Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

martes, octubre 27, 2009

O chiringuito



O Bloque tiña uns chiringuitos, a orillas dos concellos nos que goberna, tíñaos moi bonitos, pero só algúns escollidos a dedo podían traballar neles. Esta non é a cancion de Georgie Dann, é a canción das oficinas do Consorcio de Benestar que a Vicepresidencia de Anxo Quintana, abriu por Galicia adiante.

No día de onte La Voz de los Ricos e Poderosos nomeaba e poñía cifras ós “chiringuitos” que o BNG abriu, exclusivamente, en concellos medianos e cabeceiras de comarca nos que este partido gobernaba ou tiña a responsabilidades das políticas sociais. Entre eles (e coa maior dotación de cartos), por suposto, Carballo. En Ribeira ou Lalín, por suposto, nada de nada. A noticia salta agora que se confirma o que era un segredo a voces: que este consorcio era un sistema para colocar a dedo, e sen control público algún, ós “traballadores” que o poder político (nacionalista) quixera. Sospeitamos que os non nacionalistas deberon ter oportunidades máis ben escasas. E tamén salta a noticia porque, tras o escaso éxito dunhas oficinas destinadas a aplicar unha lei para a que non había apenas cartos, a Xunta presidida polos populares e a Federación Galega de Municipios e Provincias presidida polo socialista alcalde de Ames, están a estudiar cómo desmantelar esta rede e pasarlle as competencias ós concellos, tal e como consideran máis operativo e axeitado á lei.

Consideracións aparte do que é o asunto en cuestión, hai algo que a nós nos sorprende e inquieta especialmente: que durante un bo tempo un fraude destas características teña estado funcionando no noso concello sen que ninguén se teña enterado. Aínda hoxe pouco ou nada sabemos desta oficina, que de xeito tamén sorprendente apenas ocupou espacio na prensa local. Coma se fose mellor pasar desapercibida. ¿Cánto tempo leva “funcionando”? ¿Cántas persoas foron colocadas nela? ¿Con qué criterios? ¿Os colocados por Quintana van pasar agora a depender do Concello sen maís filtro? ¿É que hai máis chiringuitos inútiles agochados por aí adiante sen que o saibamos? Son preguntas que deberían ter cumprida e detallada resposta dende as filas do BNG. Entre outras razóns, porque atropelos coma éste foron os que lles costaron o goberno.



Etiquetas: ,

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner