclaxe dos comercios tradicionais ou débese impedir a instalación de grandes superficies?

Esperamos as vosas opinións e comentarios.



Seguir lendo...

miércoles, diciembre 07, 2005

¿Qué pasa con la calle Villa de Negreira?



Esta es la pregunta que nos hacemos muchos carballeses. La que pasa por ser una de los soluciones a los problemas de tráfico de nuestra pequeña ciudad parece estar condenada eternamente a la parálisis.

Si bien esta calle aparece históricamente como un proyecto de futuro para la construcción de Carballo, y sobre todo para paliar los atascos que cada día van a más, hasta ahora sólo existe un pequeño camino asfaltado, y que únicamente fue objeto en su día de mejoras en la zona que limita con la calle del Sol.

Hace ya más de un año, el gobierno municipal anunciaba el desbloqueo del proyecto, el acuerdo con los propietarios afectados, y la inminente ejecución de la obra, cosa que fue saludada con entusiasmo por los ciudadanos y la prensa local. De hecho, se ha aprobado recientemente una partida para ejecutar la obra.

Sin embargo, el tiempo pasa, no se ha iniciado ninguna obra, y hay datos que hacen pensar que podemos estar ante un globo que se desinfla, si hacemos caso a una colaboración que nos ha mandado “Jubal”:...


“Al respecto del supuesto proyecto para ejecutar la Villa de Negreira, les agradecería que difundiesen en su página web los siguientes datos:

1- En primer lugar conviene aclarar que, según los comentarios que conozco, no es cierto que exista acuerdo con los propietarios, ni siquiera que esté cercano. De estar equivocado, invito al gobierno local a que acredite la identificación de los afectados, y su conformidad por escrito.

2- En segundo lugar, y al contrario de lo que nos está vendiendo el aparato del gobierno, el proyecto en cuestión no es en realidad la calle Villa de Negreira, tal y como la define el Plan General de Urbanismo. Según el Plan, sería una calle de nuevo trazado (no coincidente con la existente), de 16 metros de ancho, de 412 metros de longitud, y con un coste estimado de 288.400 € (ver hoja del PXOM). Sin embargo, el presupuesto aprobado por el Concello sólo es de 101.900 €, claramente insuficiente para ejecutar esa obra. En realidad, creo que lo que se pretende es simplemente hacer una mejora y ancheado del camino existente, sin prolongarlo, sin cambiar su trazado, y sin darle su ancho de 16 m. Es decir, una obra por supuesto beneficiosa, pero que ni de lejos será la solución al tráfico, ni lo que nos han prometido. Nos están vendiendo gato por liebre.

3- En tercer lugar, aún cuando se ejecutase la Villa de Negreira propiamente dicha, tal y como está prevista, esto no sería una solución definitiva. Tal y como se puede ver en el Plan, esta calle sólo llegaría hasta la piscina vieja, y debe complementarse con otra de mayor entidad que el Plan denomina “Vial exterior Este”, de 20 m de ancho, 2.390 m de longitud y un coste estimado de 2.681.720 €, que partiría de la carretera de Ordes, cruzaría el Anllóns por un nuevo puente, y llegaría justo a la rotonda a construir en frente del acceso al Polígono (ver la misma hoja del PXOM). Esta vía sí que sería una solución para el tráfico en Carballo durante muchos años. Pero de este proyecto, ni se habla.”


"Jubal" acompaña la fotografía que ilustra este post, así como los siguientes datos, extraídos del PGOM:



Gracias a Jubal por la información y las imágenes que nos ha mandado. Carballo Dixital amplía la información con los siguientes datos:

Según las hemerotecas, las obras de la ampliación de la c/ Villa de Negreira fueron adjudicadas a la empresa Ponciano Nieto en la cantidad que nos dice "Jubal" (101.900 €, cantidad financiada con cargo al Plan de Obras y Servicios de la Diputación). Se aprobaron en la Junta de Gobierno de Carballo celebrada el 21-7-2005. En esa fecha, según consta en declaraciones recogidas por la prensa, el alcalde decía que las obras se iniciarían "o próximo mes" (es decir, en agosto). A día de hoy, cinco meses después, no tenemos noticia de que se hayan iniciado.



Seguir lendo...

jueves, diciembre 01, 2005

Situación socioeconómica de Carballo: incremento da poboación (I)



Coa intención de continuar en próximas entregas (cando o tempo e as ganas nolo permitan), iniciamos hoxe unha serie de posts divulgativos da situación socioeconómica de Carballo e da súa evolución no tempo, utilizando tres fontes:

  • O Anuario Económico de España do ano 2005, que publica o Servicio de Estudios de La Caixa;
  • o Anuario Social de España do Ano 2004 (último publicado), tamén do Servicio de Estudios de La Caixa;
  • e o Atlas Socioeconómico de Galicia do ano 2005, elaborado por Caixanova.

Neste primeiro capítulo, analizaremos a evolución da poboación de Carballo nos últimos anos.

Segundo os datos do último padrón publicado polo Instituto Nacional de Estadística (INE), a poboación de Carballo ascende a 29.521 habitantes.

Carballo rexistrou un crecemento...


... de 1.250 habitantes entre os anos 2000 e 2004 (+ 4,4 %). Considerando o cómputo desde o ano 99, o incremento é de 1.541 persoas (+ 5,5%).

Estes números evidencian que Carballo ven aumentando a súa poboación ano tras ano. O ritmo de crecemento medio é do 1,1 % anual, constante e invariable durante cada ano dos últimos 5 anos (2000-2004). Pero non nos encontramos ante un fenómeno novo, xa que, se consideramos o decenio 1991-01, o incremento de población é dun importante 0,8% anual.

Este incremento de poboación demostra que Carballo é unha vila en expansión, así como que esta expansión non é algo recente, senón que é constante e progresiva alomenos ó longo dos últimos 15 anos.


Seguir lendo...

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner