Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

viernes, junio 23, 2006

Que traballe...

... a da foto.

Este mes tampouco haberá pleno en Carballo. Eso é o que anuncia o PP local nun comunicado, onde critican que o goberno "aproveita calquer período festivo para non convoca-lo correspondiente pleno ordinario."

Segundo din os populares, "a actitude do alcalde, responsabel das convocatorias dos plenos, no ultimo ano non deixa de sorprender nunca: na mayoría dos plenos celebrados foron convocados sin asuntos de importancia que tratar. Ou ben, opta por non convocalo directamente, e así vai ó concello.

O PP de Carballo está preocupado porque detrás de esta indolencia do alcalde, que repercute de xeito moi negativo sobre a normalidade democrática do concello, no que dende logo se ten dereito a celebración mensual das sesións plenarias, reside o intento de ocultar o traballo da oposición, que non se poñan de manifesto os erros da xestión municipal i en definitiva impedir a normal función de control e fiscalización da acción do governo."




 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner