Tres tazas máis
A rendición é unha palabra que non figura no diccionario de Manuel Andrade Cristóbal. Nin esa, nin as excusas. Por eso, como sospeitabamos e como xa anunciara, ven de anunciar que continúa adiante co proceso para outogar a concesión da praza do Concello, agora cun procedemento negociado sen publicidade, ó que se invitarán a 3 empresas elexidas polo goberno.
Coma a personaxe que interpretou o inesquecible Martínez Soria, don Erre que Erre, pese ó fracaso do concurso, e pese ás moitas críticas e oposicións que espertou na poboación, Andrade afirma estar convencido das bondades da súa idea, e do acerto que construir un túnel baixo a rúa Coruña, ó que agora non sabemos qué destino se lle vai dar.
Pero a cousa non queda ahí. Se o concurso para construir un parking (con centro comercial adosado) queda deserto, para chulo… Andrade di agora que quere construir ¡máis parkings! noutros lugares da vila. (Enlace en A Nosa Costa)
E se alguén que no seu goberno lle ían parar os pés, está confundido, porque Evencio Ferrero di que con calma, pero acepta o modelo do seu tenente de alcalde. (Enlace en A Nosa Costa)
¿Non queredes caldo? Pois tomade varias tazas.
2 Comments:
Curiosamente, o da Praza non foi o único concurso que quedou deserto. Onte os meios facíanse eco de que a obra da Praza de Bértoa tamén quedara deserta, porque a única empresa presentada tampouco cumpría os requisitos. ¿Sónalle a alguén o asunto?
Pois aí vai a curiosidade:
1.- Obra deserta.
2.- Obra "necesaria" según Andrade.
3.- Obra "urxente" según o mesmo.
Solución:
1.- Volverase a iniciar o procedemento.
2.- Volverase a redacta-lo proxecto e o prego de condicións.
3.- Volverase a licitar en público concurso.
Como se ve, igualiño que no parking-centro comercial:
1.- Non se volverá a iniciar.
2.- Non se tocará o pliego.
3.- Darase a dedo, "negociando" con 3 empresas.
Un pouquiño de coherencia, Sr. Alcalde, aínda que sexa só por esta vez. Se non sabe ata-lo can, merque un gato...
29/6/06 11:45

Publicar un comentario
<< Home