Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, junio 29, 2006

Arte reivindicativo

"Porto de Razo" é o nome da última obra de arte que adorna as vías carballeses. Xa nun artigo anterior nos sorprendiamos da nova faceta artística do tenente de alcalde Manuel Andrade, e a cousa non tardou nada en materializarse.

E conste que nos primeiros momentos reinou un pouco a confusión. Porque a “estatua” foi colocada na rotonda da entrada de Carballo xusto antes do día das cachelas do San Xoán. E vendo a calidade e a imaxinación que nos últimos anos se está apoderar do concurso que organiza a comisión de festas, non faltou quen pensou que algúns gamberros escolleran a rotonda coma solar para colocar a súa.

Pero bromas aparte, “Porto de Razo” é o nome dunha lancha, chegada do porto de Malpica, que o Concello colocou na nova glorieta, segundo explicara Andrade porque esta é a porta da Costa da Morte, “e algo había que dicir”. Non só o di, senón que a faceta artística do concelleiro de obras tira cara ó arte denuncia-reivindicativo. Coma se dun cantautor se tratase, o artista utiliza a súa obra para reivindicacións políticas. A ver se na Xunta saben aprecialo.

Tamén nos chama a atención como a arte serve para definir e diferenciar ás persoas. Comparen o proceso creativo e o simbolismo do famoso peixe do Halley, coa improvisación e a sencillez conceptual da barca Porto de Razo. Un auténtico debate estético. ¿Qué pensade vós?

Seguir lendo...

Tres tazas máis


A rendición é unha palabra que non figura no diccionario de Manuel Andrade Cristóbal. Nin esa, nin as excusas. Por eso, como sospeitabamos e como xa anunciara, ven de anunciar que continúa adiante co proceso para outogar a concesión da praza do Concello, agora cun procedemento negociado sen publicidade, ó que se invitarán a 3 empresas elexidas polo goberno.

Coma a personaxe que interpretou o inesquecible Martínez Soria, don Erre que Erre, pese ó fracaso do concurso, e pese ás moitas críticas e oposicións que espertou na poboación, Andrade afirma estar convencido das bondades da súa idea, e do acerto que construir un túnel baixo a rúa Coruña, ó que agora non sabemos qué destino se lle vai dar.

Pero a cousa non queda ahí. Se o concurso para construir un parking (con centro comercial adosado) queda deserto, para chulo… Andrade di agora que quere construir ¡máis parkings! noutros lugares da vila. (Enlace en A Nosa Costa)

E se alguén que no seu goberno lle ían parar os pés, está confundido, porque Evencio Ferrero di que con calma, pero acepta o modelo do seu tenente de alcalde. (Enlace en A Nosa Costa)

¿Non queredes caldo? Pois tomade varias tazas.

Seguir lendo...

lunes, junio 26, 2006

Oboh, a primeira fichaxe


A fichaxe do pívot nixeriano Emmanuel Oboh foi acollida de forma inmellorable polos aficionados ó mundo do baloncesto.

Os seguidores comproban o intenso traballo que realiza a directiva, na medida das súas posibilidades, para que o equipo dispute con garantías a súa primeira tempada na liga EBA.

Oboh dará consistencia ó entramado defensivo, posto que é un gran reboteador e suele anular perfectamente ós hombres altos do conxunto rival. Aínda así, o capítulo de fichaxes de Xiria non está cerrado.

Sobre a valía de Oboh, lede a seguinte noticia publicada en El Periódico Mediterráneo:

BAJA DE OBOH. Para colmo de males, ayer se supo que Emmanuel Oboh abandonará la disciplina del Leoni, pues ha aceptado la oferta de un equipo gallego de la Liga EBA. Con su ausencia, el juego interior del equipo se verá mermado notablemente.

(Gracias, Marcos Díaz Molk, pola noticia)



Seguir lendo...

Basket Xiria no descenso do Anllóns


Como ven sendo habitual nos últimos anos nas festas de San Xoán en Carballo, e co obxecto de recuperar parte do protagonismo que o río Anllóns ten na celebración das festas, onte, día 25 de Xuño, tivo lugar o Concurso do Descenso do Anllóns.

Nesta edición, 13 integrantes das seccións de baloncesto da Asociación Deportiva Xiria, percorreron en máis de dúas horas o longo tramo dende o cemiterio de Bertoa ata o parque do San Martiño.

A embarcación logrou o premio á tripulación máis simpática (170€ en metálico), aínda que o obxectivo máis importante era dar a coñecer a campaña de captación de socios que segue a bo ritmo dende principios de xuño. Co fin de afianzar o apoio para a próxima tempada, a xunta directiva da sección, traballou durante todo o mes nun stand na alameda de Carballo co fin de alcanzar os 500 socios. Hasta o momento, o número de inscritos supera os 200 e a campaña concluirá a finais do mes de agosto.

Noutro orden de cousas, hoxe, día 26 de Xuño,... o Xiria Calvo e o Básquet Coruña xogarán as 20.45 horas, o I trofeo San Xoán de baloncesto no pavillón da zona escolar de Carballo.

Antes deste interesante encontro, haberá outro de categoría infantil, entre a formación do Xiria e outra do colexio Artai. (20:00 horas)

Ó rematar este comezará o plato forte. Por vez primeira, disputarase un encontro de baloncesto dentro do programa principal das festas de San Xoán, feito que ven a corroborar a gran repercusión que tivo esta temporada o ascenso do conxunto carballés de Óscar Lata á liga EBA, competición na que militan tamén os coruñeses.

O partido servirá para despedir esta histórica tempada. Óscar Lata convocou a todos os xogadores para a cita, e tamén fará o posible que todos disfruten don encontro ante o Básquet Coruña, unha formación que é unha boa pedra de toque para ver qué posibilidades terá o Xiria Calvo a próxima campaña, na que buscará a permanencia.

(Gracias, Marcos Díaz Molk, polo envío da noticia)


Seguir lendo...

domingo, junio 25, 2006

Quitándose la careta



El regidor considera que la plaza no está llamada a ser una gran zona verde, «porque ese é o papel que lle corresponde ao Añón, ten que ser o gran parque de Carballo. E a praza, o centro comercial».


(Publicado hoy en La Voz de Galicia).

Por fin lo reconocen.

(¿Cuál será el siguiente paso, borrar de un plumazo todo el jardín?)



Seguir lendo...

O Titanic político carballés


Xosé Manuel Lema envíanos este artigo, publicado tamén na web amiga A Nosa Costa:


O Titanic político carballés

Tívose que recurrir a un informe técnico da Deputación, para que se certificara a crónica dunha adxudicación non realizada. O tripartito fixo unha defensa acérrima da única empresa aspirante, e aínda que máis suavemente, mantivo o apoio ata o final, a unha proposta que presentaba máis buratos documentais có Titanic.

B.N.G., P.S.O.E. e C.D.I., deberían recoñecer que aínda que ó mellor o destino final pode ser un acerto, a singladura foi equivocada. Así evitarían poder tropezar co iceberg. A cerrazón aparente de non asumi-lo fiasco e tentar un consenso co Partido Popular, pode causarlle desgaste político.

O P.P. de Carballo; neste asunto, pasou de dar a impresión de ser un coro de nenos enfadados e derrotistas, a anotar un gol. Deixáronlle baleira a portería para que rematara Alberto Sueiro. O executivo mantivo que o proxecto estrelado ía estupendamente, e non era así.

Personalmente, non trato de ser a "mosca cojonera" da política local, pero tampouco estou disposto a formar parte co meu micrófono e coa miña pruma, da orquesta propagandística oficial. Só pensaba e penso que Surtiser e a súa proposta non me inspiraban confianza e o proxecto preocúpame moito. Está en xogo o Carballo do futuro. Isto expúxenllo nos micrófonos de Punto Radio Noroeste(107.9), a Evencio Ferrero, José Antonio Viña e a Manuel Andrade, que amablemente atenderon as miñas chamadas e nunca se negaron a falar deste problemático tema.

Agora quedou demostrado, o proxecto dubidoso e raquítico dunha empresa de venda de carburantes que quería facer unha obra dun millón e pico de euros. Os informes corroboran as denuncias da oposición. Nin solvencia técnica, nin económica, nin obxeto social. Unha grande aposta se está convertindo nun Titanic que circula rumbo ó iceberg. O goberno está aínda a tempo de buscar unha solución e quitarnos o sabor amargo do primeiro capítulo do fiasco. Deberían tenta-lo consenso, polo menos tenta-lo e así saber se o PP está pola laboura, e logo remar cara adiante cunha dirección clara, que a pesares de que no goberno hai dous timóns; polo ben de todos que nomeen un capitán.

XOSE MANUEL LEMA



Enlaces relacionados:

Carta a un licitador decepcionado

Seguir lendo...

sábado, junio 24, 2006

Carta a un licitador decepcionado



Queridísimo amigo:

Como puideches comprobar, fixemos todo o que puidemos, pero ó final non puido ser.

Como ben sabes, se por nós fora xa che teríamos dado a concesión desde o principio, pero os cabróns do PP fixeron todo o posible por jodernos as circunstancias impedíronnos darcha.

De todas formas, non poderás negarnos os nosos esforzos: primeiro,
eliminamos o requisito da clasificación empresarial que se pedía (clasificación que ti non tiñas, como outras moitas cousas), para que puideras presentarte; despois, ti tamén tuveches parte de culpa, porque a documentación que presentaches non había por donde collela, e tuvemos que poñernos colorados para darche a posibilidade de volver a presentala. Cando a subsanaches (que temos que darche outro tirón de orellas, que en realidá non a subsanaches), non vexas as filigranas que tuvemos que facer: nós queríamos darcha igual, e hasta levamos un informe á mesa de contratación decindo que “todo estaba okey”. Pero outra vez as moscas cojoneras do PP as circunstancias conocidas impediron que puidéramos salirnos coa nosa. Ainda así, pedimos outro informe, “a ver si por casualidá suena la flauta”, pero machiño, non houbo forma.

Bueno, de verdá que fixemos todo o que puidemos e máis, pero xa ves que non puido ser. Sentimos moito os cartos que levas gastado invertido, pero non te preocupes, que han de ter o seu froito. O trato sigue en pe, e se non vai dunha forma irá doutra. Ahora vamos facelo invitando solo a quen ti nos digas, e así xa non ten que haber problema. Vai pensando con qué nombre queres presentarte, e cando o sepas dínolo. E dinos tamén o nombre de dúas empresas máis “da túa confianza” (é que temos que invitar polo menos a 3 empresas, pero non te preocupes, que é un simple formalismo, nin siquiera é necesario que esas empresas se presenten).

Como ves, nós cumplimos ca nosa parte do trato, ahora ti tes que cumplir a túa, así que a próxima ves fai o favor de presentar ben os papeles, que xa estamos cansados de poñernos colorados. Veña, a ver se sale ben o nejocio.

Un abrazo.



Enlaces relacionados:

Sé solidario: apadriña unha empresa

Concello bananeiro


Y si no… se enfadan

Seguir lendo...

viernes, junio 23, 2006

Que traballe...

... a da foto.

Este mes tampouco haberá pleno en Carballo. Eso é o que anuncia o PP local nun comunicado, onde critican que o goberno "aproveita calquer período festivo para non convoca-lo correspondiente pleno ordinario."

Segundo din os populares, "a actitude do alcalde, responsabel das convocatorias dos plenos, no ultimo ano non deixa de sorprender nunca: na mayoría dos plenos celebrados foron convocados sin asuntos de importancia que tratar. Ou ben, opta por non convocalo directamente, e así vai ó concello.

O PP de Carballo está preocupado porque detrás de esta indolencia do alcalde, que repercute de xeito moi negativo sobre a normalidade democrática do concello, no que dende logo se ten dereito a celebración mensual das sesións plenarias, reside o intento de ocultar o traballo da oposición, que non se poñan de manifesto os erros da xestión municipal i en definitiva impedir a normal función de control e fiscalización da acción do governo."





Seguir lendo...

miércoles, junio 21, 2006

Ídevos poñendo



Na páxina web do concello de Carballo xa tedes á vosa disposición, para descargar, o número 7 do boletín lavacerebros "Ponte Coa Lingua", pagado cos vosos cartos. Así que veña, ide poñendo a remollo os miolos e a descargalo.

Habería moitos aspectos que se poderían salientar, pero quedámonos só con un: no apartado titulado "Na prensa", podedes comprobar como (segundo o boletín) do único que se falou nos xornais é de que o coñecemento do galego debe ser un deber para todos. Todo o mundo o pensa así, como é evidente.

(O que non queira descagar o panfleto, tamén pode entrar na web de A Nosa Terra; e os moi moi acólitos, na do BNG. Xa noutra liña idiomática, e para que non vos queixedes [podería ser pior], tamén podedes entrar en Nós-Unidade Popular).

Que vos aproveite.

Enlaces relacionados:

Reflexión

Seguir lendo...

Pereza



Non estamos a falar dun dos sete pecados capitais, senón da principal atracción musical das festas de San Xoán deste ano, que actuará o luns, día 26, a partir das 12 da noite, na Praza do Concello. Para saber máis deles, coma sempre, o máis cómodo e sinxelo é acudir á Internet, pois contan cunha moi boa páxina oficial: www.pereza.info

A páxina inclúe unha amena presentación do seu terceiro e último traballo, “Los amigos de los animales”, un traballo que recolle as 15 mellores cancións do dúo formado por Rubén e Leiva, pero co aliciente de estar cantadas a dúo con amigos como Bunbury, Amaral, Sidonie, Alba Molina, e un largo etcétera.

Pereza defínense na súa páxina coma unha banda “donde el romanticismo y la honestidad van de la mano”, e como “dos Glimmer Twins castizos, adoradores de Marc Bolan, que devanean entre la bravata y el enamoramiento, siempre viscerales”.

Para máis detalles, mellor que naveguedes pola súa web, e que non vos perdades o seu concerto carballés.



Seguir lendo...

martes, junio 20, 2006

Si sale un churro...


Calaf nos envía el recorte de prensa que veis al lado, con su comentario:

Al hilo del asunto del concurso del centro comercial, y porque creo que puede tener cierto interés, les remito un recorte de prensa publicado el 3 de diciembre de 2003 en la Voz de Galicia de Carballo.

En este recorte se puede apreciar cual era la valoración que de los recelos al proyecto hacía un comentarista de pseudónimo Tomás de Nemancos. Ahora que estamos a la espera de ver cual es el desenlace, no está de más recordar lo que se decía o se pensaba hace 3 años. Por mi parte, yo estoy de acuerdo con el corolario final: si sale un churro, habrá mucho que demandar.







Seguir lendo...

lunes, junio 19, 2006

Para todos?


(Con acento porteño) Para los altos, para los bajos, para los de aquí, para los de allá, para los jóvenes, para los mayores, para los de izquierdas, para los de derechas... Non, está claro que non estamos falando das festas de San Xoán 2006.

Porque semella que dun tempo a esta parte o mundo da cultura en Carballo empeza a estar reservado a uns poucos. En concreto, á hexemonía nacionalista. Ven esto a conto de que acabamos de ler a revista que a comisión das festas do San Xoán deste ano ven de publicar, onde practicamente tódolos participantes son persoas con vínculos co BNG.

¿Non hai xente en Carballo que non sexa próximo ó Bloque Nacionalista Galego, e saiba escribir? ¿Tentou a comisión falar con alguén que non pertencese ó seu grupo ideolóxico? ¿Acaso esto non é unha mostra de sectarismo?

Por outra parte, temos que dicir que as críticas que a comisión está a recibir na enquisa de la Voz nos parecen en xeral esaxeradas, pero vendo cousas coma estas, ¿quén pode sorprenderse de que se acuse á organización de politizar as festas, se a propia organización politiza a súa revista? Mais algúns aínda gardamos a ilusión de que se poden facer unhas festas, de verdade, “para todos”.

(Enlace vídeo)




Seguir lendo...

domingo, junio 18, 2006

Mellor en chino


Antonte, recibiamos un comunicado do Partido Popular onde resaltaba o feito de que non se cobraran as taxas na última feira celebrada na Milagrosa, o pasado domingo día 11. Para o PP, esto supón “a confirmación” da “actuación irregular” do goberno municipal, xa que durante un ano estiveron facéndoo, a pesar das denuncias dos populares.

O PP acusa ó goberno de “ocultar información”, “total desprezo á razón” e “soberbia” (posto que existían informes da interventora municipal e do secretario “que lles dixeron por escrito tanto ós concelleiros de Facenda, e Feiras, que había que investigar e impedir que se cobrara”).

Para o grupo que lidera Alberto Sueiro, “unha vez que se reconoce o erro, chega o momento de dar as explicacións oportunas a cidadanía, conta-la verdade, facer públicas as contas e asumir as responsabilidades políticas por este asunto que puxo en evidencia o xeito de actuar deste goberno” (polo que se le, a esperanza é o último que se perde).

O motivo de que agora traiamos aquí esa nota é que, a principios da semana, unha lectora (María) enviounos unha carta, que co seu permiso titularemos "En chino se entiende mejor", analizando a noticia publicada o pasado domingo en La Voz de Galicia reseñando a roda de prensa celebrada polo Partido Popular sobre este asunto. Na misiva indicávase que tamén se enviaba á Voz, motivo polo que non a publicamos ata agora, esperando a que se publicara primeiro na Voz. Pasado un tempo prudencial, e comprobando que non se publicou na Voz (o que era previsible, dado o contido da carta), publicámola aquí (son as vantaxes de que existan máis medios de comunicación):

En chino se entiende mejor

“Os remito la carta que envié a La Voz y, como no espero que la publiquen ya que, entre Gabriel Pérez y la propaganda del viaje a Uruguay tienen el cuadernillo lleno, puede que la lean a través de CD... (me consta que os siguen).

Está claro que el titular del domingo 11 en local Bergantiños: “Intervención tesis oposición tasas” fue elaborado por el típico listo de la clase que tienen en plantilla. Le felicito por el resultado, sin duda, el que buscaba.

No es baladí que haya omitido cualquier referencia al Gobierno tripartito, ni al Partido Popular, ni a las irregularidades, ni a nada que resulte mínimamente conocido.

Es un titular engorroso, que desanima a seguir leyendo. Ya los del PP son un rollo con tanta legalidad, parecen picapleitos, todo el día dando por saco con los chanchullos de la tríada.

Vamos a fomentar desde “La Voz de su amo” esa sensación de que todo es un petardo infumable. Metamos una noticia presuntamente importante bajo un titular ininteligible y así conseguiremos que sólo lo lean los entregados.

- ¿quién es Intervención?
- y yo que sé
- ¿la oposición? ¿los que se oponen a todo?
- no, burro, los que no mandan, los otros
- ¿la feria? ¿qué feria?
- la del San Juan, supongo
- pero “Intervención “ no sabe ni que hay feria...¿ por qué opinan?
- porque algo tendrán que hacer
- “exacción de tributos” ¿que los eximen?
- no, será que los extraen
- ¿de dónde?
- de donde pueden
- pero no pueden
- no sé, pregúntale a los de “Intervención”, o al periodista...
- ¿en qué pueblo de Bergantiños, Soneira o Finisterre pasa "questa cosa" tan rara?
- en carballés
- ¿y qué coño pasa?
- No lo sé, yo me perdí en el titular y no me atrevo a leer este palíndromo.
- ¿este qué?
- nada amigo, se es, o no se es
- vale macho

Entre cualquiera de sus lectores bien podría darse este diálogo de besugos.
Sinceramente, alguien en un bar me acercó el periódico y me preguntó: María, ¿tú entiendes esto?

He de confesarles que respondí que sí, porque lo entendí, conozco el tema, lo sigo de primera mano y me interesa. En condiciones normales de lector no interesado respondería algo así como “no lo entiendo ni voy a perder medio minuto en intentarlo”.

En fin, que cada día estoy más contenta de darle a Médicos sin Fronteras el dinero de la suscripción, invertir mejor mi tiempo y no vean los cabreos que me ahorro.
Animándoles a que sigan tan imparciales como de cote (dirían en mi pueblo, a la sazón Carballo).

María en el país de las maravillas
.

P.D. Este rollo de carta es para que se den cuenta de lo que jeringa estar leyendo tonterías como las que abundan en su periódico.”


Enlaces relacionados:

Continúa o cobrador da feira

Máis sobre o cobro de taxas no mercado do Campo da Feira



Seguir lendo...

viernes, junio 16, 2006

"A polos 500 socios"


Continúa a buen ritmo la campaña de captación de socios organizada por la sección de baloncesto de Xiria, que hace unos días instaló un stand en la plaza municipal bajo el lema "A polos 500 socios".

Se trata de apoyar a Basket Xiria para que pueda afrontar con garantías la competición en la liga EBA.

Las modalidades de socio son: socio infantil (hasta 12 años), júnior (13 a 18), sénior (más de 18), familiar (tres carnés) y empresas (tres carnes sénior). También se tramitará la publicidad estática en el pabellón de la zona escolar, lugar en el que se disputarán los encuentros.

Además de acudir al stand en la alameda carballesa, podeis informaros en los teléfonos 607 847 924 y 607 847 925, además de la dirección de correo electrónico baloncesto@xiria.es



Enlaces relacionados:

¡A liga EBA!

¿Discriminados?

Abre los ojos

Seguir lendo...

Copa da Costa en Punto Radio


Este domingo celébrase o primeiro encontro da final da Copa da Costa, entre S.D. Castriz e Sporting Zás.

Os que non vaian ó campo, poderán escoitar o partido a través de Punto Radio Noroeste - Radio Xallas, que retransmitirá desde as cinco do serán un programa especial, baixo a dirección de Xosé Manuel Lema.

As narracións correrán a cargo de José Manuel Vázquez "Huelvis", contando cos comentarios técnicos de Javier Lodeiro, José López "Manín", e José Méndez.

A cita será no 107.9 da FM.




Seguir lendo...

Artículos de Santiago Pazos


En la web amiga A Nosa Costa, además de otros muchos alicientes, cuentan con uno que no es muy abundante en la prensa carballesa: artículos de opinión -de calidad- sobre la política local, en este caso firmados por Santiago Pazos. Se puede estar en acuerdo o en desacuerdo, pero no cabe duda de que están argumentados, razonados y bien escritos, y habitualmente tienen una profundidad "casi" comparable a los de otros "profundos" pensadores que, sin embargo, tienen el privilegio de publicar en medios de mayor difusión (para que no queden dudas, nos referimos al inefable-infumable GPS, que, pese a sus iniciales, con frecuencia pierde el Norte, el Sur, el Este y el Oeste).

En fin, aunque Pazos no se prodiga demasiado (quizá de ahí su mayor profundidad), es un placer leerle, aún discrepando y reparando en algún dato erróneo que, de vez en cuando, se le desliza. Así que ahí os va el enlace.




Seguir lendo...

jueves, junio 15, 2006

¿Detidos?


Damos conta deste comentario anónimo publicado hoxe no noso blog, no post "Tranquilo majete":

"Para a tranquilidade de todos, os supostos asesinos do rapaz de Malpica foron detidos no transcurso da maña de hoxe, nunha zoa coñecida das aforas da vila de Carballo, nunha operacion efectuada pola Garda Civil. Esperemos que teñan suficientes probas para mandalos unha tempada po talego."

De momento non temos confirmación, pero de ser certo sería unha gran noticia.


Actualización venres 16-6-2006: Parece que se confirma a noticia, aínda que de momento descoñecese a identidade dos detidos, só se saben as iniciais: R.G.B., J.E.G.B (irmáns), A.S.G e unha menor.




Seguir lendo...

Qué máis ten


Hai tres meses, o conselleiro de Presidencia (Méndez Romeu) e mailo concelleiro de Facenda carballés (Viña) anunciaban que o terceiro xulgado de Carballo empezaría a funcionar este verán.

Pois ben, segundo informa o Partido Popular, o 9 de xuño publicouse no BOE un Real Decreto polo que se crean 20 novos xulgados en toda España. Casualmente, non figura o de Carballo.

O PP di: “Por desgracia, este equipo de governo xenerou unhas expecativas infundadas con declaracións interesadas e triunfalistas e, agora, a realidade volveos a poñer no seu sitio, defraudaudando as expectativas dos cidadáns con declaracións oportunistas que non son máis que brindis ó sol e que logo a realidade encárgase de desenmascarar.

O Partido Popular vai a continuar na sua demanda permanente para que se incrementen todas as medidas que teñan por obxetivo mellorar a seguridade cidadan e que signifiquen melloras na prestación de servicio básicos coma o da administración de xustiza.”

Nós decimos: Qué máis ten que non haxa terceiro xulgado en Carballo? Total, en Carballo problemas de seguridade non hai, como nos informou o outro día Obdulia Taboadela, subdelegada do Goberno.


Enlaces relacionados:

O 2005: “annus horribilis” para a seguridade en Bergantiños

Incendian cuatro autobuses en Carballo

A CIG, sorprendida, fala dun acto de vandalismo “coma en París”, mentres Evencio di estar “desconcertado”

El PP pide la convocatoria de la comisión especial de seguridad

Seguridade

Indignación e preocupación


Tranquilo majete


Seguir lendo...

Cervexa e arte


Curiosa e atractiva combinación. E boa idea a de Ramón Méndez, o propietario da cervexería San Juan, localizada na zona dos Baños Vellos de Carballo.

Trátase de reunir a catro artistas da zona para expoñer a súa obra nas paredes do establecemento, e que os clientes poidan admirala mentres toman algo cos amigos. A iniciativa recibe o nome de “Arde Arte”, supoñemos por aquelo do San Xoán, e recolle exposicións da fotógrafa carballesa Adriana Suárez (“Sentados”), o tamén fotógrafo arteixán afincado na Laracha Diego Naya (“Beirarrúas”), e do debuxante carballés Mon Lendoiro (“Ilustrando jazz”), ós que se suma a colección de postais do propio Ramón Méndez.

As pezas manteranse expostas ata o día 22 deste mes, e o horario non é outro que o da propia cervexería. A ver se nos pasamos un día destes.





Seguir lendo...

¿Quién es ese hooombreee…?


La Voz de Galicia de Carballo, 14 de xuño de 2006, sección Disgusta:

“Hay alcaldes que no admiten que pueden estar equivocados. Sus opciones siempre son las mejores, sobre todo porque dan más votos. Entre lo fácil y lo correcto, estos mandatarios prefieren hacer lo fácil. Y no hay duda de que entre los votos y lo mejor para su pueblo siempre elegirán los votos. Así nos va. Sus intereses son los que campan, por encima de los ciudadanos, y del futuro de sus pueblos”.

Non se asusten. Polas noticias das últimas datas sospeitamos que os tiros van por Vimianzo e o conflicto dos penedos de Pasarela. Pero cónstanos que moitos lle deron ó comentario unha interpretación distinta da que pretendía o autor…





Seguir lendo...

miércoles, junio 14, 2006

Evencio lava más blanco


Tal y como era de esperar, nueva campaña publicitaria desde la oficialidad. Tal es el empeño del alcalde de Carballo y su séquito en vendernos el nuevo producto “Viaje altruista - estratégico a Uruguay”, que más se diría que estamos ante uno de aquellos viejos spots donde un periodista pelmazo micrófono en mano se empeñaba en colarle a la humilde ama de casa el detergente de turno. La desaparición de aquellos anuncios se debió a que, a fuerza de repetir su formato una y otra vez, dejaron de tener efecto en los consumidores. Y algo similar le está empezando a pasar en la política local, porque por los comentarios que se pueden leer y escuchar, parece que después de 3 años de intensa actividad, las campañas de imagen del regidor van dejando de tener éxito. Por el contrario, el resultado de esta campaña nos recuerda a otra mucho más conocida:

- Estamos aquí con una señora estupeeeenda… ¿qué le parece la nueva fórmula de nuestro detergente “Evencio en Uruguay”.
- No, no. Yo visitas a Sudamérica ya he visto muchas y no tengo por qué cambiar de opinión.
- Ya, pero esta no es una visita como las demás. Es la visita de Superevencio concentrado, con más blancura, más luz, más taquígrafos…
- Ya, ya, pero son muchos años viendo visitas con luz y tal, y no voy a cambiar…
- Bueno, pues ahora concéntrese en lo que le digo. ¡Atención a la oferta! Por el mismo precio, Evencio consigue: hermanamiento con una ciudad de 1,3 millones de habitantes, regalo de 1.600 euros, y participación del Nacional de Montevideo infantil en el torneo de Carballo.
- ¡Que no, que no me convence usted! ¡Déjeme en paz! Que me está usted tocando los c…
- ¡Pero diga que sí, usted tiene que decir que síiiiiiii…!

(Para los más jóvenes, o aquellos que no lo recuerden, este es el enlace para ver el legendario sketch de Martes y 13)



Seguir lendo...

martes, junio 13, 2006

Tranquilo majete


Tranquilo, no te pongas nervioso, tranquilo. Tranquilo majete en tu sillón. Es la letra de una famosa canción de Celtas Cortos que bien pudo haberles cantado la subdelegada del gobierno Obdulia Taboadela a los alcaldes de la comarca de Bergantiños en la reunión que ayer celebraron en Buño.

Porque después de la alarma desatada por el asesinato de un joven malpicán al que unos atracadores detuvieron en su coche, y de que los alcaldes se pusieran manos a la obra para solicitar mejoras, la responsable gubernamental nos ha dicho que no pasa nada. Que “tudo bem”, que el asesinato en cuestión fue un hecho aislado, que la delincuencia ha descendido un 21%, que ya se han aumentado las dotaciones de guardia civil, y que la inseguridad ciudadana en nuestra comarca no es preocupante.

Casi más preocupante es escuchar que, al parecer, los alcaldes se han dado por satisfechos con las explicaciones de la señora Taboadela (o al menos, eso nos han dicho los medios). Esperemos que sea una mala interpretación.

En resumen, que en la Costa da Morte nos vamos acostumbrando a la dichosa frasecita del “pues va a ser que no”. No a piscifactorías, no a liberaciones de peajes, no a autovías, no a instalación de empresas, y ahora no a mejoras de seguridad. Si es que tienen razón, nos quejamos de vicio. Pero que no olvide la señora Taboadela que en democracia el pueblo es soberano, y llegado el momento de que le consulten, también puede entonar su “va a ser que no” particular. De modo que menos tranquilidad, e máis traballar.




Seguir lendo...

lunes, junio 12, 2006

Se le apagó la luz


Pero no a Alejandro Sanz, sino a la visita del alcalde de Carballo a Uruguay, quien ya está de vuelta entre nosotros.

Si el periplo de Evencio Ferrero por Montevideo se había prometido “con luz y taquígrafos”, y en su primera jornada efectivamente así fue, parece que las luces se fundieron rápidamente, y los taquígrafos se averiaron.

Porque lo cierto es que, tras aquella primera noticia sobre la multitud de regalos llevados a tierras americanas, y del nombramiento de socio del Nacional de Montevideo, en la capital de Bergantiños arreciaron las críticas más duras escuchadas y leídas contra el alcalde nacionalista. Y a partir de ese momento, nada más hemos vuelto a leer o escuchar acerca del programa de actividades de Ferrero. En resumen, que al final ni luz ni taquígrafos.

Ahora el alcalde tiene la papeleta de justificar antes sus cabreados vecinos todos los extremos de su viaje y sus gestiones por allende los mares, además de revisar cómo le ha dejado la casa el segundo de a bordo durante su ausencia. Esperemos acontecimientos.





Seguir lendo...

sábado, junio 10, 2006

Buddy Movie



As “buddy movies”, ou películas de colegas, son un xénero cinematográfico ampliamente explotado no cine norteamericano. Consisten en xuntar, por cousas do destino, a dúas personaxes en principio totalmente diferentes. Incluso opostos. Como resulta lóxico, a maior parte do tempo non se tragan. Ningún dos dous soporta a forma de ser e comportarse do compañeiro, repróchalle canto fai, e afirma ser moito millor ca el en todo. Pero, coma o roce fai o cariño, pouquiño a pouquiño comezan a verse de xeito distinto. E rematan, non só por levarse case que ben, senón que van adquirindo sen darse de conta moitos dos hábitos que antes non admitían. Así, en “Nada que perder”, Tim Robbins, un executivo acomodado da alta sociedade, aprendía a coñecer os barrios baixos e sobrevivir no difícil mundo do rateiro Martin Lawrence, e este aprendía que debía abandonar a súa vida por outra máis formal. Mais na realidade, o que se aprende non sempre son as virtudes, e moitas veces son os defectos...

Ven esto a conto da curiosa relación Evencio Ferrero-Manuel Andrade. Nos últimos tempos, temos visto cómo... o alcalde oficial adquiría comportamentos que ninguén se atrevería a atribuirlle hai só 3 anos (viaxe a Uruguay, concurso do parking-centro comercial a costa de zonas verdes, plazas de funcionario e obras adxudicadas "dixitalmente", etc). O que non coñecíamos era en qué influira o nacionalista no líder do CDI, e xa o sabemos.

Porque logo do éxito da escultura do peixe-potera-sardiña-batidora da rúa Ponte da Pedra, semella que nas próximas datas imos asistir á colocación de varias esculturas nas restantes rotondas da vila. Ferrero xa anunciara que a rotonda do polígono de Bértoa contaría cunha nova escultura de Manuel Facal (¿de quen se non?). E agora o alcalde en funcións, Manuel Andrade, anuncia que a rotonda provisional do cruce Gran Vía-Vázquez de Parga tamén terá a súa obra artística, unha vez estea consolidada: "... el diseño final incluirá algunos cambios, entre ellos [...] la instalación de un elemento decorativo simbólico ´porque é a entrada da Costa da Morte e algo hai que dicir´ (expresándose unha vez máis coa súa habitual profundidade). Tanto o nome do artista coma a temática da peza son aínda un misterio. Seguindo na mesma liña, na rotonda da rúa do Sol, un "escultor pontevedrés" (de nome aínda descoñecido) está a traballar no deseño da súa correspondente escultura, ó tempo que Andrade mostrou o seu compromiso a cambiar o sistema de chorros da glorieta da Ponte da Pedra para “realzar” ó peixe.

Non coñeciamos esta faceta artística do concelleiro de obras. Semella que a “buddy movie” dos dous gobernantes funciona, e así como Evencio Ferrero ten ido aprendendo (e aprehendendo) os métodos políticos de Manuel Andrade, este último ten ido absorvendo a preocupación que sempre destacou no BNG polo uso da imaxe e do mundo da cultura. Quen diría ámbalas cousas hai só 3 anos.

Seguir lendo...

viernes, junio 09, 2006

barato barato


Matalobos publica hoxe na Voz esta viñeta:


Home 1: Ó noso alcalde ofrecéronlle unha romería de San Xoán, regaláronlle unhas panderetas e nomeárono socio honorario do Nacional de Montevideo...

Home 2: ¡Carambainas!... ¿E canto lle custou todo iso?

Home 1: 1.600 euros

Home 2: ...eche barato...



(Cando se entere Evencio do dibuxo, vanse enterar os da Voz)




Seguir lendo...

A vida ou morte


Onte foi outra desas xornadas gloriosas para a historia do periodismo. Manuel Andrade deixounos unha nova mostra da súa capacidade de comunicador, que hoxe recolle con todo detalle e como gran noticia La Voz de Galicia, edición Carballo.

O gran anuncio do alcalde en funcións carballés, que continúa a desfrutar da súa privilexiada soidade, foi que vai loitar polo porto deportivo de Razo “a vida ou morte” (sic). Non sabemos si cabe tomar as palabras en sentido literal. Pero o caso é que Andrade está seguro de que vai converter Razo nun referente en canto á navegación deportiva, mesmo cunha “gran proba de ámbito internacional”. E os de Valencia que se crían moi listos por organizar a “America’s Cup”... Claro que tampouco debe sorprender esta iniciativa en alguén que xa foi quen de facer navegable o río Anllóns (como se pode comprobar). Segundo Andrade a construcción do porto deportivo é prioritaria para promocionar actividades coma "o surf" ¿? ou "o salvamento" ¿?

Por suposto, tamén lembrou a idea de construir un campo de golf, anunciado como inminente hai xa máis de dous anos, e do que non oiramos falar nada dende xa hai un tempo. Pero a cousa non quedou só na costa, xa que Andrade tamén anunciou que a próxima semana farase público o avance do Plan Xeral en solo rústico, que inclúe (tomen nota): urbanización da Lagoa, área deportiva do Bosque, porto deportivo de Razo, hospital comarcal, ampliación de polígono industrial, circunvalación, campo de golf, e supoñemos que un sinfín de sorpresas máis.

Postos a ir sobrados, Andrade tamén lle dixo á Xunta de Galicia que si non é capaz de coidar do refuxio de Bértoa, que llo ceda ó Concello. «É unha vergonza que aquelo estea así -declaró el alcalde en funciones, Manuel Andrade, a raíz de la publicación en La Voz de un reportaje sobre el abandono del paraje-. Se non o queren que nolo cedan a nós, que nos comprometemos a mantelo».

En fin, que con personaxes coma este na política municipal, se alguén se aburre en Carballo é porque quere.



Nota: ás veces coinciden posts de varios administradores sobre o mesmo tema. É que Andrade da moito xogo.




Seguir lendo...

Cuestión de vida o muerte


Andrade: «Defenderei o proxecto do porto deportivo a vida ou morte»


(¿Qué vos xogades a que se non consigue o porto deportivo non dimite)?




Seguir lendo...

jueves, junio 08, 2006

Sé solidario: apadriña unha empresa


A Manuel Andrade hai veces que lle pasa como ós nenos e ós borrachos, e, non se sabe se voluntaria ou involuntariamente, enténdeselle todo. Porque non fai falta ser moi espabilado para entender á perfección o que lle dixo ós compañeiros de A Nosa Costa nesta noticia.

En primeiro lugar, que ten “dúbidas” acerca de Surtiser, e que de non ser correcta a documentación, pasarase a un procedemento negociado. Blanco e en botella.

E en segundo lugar, unha frase máis elocuente, invitando ó PP a que propoña “as empresas que queira” para participar nese procedemento negociado. É dicir, que o alcalde en funcións de Carballo entende que os procedementos de contratación pública son coma os bautizos, onde o que non ten padriño non se bautiza? E nós que criamos que a lei falaba duns principios de publicidade, obxectividade, transparencia, etc, tal que calquera empresa interesada poida participar en igualdade de condicións, e sen interferencia do poder político.

Ó final vai ser certo o dito de que quen non ten padriño non se casa. Mais non debería ser así. Pola nosa parte pensamos que sacar unha obra de 9 millóns de euros sen publicidade é un disparate. Pero no caso de facelo, cando menos habería que invitar antes que nada ás empresas que xa contan con aparcamentos subterráneos en Galicia (dende logo, non Surtiser), e que polo tanto, ademais de ter experiencia, deberían ser as capaces de presentar mellores ofertas.

Porque estamos no século XXI, e xa vai sendo hora de rematar coa política de padriños.





Seguir lendo...

Sólo mía


Segundo denuncia o PP, “a axenda municipal recolle de xeito exclusivo as actividades de Ferrero en Montevideo”, feito que se pode comprobar visitando este enlace.

Para a oposición, esto supón un “uso partidista da páxina web do concello por parte do Alcalde” (¿e aínda se enteran agora?).

Os populares salientan que “non se informa de ningunha nova referente a actividade municipal destes días, utilizándose exclusivamente para dar conta, con todo detalle, das actividades do Sr. Ferrero en Montevideo” (esto non é totalmente certo, pois na web infórmase de que o Concello pedirá unha subvención de 15.000 euros á Consellería de Medio Ambiente). En concreto, o PP critica a “utilización personalista e partidaria e o uso con fines exclusivamente propagandístico dos medios públicos”, referíndose a que “para o BNG parece más importante a visita do Sr.Ferreo a Punta del Este que, entre outras cousas, a presencia do Alcalde en funcións na importante xuntanza sobre seguridade en Bergantiños da que non se dá nengunha información.” Non lle falta razón, posto que esta última foi a principal noticia do día nos xornais de Carballo, e non existe a máis mínima referencia a ela na web municipal. Seguro que se á reunión fora Ferrero en lugar de Andrade, sería noticia de portada.

Sigue decindo o PP: “O feito de que o Alcalde teña contratado un xornalista adicado exclusivamente ó mantenemento da páxina web do concello xa fala por sí soio do uso e o destiño que o Sr. Ferrero pretende para este medio de comunicación e información .
O PP recorda que foi o Sr. Ferrero o que rexeitou a posibilidade de os medios de comunicación municipais, presentes e futuros , tivesen carácter plural, dando cabida a todolos grupos, e non fosen utilizados de xeito partidista como medio de propaganda do Alcalde.”

E a todo esto, ¿Andrade e o outro que din? Que a web non lle fixera caso a ningunha iniciativa da oposición era esperado, pero o que non pensabamos e que a web municipal (mantida por un periodista ó que lle pagamos todos) fora patrimonio exclusivo só dunha parte (BNG) do goberno tripartito. Anque, ben mirado, é normal: a Andrade estas cousas de Internet cádranlle algo lonxe, e o outro non se entera.





Seguir lendo...

miércoles, junio 07, 2006

Ahhhh, cómo hemos cambiado…


Eso cantaba la dulce voz de Sole, de Presuntos Implicados, uno de los mejores grupos del pop español, que hace unos años también visitó la Praza do Concello carballesa.

Y eso habría que cantarle al alcalde carballés Evencio Ferrero, ahora que lleva 3 años al mando de la nave municipal. Porque si el día en que el BNG accedía al poder, les hubiésemos mostrado la siguiente noticia a sus militantes, seguro que ninguno de ellos podría creer que fuese cierta. Y sin embargo lo es.

Tal y como nos dijeron, y tal y como esperábamos, la gira de Ferrero por Uruguay se está desarrollando con un amplio seguimiento mediático (no sabemos si exhaustivo), y gracias a ello podemos leer hoy en La Voz de Galicia cómo el alcalde carballés se ha convertido en una especie de rey mago por Montevideo: regalo de 1.600 euros al Centro Bergantiños de la capital uruguaya, 4 panderetas, DVD con la imágenes del Concello, etc..

Y como colofón, unas bonitas palabras, por supuesto pronunciadas en castellano (desconocemos si la Mesa pola Normalización Lingüística ha tomado ya cartas en el asunto).

Ahora imaginen que esta misma noticia se publica hace 4 años, cuando el alcalde era Manuel Varela, e imaginen la reacción de Evencio Ferrero en la oposición. Tiene razón Sole: “ahhh, cómo hemos cambiado…”.



Seguir lendo...

Festa do Basket


Infórmannos en A Nosa Costa de que o próximo sábado, a partir das 13:00, a sección de basket de Xiria vai celebrar unha festa no recinto da Cheda, para dar por clausurada a excepcional tempada deste ano, na que logrou o ascenso á liga EBA.

Agárdanse máis de 150 persoas, incluíndo xogadores de tódolos equipos, socios, aficionados, familiares e patrocinadores.

Por outra parte, o Xiria Basket está a levar a cabo unha campaña de captación de socios nun stand situado na alameda carballesa, que semella que leva bo ritmo.

Se queredes asistir, neste enlace tedes a información precisa.

Enlaces relacionados:

¡A liga EBA!

¿Discriminados?

Seguir lendo...

Risky Bussiness


Literalmente “Negocios arriscados”. Este é o título do primeiro grande éxito de Tom Cruise, unha comedia adolescente onde a actual superestrela de Hollywood interpretaba a un rapaz ó que os seus pais deixan a cargo da casa durante unha semana cando marchan de viaxe ó estranxeiro. Ante esta nova situación de liberdade, Tom adícase a facer todo aquelo que non podía en presencia dos seus proxenitores, dende organizar enormes festas, a contratar os servicios dunha “profesional” a domicilio (Rebecca de Mornay).

A película vennos ó pelo, porque algo así máis ou menos debe de sentir Manuel Andrade, agora que Evencio Ferrero o ten deixado ó mando na nave carballesa durante máis dunha semana, e xusto no momento crucial en que se debe decidir o futuro do parking-centro comercial da praza do Concello.

Xusto onte liamos na Voz de Galicia que a documentación do concurso xa foi remitida á Deputación para que fose examinada polos seus técnicos, e que a finais desta semana ou principios da próxima agárdase a contestación. E no caso de que se desbote a documentación de Surtiser, Andrade xa anunciou que pasaría a abrir un procedemento negociado (sen publicidade) contactando coas empresas que decida o Concello, para tentar aprobar a concesión dese xeito. Sexa coma fose, o alcalde en funcións asegurou que “a transparencia está garantizada”. Sendo a súa palabra, non o dubidamos.

Nestas circunstancias, non podemos evitar imaxinar a Manuel Andrade coma Tom Cruise, con gafas de sol, camisa, calzóns e calcetíns patinando polo despacho do alcalde e cantando en play-back aquelo de “I like that old time rock & roll...”.

Proba diso é que na reunión celebrada onte polos alcaldes de Bergantiños para tratar o problema da inseguridade, ante o estrambótico das propostas de Andrade, o alcalde de Laxe tivo que amenazar con abandonar a reunión (Diario de Bergantiños). Si es que lo dejan solo y ...




Seguir lendo...

Ficción


Recibimos un interesantísimo comentario anónimo sobre un post anterior, que traemos á primeira plana porque o asunto o merece moito:

"Para incidir no tema do parking-centro comercial, gustaríame expoñer aos lectores deste blog un supoñer: supoñamos que se quere adxudicar unha obra pública que costa 15 millóns de euros a unha empresa concreta. Os procesos de contratación son públicos e transparentes, máis estando a oposición na mesa de contratos, logo, ¿como podo facer para conseguir da-la obra a dedo? Parece imposible, ¿verdade? Pois non, señores, nada máis sinxelo: quen fixo a lei fixo a trampa. Explícome:
1.- Fago o estudio económico de custes da obra dacordo coa empresa que quero que resulte adxudicataria.
2.- Poño no estudio que a obra custa 9 millóns de euros (xa sei q dixen q custaba 15, pero poño 9).
3.- Inicio o proceso de licitación. Só se presenta a empresa que eu quero, posto que os números non lle cadran a ningunha outra.
4.- Adxudico a obra á única empresa presentada, contra vento e marea (aínda q non contara con q a chapuza da empresa nin siquera saiba facer unha oferta cos mínimos requisitos legais).
5.- Ao non se presentaren máis empresas, podo declarar deserto o proceso e proceder ao procedemento negociado sen publicidade, que permite invitar a só 3 empresas, elixidas a dedo. Con este paripé, quedo ben ante a opinión pública: non será tan bó negocio que só se presentou unha empresa.
6.- Invito á empresa que me interesa, a única que se presentara, e a 2 máis que me diga a propia empresa, a ser posible controladas polas mesmas persoas ou grupo.
7.- Adxudico a obra á empresa que desde o principio me interesaba. Punto final. Obxectivo conquerido.

Agora pensarán, ¿e cómo é posible que a empresa a vaia facer por 9 millóns de euros se costa 15?¿son tontos os desta empresa?

Resposta demoledora (e o tempo dará e quitará razóns):
1.- A empresa empeza a obra, pero, cando teña a praza enteira levantada, resultará que ¡oh, sorpresa! os custes da obra dispáranse por motivos imprevistos: a excusa será o de menos: terá subido o cemento, o gasoil, ou a pedra baixo da praza será máis dura do previsto. Xa dixen que esta trampa xa está inventada.
2.- O Concello ante a disxuntiva de resolver o contrato coa empresa e deixar a praza levantada, non terá outro remedio que suplementar o presuposto, por suposto con cargo ao Orzamento municipal (cartos de todos os carballeses), por motivos "imprevisibles" e pola urxente necesidade de deixa-la praza en condicións de uso.
3.- A lei de contratos públicos só permite modifica-los presupostos dos contratos ata o máximo dun 20 % de sobrecuste, pero, ante dunha situación "urxente e imprevisible" coma esta, non lle custará moito ao governo municipal conseguir "informes técnicos" que avalen a solución como única viable.

Resultado:
1.- o meu amigo levou a obra.
2.- pagou 9 millóns por ela.
3.- os carballeses pagan todo ou grande parte dos outros 6 millóns, aforrándollos ao meu amigo.
4.- o meu amigo queda co mellor solar da vila durante non 40, senón 60 anos, porque os custes se dispararon e ten que obter rendibilidade.
5.- os carballeses, que se fo****.
6.- eu xa estarei retirado da política, ou contarei unha milonga calquera e quedareime tan ancho(Andrade); eu xa fun Alcalde, cando nunca tal pensara logo de tanto batacazo electoral, e os meus tragarán con todo con tal que poña a miña "honradez" por diante con cara de ofendido botándolle a culpa a Andrade (Ferrero); eu non me enterei de nada, porque era o "bombeiro" apaga-lumes entre os outros dous, e non teño culpa (Viña).

Perdón pola extensión, pero é a mínima imprescindível para expór o proceso dun xeito o máis diáfano posible para todos.
Agardo estar errado, pero moito me temo que non..."

¿Ficción?


Enlaces relacionados:

Sólo con pinzas

Seguir lendo...

Seguridade


Envíanos o PP un comunicado incidindo outra vez (xa o fixo alomenos en dúas ocasións nas últimas semanas: enlaces aquí e aquí) no problema da falta de seguridade. Nesta ocasión, co gallo da morte ocorrida o pasado fin de semana:

"Tra-lo tráxico suceso acontecido este pasado fin de semana, que se saldou co asesinato dunha persoa, dende o PP de Carballo queremos preguntarlle agora ó BNG se vai a seguir escudándose en estadísticas cociñadas para tratar de ocultar un serio problema que está ahí.

Dende o PP vimos reiterando, dende sempre, a necesidade de otorgarlle absoluta prioridade á cuestión da seguridade cidadán. Por desgracia, feitos tan tráxicos como o acontecido este fin de semán poñen na súa dimensión real o problema.

Carballo é, xunto con Boiro, o municipio da provincia onde máis aumentan os delitos. Segundo publican estes días os xornais, no ano 2005 a Compañía de Carballo da Garda Civil rexistrou nas súas dependencias 1.796 delitos, un dato que ten moita relevancia se se ten en conta que na área metropolitana da Coruña, moito máis poboaada, denunciáronse algo máis de 2.250 delitos en todo o ano pasado.

Polo tanto, dende o PP de Carballo queremos pedirlle ó BNG que deixe de facer demagoxia, que non persista na súa actitude de tratar de agochar a realidade tras unhas estadísticas que non se corresponden coa auténtica situación e que tome conciencia da gravidade do problema. As actitudes triunfalistas do goberno municipal, tráxicamente contradecidas polos feitos e pola percepción dos cidadáns, só contribúen a eludir a cuestión e a demorar as posibles solucións."

Certamente, as actitudes triunfalistas do goberno están totalmente fóra de lugar, e case parecen unha burla. Ferrero, neste asunto como no resto, sigue "encantado de haberse conocido", ata o punto de que escoitándoo parece que vivimos no paraíso, e todos os méritos son seus.

Pero tamén consideramos fóra de lugar que o PP trate de sacar ventaxa política duns feitos que a todos nos preocupan. Ambas actitudes son reprobables. Non era necesario que o PP lle recordara ós cidadáns a súa preocupación pola seguridade. Xa o sabemos, porque hai tempo que o ven dicindo. E tamén sabemos que o goberno seguía empeñado (polo menos ata agora) en negar a evidencia. Non estaría de máis que os políticos nos consideraran maiores de idade de vez en cando.

Neste sentido, baixándonos ós datos concretos, queremos preguntar: ¿qué medidas concretas puxo en marcha este goberno desde que tomou posesión, hai xa 3 anos? ¿cal é a súa política de seguridade? ¿qué pasou coa promesa de Ferrero & Cía. de que Carballo ía ter unha comisaría da policía nacional? ¿qué xestións se fixeron?
(Non pedimos moito, son preguntas ben fáciles de contestar)



Seguir lendo...

martes, junio 06, 2006

Calor infernal


Hoxe a noticia non ven da política, nin da cultura, nin dos sucesos, nin da vida social de Carballo. Hoxe, como nas últimas datas, e semella que tamén nas vindeiras, a noticia é a onda de calor sahariana que está a barrer Galicia.

Temperaturas máximas por riba dos 30 graos, e mínimas de ¡20 graos! están a converter esta semana na máis calurosa do ano, e un auténtico suplicio para todos aqueles carballeses que non desfruten de aire acondicionado, ou que teñan que moverse moito polas rúas.

Para combatelo, moita hidratación, andar pola sombrita, visitas a Razo e Baldaio para os que poidan, e coidadiño co sol, que pode facer moito dano.

O curioso é que, para máis inri, dase a casualidade de que hoxe, martes, é o día 6 do mes 6 do ano 2006: o número da bestia, 666, para os susceptibles a estes asuntos. Non faltará quen asocie este feito coa calor, propia do inferno, que estamos a padecer.



Seguir lendo...

Concello bananeiro


Coma na Terceira Lei de Newton, a acción produce a reacción. Do mesmo xeito, as palabras de Andrade publicadas o día anterior, producen a contestación do PP, que fala de "prácticas propias dun concello bananeiro". Reproducimos a continuación o comunicado íntegro:

“O PP DENUNCIA A ACTITUDE CACIQUIL E DEMAGÓXICA DE ANDRADE EN RELACIÓN COA ADXUDICACIÓN DO PARKING SUBTERRANEO-CENTRO COMERCIAL

Resulta inadmisible que o Sr. Andrade teña a osadía de criticar ó PP por cumprir coa nosa obriga, que non é outra que a de velar polos intereses de Carballo e polos dos seus cidadáns. As súas manifestacións en relación co proceso de adxudicación do aparcamento subterráneo-centro comercial producen perplexidade.

O Sr. Andrade non ten ningún respeto polas normas e moito nos tememos que, se por él fora, non habería nin procedemento de contratación. Dá incluso a impresión de que ten un interese persoal en adxudica-la obra como sexa, prescindindo de calquer tipo de formalismo. Preguntémonos que interese ten o goberno en adxudica-la concesión a unha gasolineira sen funcionamento e sen solvencia. Cremos que teñen moitas cousas que ocultar.

O Sr. Andrade carece de credibilidade. Él "embarcou" a Carballo no Polideportivo da Grela e foi o autor da ponte torcida do San Martiño, que houbo que tirar para facer outra decente. Sen ir máis lonxe, temos o exemplo do porto deportivo de Razo. Xa todos o coñecen en Carballo e xa se sabe a credibilidade que ten.

O PP quere lembrar igualmente que as esixencias de documentación non as establece a mesa de contratación, senon a lei, e o Sr. Andrade non parece estar pola labor de respetala. É significativo o feito de que o Sr. Andrade non desmentiu nin un só dos datos ofrecidos polo PP sobre este asunto.

Á vista dos feitos, no PP temo-la impresión de que con gobernantes como Ferrero, Andrade e Viña, algunhas empresas-fantasma están na súa salsa.


De tódo-los xeitos, a nós non nos amedrentan as bravuconadas do Sr. Andrade e as súas prácticas propias dun concello bananeiro e, polo tanto, chegaremos ata onde sexa preciso para pararlles ós pés tanto a él como a un equipo de governo que despreza a lei cando non se axusta ós seus intereses.”


Despois do desbarre de Andrade, era previsible a contestación do PP. Pero, ¿non se equivoca o PP entrando ó trapo das descalificacións do "Cazador" (que, non o esquezamos, tamén sirven para calificalo a el)?

Entendemos perfectamente que o PP non quede calado. Pero o que queremos non son críticas duns a outros. Queremos datos, información, argumentos, para formar unha opinión pública que se supón maior de idade e sabe interpretar o que le (aínda que moitas veces algúns encargados de poñer en negro sobre blanco os datos teñen intereses ou prexuizos que desfiguran a realidade). Neste sentido, cinguíndonos ós datos e ós feitos, ten razón o PP cando di que “Andrade non desmentiu nin un só dos datos ofrecidos polo PP sobre este asunto”. Esa é a verdadeira conclusión que podemos extraer desta polémica.


Enlaces relacionados:

Y si no... se enfadan

Seguir lendo...

lunes, junio 05, 2006

Y si no… se enfadan


Como Bud Spencer y Terence Hill. Pero aquí los que se enfadan son Manuel Andrade (alcalde en funciones), y suponemos que con él su equipo de gobierno y la empresa Surtiser.

Si no, lean (enlace) las bonitas palabras que ayer publicaba la Voz de Galicia de boca del líder del CDI-Terra Galega, quien entre otras cosas acusó al PP de “enmerdar” (sic) la política municipal al poner en duda la legalidad y la limpieza del proceso del concurso del parking-centro comercial, por criticar que la empresa a la que Andrade le quiere dar la concesión no cumple ningún requisito. Sobre todo se mostró especialmente enfadado con el concejal del grupo popular Juan Carlos Castro, que forma parte de la mesa de contratación. Lógicamente, Andrade preferiría que el PP se callase y mirase para otro lado.

Como el artículo vale la pena leerlo en su contenido textual, nos vamos a ahorrar mayores comentarios. Pero, siguiendo con nuestra afición a interpretar las cosas más allá de su apariencia, nosotros concluiríamos que cuando el Sr. Andrade reacciona de manera tan furibunda es porque ve peligrar el futuro de su proyecto. De modo que probablemente el PP y el Sr. Castro van por el buen camino si queremos impedir que se consume lo que para muchos sería un escándalo.


Enlaces relacionados:

Sólo con pinzas

Seguir lendo...

Indignación e preocupación


Eses son os sentimentos que nos ocupan a tódolos bergantiñáns logo do suceso desta fin de semana, onde un xoven malpicán de 25 anos foi asasinado por uns descoñecidos con pasamontañas, que detiveron o seu vehículo nunha estrada secundaria de Ponteceso a Coristanco.

Aínda que a primeira impresión apuntaba a un axuste de contas por narcotráfico, esta posibilidade desbotouse porque o asesinado non tiña vínculo algún con este mundo. Por outra parte os asaltantes falaban en galego, de modo que tampouco poden ser bandas de delincuentes foráneos. Así as cousas, segundo podemos ler na prensa, a garda civil pensa que a arma puídoselles disparar ós autores do crime, que en principio só pensarían en cometer un roubo, e o delegado do goberno desbota a posibilidade de que se trate dunha banda organizada. Pero eso dende logo non pode tranquilizar a ninguén.

O sepelio tivo lugar onte, e hoxe ás 11 da mañá celébrase un funeral na igrexa parroquial de San Tirso de Vilanova, parroquia natal do falecido, Gerardo Martín Rey Pose. Tiña só 25 anos.

Este suceso ocorre pouco despois de que saltara á luz pública o dato de que Carballo e Boiro son os lugares da provincia onde máis aumentan os delitos (o que desmentiría os datos triunfalistas proporcionados polo goberno municipal carballés poucos días antes), mentres que a presencia de efectivos de seguridade non se corresponde en absoluto a esas estatísticas.




Seguir lendo...

sábado, junio 03, 2006

Sólo con pinzas


«Se este asunto xa cheiraba mal, agora cheira cada vez peor, é imposible achegarse a este asunto sin as pinzas no nariz».


- Juan Carlos Castro
(miembro de la mesa de contratación),
sobre el asunto del parking-centro comercial


(Información sobre la rueda de prensa del PP: aquí y aquí)



Enlaces relacionados:

"El pelotazo"


Seguir lendo...

viernes, junio 02, 2006

"El pelotazo"



"Fracasa, en principio, el pelotazo en Carballo"

Este es el elocuente título de la noticia que publica GaliciaDiario.com (¿por qué será que no somos los únicos que pensamos lo mismo?).

Y el texto es este:

La mesa de contratación del aparcamiento subterráneo y el mercado municipal de Carballo no ha podido adjudicar las obras a la única empresa aspirante, Surtiser, ya que no presentó toda la documentación requerida.

El gobierno local pedirá un informe externo sobre el proceso, y baraja la posibilidad de abrir un proceso negociado sin publicidad, lo que fue calificado por el PP como "un escándalo de xuzgado de guardia", porque de esta manera el ejecutivo podría contactar directamente con la empresa o empresas que eligiera sin la habitual licitación pública.

El alcalde de Carballo pidió prudencia a la espera de nuevos informes aunque reconoció que Surtiser no cumplió con el requerimiento documental. El representante del PP en la mesa, Juan Castro Pombo, pidió que "se declare deserto o concurso" y advirtió que el procedimiento negociado sería "unha adxudicación por detrás e desde a trastienda".

Surtiser sigue sin demostrar su solvencia técnica, financiera, ni profesional ni tampoco presentó el seguro de responsabilidad civil, ni las altas en el IAE y Seguridad Social. ¿Cómo es posible que le quisieran adjudicar una obra de 9 millones de euros a esta empresa?


(¿"Cómo es posible...?" se pregunta GaliciaDiario.com
¿Acaso es necesario explicarlo?)

Enlaces relacionados:

Agárralo como puedas


Seguir lendo...

Apagón


Después de los acontecimientos de ayer, que los medios de Internet fuimos los primeros en dar (ventajas del formato), teníamos verdadera expectación por comprobar cual iba a ser el comportamiento de la prensa oficial al respecto. Y lo hemos comprobado.

En el programa matinal de RadioVoz, se comienza a las 9:00 haciendo un repaso general por la actualidad local. “Los carballeses nos levantamos después del éxito…”. ¡Andá! RadioVoz no solo se ha vuelto crítica, sino que encima utiliza la ironía. “…de “Hijos de mamá”, la obra de Jorge Sanz y Quique San Francisco que ayer llenó el Pazo da Cultura”. (una)

La segunda noticia nos dicen que versa sobre las obras y el urbanismo en Carballo. Bueno, pues ahora sí que irá ¿no? La noticia consiste en hablarnos del “buen ritmo” con que marchan las prolongaciones de las calles Grabador Manuel Facal y Pontevedra, así como las obras en Baldaio. (dos)

A continuación, el locutor Pedro Tasende nos habla de algo “escandaloso” relacionado con el urbanismo. Menos mal, ya creíamos que lo iban a dejar pasar, y eso sería muy fuerte. “La presión urbanística en la zona de Langosteira, en Cee”. (tres)

Y, por fin, el periodista se atreve a hacer una crítica. Sí, señor. ¿A quién? A Neria, por defender la piscifactoría de Touriñán. (cuatro)

Estas son las cuatro noticias de la jornada, y termina el resumen informativo. ¿No echan ustedes algo de menos? Ya lo habíamos dicho: que no se note, que no se mueva, que no traspase. ¿Quién y por qué ha dado orden de apagar la luz en Carballo? Pues, por mucho que duela (y duele) nosotros la vamos a mantener encendida. Mecachisssssss.

(Lo dicho: hace MUCHA falta Punto Radio Noroeste en Carballo)




Seguir lendo...

jueves, junio 01, 2006

Aire fresco


EN EL 107.9 FM

COMIENZAN LAS EMISIONES DE PUNTO RADIO NOROESTE


Una gratísima noticia: Punto Radio Noroeste comenzó esta semana las emisiones para las comarcas de Bergantiños, Terra e Xallas y Soneira.

Las emisiones se realizan a través del 107.9 FM, emisora de RadioXallas- Radio Líder en Santa Comba, asociada en Galicia a este medio radiofónico del grupo Vocento.

Desde ahora, los oyentes de la comarca pueden escuchar programas clásicos como "Protagonistas", que lleva 33 años en antena de la mano de Luís del Olmo, y otros profesionales de la talla de Manel Fuentes, Concha García Campoy, Ramón García, Félix Madero o Josep Pedrerol. Más información sobre la programación de la cadena en http://www.puntoradio.com/.

La programación comarcal comienza, de lunes a viernes, con un informativo local a las 8,50 de la mañana. Entre las 12,00 y las 14,00 h., se emite "Protagonistas Noroeste". Ambos programas son dirigidos y presentados por Xosé Manuel Lema.

A las 15,00 h., José Manuel Vázquez "Huelvis" presenta "Noroeste-Deportivo".

Punto Radio Noroeste ya está entre nosotros.

Era un clamor la necesidad de una emisora que contrarrestase el monopolio informativo de Radiovoz en Carballo. Esperemos que se pueda sintonizar bien. Les deseamos mucha suerte.



Seguir lendo...

Agárralo como puedas


No podemos remediarlo. Por más que nos intentamos tomar en serio el concurso del parking subterráneo, y desde luego que lo es, no somos capaces. Porque lo de “juzgado de guardia” ya es una expresión demasiado socorrida y ha perdido gran parte de sus connotaciones, de modo que preferimos continuar con la saga cómica de los Zucker y Abrams, y recurrir al único e inimitable teniente Frank Drevin, en un título que se ajusta a la perfección al comportamiento del alcalde de Carballo en este asunto: “Agárralo como puedas”.

Porque igual que con la primera apertura de oferta, nos equivocamos al enfocar el asunto en el post anterior. Por lo que parece, el centro comercial no es una patata caliente que todos quieran apartar de si, sino por el contrario, una apetitosa patata delicatessen que nadie quiere dejar escapar. Y para ello, se la agarra como se pueda.

Al grano: que, en exclusiva, A Nosa Costa informa puntualmente del resultado de la mesa de contratación. Y ese resultado es que, aunque no se presentó la documentación requerida (ya por segunda ocasión), la mesa presidida por Evencio Ferrero decidió darle a Surtiser una tercera oportunidad, que consiste en elaborar un informe técnico acerca de la adjudicación. La cosa no queda ahí, porque incluso se valora la posibilidad de abrir un concurso por “procedimiento negociado sin publicidad”, con lo que solo podrían entrar la/s empresa/s con la/s que decidiera contactar el gobierno. Mientras tanto, Evencio habla de “non tomar decisións precipitadas” (solo llevamos 3 años con este tema), y negó que haya “oscurantismos” ni que el concurso “estea dirixido a unha empresa” (no comment).

También en A Nosa Costa podeis leer que el PP ya ha lanzado la voz de alarma. Según explican, hasta se llegaron a presentar “fotocopias en portugués e sen compulsar”, y temen que el procedimiento negociado sirva para consumar un “escándalo” en que se pueda adjudicar un proyecto de 9 millones de euros “por detrás e na trastenda sen que se entere ninguén”.

Como decía el famoso periodista: no tengo palabras…




Seguir lendo...

Patata caliente


Hoxe despútase unha nova edición deste famoso xogo que popularizou na TVE Ramón García dentro do concurso do Gran Prix. Hoxe está previsto analizar a documentación presentada por Surtiser, para decidir se resulta agraciada co multimillonario contrato do parking-centro comercial, ou non.

O padriño de Vilarriba parece ser que é Manuel Andrade, e o padriño de Vilabaixo parece que Evencio Ferrero, e a competencia consiste en saber a cal dos dous lles estoupa a “patata” cando remate o tempo, que será está mesma maña. De feito, Evencio xa ten preparado un plan B, que consiste en saír mañá mesmo cara a Uruguai, para non ter que participar das consecuencias do estoupido. Moi hábil.

Manterémonos expectantes e informarémosvos en canto saibamos algo.

Enlaces relacionados:

Elvis has left the building

"Quien se arrima a buen surtidor, bien surtido será"

¿Chegou a súa hora?

Seguir lendo...

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner