Bitácora de noticias e opinións sobre a actualidade de Carballo

miércoles, octubre 14, 2009

Máis agobios co touro do mercado


O touro da subvención para realizar a reforma do mercado de abastos comeza a pisarnos os talóns. Lembremos que dos 2,4 millóns que se estima costa a obra, 1,8 millóns han de ser aportados polo goberno central. E que para que esa aportación non se perda, as obras deberán estar comezadas antes de que remate o ano.

Pois ben, as obras tiñan que estar contratadas xa en setembro dacordo coas previsións do verán, pero estamos a 14 de outubro e a reunión na que se tiña que comezar o expediente de contratación acaba de ser retrasada. E non por que se atenda a solicitude do PP de debatir no pleno o contido do proxecto. O retraso débese a “cuestións técnicas”, porque o pliego de condicións non estaba aínda preparado.

Así que aínda non sabemos cando imos poder iniciar o proceso para contratar as obras, proceso que incluirá un prazo legal para presentación de ofertas, outro prazo legal para estudialas e para elexir a gañadora, e despois as obras terán que arrancar, e para iso contar con todos os vistos bos concedidos. De modo que, se atendemos ó calendario, todo apunta a que o Concello de Carballo vai estar ocupado ata o mesmísimo Nadal para salvar o listón, que en palabras do tenente de alcalde José Antonio Viña, está “rebaixado” con respecto a aqueles proxectos iniciais de tantos millóns de euros que incluían aparcamentos e rúas soterradas.

Por certo que o lider socialista carballés atópase convalecente dunha “escordadura” (gran aportación da TVG á linguaxe). Un dos nosos comentaristas mesmo afirma que tal accidente tivo lugar nas obras da Vila de Negreira. Sexa coma fore, desexámoslle unha pronta recuperación.



Etiquetas:

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Quen fixo a Lei... fixo a trampa.
Volume tropecentos...

Tempus fugit...

Volve o tema máis recurrente deste governo. E, polo visto, unha vez máis, o asunto está un pouco feo.

Isto empeza a cheirar a que ao final non se poderá facer o Mercado, e as escusas nesta ocasión poden pintar variadas.

Os prazos legais para licitar unhas obras coma estas caen coma unha lousa moi pesada, e logo de moitos (cantos van?) anuncios de "o mes que ven inícianse as obras", existe unha única verdade: para poder escomenzar unhas obras, primeiro hai que aprobar o proxecto, o prego de condiciós correspondente, e, seguindo éste, iniciar o proceso para escoller qué empresa fai a obra, abríndolles o prazo para presentar ofertas (un prazo que a lei non permite acurtar), e logo, reunir a mesa de contratos para escoller que empresa se queda coa obra, despois firmar o contrato, e logo iniciar as obras.

Auguramos algunhas das posibles escusas (e pedimos comentarios ou suxerencias sobre outras posibles), que a bo seguro terán xa preparadas desde o governo municipal (posto que o que é indiscutíbel é que eles nunca teñen a culpa):
- A culpa é dos placeiros, porque estuveron poñendo trabas.
- A culpa é dos técnicos do concello, por non dar feito os trámites a tempo.
- A culpa é do PP, porque sempre ten a culpa de algo.
- A culpa é de Andrade, porque anda revolucionando aos placeiros.

E, sendo moi mal pensado, eu pregúntome se a culpa non será de Zapatero (cousa que non creo que Viña lle deixe decir a Evencio), porque con esto da crise, xa gastou os cartos que o Estado tiña reservados para esta obra, e agora non solta o prometido...

Admítense suxerencias, ou esplicaciós.

19/10/09 22:13

 
Anonymous Anónimo said...

A culpa, por suposto, é de Zapatero.
Si o Real Madrid perde, é culpa de Zapatero.
Si o PP é corrupto. é culpa de Zapatero.
É doado criticar dende a grada, pero non debe selo tanto tomar decisións en épocas moi difíciles.
Con todo, non exculpo ó governo local. Pero esta chapuza tamén poidera estar asinada polo PP, que tampouco demostraron ser unhass lumbreras.

24/10/09 13:29

 

Publicar un comentario

<< Home

 
eXTReMe Tracker
Enlace ó noso arquivo RSS Feedburner