Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, noviembre 18, 2009

Carballo Streets View



Xa o empregamos na imaxe do noso post anterior e está a ser un verdadeiro fenómeno en Internet. Logo do éxito do GoogleMaps e o GoogleEarth (que xa trataramos no noso blog), as aplicacións de Google veñen de apuntarse un novo e impactante tanto co Street View. Se ben as fotos aéreas tiñan o inconveniente de non poder coñecer os lugares en 3 dimensións, cos detalles e o colorido que conforman a paisaxe urbana, esta nova utilidade permite ver, en primeira persoa, as rúas de case que todas as cidades do mundo. Carballo entre elas.

Street View está implementado tanto no Maps coma no Earth. No primeiro caso aparécenos un pequeño boneco debaixo da brúxula, que debemos arrastrar ata a rúa que desexemos ver (as dispoñibles sombréanse en azul). No caso das fotos aéreas aparecerá un pequeno icono dunha cámara de fotos que bastará con pinchar. Realizada esta operación atoparémonos cunha vista panorámica completa da rúa, na que poderemos desprazar o noso punto de vista en calquera dirección, así como desprazarnos a outros puntos cercanos. Unha auténtica pasada.

Se cadra algúns de vós teredes visto en persoa ós responsables das imaxes: uns coches de Google dotados dunha cámara panorámica na parte superior, capaz de tomar multitude de imaxes a través do seu percorrido, para logo pegalas e crear o que supón o xeito máis completo e asombroso de viaxar e coñecer todo o mundo sen moverse da casa. Por suposto non está dispoñible o 100 das rúas, pero no caso de Carballo pódense visitar as rúas Vila de Negreira, Martín Herrera, Luis Calvo, Perú, Berdillo, e as estradas cara a Fisterra, Santiago, Coruña ou Baldaio, incluindo as parroquias de Entrecruces, Sofán, Noicela, Cances, etc. Claro que tamén tedes ó alcance dun click coñecer case que calquera cidade do planeta que sempre quixestes visitar.





Etiquetas: ,

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Verdillo é con V de VERDE

18/11/09 12:59

 
Anonymous Anónimo said...

Será para tí!!, eu escribín sempre con B, e vivía ahí

18/11/09 20:52

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner