Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

lunes, noviembre 30, 2009

El arte de la guerra… mediática


“El arte de la guerra” (Sun Tzu) es un famoso libro chino sobre tácticas y estrategias militares, que no obstante ha sido ampliamente estudiado en las últimas décadas para otro tipo de aplicaciones, desde las técnicas de negociación y la empresa, a las artes de seducción y la política.

Y uno de los ámbitos donde mayor interés pueden ofrecer estas artes de la guerra hoy en día pueden ser sin duda los medios de comunicación. O al menos eso pensamos nosotros después de leer el interesante artículo que hoy nos ofrece Galicia Confidencial, una de nuestras webs enlazadas, habitualmente especializada en el mundo nacionalista. Oído cocina:

“…nos últimos meses tivo lugar un distanciamento notable entre os principais líderes da UPG e a dirección do Xornal que se reflexa na saída das páxinas de opinión de Francisco Rodríguez, Xosé Mexuto ou Xabier Pérez Iglesias e acusacións cruzadas de que este medio é un “altofalante de Quintana e das posicións de +BNG”.
Neste situación, e ante o fracaso do proxecto de Gznación, un dixital impulsado durante o bipartito por Carrumeiro Media, a UPG buscou outras vías alternativas. E é aquí onde se cruzan os intereses deste partido e os de La Voz de Galicia, segundo denuncia a páxina renovarobng. Esta web critica que Guillerme Vázquez e Xosé Mexuto (responsable de comunicación do BNG) mantiveron hai uns días un encontro co editor de La Voz de Galicia, Santiago Rey, para ofrecerlle un pacto de colaboración. Así, destas conversacións sairía o compromiso do BNG de apoiar a fusión das caixas, a cambio dun bo trato mediático a Guillerme Vázquez.”

Así que ya veis cómo se cuecen las cosas por Galicia adelante. Lástima que no tengamos con más frecuencia información fresca de los verdaderos entresijos que dominan a unos medios que hoy en día pueden cambiar el curso de nuestras vidas, y que sin embargo con frecuencia esconden vergonzantes intereses personales y económicos detrás de su presunción de independencia y limpieza. Y no sólo a nivel autonómico. Al menos en Carballo hemos comprobado como la luna de miel entre militantes de la UPG (léase Evencio Ferrero) y el diario de Santiago Rey no solo es posible sino que parece eterna.



Etiquetas: , ,


Seguir lendo...

jueves, noviembre 26, 2009

Derrubes e ceos despexados na autovía



Paradoxicamente, unha chuvia de millóns ven de despexar as nubes que cubrían o futuro da autovía Carballo-Berdoias, e xa podemos ver case tan claramente coma Jimmy Cliff. Concretamente 1.089 millóns de euros, unha cifra récord que a Xunta ven de comprometer para os próximos 20 anos, dos que 216 se adicarán a construcción do vial, e o resto ó seu mantemento ó longo do tempo.

Unha magnífica noticia que ademais se completa coa confirmación por parte do presidente Feijoo de que a autovía contará con 4 carrís dende o primeiro momento, que se licitará antes de rematar o ano, e que poderá entrar en servicio nesta mesma lexislatura. Un anuncio que felizamente despexa as dúbidas sementadas por Marisol Soneira e outros políticos da oposición, quenes afirmaban que o novo goberno da Xunta non estaba interesado en construir a autovía, ou que non contaría con dúas calzadas dende o principio.

Sen embargo, como xa se sabe que somos a mosca “cojonera” da actualidade, temos que destacar que Feijoo non se referiu na súa intervención de hoxe ó sistema de financiación da obra, esto é, se vai ser de peaxe “en sombra” coma tiña previsto o bipartito, se esa morea de cartos se vai empregar para que sexa completamente gratuíta, ou si, como queren ver o PSOE da comarca, vai ter peaxe directo. Claro que o PP ten repetido en varias ocasións que non haberá cabinas de pago, e hai que recoñecer que ata o de agora tanto o presidente da Xunta coma o seu conselleiro de infraestructuras están a cumprir puntualmente todos os seus compromisos coa Costa da Morte. Comportamento novidoso que os fai merecedores dun certo grao de confianza. Aínda así, seguiremos vixiantes.

Sen embargo, o que non está despexado é un dos sentidos de circulación da actual autovía AG-55, que viu coma este noite se desprendía unha importante cantidade de rochas no treito inmediato posterior á peaxe de Arteixo. Un tremendo susto para un conductor accidentado que afortunadamente saliu ileso, e a fortuna de que o desprendemento se producía en torno ás 22:30, unha hora con pouco tránsito. Os veciños bótanlle ás culpas ás explosións na canteira veciña, pero por agora non están confirmadas as causas do derrubo, e o que si temos son importante colas en hora punta porque o tráfico circula cun solo carril en cada sentido pola calzada que quedou libre. Iso sí, parece ser que Autoestradas do Atlántico está a cobrar a peaxe normalmente a todos os afectados, un comportamento que está a provocar a lóxica indignación dos conductores. (Foto: Anosacosta.es)




Etiquetas: ,


Seguir lendo...

martes, noviembre 24, 2009

Catro anos


Pasóusenos o cabodano, pero para os aniversarios nunca é tarde. Corría o 16 de novembro de 2005 cando Carballo Dixital botaba a andar. Levamos xa catro anos con 1.105 artigos adicados a dar cabida a todas aquelas noticias, opinións, análises e datos da actualidade local de Carballo, que a prensa convencional non pode ou prefire non contar. Un traballo sacrificado (non somos profesionais) e un espazo aberto á liberdade de expresión que esperamos poder seguir facendo se vós queredes e o noso tempo nolo permite. Unha vez máis, gracias a todos os que nos seguides e os que colaborades coas vosas achegas e comentarios, esteades ou non de acordo con nós.




Seguir lendo...

lunes, noviembre 23, 2009

Vivalcemento!

Onte saía o PP de Carballo (qué foi deles?) criticando a obra que se está facendo no Rego da Balsa, que para Alberto Sueiro supón “encofrar o río entre muros de formigón”. Polo que se ve, parece que razón non lle falta.

E hoxe envíanos tres fotos Serpiente Plissken que ilustran as palabras de Sueiro:















Les mando estas fotos que he sacado de las obras que se están haciendo en el Rego da Balsa, donde se ve cómo queda el río, oculto detrás de unos horribles muros de hormigón. También se ha suprimido el paseo que existía desde hace años. Sería interesante si alguien tuviese fotos de cómo estaba el parque antes de esta desfeita, para poder comparar.

O dito: ¿tedes fotos do Rego da Balsa antes do atentado do formigón?



Etiquetas: , ,


Seguir lendo...

viernes, noviembre 20, 2009

Detrás das vallas: a nosa economía non tira


Outro ano máis chega ás nosas mans o Atlas Económico de Caixanova, o correspondente ó ano 2009 que pronto ha rematar. Un documento que recolle os principais indicadores económicos de todos os concellos de Galicia e que nos permite coñecer a posición e a evolución de Carballo dende diversos puntos de vista.

E un ano máis hai unha circunstancia que multiplica a nosa curiosidade: o feito de que, contrariamente ó habitual, nin o goberno local nin a súa prensa oficial teña adicado tempo algún a destacar o “grande crecemento” nin a “transformación” de Carballo. Imos partir da nosa análise do ano 2008, e comparar apartado por apartado:

Renta dispoñible: ocupamos un discreto posto número 49 en renta por habitante de entre os 94 concellos da provincia, moi por debaixo da nosa posición en canto a poboación.

Poboación: contamos con 30.653 habitantes, superados só polas 3 cidades da provincia, Narón e Oleiros. Séguennos de cerca Arteixo e Culleredo.

PIB: con 18.672 euros habitante, temos a 16 concellos por diante na provincia.

Emprego: un ano máis somos o segundo concello coa taxa de paro máis alta de toda a provincia, cun alarmante 11,6 %, só superado polo 12,6 de Camariñas. O ano pasado era do 9,1 %. É dicir, un aumento nada menos que de 2,5 puntos nun ano.

Índice de poboación: 110, vindo dunha evolución 107-107-108-109.

Índice de actividade comercial: 108, vindo dunha evolución 103-99-100-105.

Índice de actividade industrial: 62, vindo dunha evolución 84-81-85-66.

Índice de actividade turística: 74, vindo dunha evolución 87-77-71-69.

Índice de restauración e bares: 112, aquí non temos datos da evolución, pero está claro que somos unha potencia.

Índice de actividade económica: 77, repetimos o indicador global do ano pasado, logo de caer en anos anteriores 93-92-92-77.

En resumo, máis do mesmo con signos alarmantes de estancamento ou retroceso, se o miramos con perspectiva. Crecemos en poboación pero, ó contrario do que sucede en concellos do noso tamaño, iso non se reflicte para nada na actividade económica. O comercio recupérase timidamente, o turismo parece que esperta pero segue moi baixo, e a industria continúa en caída libre dentro dun conxunto que se estanca e non levanta cabeza logo de anos de caída. E por suposto, por riba de todo está o drama do paro. Pero non esperen que os gobernantes nos falen disto. Tamén está detrás das vallas.



Etiquetas:


Seguir lendo...

miércoles, noviembre 18, 2009

Carballo Streets View



Xa o empregamos na imaxe do noso post anterior e está a ser un verdadeiro fenómeno en Internet. Logo do éxito do GoogleMaps e o GoogleEarth (que xa trataramos no noso blog), as aplicacións de Google veñen de apuntarse un novo e impactante tanto co Street View. Se ben as fotos aéreas tiñan o inconveniente de non poder coñecer os lugares en 3 dimensións, cos detalles e o colorido que conforman a paisaxe urbana, esta nova utilidade permite ver, en primeira persoa, as rúas de case que todas as cidades do mundo. Carballo entre elas.

Street View está implementado tanto no Maps coma no Earth. No primeiro caso aparécenos un pequeño boneco debaixo da brúxula, que debemos arrastrar ata a rúa que desexemos ver (as dispoñibles sombréanse en azul). No caso das fotos aéreas aparecerá un pequeno icono dunha cámara de fotos que bastará con pinchar. Realizada esta operación atoparémonos cunha vista panorámica completa da rúa, na que poderemos desprazar o noso punto de vista en calquera dirección, así como desprazarnos a outros puntos cercanos. Unha auténtica pasada.

Se cadra algúns de vós teredes visto en persoa ós responsables das imaxes: uns coches de Google dotados dunha cámara panorámica na parte superior, capaz de tomar multitude de imaxes a través do seu percorrido, para logo pegalas e crear o que supón o xeito máis completo e asombroso de viaxar e coñecer todo o mundo sen moverse da casa. Por suposto non está dispoñible o 100 das rúas, pero no caso de Carballo pódense visitar as rúas Vila de Negreira, Martín Herrera, Luis Calvo, Perú, Berdillo, e as estradas cara a Fisterra, Santiago, Coruña ou Baldaio, incluindo as parroquias de Entrecruces, Sofán, Noicela, Cances, etc. Claro que tamén tedes ó alcance dun click coñecer case que calquera cidade do planeta que sempre quixestes visitar.





Etiquetas: ,


Seguir lendo...

sábado, noviembre 14, 2009

Memoria histórica


Hace unas semanas realizábamos un breve repaso de la larga lista de proyectos y promesas incumplidos y olvidados en nuestro concello. Una lista que no pretendía ser exhaustiva pero sí reflejar los casos más significativos, y en la que tuvimos un olvido no menos importante.

Porque hoy las páginas de la prensa local nos revelan el caso de una memoria histórica muy peculiar. No nos referimos a la guerra civil ni a su posguerra, sino a una promesa importante, protagonista en su día de multitud de portadas, que el paso del tiempo y la dejadez de los gobernantes hicieron caer en el absoluto olvido: en una reciente entrevista el diputado Alberto Sueiro ha reclamado al conselleiro Agustín Hernández el remate de las obras de la travesía principal de Carballo, con la ejecución de la tercera fase. Una noticia que nos trae recuerdos de otros tiempos. De cuando el ya fallecido Xosé Cuiña visitaba nuestra ciudad y firmaba, allá por el año 2002, el acuerdo para la construcción de una obra largamente demandada por políticos y medios de comunicación. De cuando el nuevo alcalde Evencio Ferrero protagonizaba una agria polémica con el por entonces conselleiro Feijoo por lo que consideraba un retraso en la segunda fase. Y también de cuando, con la llegada de socialistas y nacionalistas a la Xunta, tanto el alcalde Ferrero como sus fieles medios de comunicación decidían olvidar por completo la tercera y última fase de la travesía.

Por suerte Sueiro parece tener mejor memoria que nosotros y que ellos. Ahora falta que Hernández cumpla toda sus promesas (que son muchas, ya veremos si realistas) para nuestra comarca, y en efecto veamos terminada la que probablemente será la obra más larga de la historia de Carballo. Es un todo un ejercicio de memoria histórica.



Etiquetas: ,


Seguir lendo...

jueves, noviembre 12, 2009

Basket Xiria al completo

Los aficionados al baloncesto carballés tienen a su disposición en Youtube los partidos que el Basket Xiria disputa en la liga EBA. En efecto no se trata simplemente de pequeños resúmenes de los momentos más interesantes, sino de todo el partido completo, colgado por el canal de la Federación Española de Baloncesto (por suerte, hasta aquí no ha llegado Ramoncín).











Etiquetas:


Seguir lendo...

jueves, noviembre 05, 2009

Biblioteca sorpresa


Hoxe na prensa local (ó paso que vamos se cadra máis axeitado sería falar do departamento de prensa do BNG) descubrimos con sorpresa que o goberno central ven de adxudicar 1,5 millóns de euros nos ornamentos do 2010 para facer unha obra en Carballo. ¿De qué obra se tratará? ¿Será a ampliación do mercado? ¿O tan desexado aparcamento subterráneo? ¿Aquel parque do Bosque do que xa ninguén se acorda? Non, se cadra será o hospital comarcal. ¿Ou o proxecto Temunde? ¿Ou rematarase por fin o sempiterno carril-bici? Se cadra tamén pode ser que tras 6 anos de promesas poidamos ter unha nova gardería pública. ¿Ou aportaranse cartos á circunvalación? Non, xa está, han ser cartos para o porto deportivo. Bueno, ou para o campo de golf, ou… A lista de proxectos inclusos e incomezados de Carballo é tan longa que podería ser para calquera de todas estas cousas das que tanto se ten falado e pouco ou nada se ten feito. Mais resulta que non. Imos botar unha ollada á nosa hemeroteca. Fai algo máis de ano e medio escribiamos así en CD:

“Nunha entrevista concedida a RadioVoz Bergantiños co gallo do día do libro, o escritor e historiador carballés Xan Fraga lanzaba una reivindicación en positivo, a de construir unha grande biblioteca en Carballo. […].

Sen embargo e tristemente, esta idea non ten sido recollida pola prensa local nin polos grupos políticos nin do goberno nin da oposición, e córrese o risco de que caia no esquecemento.[…]”

En efecto, trátase dunha aportación económica para facer unha nova biblioteca comarcal en Carballo, que amplíe e mellore o servizo do local actual, superado nas súas dimensións. O BNG de Bergantiños insiste en que se trata dun éxito dos seus deputados na carreira de San Jerónimo, mentres La Voz de los Ricos y Poderosos destaca que se trata de cumprir unha promesa electoral de case todos os grupos. E dende logo nós non imos botarlle auga ó viño do entusiasmo, cando precisamente fomos os únicos que no seu día destacamos e apoiamos a iniciativa de Xan Fraga. Era hora de ter noticias coma esta no medio da mediocridade xeral.

Pero precisamente por iso hai algo que non cadra en toda esta historia e que nos inquieta: que nunha vila onde os proxectos se anuncian a bombo e platillo (e con redobres de tambor) e danse por feitos ós 5 minutos de ocorrérselle a alguén, dun día para outro aparezan 1,5 millóns de euros saídos da nada para un proxecto do que, por moito que nos conten, ninguén dixera nin media palabra e, sexamos sinceros, non existía unha gran demanda na cidadanía, ou cando menos non maior que para outros problemas. E sobre todo nos inquieta cando nos enteramos de que o Concello nin sequera sabe onde construir o edificio, e por suposto non haberá proxecto nin se estará en trámites de contratalo. Máis ben da a sensación de que se trataba de primeiro conseguir cartos, e despois atopar un fin ó que destinalos. É dicir, unha vez máis improvisación antes que planificación. Oxalá sexamos mal pensados de máis, e que despois de tantos engaños, o noso goberno teña aprendido a traballar con discreción e previsión en proxectos reais e sólidos.



Etiquetas:


Seguir lendo...

martes, noviembre 03, 2009

Se les rompió el amor



Se les rompió el amor de tanto usarlo… de tanto loco abrazo sin medida… se alimentaron el uno al otro por mucho tiempo… jamás pensaron nunca en el invierno, pero el invierno llega aunque no quieras… Qué sabias palabras de Rocío Jurado, aplicables al último choque político entre Manuel Andrade y Evencio Ferrero.

Todos recordamos todavía aquellos años de pasión en que los abrazos locos sin medida entre el “centrista” y el nacionalista llenaban las fotos de la prensa del ramo. Años en los que, a pesar de los desaires y las infidelidades de Andrade, Evencio seguía locamente enamorado: “Andrade es un extraordinario concejal de obras”, llegó a declarar. Pero una tarde gris del mes de mayo de 2007, Evencio sumó 9 concejales y descubrió que “la otra” (José Antonio Viña) era suficiente para proporcionarle la felicidad de la alcaldía. Y así se rompió el amor.

Sin embargo, como donde fuego siempre quedan brasas, Andrade siguió durante varios años intentando recuperar su amor perdido:




Fueron años en los que Terra Galega parecía más propiamente un partido del gobierno que de la oposición. Incluso Evencio llegó a hacerle algún que otro guiño de complicidad. Sin embargo, tras las elecciones autonómicas de este año, los dos protagonistas se tuvieron que sincerar:



En efecto, el otro amor callado de Viña había llenado plenamente a Evencio, y ya no había marcha atrás. Desde entonces los amantes apasionados se llevan como el perro y el gato:



Y este fin de semana hemos vivido una nueva vuelta de tuerca. Nunca antes habíamos escuchado al BNG renegar de sus cuatro años de relación con Andrade. Más bien todo lo contrario. Fueron los ataques de Andrade a la gestión de las obras del plan E los que desataron la ira nacionalista, y por boca de Luis Lamas, el propio Evencio afirmó que ahora las obras sí se planificaban, “no como antes”, cuando se hicieron cosas como “las aceras de la Gran Vía, o la ampliación de la Avenida de Bergantiños”. Acusaciones que no sólo sirven para desacreditar al líder de Terra Galega, sino también la propia gestión nacionalista, que en varias ocasiones ha presumido y defendido estas obras. Son las locuras del amor, que al igual que con los niños y los borrachos, sirven para que se diga la verdad.





Etiquetas: , , ,


Seguir lendo...

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner