Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

jueves, junio 29, 2006

Arte reivindicativo

"Porto de Razo" é o nome da última obra de arte que adorna as vías carballeses. Xa nun artigo anterior nos sorprendiamos da nova faceta artística do tenente de alcalde Manuel Andrade, e a cousa non tardou nada en materializarse.

E conste que nos primeiros momentos reinou un pouco a confusión. Porque a “estatua” foi colocada na rotonda da entrada de Carballo xusto antes do día das cachelas do San Xoán. E vendo a calidade e a imaxinación que nos últimos anos se está apoderar do concurso que organiza a comisión de festas, non faltou quen pensou que algúns gamberros escolleran a rotonda coma solar para colocar a súa.

Pero bromas aparte, “Porto de Razo” é o nome dunha lancha, chegada do porto de Malpica, que o Concello colocou na nova glorieta, segundo explicara Andrade porque esta é a porta da Costa da Morte, “e algo había que dicir”. Non só o di, senón que a faceta artística do concelleiro de obras tira cara ó arte denuncia-reivindicativo. Coma se dun cantautor se tratase, o artista utiliza a súa obra para reivindicacións políticas. A ver se na Xunta saben aprecialo.

Tamén nos chama a atención como a arte serve para definir e diferenciar ás persoas. Comparen o proceso creativo e o simbolismo do famoso peixe do Halley, coa improvisación e a sencillez conceptual da barca Porto de Razo. Un auténtico debate estético. ¿Qué pensade vós?

4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Falta a obra de arte da vila de3 negreira.
¿Que sera, que sera?

29/6/06 14:44

 
Anonymous Anónimo said...

Non sei, pero teño entendido que van meter nela como cerca de 50.000 euros..... Será, será, polo menos caro de narices Eu prefiro catro pesos metidos nunha barca, que polo menos é alegre, e non o triple nun peixe ou o cuádruple en sabe dios qué..... En fin, paciencia

30/6/06 13:21

 
Anonymous Anónimo said...

O PP enterrou doce presupostos do Concello de Carballo e moitos mais cartos procedentes de outros organismos, e non se soubo onde os meteu.
En tres anos, Andrade leva feito o que non fixeron os do PP en doce, e teño que decir que nunca votei (nin votarei) por Andrade.
Este blog (ou como carallo se chame)ten cheiro a pro-PP, coma esa xente "anónima" que vos enmenda a plana.

2/7/06 09:38

 
Anonymous Anónimo said...

Impresionante el anterior comentario. Lástima no tener una máquina del tiempo y no poder volver atrás 15 años, donde por cierto, qué casualidad, mandaban los mismos que ahora. El que no se consuela es porque no quiere.

3/7/06 09:26

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner