Pereza
Non estamos a falar dun dos sete pecados capitais, senón da principal atracción musical das festas de San Xoán deste ano, que actuará o luns, día 26, a partir das 12 da noite, na Praza do Concello. Para saber máis deles, coma sempre, o máis cómodo e sinxelo é acudir á Internet, pois contan cunha moi boa páxina oficial: www.pereza.info
A páxina inclúe unha amena presentación do seu terceiro e último traballo, “Los amigos de los animales”, un traballo que recolle as 15 mellores cancións do dúo formado por Rubén e Leiva, pero co aliciente de estar cantadas a dúo con amigos como Bunbury, Amaral, Sidonie, Alba Molina, e un largo etcétera.
Pereza defínense na súa páxina coma unha banda “donde el romanticismo y la honestidad van de la mano”, e como “dos Glimmer Twins castizos, adoradores de Marc Bolan, que devanean entre la bravata y el enamoramiento, siempre viscerales”.
Para máis detalles, mellor que naveguedes pola súa web, e que non vos perdades o seu concerto carballés.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home