Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

domingo, junio 25, 2006

O Titanic político carballés


Xosé Manuel Lema envíanos este artigo, publicado tamén na web amiga A Nosa Costa:


O Titanic político carballés

Tívose que recurrir a un informe técnico da Deputación, para que se certificara a crónica dunha adxudicación non realizada. O tripartito fixo unha defensa acérrima da única empresa aspirante, e aínda que máis suavemente, mantivo o apoio ata o final, a unha proposta que presentaba máis buratos documentais có Titanic.

B.N.G., P.S.O.E. e C.D.I., deberían recoñecer que aínda que ó mellor o destino final pode ser un acerto, a singladura foi equivocada. Así evitarían poder tropezar co iceberg. A cerrazón aparente de non asumi-lo fiasco e tentar un consenso co Partido Popular, pode causarlle desgaste político.

O P.P. de Carballo; neste asunto, pasou de dar a impresión de ser un coro de nenos enfadados e derrotistas, a anotar un gol. Deixáronlle baleira a portería para que rematara Alberto Sueiro. O executivo mantivo que o proxecto estrelado ía estupendamente, e non era así.

Personalmente, non trato de ser a "mosca cojonera" da política local, pero tampouco estou disposto a formar parte co meu micrófono e coa miña pruma, da orquesta propagandística oficial. Só pensaba e penso que Surtiser e a súa proposta non me inspiraban confianza e o proxecto preocúpame moito. Está en xogo o Carballo do futuro. Isto expúxenllo nos micrófonos de Punto Radio Noroeste(107.9), a Evencio Ferrero, José Antonio Viña e a Manuel Andrade, que amablemente atenderon as miñas chamadas e nunca se negaron a falar deste problemático tema.

Agora quedou demostrado, o proxecto dubidoso e raquítico dunha empresa de venda de carburantes que quería facer unha obra dun millón e pico de euros. Os informes corroboran as denuncias da oposición. Nin solvencia técnica, nin económica, nin obxeto social. Unha grande aposta se está convertindo nun Titanic que circula rumbo ó iceberg. O goberno está aínda a tempo de buscar unha solución e quitarnos o sabor amargo do primeiro capítulo do fiasco. Deberían tenta-lo consenso, polo menos tenta-lo e así saber se o PP está pola laboura, e logo remar cara adiante cunha dirección clara, que a pesares de que no goberno hai dous timóns; polo ben de todos que nomeen un capitán.

XOSE MANUEL LEMA



Enlaces relacionados:

Carta a un licitador decepcionado

6 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Logo de servir de Oráculo, en aparencia errado, co primeiro volume de "Quen fixo a Lei...", vexo que as diferencias internas dun governo municipal aínda son o suficientemente fondas como para evita-lo ridículo dunha ilegalidade manifesta, a pesares de ter que recorrer, para elo, a "informes técnicos externos" (parece que non valen os da casa).

De todos os xeitos, aínda segue a valer a segunda parte da miña argumentazón, onde falaba de recorrer ao procedemento negociado sen publicidade, co matiz do sinalado no informe do técnico da Deputación, que, segundo a prensa do venres, dicía que SUrtiser non se pode presentar a esta segunda fase "negociada": ¿como lle podo dar a obra ao meu amigo se xa non pode presentarse?

De caixón:
1.- Meu amigo non só ten a Surtiser: ten a RAMINOVA, a Construcciones RAmírez, e seguro que algunha sociedade máis constituida.

2.- Invito a RAMINOVA, a Construcciones RAmírez e a Amigos de Ramírez S.A. e doulla a unha das tres.

Resultado: Sobran comentarios.

Aínda se admiten apostas....

26/6/06 09:49

 
Blogger Carballo Dixital said...

Eso está máis que claro. Só tes que ler o penúltimo párrafo do post titulado "Carta a un licitador decepcionado".

26/6/06 10:39

 
Anonymous Anónimo said...

Pois Sr. Lema, cada un entende o que quere,

As empresas son libres de presentarse a todos os concursos, e si non cumplen quedan fora, como pasou neste caso.

De acordo que Andrade tiña esta emrpesa de man e quería darlla a eles, pois podo admitilo, ao mesmo tempo que entendo que se viu claramente que o resto do goberno non lle deixou, e estou seguro de que o BNG non pasría por eso, como non pasou.

O Post que hai anterior a este pareceme unha autentica burrada, e un ataque de demagoxia dun iluminado, xa que ao que coñeza un minimo do procedemento administrativo os pasos que se deron foron claros.

De ahí a que o PP se anotara un gol, non sei onde o ve vostede Sr. Lema, ¿acaso tivo algo que ver o PP en que a empresa non cumplise? eu creo que non, nin a favor nin en contra, simplemente non tivo ningunha capacidade de decisión.

E polo demais, espero que alguén sexa capaz de ver a necesidade de arranxar a praza e facer un aparcamento soterrado, xa que si vostede coñece a realidade de Carballo, saberá que en pouco tempo se pode quedar sen tres zonas de aparcamento que están sendo usadas na actualidade, Horta do Casino, Parque do San Martiño e Estación de Troles. ¿Cal vai ser a solución? ¿Cal vai ser o futuro?, ¿Queremos un goberno como o do PP que simplemente non facia e así xa non tiña problemas?

Recordolle Sr. Lema que non debe de ser tanto negocio nin debe de haber tanto pelotazo urbanístico cando houbo empresas interesadas que non se presentaron, a pregunta é ¿por qué?, ¿acaso o pliego redactado polo goberno era demasiado restrictivo?.

¿Cal é a alternetiva que se plantexa Sr. Lema?

26/6/06 17:32

 
Anonymous Anónimo said...

La prisa del valedor del be-ene-gé que escribió el post anterior no le permitió ni siquiera pararse a corregir lo escrito. Vemos que se le lenguaba la traba apurándose como sus patrocinados a ofrecer rollo, rollo, y más rollo para su entregada militancia. Como siempre, la culpa es del PP (gobiernen o no).
¡Claro que el beenegé no va a permitir tamaña animalada que se pretendía perpetrar! Sólo le faltó el canto de un duro y le sobró un informe desfavorable de la Diputación. ¡Insalvable!

26/6/06 19:27

 
Anonymous Anónimo said...

Xa advertín nun comentario anterior (que logo se integrou como posto baixo o título "Ficción", como repito no primeiro comentario a este post, que a trampa do asunto non é ao procedemento administrativo de contratación, senón que este vén viciado de orixe: o prego de condicións baséase nun "estudo de viabilidade" cheo de barbaridades ao establecer os custes da obra: é imposible facer esa obra por eses cartos. Pregúntenlle a calquera arquitecto, aparellador ou enxeñeiro se se pode furar a praza en dous sótanos por ese prezo do metro cadrado, e tápense as orellas para non oír as gargalladas. Esta é a trampa que xa tragou o B.N.G., e que il mesmo utilizou coa Gardería Municipal, así que menos vitimismo...

Repito: a trampa é taxar en 9 millóns unha obra que custa máis de 12, ata incluso 15 millóns, evitando así que se apresenten as empresas "serias".

Lémbreno: ao pouco de escomenzar as obras, será preciso "revisar" o equilibrio económico-financeiro da concesión, e as alternativas son dúas, incluso misturadas:
1.- A concesión pasará de 40 a 60 anos.
2.- "Suplementarase" o orzamento (con aportación municipal incluida) por riba do 20 % máximo que establece a Lei sobre do importe que serve de base á adxudicación (9 millóns € approx.).

Remítome ao post "Ficción" ou Quen fixo a Lei... Volume I.

27/6/06 09:36

 
Anonymous Anónimo said...

Quero comentar algo que veño escoitando moi amiudo e que non atino a comprender.
un dos argumentos dos defensores do proxexto da plaza é que en pouco tempo perderánse aparcamentos dos que a cotío estánse a utilizar ( san martiño,etc) e eso e razón de peso que xustifica esa obra. E de mais que un non viría a sustituir os outros, e pordemais, que está a facer o governo para arranxar esa situación?.Unha sinxela operación matemática mostra que os aparcamentos que se perden son moitos mais que os que se ofrecen, sin contar cos das ruas do centro que tamen desaparezan. Polo que deverían estar a traballar en garantir, cando menos o que xa existe.Non vexo ningunha iniciativa de longo percorrido para atallar ese problema, polo que parece que o argumento dado soio é unha disculpa.
un nacionalista racionalista.

3/7/06 00:19

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner